{"id":18677,"date":"2011-11-08T00:34:32","date_gmt":"2011-11-07T22:34:32","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=18677"},"modified":"2011-11-11T18:41:50","modified_gmt":"2011-11-11T16:41:50","slug":"por-baixo-dos-10-euros-igual-que-por-riba","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2011\/11\/08\/por-baixo-dos-10-euros-igual-que-por-riba\/","title":{"rendered":"Por baixo dos 10 euros, igual que por riba"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/cata_vinos.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Con gusto participei o s\u00e1bado pasado como catador no II Ranking independente de Vi\u00f1os de menos de 10 euros que organiza <a href=\"http:\/\/www.mileurismogourmet.com\/2011\/11\/un-pequeno-testimonio.html\">Mileurismo Gourmet<\/a> e <a href=\"http:\/\/www.mariafechoria.com\/\">Mar\u00eda Fechor\u00eda Asociados<\/a>. Enfrontarse a 70 vi\u00f1os nunha ma\u00f1\u00e1 \u00e9 cousa seria, a\u00ednda que no fondo m\u00e1is doado do que parece. No caso dos tintos, unha cata masiva de vi\u00f1os moi igualados en termos de prezo (a\u00ednda que, obviamente, non \u00e9 o mesmo a produci\u00f3n d un vi\u00f1o de 3 euros que un de 9), m\u00e1is do que \u00e9 habitual no que son as catas de concurso, permit\u00eda comprobar d\u00faas cousas: unha, a enorme preponderancia dos madeirazos, \u00e9 dicir, dos vi\u00f1os producidos segundo a moda, que era algo que nos temiamos moitos catadores. Pero, pola contra, en tal marat\u00f3n de vi\u00f1os, sobranceaban aqueles que fac\u00edan unha boa integraci\u00f3n da madeira e que se convert\u00edan en dign\u00edsimos vi\u00f1os para un consumo tranquilo e amistoso. Lembro alg\u00fans tempranillos moi ben feitos, pero tam\u00e9n, sen d\u00fabida, alg\u00fan cabernet, algo de merlot, e algunha menc\u00eda. Como se notan as menc\u00edas cando chegan no medio dunha cata! \u00c9 como abrir a xanela e deixar que entre o aire fresco! Sendo comerciais, hai xeitos e xeitos, e traballar coa madeira, por veces, a min me parece que \u00e9 traballar nunha pirotecnia cunha venda nos ollos. Para facernos unha idea, houbo un par de vi\u00f1os se cadra a\u00ednda moi pouco feitos, con toques verdes e taninos bravos coma un touro desbocado: son vi\u00f1os aos que lle vir\u00eda ben un tempo m\u00e1is en botella, pero agradec\u00edanse. Con esa bravura, a madeira a\u00ednda non sobreposta, o varietal convert\u00edase nunha balsa de os\u00edxeno nun enorme obradoiro de carpinteir\u00eda. <\/p>\n<p>Quero dicir que por suposto que se poden atopar botellas fant\u00e1sticas por menos de 10 euros. Hai moitas. Pero a f\u00f3rmula da calidade para estes vi\u00f1os \u00e9 a mesma dos vi\u00f1os de m\u00e1is de 10 euros: honestidade, transparencia, limpeza e, sobre todo, vi\u00f1os nos que prevalece o varietal e non a man posterior do adegueiro, vi\u00f1os feitos na vi\u00f1a. Cando probas tropecentos vi\u00f1os seguidos, se cadra non \u00e9 doado percibir todos os matices entre eles, pero inmediatamente dec\u00e1taste daqueles que son notables, que te impactan. E ese impacto, nesta cata -e iso \u00e9 o interesante- non \u00e9 porque fosen fastuosos, distintos, <em>raros<\/em>, sen\u00f3n porque eran equilibrados, sinceros, sinxelos e expresaban as s\u00faas terras. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Convencido de que a f\u00f3rmula dos vi\u00f1os, con independencia do seu prezo, sempre \u00e9 a mesma: a sinceridade dos varietais e da terra na que se cultivan.<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2011\/11\/08\/por-baixo-dos-10-euros-igual-que-por-riba\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Por baixo dos 10 euros, igual que por riba<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":18678,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[22,32],"tags":[],"class_list":["post-18677","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-vino","category-destacado","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/18677","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=18677"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/18677\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/18678"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=18677"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=18677"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=18677"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}