{"id":17642,"date":"2011-10-05T23:36:21","date_gmt":"2011-10-05T21:36:21","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=17642"},"modified":"2011-10-10T00:29:48","modified_gmt":"2011-10-09T22:29:48","slug":"as-barreiras-difusas-entre-profesionais-e-afeccionados","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2011\/10\/05\/as-barreiras-difusas-entre-profesionais-e-afeccionados\/","title":{"rendered":"As barreiras difusas entre profesionais e afeccionados"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/final_cut.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Final Cut Pro \u00e9 un software de edici\u00f3n de v\u00eddeo para Mac ata agora usado maioritariamente por profesionais. Moito m\u00e1is cr\u00edptico que o iMovie, moito menos satisfactorio a curto prazo, requer\u00eda dun certo n\u00famero de horas para comprender a s\u00faa l\u00f3xica e tirarlle proveito. <\/p>\n<p>Pero cando Apple publicou a versi\u00f3n X do seu Final Cut, os profesionais que se decantaban por este programa entraron en p\u00e9 de guerra. En parte, polo radical cambio do sistema de edici\u00f3n. Agora, na li\u00f1a do tempo, a pel\u00edcula repres\u00e9ntase case en tempo real, e a barra avanza por fotogramas que corren, e o audio repres\u00e9ntase coas s\u00faas curvas de nivel. Ese <em>estra\u00f1o<\/em> sistema de edici\u00f3n de v\u00eddeo -ao meu ver, revolucionario- Apple experiment\u00e1rao no dom\u00e9stico iMovie. E agora desbotaba m\u00e1is dunha d\u00e9cada de tradici\u00f3n co Final Cut para adoptar o sinxelo e doado sistema dos afeccionados. Alg\u00fans elementos a maiores no Final Cut, como un uso moi eficiente da xesti\u00f3n da cor das escenas, que permite obter efectos &#8216;cinem\u00e1ticos&#8217; con moita facilidade, e a combinaci\u00f3n con c\u00e1maras Full HD de formato dom\u00e9stico cada vez con mellor calidade gr\u00e1fica converten ao Final Cut m\u00e1is na evoluci\u00f3n dun afeccionado dom\u00e9stico que quere progresar nas s\u00faas filmaci\u00f3ns dixitais que na resposta \u00e1s demandas da industria. <\/p>\n<p>Con independencia de cales foran as decisi\u00f3ns internas de Apple para cambiar de xeito radical a perspectiva de evoluci\u00f3n do programa, o que est\u00e1 claro son as consecuencias: un paso m\u00e1is na proximidade tecnol\u00f3xica entre profesionais e afeccionados, cada vez m\u00e1is difusa, tanto en hardware como en software. No audiovisual, de xeito moi r\u00e1pido, veremos en pouco tempo unha competencia afeccionado-profesional igual que na m\u00fasica se ve desde hai tempo entre autores de maquetas e discos producidos. <\/p>\n<p>A clave dos profesionais do futuro estar\u00e1 na combinaci\u00f3n absolutamente intelixente entre a experiencia nas linguaxes dos sectores da cultura e a organizaci\u00f3n da lox\u00edstica de produci\u00f3n de contidos de xeito continuado. Esixir\u00e1 unha competencia profesional moi superior \u00e1 actual, e moi din\u00e1mica. Un afeccionado pode acadar de xeito brillante varios minutos de metraxe, pero \u00e9 m\u00e1is complicado facer unha serie competitiva. Non \u00e9 moi distinto ao fen\u00f3meno do software, onde o I+D+i est\u00e1, desde hai tempo, descentralizado en numerosos focos individuais e colectivos de programadores independentes. Os cambios na industria cultural do futuro forzosamente deber\u00e1n facer dialogar ese I+D+i externalizado, ese I+D+i forxado en miles de distribuci\u00f3ns de Final Cut Pro X e outro software que seguir\u00e1 ese cami\u00f1o. Non se tratar\u00e1 de buscar talentos na creaci\u00f3n independente para incorporalos \u00e1 industria audiovisual sen\u00f3n, de alg\u00fan xeito, cooperar con esta produci\u00f3n independente, moitas veces individual. <\/p>\n<p>Un software pode cambiar tanto as cousas? Final Cut Pro non \u00e9 l\u00edder na s\u00faa cota de mercado, pero \u00e9 capaz de introducir moitas cuesti\u00f3ns sobre a produci\u00f3n cultural na mesa que van moito m\u00e1is al\u00e1 dunha distribuci\u00f3n de c\u00f3digo fonte. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O xurdimento do Final Cut Pro X alenta novas d\u00fabidas sobre a proximidade entre afeccionados e profesionais. <\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2011\/10\/05\/as-barreiras-difusas-entre-profesionais-e-afeccionados\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">As barreiras difusas entre profesionais e afeccionados<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":17643,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[6,32],"tags":[],"class_list":["post-17642","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-tendencias-en-deseno","category-destacado","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/17642","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=17642"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/17642\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/17643"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=17642"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=17642"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=17642"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}