{"id":18516,"date":"2011-10-27T20:57:01","date_gmt":"2011-10-27T18:57:01","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=18516"},"modified":"2011-11-02T21:48:44","modified_gmt":"2011-11-02T19:48:44","slug":"5-ideas-factibles-e-necesarias-para-a-nova-lei-de-patrimonio","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2011\/10\/27\/5-ideas-factibles-e-necesarias-para-a-nova-lei-de-patrimonio\/","title":{"rendered":"5 ideas (factibles e necesarias) para a nova Lei de Patrimonio"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/man.jpg\" alt=\"\" align=\"left\"\/>En varias declaraci\u00f3ns nos \u00faltimos meses, o Conselleiro de Cultura, Roberto Varela, aludiu que se estaba a redactar un borrador dunha nova Lei do Patrimonio Cultural. En principio, a noticia \u00e9 positiva, a\u00ednda que resulta estra\u00f1o pensar en modificar unha lei cando a\u00ednda non se desenvolveu a anterior, como \u00e9 o caso de Galicia. Pero aqu\u00ed quero propo\u00f1er algunhas ideas de modificaci\u00f3n dunha lei. Ollo, unha lei non \u00e9 unha pol\u00edtica cultural, pero si \u00e9 parte da acci\u00f3n dunha pol\u00edtica cultural. Xa que logo, non se deben confundir os dous aspectos: unha lei define un marco normativo e unha pol\u00edtica cultural as acci\u00f3ns dun goberno para un momento e un fin concreto. Nesta premisa suxiro estas cinco ideas pensadas para rexenerar, fertilizar, airear e darlle pulo ao patrimonio arqueol\u00f3xico en Galicia, pero no campo concreto dos dereitos e obrigas de Administraci\u00f3ns, cidad\u00e1ns e profesionais, e iso debe ser contemplado na Lei e non na pol\u00edtica. <\/p>\n<h3>1. Eliminaci\u00f3n\/Modificaci\u00f3n substancial do Artigo da Vergo\u00f1a<\/h3>\n<p>No ano 1995, o Parlamento de Galicia decidiu exclu\u00edr \u00e1 sociedade da exploraci\u00f3n e uso do seu propio patrimonio. Durante m\u00e1is de cen anos, a localizaci\u00f3n e protecci\u00f3n do patrimonio deste pa\u00eds estivo -e, en certo xeito, segue- nas mans de afeccionados. No ano 1995, unha elite bur\u00f3crata e profesional deu un aut\u00e9ntico golpe de estado administrativo e apartou legalmente aos afeccionados dos procesos de descuberta do territorio. Aqu\u00ed vai o texto para que xulguedes por v\u00f3s mesmos:<\/p>\n<blockquote><p><strong>Artigo 57. <\/strong><\/p>\n<p>Ser\u00e1 necesaria a autorizaci\u00f3n previa da Conseller\u00eda de Cultura para a realizaci\u00f3n das seguintes actividades arqueol\u00f3xicas:<\/p>\n<p>a) A prospecci\u00f3n arqueol\u00f3xica, entendida como a <strong>exploraci\u00f3n superficial e sistem\u00e1tica sen remoci\u00f3n<\/strong>, tanto terrestre coma subacu\u00e1tica, dirixida \u00f3 estudio e investigaci\u00f3n para a detecci\u00f3n de restos hist\u00f3ricos ou paleontol\u00f3xicos, as\u00ed como dos compo\u00f1entes xeol\u00f3xicos e ambientais con eles relacionados. Isto engloba a observaci\u00f3n e o reco\u00f1ecemento sistem\u00e1tico de superficie e tam\u00e9n a aplicaci\u00f3n das t\u00e9cnicas que a arqueolox\u00eda reco\u00f1ece como v\u00e1lidas.<\/p><\/blockquote>\n<p>Isto implica que calquera persoa deste pa\u00eds, que decide dar un paseo polo monte buscando petr\u00f3glifos ou castros, ou que atopa unha referencia a unha m\u00e1moa nun documento de propiedade da s\u00faa casa e vai procurala ao monte familiar, est\u00e1 cometendo unha ilegalidade S\u00d3 POR ISO. E se lle tiras fotograf\u00edas ou as xeolocalizas co teu tel\u00e9fono m\u00f3bil -&#8220;t\u00e9cnicas que a arqueolox\u00eda reco\u00f1ece como v\u00e1lidas&#8221;- a\u00ednda peor. Sab\u00edas que o noso Goberno fixera isto? <\/p>\n<p>O Artigo da Vergo\u00f1a colocou a unha boa parte dos honestos investigadores locais do noso pa\u00eds nunha situaci\u00f3n ilegal. Libros, estudos, proxectos, todos est\u00e1n feitos de xeito ilegal. Te\u00f1o estado hai pouco nunha mesa redonda na que unha significativa parte dos homes que loitaron polo patrimonio rupestre do pa\u00eds eran conscientes do seu traballo na ilegalidade, como se foran proscritos ou delincuentes. Polo xeral, a Direcci\u00f3n Xeral de Patrimonio fai a vista gorda con estas cuesti\u00f3ns -imaxinen o delirantes e impopulares que ser\u00edan os procesos- pero empr\u00e9gase o artigo 57 como unha reserva para ameazar a asociaci\u00f3ns que descubren <em>demasiadas<\/em> cousas, como aconteceu hai unhas semanas cunha carta remitida pola Direcci\u00f3n Xeral a Mari\u00f1a Patrimonio, unha das entidades m\u00e1is activas e transparentes na defensa do patrimonio cultural deste pa\u00eds. Con que desvergonza se pode facer iso?<\/p>\n<p>O artigo que substitu\u00edra o 57 debera diferenciar claramente a prospecci\u00f3n &#8216;non agresiva&#8217; nin &#8216;destrutiva&#8217;, ou sexa, o dar un paseo polo monte -que no precisar\u00eda dunha direcci\u00f3n profesional nin unha autorizaci\u00f3n por parte da Xunta-  das intervenci\u00f3ns arqueol\u00f3xicas do territorio do emprego de t\u00e9cnicas destrutrivas, de escavaci\u00f3n, ou especialmente sensibles, que obviamente deben ser levadas a cabo por profesionais. Obviamente, a Administraci\u00f3n s\u00f3 debera admitir a nivel administrativo aqueles informes asinados por profesionais, pero non debera penalizar outras actividades inofensivas que permiten multiplicar achados e facer m\u00e1is f\u00e9rtil e diverso o discurso cient\u00edfico e social. <\/p>\n<h3>2. Ep\u00edgrafe relativo \u00e1 Transparencia na Lei do Patrimonio Cultural<\/h3>\n<p>Na medida en que todos os bens arqueol\u00f3xicos son &#8220;dominio p\u00fablico&#8221; segundo a Lei actual -e seguro que o seguir\u00e1n a ser na futura- debera, por filosof\u00eda, seguir e materializar explicitamente o expresado na Lei de Transparencia e boas pr\u00e1cticas da Administraci\u00f3n p\u00fablica galega, do ano 2006. O seu artigo 4.5 sinala a obriga para as Administraci\u00f3ns de inclu\u00edr unha p\u00e1xina web na que se explicite a informaci\u00f3n xeral e as tramitaci\u00f3ns dos procedementos administrativos, e contempla ep\u00edgrafes espec\u00edficos no web para a publicaci\u00f3n de convenios de colaboraci\u00f3n e indeminzaci\u00f3ns por raz\u00f3n de servizo. <\/p>\n<p>Propo\u00f1o que a nova Lei de Patrimonio Cultural profundice no esp\u00edrito desta lei e faga p\u00fablica no web da Conseller\u00eda de Cultura unha relaci\u00f3n das intervenci\u00f3ns arqueol\u00f3xicas autorizadas pola Direcci\u00f3n Xeral de Patrimonio en canto estas sexan aprobadas, toda vez que son unha explotaci\u00f3n de dominio p\u00fablico que conlevan, na maior parte dos casos, a alteraci\u00f3n ou transformaci\u00f3n deste. \u00c9 dicir, non \u00e9 unha relaci\u00f3n a posteriori, sen\u00f3n unha relaci\u00f3n editada nada m\u00e1is aprobarse cada nova intervenci\u00f3n, e que permite ofrecer un seguemento &#8211;<em>tracking<\/em>&#8211; de cando esta se executa, cando se finaliza, e dos materiais xenerados por esa intervenci\u00f3n. Por suposto, este tracking incluir\u00eda empresas implicadas no proxecto, promotor \/ construtor que paga a intervenci\u00f3n, etc. <\/p>\n<p>O obxectivo \u00e9 crebar dunha condenada vez coas pol\u00edticas de ocultaci\u00f3n de informaci\u00f3n, especialmente cando un xacemento est\u00e1 afectado por obras p\u00fablicas. Nese momento, a Administraci\u00f3n v\u00f3lvese opaca para o cidad\u00e1n ao que se sirve e hai que vivir situaci\u00f3ns surrealistas nas que se chegan mesmo a ocultar as intervenci\u00f3ns. En varias ocasi\u00f3ns, te\u00f1o vivido conversas surrealistas nas que xefes de servizo ocultan deliberadamente informaci\u00f3n sobre xacementos que est\u00e1n a ser escavados, e que cando xa os interpelas directamente sobre o lugar, rem\u00edtenche a outra fonte, etc. Que hai que ocultar exactamente? E por que? Basicamente penso que \u00e9 unha cuesti\u00f3n de malas pr\u00e1cticas administrativas, pero o resultado, a un cidad\u00e1n, ou a un xornalista, cheira a ocultaci\u00f3n. E iso nunca \u00e9 bo. Por iso hai que rematar con esas din\u00e1micas cheirentas. <\/p>\n<p><strong>Propo\u00f1o un sistema de <em>tracking<\/em> que detalle en que situaci\u00f3n se atopa, en cada momento, unha intervenci\u00f3n arqueol\u00f3xica. Non se trata de facer un diario da escavaci\u00f3n, sen\u00f3n dun historial que indique as fases: &#8220;Autorizado &#8211; Intervenci\u00f3n En Curso &#8211; Pendente de revisi\u00f3n &#8211; Materiais recibidos &#8211; Prorrogada ata Xaneiro 2012&#8221;, etc., e que ao final adxunte as memorias de intervenci\u00f3n. E non me digan que \u00e9 complexo. Traballo nisto e o procedemento ser\u00eda practicamente autom\u00e1tico con relaci\u00f3n ao d\u00eda a d\u00eda na Direcci\u00f3n Xeral. <\/strong><\/p>\n<p>2.1. Dentro do ep\u00edgrafe en relaci\u00f3n \u00e1 Transparencia, ser\u00eda fundamental facer p\u00fablico dunha vez o Cat\u00e1logo e o Inventario Xeral do patrimonio cultural de Galicia. \u00c9 unha vergo\u00f1a que o noso pa\u00eds non dea sacado este cat\u00e1logo despois de 15 anos da s\u00faa creaci\u00f3n. E non me ve\u00f1an co conto de que \u00e9 moi complexo e moi custoso, v\u00e1ianlle con ese conto a outro sitio. En patrimoniogalego.net est\u00e1mos a facer algo nesa li\u00f1a, sen un can, e se miran as fichas ver\u00e1n que o nivel est\u00e1 moi por riba de moitos cat\u00e1logos municipais. Nun mes ou dous chegaremos \u00e1s 1000 fichas, que se di r\u00e1pido. Se non o queren facer p\u00fablico, desatendendo ao propio Parlamento do pa\u00eds, ser\u00e1 por outros motivos que os econ\u00f3micos. Expliciten eses motivos e deb\u00e1tanse publicamente. Dean a cara e atr\u00e9vanse a explicalo, demo. E preg\u00fantese no Parlamento. Como ben sei que Cap\u00edtulo Cero o len uns cantos pol\u00edticos do Goberno e da oposici\u00f3n, a v\u00f3s volo digo, se\u00f1ores: que non vos conten milongas. P\u00f3dese facer. E pode ser gradual. Mirade o proxecto de Toponimia de Galicia: ningu\u00e9n protesta porque te\u00f1a que ir gradual, mentres haxa folla de ruta. <\/p>\n<p>2.2. O mesmo cos procesos sancionadores. <\/p>\n<h3>3. Xesti\u00f3n das competencias de patrimonio cultural do dominio mar\u00edtimo-terrestre por parte da Xunta de Galicia. <\/h3>\n<p>Isto trascende ao horizonte e competencias desta Lei, pero tam\u00e9n me parece primordial. Non pode ser que en Galicia d\u00faas instituci\u00f3ns p\u00fablicas, a Administraci\u00f3n central e a auton\u00f3mica e  se solapen con competencias similares simplemente porque un castro est\u00e1 ao lado do mar (enc\u00e1rgase o Estado) e outro est\u00e1 trescentos metros cara dentro (enc\u00e1rgase a Xunta). Provoca sarillos administrativos, indefinici\u00f3n, confusi\u00f3n ao cidad\u00e1n e facilita mangoneos como a destruci\u00f3n do castro de Punta de Muros polo Porto Exterior da Coru\u00f1a. <\/p>\n<h3>4. Reinvenci\u00f3n do sistema de dep\u00f3sito de material arqueol\u00f3xico: do s\u00e9culo XIX ao s\u00e9culo XXI.<\/h3>\n<p>Nestes momentos, os investigadores deben depositar nun prazo de seis meses os materiais atopados nas escavaci\u00f3ns no museo provincial da provincia na que escavou o material. Ou sexa, hai catro dep\u00f3sitos oficiais de material, en Galicia, previstos pola Lei, pensados desde a estrutura das provincias decimon\u00f3nicas. Isto provoca d\u00faas cousas: o alleamento dos bens culturais das comunidades nos que estes apareceron, e comunidades que perciben, cada vez m\u00e1is, como un roubo ese desprazamento do patrimonio. Adem\u00e1is, os Museos est\u00e1n ata arriba de pezas. Non che queren nin tegula romaan, nin anacos de cer\u00e1mica pobre, nin leites, nin moito menos unha tonelada de mu\u00ed\u00f1os castrexos. Iso provoca saturaci\u00f3n e falta de eficiencia. Eses mu\u00ed\u00f1os, tegulas, bordes cer\u00e1micos do Ferro II, que en Santo Ant\u00f3n, ou no Museo Provincial de Lugo non saben onde meter, cobran un novo valor nos espazos colectivos das comunidades. <\/p>\n<p>Pero o m\u00e1is dram\u00e1tico, de cara a sociedade, \u00e9 o primeiro. Estes d\u00edas est\u00e1 a acontecer algo terrible, e moi pouco co\u00f1ecido, e que moitos viamos vir cando sucedeu. Se lembrades a <a href=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/index.php\/2011\/05\/10\/interpretar-os-simbolos-dun-guerreiro\/\">estela dun guerreiro da Idade do Bronce<\/a> localizada en Castrelo do Val (Ourense), xa de aquela (podedes velo f\u00edo de comentarios do blog) tem\u00edase que a Xunta se levara a estela de Castrelo de Val para o Museo Arqueol\u00f3xico de Ourense (que est\u00e1 pechado). A co\u00f1a \u00e9 que Castrelo de Val ten un modesto pero feiti\u00f1o Museo Etnogr\u00e1fico e xa reservara unha sala destinada a amosar este excepcional achado arqueol\u00f3xico, que seguramente non precise dunhas condici\u00f3ns especiais de conservaci\u00f3n. D\u00e1 igual: algu\u00e9n o quere en Ourense. Bruno R\u00faa e o alcalde de Castrelo est\u00e1n protestando e recollendo sinaturas, pero vanno ter dif\u00edcil. Hai cen anos, o asunto ser\u00eda un mandado caciquil dun Presidente de Deputaci\u00f3n, e se a peza non era relixiosa, ningu\u00e9n lle far\u00eda caso. Hoxend\u00eda, nesta peza concreta, para a que hai un espazo e que pode ser custodiada perfectamente en Castrelo, o asunto non pode ser visto m\u00e1is que como un roubo \u00e1 comunidade local de Castrelo de Val. Nada mellor que isto revela a caducidade da lei.<\/p>\n<p>Non podemos ter a mesma percepci\u00f3n da xesti\u00f3n do patrimonio que coa muse\u00edstica nacional do s\u00e9culo XIX, no que os coleccionistas depredaban territorios para formar colecci\u00f3ns. O patrimonio \u00e9 das comunidades, e debe ficar preto delas porque \u00e9 unha fonte de identidade e de riqueza potencial. Adem\u00e1is, agora, temos m\u00e1is infraestrutura para manter aqueles obxectos culturais que non precisan condici\u00f3ns de seguridade ou de mantemento espec\u00edfico. Unha cousa \u00e9 atopar un torques ou unha peza de madeira da Idade do Ferro (que obviamente hai que levalas a lugares que re\u00fanan as condici\u00f3ns axeitadas) e outra \u00e9 un pedrolo (saben que digo &#8216;pedrolo&#8217; con todo o agarimo do mundo) que pode quedar perfectamente no sitio. Adem\u00e1is, deben existir criterios: a mesma Direcci\u00f3n Xeral de Patrimonio autoriza que outra estela da Idade do Bronce estea nun parque p\u00fablico da Gudi\u00f1a (!!!). <\/p>\n<p>Propo\u00f1o un novo criterio para os dep\u00f3sitos de achados: estes deben ser depositados no centro competente m\u00e1is pr\u00f3ximo ao lugar de escavaci\u00f3n e de acordo con criterios t\u00e9cnicos, s\u00f3 deberan ser colocados nos centros provinciais aqueles que precisen dunhas condici\u00f3ns t\u00e9cnicas espec\u00edficas de preservaci\u00f3n e seguridade. Tam\u00e9n propo\u00f1o facer unha distinci\u00f3n clara entre aquelas pezas musealizables e aqueles restos que, podendo ter valor cient\u00edfico, pero non encaixan na musealizaci\u00f3n moderna. Estes deberan ser almacenados doutro xeito, e de forma m\u00e1is eficaz. Propo\u00f1o unha xesti\u00f3n human\u00edstica do obxecto arqueol\u00f3xico, que atenda a s\u00faa visi\u00f3n integral, aos v\u00ednculos coa comunidade e o patrimonio inmaterial. Un obxecto arqueol\u00f3xico non \u00e9 s\u00f3 unha peza f\u00edsica. <\/p>\n<p>Hai que reinventar a idea de museo a partir dos recursos que xa temos hoxend\u00eda. Ollo, non digo que non deban existir os museos. Os museos son lugares de memoria important\u00edsimos, e cunha pr\u00e1ctica demostrada de difusi\u00f3n cultural: hai que potencialos apostando dunha vez por unha Rede de Museos que, parece incrible, a\u00ednda est\u00e1 por definir. Pero creo que hoxe o patrimonio pode ser unha excelente ferramenta de xeraci\u00f3n econ\u00f3mica, pero tam\u00e9n do fortalecemento de comunidades moitas veces desestruturadas, e os museos cl\u00e1sicos non deben ser os \u00fanicos depositarios deses obxectos. <\/p>\n<h3>5. Un novo procedemento para a entrega e difusi\u00f3n de materiais e memorias arqueol\u00f3xicas<\/h3>\n<p>Un dos grandes problemas para o avance cient\u00edfico da arqueolox\u00eda galega \u00e9 a ausencia de publicaci\u00f3n das memorias da arqueolox\u00eda de xesti\u00f3n. A arqueolox\u00eda de xesti\u00f3n (escavaci\u00f3ns en obras p\u00fablicas, etc.) \u00e9 con diferencia a que xenera m\u00e1is volume de achados, pero a maior parte dese co\u00f1ecemento non est\u00e1 publicado nin compartido.  Nestes momentos, isto \u00e9 un cachondeo. Os equipos arqueol\u00f3xicos te\u00f1en seis meses para entregar materiais e memorias, pero todo o mundo pasa de todo. As empresas arqueol\u00f3xicas non incl\u00faen nos orzamentos de escavaci\u00f3n as horas de catalogado e inventariado do material e como empresas que son, precisan estar traballando o m\u00e1ximo tempo que poidan. Seis meses rev\u00e9lanse como un prazo insuficiente para poder acometer estes traballos. Cando mandan as memorias, estas van para un caix\u00f3n da Direcci\u00f3n Xeral e s\u00f3 son accesibles para os investigadores que se desprazan fisicamente ata o lugar, e non sempre \u00e9 doado (este \u00e9 un proceso qeu ten espertado moitas queixas). <\/p>\n<p>A mi\u00f1a proposta \u00e9 incrementar o prazo de entrega de materiais de seis meses a un ano aos arque\u00f3logos para facilitar o traballo e respectar a equipos que lles custa subsistir economicamente, pero cunha contrapartida. A Direcci\u00f3n Xeral non debera autorizar novas intervenci\u00f3ns arqueol\u00f3xicas a un director de intervenci\u00f3n ou empresa se non fixo entrega dos materiais e memorias de intervenci\u00f3ns previas que estean xa f\u00f3ra do prazo legal de entrega. En certo xeito, este xa \u00e9 un procedemento habitual na Administraci\u00f3n auton\u00f3mica. A Xunta non ingresa as subvenci\u00f3ns se a empresa beneficiaria non est\u00e1 ao d\u00eda dos pagos a Facenda, por exemplo. A non autorizaci\u00f3n ser\u00eda un proceso autom\u00e1tico, resultado da verificaci\u00f3n do funcionario nos arquivos da DX da situaci\u00f3n de entregas da empresa\/grupo de investigaci\u00f3n correspondente, e non un proceso pasivo derivado da apertura dun expediente, que \u00e9 o procedemento actual, e que d\u00e1 lugar a arbitrariedades e a condutas cando menos <em>sopranescas<\/em> por parte de determinadas Comisi\u00f3ns. <\/p>\n<p>Todas as memorias deber\u00e1n ir a un repositorio dixital da D.X. de Patrimonio, como pasa en moitos pa\u00edses civilizados, correctamente indexadas e publicadas. Agora ben, esta idea 5 non encaixar\u00eda tanto na nova Lei como na necesaria reforma do regulamento da actividade arqueol\u00f3xica de Galicia. <\/p>\n<p>Son cinco puntos. Oc\u00f3rrenseme bastantes m\u00e1is e seguro que a moita outra xente se lle ocorren outros, pero o Goberno que constr\u00faa a nova lei en base \u00e1 transparencia, a efectividade e sen criminalizar \u00e1 sociedade civil, ter\u00e1 avanzado moito. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Aqu\u00ed van cinco propostas do que, ao meu criterio, debera contemplar a futura Lei do Patrimonio Cultural de Galicia. <\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2011\/10\/27\/5-ideas-factibles-e-necesarias-para-a-nova-lei-de-patrimonio\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">5 ideas (factibles e necesarias) para a nova Lei de Patrimonio<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":18534,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[32,2,18],"tags":[],"class_list":["post-18516","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-destacado","category-diario","category-notas-arqueoloxicas","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/18516","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=18516"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/18516\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/18534"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=18516"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=18516"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=18516"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}