{"id":17690,"date":"2011-10-10T23:17:52","date_gmt":"2011-10-10T21:17:52","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=17690"},"modified":"2011-10-11T08:10:26","modified_gmt":"2011-10-11T06:10:26","slug":"centros-e-periferias","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2011\/10\/10\/centros-e-periferias\/","title":{"rendered":"Centros e periferias"},"content":{"rendered":"<p>\u00c9 moi interesante visitar as escavaci\u00f3ns arqueol\u00f3xicas, especialmente se tes confianza cos directores da escavaci\u00f3n. Durante a visita, o pensamento especulativo tende a aflorar. Canda os datos que se che expo\u00f1en, o momento m\u00e1is interesante \u00e9 cando se elucubra en voz alta, \u00e1s veces con moita certeza, sobre a funcionalidade ou o significado de algo. \u00c9 curioso como este pensamento especulativo a penas se traslada despois \u00e1s publicaci\u00f3ns. Presos dun, se cadra falso, &#8216;cientificismo&#8217;, os informes, memorias e artigos lim\u00edtanse a describir o que se atopa, para o que non hai un uso claro, pero \u00e9se moi conservador \u00e1 hora de expresar aquelas especulaci\u00f3ns m\u00e1is atrevidas ou arriscadas. Sen embargo, ese pensamento especulativo \u00e9 o que fai, moitas veces, avanzar a investigaci\u00f3n: non \u00e9 pensamento &#8216;de segunda&#8217;, nin moito menos. <\/p>\n<p>P\u00e1sanos en Pena Furada. Unha das preguntas m\u00e1is habituais ao redor do lugar \u00e9 onde fican os castros m\u00e1is pr\u00f3ximos. D\u00e1se por suposto que hai un castro pr\u00f3ximo, como se un espazo se vinculase a unha comunidade concreta. Pero hoxe sabemos que, como era evidente, a articulaci\u00f3n do espazo e do territorio na Idade do Ferro era m\u00e1is ampla, \u00eda m\u00e1is al\u00e1 dunha comunidade local concreta, a\u00ednda que non se sabe moi ben como funcionaba iso en termos pr\u00e1cticos, e m\u00e1is a\u00ednda se o miramos desde unha perspectiva netamente positivista, pegada \u00e1s evidencias arqueol\u00f3xicas. <\/p>\n<p>&#8220;Onde est\u00e1 o castro?&#8221;. Pois o curioso \u00e9 que, por raro que pareza en Galicia, ao redor de Pena Furada hai un pequeno deserto castrexo. Os poboados da Idade do Ferro est\u00e1n estra\u00f1amente lonxe deste lugar. <\/p>\n<p>O que ides ver, nesta imaxe, \u00e9 puro pensamento especulativo. Ant\u00f3n Malde comezou a repasar a ubicaci\u00f3n de castros nesa porci\u00f3n de territorio e atopou un curioso e misterioso &#8216;oco&#8217; central no poboamento da Idade do Ferro, ao redor deste lugar, o outeiro de Pena Furada. Debuxouno no ordenador, e aqu\u00ed est\u00e1: <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/centralidade.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Castros ao redor de Pena Furada. <a href=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/Relaci\u00f3n-Castros-da-Contorna.pdf\">Ver en grande (pdf)<\/a>. <\/em><\/p>\n<p>\u00c9 tremendo. Pena Furada no medio dun espazo baleiro, rodeada dun territorio por outra banda densamente poboado de castros. Indubidablemente, \u00e1 cabeza v\u00e9\u00f1ense as referencias aos &#8216;lugares centrais&#8217; no mundo c\u00e9ltico ou atl\u00e1ntico; espazos de fronteira, ou espazos que ocupan un rol diferente dentro do territorio: espazos de reuni\u00f3n e espazos de representaci\u00f3n. Estamos ante un caso disto? Este \u00e9, outra volta, pensamento especulativo. Voces en voz alta, en palabra impresa; en Pena Furada promet\u00edmonos contar, case en tempo real, o que \u00eda aparecendo. Coas ideas, coas vacilaci\u00f3ns, cos acertos e equivocaci\u00f3ns. Pensamos en transmitir non s\u00f3 as conclusi\u00f3ns, ou os datos rasos, sen\u00f3n tam\u00e9n as especulaci\u00f3ns, a imaxinaci\u00f3n baseada en datos. En verbalizar e facer p\u00fablico o que \u00e9 habitual en toda intervenci\u00f3n arqueol\u00f3xica que co\u00f1ezo, esa &#8216;parte de atr\u00e1s&#8217; da escavaci\u00f3n que nunca chega aos papeis, pero que existe. <\/p>\n<p>Hai unha relaci\u00f3n entre castros e Pena Furada? \u00c9 este mapa un espellismo, fac\u00e9molo n\u00f3s central ao seccionar o territorio ou o territorio e os datos est\u00e1n a falar xa por si mesmos e representan o que a\u00ed se ve? As evidencias arqueol\u00f3xicas por este momento non permiten levar a figura da Moura ata o final da Idade do Ferro. Estamos nun estra\u00f1o limbo romano-tardorromano-medieval, con estruturas que van aflorando e que nos enchen de preguntas, pero a finalidade da intervenci\u00f3n, a limpeza de superficie, non permite ir moito m\u00e1is al\u00f3 por agora. Pero tam\u00e9n estamos a penas na capa superficial e vexetal dun xacemento tremendamente complexo. Se cadra esta figuri\u00f1a da Moura sexa o v\u00ednculo entre s\u00e9culos de m\u00e1is atr\u00e1s, cruzando s\u00e9culos de tempo.  <\/p>\n<p>D\u00e9ixennos especular. Especulen connosco. Pero non hai que quedar a\u00ed: hai que ser escrupulosos, moi escrupulosos cos pasos posteriores. Logo os datos ir\u00e1n corrixindo, desmentindo ou confirmando estas especulaci\u00f3ns. A clave \u00e9 ser honestos: discernir e aclarar cando especulamos, cando prantexamos hip\u00f3teses, cando expresamos certezas. Agora especulamos. E as\u00ed avanzamos. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>\u00c9 moi interesante visitar as escavaci\u00f3ns arqueol\u00f3xicas, especialmente se tes confianza cos directores da escavaci\u00f3n.&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2011\/10\/10\/centros-e-periferias\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Centros e periferias<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":17691,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2,18],"tags":[],"class_list":["post-17690","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-diario","category-notas-arqueoloxicas","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/17690","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=17690"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/17690\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/17691"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=17690"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=17690"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=17690"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}