{"id":17554,"date":"2011-09-26T18:58:07","date_gmt":"2011-09-26T16:58:07","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=17554"},"modified":"2011-09-26T21:32:02","modified_gmt":"2011-09-26T19:32:02","slug":"o-mediodia-na-pena-furada","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2011\/09\/26\/o-mediodia-na-pena-furada\/","title":{"rendered":"O mediod\u00eda na Pena Furada"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/mourinha_2.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Esquerda: A Moura vista \u00e1s 13:00 (12:00 hora solar). Dereita: A Moura vista \u00e1s 17:30 horas do mesmo d\u00eda. Fotos: Gago\/Sole. Non est\u00e1n retocadas.<\/em><\/p>\n<p>Durante un traballo de recollida de tradici\u00f3n oral levado a cabo en Palmeira, hai moitos anos, decateime dun esquema de distribuci\u00f3n temporal das personaxes da tradici\u00f3n oral que despois advert\u00edn en moitos outros sitios. Mentres os abundantes e &#8216;faladores&#8217; difuntos da parroquia de San Pedro de Palmeira manifest\u00e1banse \u00e1 media noite, os mouros parec\u00edan ga\u00f1ar actividade nas horas centrais do dia, tomando o &#8216;mediod\u00eda&#8217; como o momento ao que se alude nos contos coma do encontro entre humanos e mouros, ou cando os mouros saen f\u00f3ra das s\u00faas covas e refuxios. Logo souben pola bibliograf\u00eda que iso era as\u00ed. A\u00ednda que os mouros se presentan por alg\u00fans autores como Mar Llinares coma seres constru\u00eddos en oposici\u00f3n aos labregos, o certo \u00e9 que conviven con eles nas m\u00e1ximas horas de actividade e traballos. <\/p>\n<p>Por iso \u00e9 emocionante o que acontece coa Moura de Pena Furada, e no que nos imos decatando d\u00eda tras d\u00eda que &#8216;convivimos&#8217; con ela. Conforme se vai achegando o mediod\u00eda, a imaxe vai collendo unha forza inusitada, tremenda, ata converterse nunha aut\u00e9ntica marca monumental apreciable a distancia,e todos nos achegamos diante da Moura para tirar fotos como esta. Durante a tarde, pola contra, a moura case desaparece, poder\u00eda pasar practicamente inadvertida para unha persoa con pouca experiencia na localizaci\u00f3n de gravuras. E no solpor vai volvendo a manifestar as s\u00faas formas, pero sen acadar a forza das horas centrais do d\u00eda. Hai que ter en conta que, como sinalou Manuel, estabamos no equinoccio de outono. Quen sabe se ter\u00e1 relaci\u00f3n!<\/p>\n<p>Se cadra foi esta peculiar comportamento visual o que fixo que os veci\u00f1os de Santa Mari\u00f1a de Lesa lle deran este nome \u00e1 figura que preside o outeiro de Pena Furada, conectando a figura co comportamento habitual das mouras do imaxinario tradicional galego. <\/p>\n<p>\u00c9 innegable non facer unha comparaci\u00f3n cultural co que aparece cos petr\u00f3glifos de \u00e9pocas anteriores, que se aprecian adecuadamente coas luces rasantes do mencer ou do solpor, pero malamente co sol no alto do c\u00e9o. Con independencia de se o efecto &#8216;mediod\u00eda&#8217; da Moura de Pena Furada foi buscado ou non polo seu autor ou autores, \u00e9 a luz un curioso axente que nos fala dunha diferente cronolox\u00eda cultural para esta figura en relaci\u00f3n aos petr\u00f3glifos que enchen os montes de Galicia. <\/p>\n<p>Un rudimentario gr\u00e1fico cos mellores momentos do d\u00eda (en gris) para ver a Moura:<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/moura_imaxe.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Esquerda: A Moura vista \u00e1s 13:00 (12:00 hora solar). Dereita: A Moura vista \u00e1s 17:30&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2011\/09\/26\/o-mediodia-na-pena-furada\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">O mediod\u00eda na Pena Furada<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":17555,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[18],"tags":[],"class_list":["post-17554","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-notas-arqueoloxicas","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/17554","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=17554"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/17554\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/17555"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=17554"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=17554"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=17554"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}