{"id":17698,"date":"2011-10-11T22:18:49","date_gmt":"2011-10-11T20:18:49","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=17698"},"modified":"2011-10-16T23:56:59","modified_gmt":"2011-10-16T21:56:59","slug":"un-mar-con-imaxinacion-no-restaurante-ponte-vella-cedeira","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2011\/10\/11\/un-mar-con-imaxinacion-no-restaurante-ponte-vella-cedeira\/","title":{"rendered":"Un mar con imaxinaci\u00f3n no restaurante Ponte Vella (Cedeira)"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/ponte_vella_1.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Fotos: Sole<\/em><br \/>\n<img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/ponte_vella_5.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Na espera dos pratos<\/em><\/p>\n<p>G\u00fastanme os comedores con biblioteca gastron\u00f3mica. Eses lugares nos que, botando unha man para atr\u00e1s, tiras un libro de gran formato, de coci\u00f1a ilustrada tanto no sentido gr\u00e1fico como cultural. Que entre prato e prato ded\u00edcaste \u00e1 nobre arte do curioseo lector, compartindo achados. <\/p>\n<p>Estamos no restaurante Ponte Vella, en Cedeira [T:981 482 248], curioseando da s\u00faa biblioteca gastron\u00f3mica, despois dunhas sabrosas patacas recheas, antes da chegada dos primeiros. Al\u00ed atopamos un libro de inxenua portada:<em> A moderna coci\u00f1a galega<\/em>, de Jorge V\u00edctor Sueiro, do ano 1985. <em>A moderna coci\u00f1a galega<\/em> ilustr\u00e1base na portada cun bodeg\u00f3n de mariscos, lac\u00f3ns e o cl\u00e1sico festival do porco. Como ser\u00eda a vella! Curioseamos nos textos: que escritor esquencido, Sueiro, un d\u00eda -precisamos- temos que co\u00f1ecer m\u00e1is del. <\/p>\n<p>Ata que batemos cun texto desta Terra de Cedeira. A historia do cura de Santo Andr\u00e9 de Teixido. Algo ti\u00f1a que ter. Era famoso na zona Don Manuel Miragalla, enorme e ancho coma un planeta. Comech\u00f3n e coci\u00f1eiro. Eugenia, a filla de Marisa a coci\u00f1eira, entra na conversa: <\/p>\n<p>-Te\u00f1o unha amiga que era familiar del, e cont\u00e1bame que para subir as costas o amarraban a dous burros. <\/p>\n<p>A historia parece incrible, pero vela\u00ed est\u00e1 a memoria oral! Para sacar a don Manuel deste val da fin do mundo, os burros turraban para arriba do sacerdote coma se fora un carromato; seguro que facendo uso das s\u00faas facultades eclesi\u00e1sticas, liar\u00eda tam\u00e9n a uns cantos defuntos en tr\u00e1nsito para apoiar o desprazamento sacerdotal. O cura era sonado polas papanzas que lle organizaba aos amigotes. Ata Cela e Fraga expresaran o desexo de probarlle o m\u00edtico &#8220;tortill\u00f3n&#8221; e cumprir co ritual de rematar o xantar pantagru\u00e9lico co &#8220;gorro de durmir&#8221;. S\u00f3ache todo raro? Seica o &#8220;gorro de durmir&#8221; era tradici\u00f3n da reitoral de Santo Andr\u00e9: hab\u00eda que baixar unha botella de co\u00f1ac por cabeza cos caf\u00e9s. En canto ao tortill\u00f3n, trat\u00e1base dun prato descomunal, digno de artigo de Cunqueiro. Tixola enorme, abonda para po\u00f1er chourizos de p\u00e9, d\u00faas ducias de ovos ou a\u00ednda m\u00e1is e moita valent\u00eda. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/ponte_vella_2.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/ponte_vella_3.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Marisa, a coci\u00f1eira deste pequeno restaurante familiar Ponte Vella, non \u00e9 para nada tan animal coma o vello cura de Santo Andr\u00e9. Pero si comparte con Miragalla a valent\u00eda. Deste xeito, atr\u00e9vese a elaborar co rico produto mari\u00f1o local pratos que van m\u00e1is al\u00e1 do &#8216;produto&#8217; e permiten a entrada da imaxinaci\u00f3n. Comezamos o noso xantar cun delicioso pastel\u00f3n de berberechos (en Cedeira, o &#8216;pastel\u00f3n&#8217; \u00e9 a empanada), para seguirmos cunhas croqueti\u00f1as de percebes e algas, finas e delicadas, e rematarmos cun prato de intenso sabor: unha lasa\u00f1a de centola e boi. Croquetas e lasa\u00f1a, ben o saben, son pratos que piden paciencia. Collan alg\u00fan libro da biblioteca e d\u00e9ixenos enfriar. Chegaranlles os sabores mari\u00f1os, mesturados con ese aire de coci\u00f1a de conforto que sempre te\u00f1en croquetas e bechameis. Non \u00e9 coci\u00f1a innovadora, pero nunha vila pequena, \u00e9 coci\u00f1a imaxinativa, con ga\u00f1as de xogar co produto e perderlle ese ficticio e sacrosanto respecto. Pratos, ao mesmo tempo, alixeirados, de execuci\u00f3n elegante e sabores delicados. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/ponte_vella_4.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/ponte_vella_6.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Fagan un oco para os postres. Nos fix\u00e9molo para esta tarta de maz\u00e1 -\u00e1ceda e galaica- con escuma de queixo que tam\u00e9n merec\u00eda bos honores. <\/p>\n<p>Cunhas ca\u00f1as e vi\u00f1os, a historia sae en 25 euros por cabeza. Ou sexa, moi ben. Brindamos nos caf\u00e9s polo cura de Santo Andr\u00e9, polos pobres dos burros que ti\u00f1an que turrar del para riba cando quer\u00eda sa\u00edr da parroquia, brindamos polo pastel\u00f3n, pola empanada aberta de raia e todo o que a vida ofrece nesta vila de Cedeira, balc\u00f3n de luz especial sobre o Atl\u00e1ntico m\u00e1is bravo e m\u00e1xico do Reino de Galicia. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Quen dixo medo? Nas vilas mari\u00f1eiras galegas hai coci\u00f1eiras que lle botan imaxinaci\u00f3n aos produtos do mar para crear pratos sinxelos e imaxinativos. \u00c9 o caso do restaurante Ponte Vella, na vila de Cedeira. <\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2011\/10\/11\/un-mar-con-imaxinacion-no-restaurante-ponte-vella-cedeira\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Un mar con imaxinaci\u00f3n no restaurante Ponte Vella (Cedeira)<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":17699,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[32,2,7],"tags":[],"class_list":["post-17698","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-destacado","category-diario","category-paparotasco","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/17698","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=17698"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/17698\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/17699"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=17698"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=17698"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=17698"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}