{"id":1816,"date":"2006-11-20T20:24:19","date_gmt":"2006-11-20T18:24:19","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/index.php\/2006\/11\/20\/novo-deseno-de-el-pais-en-internet-a-clonacion-estandarizacion-dos-cibermedios\/"},"modified":"2006-11-20T20:32:32","modified_gmt":"2006-11-20T18:32:32","slug":"novo-deseno-de-el-pais-en-internet-a-clonacion-estandarizacion-dos-cibermedios","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2006\/11\/20\/novo-deseno-de-el-pais-en-internet-a-clonacion-estandarizacion-dos-cibermedios\/","title":{"rendered":"Novo dese\u00f1o de El Pa\u00eds en Internet: a <strike>clonaci\u00f3n<\/strike> estandarizaci\u00f3n dos cibermedios"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" id=\"image1815\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/elpais_novo.jpg\" alt=\"elpais_novo.jpg\" \/><\/p>\n<p>Hoxe espertamos cun importante lavado na edici\u00f3n dixital de El Pa\u00eds. O novo dese\u00f1o \u00e9 un compendio de inventos da web 2.0. Eu resumir\u00edao en:<\/p>\n<p>\u2022\tCambio no nome do produto: de elpais.es a elpais.com<br \/>\n\u2022\tTipograf\u00edas grandes e flex\u00edbeis<br \/>\n\u2022\tDese\u00f1o de t\u00e1boas l\u00edquido que permite que a web se adapte \u00e1 resoluci\u00f3n do usuario (a partir dunha resoluci\u00f3n m\u00ednima de 1024 p\u00edxeles)<br \/>\n\u2022\tMaior integraci\u00f3n e visibilidade dos comentarios dos usuarios<br \/>\n\u2022\t\u2018Incrustaci\u00f3n\u2019 de obxectos multimedia nas planas de informaci\u00f3n e unha maior integraci\u00f3n dos obxectos multimedia<br \/>\n\u2022\tDesaparici\u00f3n dos men\u00fas laterais e substituci\u00f3n por outro en dous niveis despregado ao car\u00f3n da cabeceira<br \/>\n\u2022\tSistema gr\u00e1fico de solapas para engadir m\u00e1is informaci\u00f3n sen recargar a p\u00e1xina<br \/>\n\u2022\tBotonci\u00f1os para postear a noticia en diferentes webs sociais<br \/>\n\u2022\tApertura de parte do contido baixo licenza Creative Commons para uso non comercial<br \/>\n\u2022\tNubes de etiquetas coas palabras clave do d\u00eda<\/p>\n<p>Simplemente faltaba isto:<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" id=\"image1814\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/elpais_beta.jpg\" alt=\"elpais_beta.jpg\" \/><\/p>\n<p>El Pa\u00eds segue a li\u00f1a de boa parte dos medios de cabeceira do mundo, que iniciaron un novo ciclo de redese\u00f1o nos \u00faltimos dous anos. A diferencia dos grandes cambios do 2002-3, os cibermedios afrontan desta volta un novo contexto con tres elementos decisivos para a toma de decisi\u00f3ns nun redese\u00f1o: a <strong>canibalizaci\u00f3n da edici\u00f3n en papel<\/strong> por parte da edici\u00f3n dixital \u00e9 xa unha realidade nos medios con d\u00faas versi\u00f3ns, o usuario <strong>consulta en varias ocasi\u00f3ns ao longo do d\u00eda o medio<\/strong> e existen <strong>novos formatos exitosos<\/strong> desde f\u00f3ra da industria, como os blogs ou as webs sociais, que non son a competencia pero si xeneran m\u00e1is problemas de identidade nos medios do esperado e te\u00f1en unha gran capacidade de influencia. <\/p>\n<p>A f\u00f3rmula adoptada por elpais.com segue a <strong>tendencia \u00e1 estandarizaci\u00f3n<\/strong> doutros cibermedios de cabeceira \u2013El Mundo, 20 minutos, La Vanguardia, etc.-  e <strong>busca puntos de conexi\u00f3n coas novas webs sociais<\/strong>, como Flickr, YouTube, Men\u00e9ame ou similar. A opci\u00f3n, por exemplo, de inclu\u00edr iconas de publicaci\u00f3n directa nos medios sociais, como Men\u00e9ame ou Digg, ou o emprego de licenzas Creative Commons confirma a s\u00faa <strong>vontade de inserirse nese novo fluxo de circulaci\u00f3n de informaci\u00f3n e usuarios<\/strong>. \u00c9 dicir, de meterse na moda. Recuperar gas na blogosfera. Volver loitar polo liderazgo.<\/p>\n<p>Un redese\u00f1o na web, sen embargo, non \u00e9 s\u00f3 un axuste gr\u00e1fico. Reflicte unha modificaci\u00f3n na concepci\u00f3n do produto, na s\u00faa dimensi\u00f3n e no seu uso para os usuarios. No anterior redese\u00f1o de El Pa\u00eds propux\u00e9rase un determinado modelo de tratamento da informaci\u00f3n, baseado na agrupaci\u00f3n de contidos en temas, persoas, entidades, destinado a responder a un determinado tipo de consumo de informaci\u00f3n en profundidade. Non percibo tal esforzo en innovaci\u00f3n de formatos e en contidos desta vez. \u00c9 coma se o <strong>cibermedio desdebuxara a s\u00faa natureza na mar\u00e9 cando m\u00e1is precisa atopala e m\u00e1is en cuesti\u00f3n est\u00e1<\/strong>. As novas capacidades tecnol\u00f3xicas  \u2013as mesmas que facilitan outras aplicaci\u00f3ns da web 2.0- posibilitan novas explotaci\u00f3ns do contido que poden dar lugar a achados interesantes. O New York Times, por exemplo, fai unha nova aposta conceptual na relaci\u00f3n entre xornalistas, usuarios e fontes de informaci\u00f3n alleas na s\u00faa nova edici\u00f3n personalizada propia MyTimes, aproximando a todos os elementos entre si. El Pa\u00eds, non. <strong>A competencia segue sendo a cl\u00e1sica competencia que nos pode roubar a audiencia ou algo as\u00ed<\/strong>. <\/p>\n<p>Os medios aprox\u00edmanse entre si, con moi pouca innovaci\u00f3n real nos temas dos que deber\u00edan saber, como a calidade do contido ou a creaci\u00f3n de novos formatos. A diferencia do que aconteceu a finais dos 90, cando xurdiron elementos como infograf\u00eda, as entrevistas dos lectores, diapositivados con audio ou similares, os <strong>cibermedios parecen perder a capacidade interna de innovaci\u00f3n<\/strong>.  \u00bfAta que punto responde a unha moda, a unha estandarizaci\u00f3n l\u00f3xica da web 10 anos despois da s\u00faa creaci\u00f3n ou a unha ausencia de ideas?  <\/p>\n<p><strong>Outras visi\u00f3ns: <\/strong><br \/>\n\u2022 <a href=\"http:\/\/e-periodistas.blogspot.com\/2006\/11\/el-pas-quiere-ser-lder-hispano-internet.html\">Ram\u00f3n Salaverr\u00eda<\/a><br \/>\n\u2022 <a href=\"http:\/\/periodistas21.blogspot.com\/2006\/11\/elpaiscom-quiere-ser-todo.html\">Juan Varela<\/a><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Hoxe espertamos cun importante lavado na edici\u00f3n dixital de El Pa\u00eds. O novo dese\u00f1o \u00e9&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2006\/11\/20\/novo-deseno-de-el-pais-en-internet-a-clonacion-estandarizacion-dos-cibermedios\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Novo dese\u00f1o de El Pa\u00eds en Internet: a &lt;strike&gt;clonaci\u00f3n&lt;\/strike&gt; estandarizaci\u00f3n dos cibermedios<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":1814,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2],"tags":[],"class_list":["post-1816","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-diario","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1816","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=1816"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1816\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/1814"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=1816"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=1816"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=1816"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}