{"id":1768,"date":"2006-11-10T20:43:58","date_gmt":"2006-11-10T18:43:58","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/index.php\/2006\/11\/10\/descubrir-gustos-propios-e-alleos-con-manuel-gonzalvo-en-amicus-felix-de-ibiza\/"},"modified":"2006-11-10T22:58:54","modified_gmt":"2006-11-10T20:58:54","slug":"descubrir-gustos-propios-e-alleos-con-manuel-gonzalvo-en-amicus-felix-de-ibiza","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2006\/11\/10\/descubrir-gustos-propios-e-alleos-con-manuel-gonzalvo-en-amicus-felix-de-ibiza\/","title":{"rendered":"Descubrir gustos propios e alleos con Manuel Gonzalvo en Amicus Felix de Ibiza"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" id=\"image1769\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/vinho.jpg\" alt=\"vinho.jpg\" \/><\/p>\n<p>Era bastante tarde pero Juan Manuel Gonzalvo foi teimudo. Abriu outra botella e serviume unha copa do <a href=\"http:\/\/www.doconcadebarbera.com\/bodegas_rende_masdeu_historia.htm\">Cabernet Sauvignon crianza 2000<\/a> que os irm\u00e1ns Rend\u00e9 Masdeu cultivan na Conca del Barber\u00e1. Un vi\u00f1o de longo tempo en barrica, de matices bastante intensos a fi\u00fancho e herbas e con forza abonda para manifestarse individualmente na boca despois dunha longa noite de cata. Debeuseme escapar un sorriso de aprobaci\u00f3n porque Gonzalvo relaxouse e afirmou, case para si:<\/p>\n<p>-Como moito, tardo tres intentos en atopar o gusto de algu\u00e9n. Esc\u00f3itoo, cato con el ata atopar un vi\u00f1o que encaixe co que agarda beber, pero que o sorprenda, que non o co\u00f1eza. A ti g\u00fastanche os vi\u00f1os bastante feitos, por exemplo. <\/p>\n<p>Juan Manuel Gonzalvo \u00e9 un ambicioso rapaz aragon\u00e9s, en\u00f3logo de profesi\u00f3n, que se fixo cargo de Amicus F\u00e9lix, un novo concepto de vi\u00f1oteca que o grupo NaturHouse est\u00e1 probando discretamente en Ibiza antes de estendelo \u00e1 Pen\u00ednsula. E n\u00f3s somos uns puros betatesters. Con sumo pracer. Aqu\u00ed vai a cr\u00f3nica da descuberta do gusto. <\/p>\n<p><!--more--><\/p>\n<p>O gusto alleo \u00e9 unha materia complexa que un nunca acaba de asimilar de todo. Pero se nos miramos interior cada un atopamos unha li\u00f1a coherente e transversal que transita desde a pintura pasando pola literatura, o xeito de vestir ou o beber. Unha amiga r\u00eduseme na cara cando lle dixen que os vi\u00f1os \u00edan parellos co car\u00e1cter das persoas. Eu estou convencido de tal cousa. Hai vi\u00f1os que encaixan con individuos concretos como peci\u00f1as de Lego. Agora ben, pasarse varias horas de divertida e acelerada cata con Manuel Gonzalvo \u00e9 como dar un paso m\u00e1is al\u00e1: un aprende a diferenciar entre o gusto propio e a calidade intr\u00ednseca dun vi\u00f1o, esa calidade que est\u00e1 al\u00e9n das preferencias persoais. Diso van os oficios de somelieres, dos en\u00f3logos, dos cr\u00edticos. En materia de vi\u00f1os tal cousa \u00e9 asunto de not\u00e1bel elegancia e sutileza. Apreciar as sutilezas que a terra, o sol, a fartura ou escaseza de auga, as variaci\u00f3ns xen\u00e9ticas das cepas poden provocar no sabor final do vi\u00f1o xa \u00e9 complicado. Pero distinguilo, non compartir ese gusto final e a\u00ednda as\u00ed quitarse o sombreiro con elegancia ten moito m\u00e9rito. \u201cSe cadra este non sexa o meu vi\u00f1o, pero seguro que \u00e9 un vi\u00f1o para algu\u00e9n\u201d, dir\u00e1s.  <\/p>\n<p>En materias de gustos tan sut\u00eds un descobre tam\u00e9n o substrato cultural, como se reflexa nesta an\u00e9cdota. Tomamos un interesante somontano no que de s\u00fapeto agromou un sabor inesperado.<\/p>\n<p>-F\u00edxate \u2013d\u00edxenlle a Manuel- este ten un tremendo gusto a fondo de bosque, a lentura, a humidade dozona de cama de fieitos.<\/p>\n<p>Manuel miroume desgustado.<br \/>\n-\u00bfEst\u00e1 malo?- preguntoume.<br \/>\n-Nooon, para nada, todo o contrario. Nunca tomara un vi\u00f1o que me espertara ese recordo.<\/p>\n<p>O aragon\u00e9s Gonzalvo deulle outro trago r\u00e1pido, pero a memoria da terra e o bosque h\u00famido no que as plantas se cocen lentamente no caldeiro da natureza non parec\u00eda estar na s\u00faa referencia vital e debeu pensar inicialmente que o barril prexudicara o vi\u00f1o. As s\u00faas referencias est\u00e1n m\u00e1is pr\u00f3ximas aos campos abertos, \u00e1 explosi\u00f3n de herbas de forte identidade, a vi\u00f1os dunha terra dura. <\/p>\n<p>Fixemos un enorme  percorrido, tan amplo, tan rico e tan profesional que a memoria cansa xa non me permitiu anotar todas as referencias. Partimos dos vi\u00f1os de Rueda, logo transitamos por un abstracto Cari\u00f1ena \u2013que non consegu\u00edn comprender-, o boscoso Somontano, o excelente Ren\u00e9 Masdeu da Conca del Barber\u00e1, un Priorat sabroso. Por \u00faltimo, afrontamos a gran descuberta da noite, para min. Os <a href=\"http:\/\/www.grupodr.com\/lambuena\/entrada.htm\">Lambuena da Ribera del Duero<\/a>. Cat\u00e1moslle dous: un tinto barrica de 4 meses, redondo, floral, un ideal punto de partida para xente \u00e1 que lle gusta o vi\u00f1o pero que non ten moita pr\u00e1ctica, e outro Lambuena, procedente da Finca Santorcaz; un vi\u00f1o a\u00ednda non comercializado, pero realmente notable. <\/p>\n<p>Amicus Felix bas\u00e9ase en manter unhas sesenta ou setenta referencias enol\u00f3xicas das denominaci\u00f3ns de orixe espa\u00f1olas. O concepto consiste en crear unha cultura do vi\u00f1o arredor do local: v\u00e9ndense botellas que previamente se poden catar con calma e en compa\u00f1\u00eda dun conselleiro, serve como punto de reuni\u00f3n \u2013en sof\u00e1s de coiro- e exerce como somelier particular dos restaurantes da zona, para os que dese\u00f1a cartas de vi\u00f1os das que se encarga do mantemento. Outra das premisas curiosas de Amicus F\u00e9lix \u00e9 que un non atopa al\u00ed as referencias cl\u00e1sicas do vi\u00f1o espa\u00f1ol: a aposta est\u00e1 en ofrecer marcas m\u00e1is minoritarias, de gran calidade, que non cheguen polas v\u00edas de distribuci\u00f3n xa establecidas nas cidades. Chamoume tam\u00e9n a atenci\u00f3n a diversidade de marcas, pensadas para gustos moi diferentes. Gonzalvo percorre continuamente toda a xeograf\u00eda espa\u00f1ola na busca de novos sabores e novos valores, peneira entre as adegas, fai unha labor case detectivesca, asume enormes sesi\u00f3ns de cata e rexistra todo con precisi\u00f3n. Porque diso parece tratarse esta experiencia que ten a cargo Manuel Gonzalvo: perseguir o gusto persoal do cliente, mesmo aquel que o cliente non sabe que ten. Unha tenda constru\u00edda coa paciencia que merece o vi\u00f1o, e o gusto. Moita sorte, Manuel.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Era bastante tarde pero Juan Manuel Gonzalvo foi teimudo. Abriu outra botella e serviume unha<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2006\/11\/10\/descubrir-gustos-propios-e-alleos-con-manuel-gonzalvo-en-amicus-felix-de-ibiza\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Descubrir gustos propios e alleos con Manuel Gonzalvo en Amicus Felix de Ibiza<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":28126,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2,7,8],"tags":[],"class_list":["post-1768","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-diario","category-paparotasco","category-roteiros","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1768","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=1768"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1768\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/28126"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=1768"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=1768"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=1768"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}