{"id":1864,"date":"2006-12-01T20:36:38","date_gmt":"2006-12-01T18:36:38","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/index.php\/2006\/12\/01\/a-cidade-de-orhan-pamuk-atrapada-no-propio-estereotipo\/"},"modified":"2006-12-01T22:50:46","modified_gmt":"2006-12-01T20:50:46","slug":"a-cidade-de-orhan-pamuk-atrapada-no-propio-estereotipo","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2006\/12\/01\/a-cidade-de-orhan-pamuk-atrapada-no-propio-estereotipo\/","title":{"rendered":"A cidade de Orhan Pamuk, atrapada no propio estereotipo"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" id=\"image1863\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/orhan_pamuk.jpg\" alt=\"orhan_pamuk.jpg\" \/><\/p>\n<p>Lin<a href=\"http:\/\/www.lacentral.com\/wlc.html?wlc=20&#038;seleccion=84-397-2029-7\"> Estambul, cidade e recordos<\/a> do <em>nobelizado<\/em> <a href=\"http:\/\/es.wikipedia.org\/wiki\/Orhan_Pamuk\">Orhan Pamuk<\/a>, como punto de partida para co\u00f1ecer a s\u00faa obra. Non adoito marcarme a cola de lectura a base de premios medi\u00e1ticos, pero en Pamuk conflu\u00edan dous aspectos que en principio me atra\u00edan poderosamente e que colocaron o libro no alto da p\u00eda: un, que escribira <em>ese<\/em> libro sobre Estambul, unha cidade intrigante para os que a\u00ednda non a visitamos. Dous: parec\u00eda reflexionar sobre a inc\u00f3moda posicion mestiza da cultura turca, sempre sometida a unha forte tensi\u00f3n interna, m\u00e1is que externa, sobre a s\u00faa identidade. <\/p>\n<p><!--more--><\/p>\n<p>Para co\u00f1ecer a Pamuk, iniciei a viaxe m\u00e1is na s\u00faa etapa de descritor urbano que de escritor. Estambul, cidade e recordos \u00e9 unha autobiograf\u00eda dos primeiros anos do autor que opta por unha atractiva estratexia narrativa: a cidade vaise volvendo m\u00e1is complexa, vaise revelando na mesma medida en que o narrador, o propio Pamuk, vai medrando. De cativi\u00f1o, \u00e9 unha cidade de tellados vistos desde un balc\u00f3n; ao sete ou oito anos \u00e9 unha cidade de comercios, follas de \u00e1rbores, sorrisos incomprens\u00edbeis de nenas, vellas devotas. <\/p>\n<p>Pero a cidade, tal e como nola revela Pamuk, \u00e9 indisol\u00fabel da s\u00faa propia herdanza familiar: unha adi\u00f1eirada familia herdeira dun pasado industrial, laico, forxado no r\u00e9xime prooccidental de Ataturk. O libro reitera sucesi\u00f3ns de escombros, ru\u00ednas, pazos desfeitos, casas de madeira queimadas, caos, escoria, lixo e, sobre todo, desleixo. Pamuk parece presentarnos a cidade como pensa que os occidentais a vemos, como un tanto avergo\u00f1ado na s\u00faa comparaci\u00f3n con Frankfurt ou Mil\u00e1n. Esta autovergo\u00f1a, esta d\u00fabida constante sobre si mesmos, \u00e9 algo moi turco. Lembro a un par de amigos xornalistas de Ankara, hai anos. Amos\u00e1ronos un \u00e1lbum de fotos dunha aldea da que proced\u00edan. V\u00edase a unha vella de negro cun pano \u00e1 cabeza cunha cabra no medio dun prado, noutra un alboio e \u00e1 mesma vella cun cuxo e unhas gali\u00f1as. <\/p>\n<p>-Mira que atrasados estamos en Turqu\u00eda \u2013dic\u00edan lai\u00e1ndose no seu propio estereotipo e sinal\u00e1ndonos \u00e1 vella. N\u00f3s non soubemos se desvelarlles a realidade, se dicirlles que as vellas con pano \u00e1 cabeza eran case un atuendo universal na Europa do Sur. Sacounos da d\u00fabida un varudo gal\u00e9s que lles revelou ante a s\u00faa estupefacci\u00f3n:<\/p>\n<p>-\u00a1Cuspidi\u00f1a \u00e1 mi\u00f1a avoa!<\/p>\n<p>Eles sent\u00edranse moi desacougados ante a revelaci\u00f3n. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" id=\"image1865\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/melling.jpg\" alt=\"melling.jpg\" \/><br \/>\n<em>1803: O Estambul esplendoroso do Imperio Otomano, segundo <a href=\"http:\/\/tr.wikipedia.org\/wiki\/Antoine_Ignace_Melling\">Antoine Ignace Melling<\/a><\/em><\/p>\n<p>O certo \u00e9 que Pamuk non evita caer na tentaci\u00f3n do tipismo, describindo os personaxes exc\u00e9ntricos da cidade, como Resat Ekrem Ko\u00e7u, historiador homosexual, coleccionista de recortes de curiosidades da prensa do XIX e editor dunha enciclopedia estambul\u00ed con trinta volumes proxectados da que s\u00f3 completou quince, pero acudindo ben pouco \u00e1s personaxes c\u00e9ntricas. Se cadra sexan as p\u00e1xinas m\u00e1is l\u00facidas e vivas do volume, por outra banda. O resto, a sucesi\u00f3n reiterada de escombreiras estambul\u00edes e barrios deprimidos alt\u00e9rnase co habitual e aburrido \u00e1lbum de recordos t\u00edpico dos libros de memorias, sen excesiva concesi\u00f3n \u00e1 orixinalidade: a capacidade dun escolar de sete anos para observar unha folla de \u00e1rbore durante media hora de aburrida clase, a relaci\u00f3n coa nai, os sal\u00f3ns da casa cheos de retratos, a primeira erecci\u00f3n, os primeiros olores.<\/p>\n<p>Sempre crera que a insistencia con que os medios repetiran que Pamuk abordaba a relaci\u00f3n Occidente &#8211; Oriente era unha p\u00e1tina, un xeito de definir con rapidez e obviedade algo que non se lera e asignarlle atributos t\u00f3picos e comprens\u00edbeis para o noso tempo. Pero despois de ler Estambul, cidade e recordo, xa non o tiven tan claro: creo que Pamuk, cando menos neste libro, fica exactamente a\u00ed. En certificar que Estambul est\u00e1 un pouco no medio xeogr\u00e1fico e cultural. E listo. Tal e como o mirariamos con ollos de turista. Se cadra o acento local estea na evocaci\u00f3n do imperio otomano, na definici\u00f3n de Estambul como o resultado dun proceso de ru\u00edna colectivo, no que do espl\u00e9ndido pasouse ao s\u00f3rdido en cuesti\u00f3n dun suspiro. E a\u00ed pode estar o \u00fanico anaco orixinal de Estambul, cidade e recordos. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Lin Estambul, cidade e recordos do nobelizado Orhan Pamuk, como punto de partida para co\u00f1ecer<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2006\/12\/01\/a-cidade-de-orhan-pamuk-atrapada-no-propio-estereotipo\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">A cidade de Orhan Pamuk, atrapada no propio estereotipo<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":1862,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2,12],"tags":[],"class_list":["post-1864","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-diario","category-libros","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1864","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=1864"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1864\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/1862"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=1864"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=1864"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=1864"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}