{"id":1777,"date":"2006-11-12T22:32:26","date_gmt":"2006-11-12T20:32:26","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/index.php\/2006\/11\/12\/aislados-a-parrafada-dunha-xeracion\/"},"modified":"2006-11-13T01:57:02","modified_gmt":"2006-11-12T23:57:02","slug":"aislados-a-parrafada-dunha-xeracion","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2006\/11\/12\/aislados-a-parrafada-dunha-xeracion\/","title":{"rendered":"Aislados, a parrafada dunha xeraci\u00f3n"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" id=\"image1776\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/aislados.jpg\" alt=\"aislados.jpg\" \/><\/p>\n<p><a href=\"http:\/\/www.blogdecine.com\/2006\/04\/21-aislados-como-ir-de-canas-con-los-amigos\">Beatriz Perez<\/a> definiu &#8220;Aislados&#8221; como ir de ca\u00f1as cos amigos. \u00c9 un atinado resumo desta pel\u00edcula dirixida por David Marqu\u00e9s, interpretada con tres actores e con tres membros no equipo t\u00e9cnico: o director, o sonidista e o c\u00e1mara, que rodaba cunha MiniDV. O certo \u00e9 que \u00e9 destas pel\u00edculas nas que un debe aprender o ritmo antes de poder comezar a disfrutala, a saber que se vai tratar dunha conversa excesivamente sincera -m\u00e1is ben dunha ch\u00e1chara- entre dous vellos amigos entre os que non hai prexu\u00edzos nin tab\u00fas, illados nunha casa do rural do norte de Ibiza. Unha vez que un se decata de que pouco m\u00e1is vai a acontecer a\u00ed dentro, unha vez que nos desposuimos de prexu\u00edzos cin\u00e9filos, unha vez que somos conscientes de que a seguinte hora e media vai ir de parrafeo insubstancial, comezar\u00e1n os risos. <\/p>\n<p>Aislados \u00e9 unha peli xeracional sen pretensi\u00f3ns que, non sei se querendo ou non, se converte nunha especie de memoria xeracional dos que xa entramos nos 30. Non creo moito nas novelas, ou nas pel\u00edculas que retratan \u00e1 Xeraci\u00f3n -xa sabes, ese grupo humano ao que ning\u00fan dos seus integrantes afirma pertencer. Pero esta pel\u00edcula asume a \u00e9poca pasada como froito de escarnio e, por iso, faise m\u00e1is cr\u00edbel. Para entend\u00e9rmonos: unha das primeiras escenas \u00e9 unha evocaci\u00f3n dos Spectrum 48 kb, os Commodore 64, os videoxogos de cartucho e o N\u00e9mesis, o pirateo de cassetes, as pelis de Superman; prosegue con outras conversaci\u00f3ns de barra de bar, a calvicie e a canicie. E un comeza a rirse sen parar, pero non tanto pola maior ou menor graza do gui\u00f3n, sen\u00f3n porque un asiste \u00e1 parodia dun mesmo, o cal sempre \u00e9 tremendamente saud\u00e1bel. Este cachondeo vai dunha memoria moldeada co zunido de reminiscencias isl\u00e1micas das cassetes dos xogos a cargar no MSX (no meu caso), e que descubre que todos os xogos das maquini\u00f1as nas que fund\u00edas a paga dos domingos caben agora nun CD, no que te lembras de s\u00fapeto de como se xogaba ao Sim\u00f3n. <\/p>\n<p>Como o trailer \u00e9 malo de narices, mellor vos ensino un videoclip da banda sonora. Faino un grupo ibicenco, <a href=\"http:\/\/www.statuasdsal.com\">Statuas.d.Sal<\/a>, que foi unha agrad\u00e1bel sorpresa. O tema \u00e9 &#8220;Lo que hay que ver&#8221;. Xa veredes que ben soan:<\/p>\n<p><object width=\"425\" height=\"350\"><param name=\"movie\" value=\"http:\/\/www.youtube.com\/v\/oByZw9EoL9k\"><\/param><param name=\"wmode\" value=\"transparent\"><\/param><embed src=\"http:\/\/www.youtube.com\/v\/oByZw9EoL9k\" type=\"application\/x-shockwave-flash\" wmode=\"transparent\" width=\"425\" height=\"350\"><\/embed><\/object><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Beatriz Perez definiu &#8220;Aislados&#8221; como ir de ca\u00f1as cos amigos. \u00c9 un atinado resumo desta&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2006\/11\/12\/aislados-a-parrafada-dunha-xeracion\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Aislados, a parrafada dunha xeraci\u00f3n<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":28127,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[14,2,15],"tags":[],"class_list":["post-1777","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-audiovisual","category-diario","category-musica","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1777","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=1777"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1777\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/28127"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=1777"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=1777"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=1777"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}