{"id":17743,"date":"2011-10-16T23:56:18","date_gmt":"2011-10-16T21:56:18","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=17743"},"modified":"2011-10-21T08:55:04","modified_gmt":"2011-10-21T06:55:04","slug":"cronicas-mundanas-o-insomnia-non-volvera","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2011\/10\/16\/cronicas-mundanas-o-insomnia-non-volvera\/","title":{"rendered":"Cr\u00f3nicas Mundanas: O Insomnia non volver\u00e1"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/bola.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Aseg\u00farovolo: dubidei moito antes de titular este artigo. <em>O Insomnia non volver\u00e1<\/em>. Sei que alg\u00fan lector\/editor deste artigo estar\u00e1 dicindo neste momento exacto: \u201cD\u00e9ixao ir\u201d. Eu non. O meu problema \u00e9 persoal. Nalgunha barra de bar prometinme solemnemente  -con toda a escasa cerimonia desas ocasi\u00f3ns- que endexamais escribir\u00eda un t\u00edtulo saudoso. Puxen a Hendrick\u2019s por testemu\u00f1a e a uns cantos amigos como comparsas m\u00e1is que como compinches. Que raio, o presente \u00e9 o presente e \u00e9 exactamente onde vivimos. Os tempos pasados que non volvan, ou que volvan, pero con cartos no peto e amor \u00e1s costas. Non quer\u00eda ser como estes zombies da noite compostelana, que se arrexuntan na cea anual de pandilla de universidade e, d\u00e9cada e media despois, teiman en volver aos locais noturnos onde unha vez foron felices \u2013ou cren lembrar que o foron- e so\u00f1an con pescar \u2013a\u00ednda que sexa metaforicamente- algo que lles demostre que algo seguen a ser. Ser\u00e1 o outono \u2013este enganoso outono- o que me fixo pensar no Insomnia. <\/p>\n<p>Eu rematara a carreira hab\u00eda un par de anos e a cousa marchaba ben. Est\u00e1s cun p\u00e9 a\u00ednda na bohemia e o outro \u2013o da n\u00f3mina- rec\u00e9n estreado e sen compromisos hipotecarios. O Insomnia comezou a po\u00f1erse de moda. \u00c9 curioso como este barrio da Porta do Cami\u00f1o ten alg\u00fan tipo de enerx\u00eda que ciclicamente dispara un local no <em>coolismo<\/em> compostelano, como hoxe fai con La Flor. Pero o Insomnia era distinto. Para os que non o lembren, ocupaba un baixo de dimensi\u00f3ns m\u00ednimas e estreitas onde os m\u00e1is optimistas pod\u00edan distinguir tres zonas: enfronte da barra (onde se concentraban os e as compostelanitas), enfronte do DJ \u2013cunha microplatea chea de posibilidades flirteantes- e o fondo (territorio Erasmus e das mozas da Ama\u00eda, Touro e arredores que vi\u00f1an sa\u00edr a Compostela). Aquelo petaba contra as d\u00faas ou tres da ma\u00f1\u00e1 ata niveis que demostran a capacidade de supervivencia do ser humano en contornos imposibles. Pero al\u00f3, no Insomnia, suced\u00eda algo que fai que moita xente remate por evocar con certa nostalxia o lugar; non tanto por el, como pola dificultade de atopar algo similar na noite compostelana que hoxe vivimos. <\/p>\n<p>Lembran eses chistes sobre vascos que non se comunican coas mulleres? Pois eu sempre me sorprend\u00edn que nunca se aplicaran a esta nosa cidade de samurdos e coc\u00f3ns (adxectivos directos cos que mi\u00f1a avoa defin\u00eda os t\u00edmidos). O compostelanita afoga a s\u00faa timidez en alcol e aseg\u00farolle que hai casos de eles e elas que levan anos mir\u00e1ndose nos bares, sempre \u00e1 mesma hora, sempre no mesmo local, sen cruzaren palabra. Como Compostela \u00e9 ben pequena, rem\u00e1tase por saber a trav\u00e9s de terceiras partes a vida enteira do observado\/a, pero non sabes como soa a s\u00faa voz. Ata que un d\u00eda, os reloxos biol\u00f3xicos esmagan a timidez a base de hormonas e sentidi\u00f1o e rematas por dar o paso adiante: ese que pretende parar, a\u00ednda que sexa por un momento, o tempo que se nos vai. <\/p>\n<p>Coa s\u00faa m\u00fasica de pachanga dos 60 ou dos 70, coas s\u00faas homenaxes a Alaska, o Insomnia creaba un territorio que, por alg\u00fan tipo de qu\u00edmica gran\u00edtica, ceibaba as sociorfinas das que os galegos andamos tan faltos e a noite cobraba o seu verdadeiro senso: refrescar a nosa axenda telef\u00f3nica, enquistada desde terceiro de carreira en n\u00fameros sen sa\u00edda, e sentir o que Juan Cueto chamaba \u2018as burbullas do globo\u2019, un xeito intrascendente de vivir a enerx\u00eda contempor\u00e1nea e, polo tanto, rematar por facerse m\u00e1is sabio a trav\u00e9s da risa e do escarceo.  <\/p>\n<p>\u00c9 certo que xa vou m\u00e1is maior, pero nin eu nin os meus esp\u00edas temos atopado antros noturnos que fagan tan agradable a suor humana e a saturaci\u00f3n de colonia \u2013esa combinaci\u00f3n na que vive a f\u00f3rmula secreta para crebar xeos humanos- coma o Insomnia daba feito. Iso si, a calidade xeral do alcohol mellorou; iso \u00e9 que imos vellos e agardamos que a conversa volva estar, outra volta, refuxiada, como a publicidade subliminal tan de moda nos 90, nas caprichosas formas dun cubi\u00f1o de xeo. <\/p>\n<p><em>As Cr\u00f3nicas Mundanas son unha colecci\u00f3n de artigos sobre Santiago de Compostela e a vida a trav\u00e9s da s\u00faa hosteler\u00eda. Publ\u00edcanse bimestralmente na revista da Asociaci\u00f3n de Hosteler\u00eda de Santiago de Compostela.<\/em><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A terceira entrega das Cr\u00f3nicas Mundanas especula sobre as sociorfinas e outras drogas da noite compostelana. <\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2011\/10\/16\/cronicas-mundanas-o-insomnia-non-volvera\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Cr\u00f3nicas Mundanas: O Insomnia non volver\u00e1<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":17744,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[37,32],"tags":[],"class_list":["post-17743","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-cronicas-mundanas","category-destacado","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/17743","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=17743"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/17743\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/17744"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=17743"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=17743"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=17743"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}