{"id":17521,"date":"2011-09-22T17:36:09","date_gmt":"2011-09-22T15:36:09","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=17521"},"modified":"2011-09-26T19:51:50","modified_gmt":"2011-09-26T17:51:50","slug":"unha-traxedia-a-finais-da-idade-do-ferro","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2011\/09\/22\/unha-traxedia-a-finais-da-idade-do-ferro\/","title":{"rendered":"Unha traxedia a finais da Idade do Ferro"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/not_19533.jpg\" alt=\"\u00e7\" \/><br \/>\n<em>Unha dolabra lexionaria romana. Fotos: Equipo de escavaci\u00f3n<\/em><\/p>\n<p><em>Texto publicado orixinalmente en culturagalega.org, o 22 de setembro de 2011<\/em><\/p>\n<p><strong>Parec\u00eda unha campa\u00f1a arqueol\u00f3xica m\u00e1is, pero a escavaci\u00f3n do Monte do Castro, en Ribadumia (Pontevedra), est\u00e1 a revelar un riqu\u00edsimo patrimonio arqueol\u00f3xico soterrado que ten sorprendido e intrigado ao equipo de investigaci\u00f3n. Detr\u00e1s desta historia pode haber un drama humano na \u00e9poca da conquista romana de Galicia.<\/strong><\/p>\n<p>O Monte do Castro parec\u00eda un castro m\u00e1is, s\u00f3 que con fortes danos derivados do seu uso industrial. \u201cO 30% do recinto, na s\u00faa croa, est\u00e1 afectado por canteiras\u201d, asegura Rafael Rodr\u00edguez, arque\u00f3logo da Deputaci\u00f3n de Pontevedra e director da escavaci\u00f3n deste sitio arqueol\u00f3xico da Idade do Ferro ubicado en Ribadumia. Estas canteiras, activas desde o s\u00e9culo XIX, devoraron valiosas partes da croa, inclu\u00eddo un misterioso penedo no alto do castro, que a\u00ednda lembran os veci\u00f1os, con cinco escal\u00f3ns labrados na rocha que ascend\u00edan ata unha gran p\u00eda orientada cara o Oeste. O Monte do Castro ocupa ao redor de cinco hect\u00e1reas de terreo, distribu\u00eddas en catro terrazas diferentes, unha das cales est\u00e1 f\u00f3ra das murallas. <\/p>\n<p>Sen embargo, os resultados das escavaci\u00f3ns est\u00e1n a sorprender ao equipo arqueol\u00f3xico que a Deputaci\u00f3n de Pontevedra destinou neste sitio arqueol\u00f3xico dentro do Proxecto Pousadas, co que quere crear unha rede patrimonial e tur\u00edstica no Saln\u00e9s e no litoral pontevedr\u00e9s. O equipo de investigaci\u00f3n estimaba atopar un poboado que ofrecera un punto de transici\u00f3n cultural entre os castros do interior e os da franxa litoral: dispu\u00f1an dos datos de escavaci\u00f3ns previas en dous poboados pr\u00f3ximos, de terra adentro e da costa, respectivamente: Castroland\u00edn (Cuntis) e A Lanzada (Sanxenxo), e agardaban atopar algo intermedio. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/not_19533_1.jpg\"  \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/not_19533_2.jpg\" \/><\/p>\n<p>\u201cAs expectativas cumpr\u00edronse neste sentido\u201d, asegura Rodr\u00edguez, \u201ce p\u00f3dese observar nos achados de cer\u00e1mica. Mentres que os cacharros localizados son, na s\u00faa forma, t\u00edpicos do interior, a decoraci\u00f3n das pezas de borde aristado \u00e9 t\u00edpica da franxa costeira das R\u00edas Baixas\u201d. A terraza escavada \u00e9 como un mostra da cultura material dos galaicos: hai desde un obradoiro metal\u00farxico ata unha gran casa rectangular e unha casa-patio cun gran edificio de almacenaxe presidida por unhas escadas monumentais e na que se atopou un curioso amarradoiro con forma de cola de cabalo. \u201cEsta casa-patio revela o importante proceso de xerarquizaci\u00f3n social que se d\u00e1 en Galicia a finais da Idade do Ferro\u201d. O chamativo \u00e9 que a estrutura da casa lembra moito \u00e1s distantes casas-patio localizadas no interior de Galicia, coma no gran castro de San Cibr\u00e1n de L\u00e1s. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/not_19533_3.jpg\" alt=\"\u00e7\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/not_19533_4.jpg\" alt=\"\u00e7\" \/><br \/>\n<em>Amarradeiro en forma de cola de cabalo<\/em><\/p>\n<h3>Un gran incendio<br \/>\n<\/h3>\n<p>Pero o castro comezou a amosar algo m\u00e1is que intrigou aos investigadores. A\u00ednda que na primeira fase de escavaci\u00f3n non se advertira tan claramente, a segunda campa\u00f1a, en curso agora mesmo, revelou un incendio de enormes proporci\u00f3ns que colapsou practicamente toda a terraza que est\u00e1 a escavar o equipo. \u201c\u00c9 moi habitual atopar incendios nos castros\u201d, indica Rafael Rodr\u00edguez, \u201cpolo feito da propia feitura das cabanas, os teitos de palla,etc., pero o habitual \u00e9 que reconstr\u00faan as casas por riba do nivel de incendio\u201d. No Monte do Castro pasou algo diferente. O incendio, de gran potencia, arrasou a terraza e rematou para sempre coa ocupaci\u00f3n, cando menos, deste sector do castro xa escavado. A cronolox\u00eda est\u00e1 tam\u00e9n moi clara: o incendio produciuse a mediados do s\u00e9culo I d.C. P\u00f3dese determinar pola presenza de \u00e1nforas Halltern 70, o soporte est\u00e1ndar da \u00e9poca para o comercio entre Galicia e o Mediterr\u00e1neo e, de xeito moi preciso, pola aparici\u00f3n dunha moeda da \u00e9poca do emperador Octavio Augusto, responsable das campa\u00f1as militares finais que someteron aos pobos do noroeste da Pen\u00ednsula Ib\u00e9rica. <\/p>\n<p>O problema \u00e9 que o castro est\u00e1 cheo de evidencias que indican que o abandono do poboado non foi gradual, nin moito menos. Numerosos cacharros cer\u00e1micos foron atopados in situ, enteiros, no lugar mesmo no que foron deixados nun d\u00eda de vida coti\u00e1. <\/p>\n<p>\u201cO incendio \u00e9 algo que nos sorprendeu\u201d, di Rafael Rodr\u00edguez, \u201co m\u00e1is chamativo, por exemplo, \u00e9 a concentraci\u00f3n de mu\u00ed\u00f1os crebados ou enteiros que apareceron nunha das cabanas. Est\u00e1n al\u00ed tal cal. Ou o cacharro enteiro que aparece no interior dunha casa patio, ou a dolia de almacenaxe que aparece tam\u00e9n onde ten que estar\u201d. Nas \u00faltimas semanas, abrindo parte do sector da muralla do castro, os investigadores tam\u00e9n atoparon outro cacharro que fora aplastado por un derrubo da muralla. Os muros das casas, ao caeren durante o incendio ou posteriormente, escacharon os cacharros que ficaron no sitio no que se abandonaran, no lugar onde estaban habitualmente na vida coti\u00e1 do castro. \u201cTodo parece indicar\u201d, sinala Rafael Rodr\u00edguez, \u201cque este incendio foi intencionado\u201d. <\/p>\n<p>Hai outro indicio intrigante. No medio dos derrubos de algunhas das paredes das casas aparec\u00edan pedras dun tama\u00f1o superior ao necesario para os muros. Rafael Rodr\u00edguez vai pedindo ao equipo que non as retiren para ver a composici\u00f3n xeral. Pregunt\u00e1moslle por que. \u201cNon o sei\u201d, enc\u00f3llese de ombreiros, \u201cpero \u00e9 estra\u00f1o\u201d.<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/not_19533_5.jpg\" alt=\"\u00e7\" \/><br \/>\n<em>Monte de mu\u00ed\u00f1os e anacos de mu\u00ed\u00f1o no interior dunha casa. <\/em><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/not_19533_6.jpg\" alt=\"\u00e7\" \/><br \/>\n<em>Momento de desenterrar unha f\u00edbula en moi bo estado.<br \/>\n<\/em><br \/>\n<img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/not_19533_7.jpg\" alt=\"\u00e7\" \/><br \/>\n<em>Unha &#8220;reliquia&#8221;. Un machado do s\u00e9culo IX-VII a.C.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/not_19533_9.jpg\" alt=\"\u00e7\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/not_19533_11.jpg\" alt=\"\u00e7\" \/><\/p>\n<h3>As xoias<br \/>\n<\/h3>\n<p>Se a ubicaci\u00f3n orixinal da cer\u00e1mica estra\u00f1ou aos investigadores, a\u00ednda o fixo m\u00e1is as elevadas proporci\u00f3ns de xoias e adornos localizados nun tramo de non moi grandes dimensi\u00f3ns. Repartidas pola terraza atoparon xa 18 f\u00edbulas \u2013prestixiosos prendedoiros de capas- de tradici\u00f3n galaica e transmontana. Moitas delas aparecen no interior das casas. \u201c\u00c9 moi dif\u00edcil que queden tantas f\u00edbulas dentro das casas se non \u00e9 un abandono repentino\u201d, concreta Rodr\u00edguez. A isto se lle suman que nestes momentos xa apareceron cinco aneis galaicos estrados pola terraza, un deles cun fermoso f\u00edo de bronce ao redor, e un fermoso colgante cunha pedra negra engarzada, posiblemente cuarcita. Esta densidade de achados de decoraci\u00f3n persoal \u00e9 absolutamente inusual nas escavaci\u00f3ns dos castros onde, como en calquera lugar, os bens preciosos lev\u00e1banse con un cando se marchaba dun lugar. O problema \u00e9 que aqu\u00ed non s\u00f3 non os levaron con eles, sen\u00f3n que non volveron recollelos despois do incendio. <\/p>\n<p>A\u00ednda que a maior parte destes achados te\u00f1en que ver coa \u00faltima \u00e9poca do castro, o s\u00e9culo I d.C., tam\u00e9n aparecen outros obxectos tan fermosos como intrigantes. \u00c9 o caso dunha machada de cubo propia da Idade do Bronce. A\u00ednda que a ocupaci\u00f3n do castro, polo momento, parece iniciarse con cabanas de palla-barro no s\u00e9culo IV a.C., foi nese nivel onde o equipo, nunha zona que os habitantes do castro remodelaron posteriormente, localizou ese machado. O que pasa \u00e9 que a peza ten unha cronolox\u00eda moi anterior ao propio sitio arqueol\u00f3xico: do s\u00e9culo IX-VII a.C., case cincocentos antes do localizado ata agora. \u201cPuido ser unha reliquia\u201d, sinala Rodr\u00edguez. Con todo, a presenza destas \u201creliquias\u201d soterradas baixo as casas castrexas \u00e9 un fen\u00f3meno relativamente habitual dentro da cultura galaica. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/not_19533_8.jpg\" alt=\"\u00e7\" \/><br \/>\n<em>A dolabra<\/em><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/not_19533_10.jpg\" alt=\"\u00e7\" \/><br \/>\n<em>Pinzas posiblemente lexionarias<\/em><\/p>\n<h3>Unha arma lexionaria<\/h3>\n<p>Pero a sorpresa do equipo \u2013e da escavaci\u00f3n ata o momento- foi mai\u00fascula cando no interior dunha gran casa moi longa apareceu unha dolabra. Tr\u00e1tase dunha arma do ex\u00e9rcito romano na \u00e9poca de Augusto, empregada como instrumento multifuncional que tanto val\u00eda para establecer combate como para outras funcionalidades do ex\u00e9rcito. Aparecen con frecuencia, por exemplo, nos sitios arqueol\u00f3xicos das loitas entre romanos e xermanos ao redor do Rhin. A dolabra, en bo estado de conservaci\u00f3n, localizouse no interior desta gran casa, por baixo do derrubo, e en posici\u00f3n diagonal con respecto ao chan: a s\u00faa cronolox\u00eda est\u00e1 claramente vinculada ao horizonte temporal do final do castro. Ao fondo e no interior desa gran cabana, os arque\u00f3logos localizaron d\u00faas f\u00edbulas. <\/p>\n<p>Pode non ser o \u00fanico elemento vinculado aos lexionarios que atopou por agora o equipo. A\u00ednda en fase de estudo e sen unha adscrici\u00f3n cultural tan clara como no caso da dolabra, est\u00e1n a analizar unhas pinzas que non son de tradici\u00f3n castrexa e que tam\u00e9n apareceron na terraza. Por regulamento, os soldados romanos deb\u00edan levar pinzas como estas no seu equipamento militar. <\/p>\n<h3>O futuro do pasado<br \/>\n<\/h3>\n<p>Mentres o equipo traballa na consolidaci\u00f3n dos restos e na ampliaci\u00f3n desta terraza, Rafael Rodr\u00edguez xa pensa en abrir novas catas no alto da croa do castro, al\u00f3 onde o parapeto se conserva en mellor estado, e ver como se corresponde cos achados de embaixo. A\u00ednda que \u00e9 cedo para saber que aconteceu no Monte do Castro de Ribadumia, a cantidade de achados \u00e9 tal que a hip\u00f3tese que manexan os investigadores \u00e9 un final violento, cando menos desta terraza do castro. Non \u00e9 doado, polo momento, saber quen foi o responsable da desfeita. A aparici\u00f3n dunha arma regulamentaria lexionaria, posiblemente a primeira localizada nun castro de Galicia, canda outro posible instrumento lexionario, pode ser un indicio importante para saber quen foron os responsables do incendio, pero a s\u00faa presenza na cabana m\u00e1is grande da terraza tam\u00e9n poder\u00eda ter outras explicaci\u00f3ns non necesariamente b\u00e9licas; por agora o castro \u00e9 un puzzle fascinante no que a\u00ednda faltan moitas pezas. Se cadra, o m\u00e1is desacougante \u00e9 a abundante presenza de xoias persoais -18 f\u00edbulas, 5 aneis, un colgante- estrados por unha pequena superficie de terreo. Hai que ter en conta que a elevada acidez do chan devora todo resto org\u00e1nico. <\/p>\n<p>A \u00fanica soluci\u00f3n para resolver esta intriga \u00e9 continuar escavando, e agardar que a barbarie destrutora das canteiras dos anos 80, non fixera desaparecer a soluci\u00f3n deste apaixoante episodio da nosa Historia para sempre.<\/p>\n<p>&#8212;&#8212;&#8211;<\/p>\n<p>E unha vez rematada a reportaxe xornal\u00edstica, permit\u00eddeme que exprese algunhas ideas de car\u00e1cter m\u00e1is interpretativo. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/katrina.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Non sei se lembrades estas imaxes, pero a min foi o primeiro que me veu \u00e1 cabeza cando visitei o castro de Besoma\u00f1o. Corresponden aos momentos posteriores ao furac\u00e1n Katrina, que arrasou numerosas barriadas de Nova Orleans, pero poder\u00edan ser de calquera cat\u00e1strofe no mundo. O momento &#8220;despois&#8221;, cando as xentes retornan \u00e1s s\u00faas casas, desfeitas, para tentar recuperar os obxectos de valor antes de que os saqueadores ou calquera persoa poidan levalas. <\/p>\n<p>Unha das cousas m\u00e1is intrigantes do Monte do Castro de Ribadumia \u00e9 a cantidade de obxectos de valor concentrados nunha superficie bastante reducida en relaci\u00f3n a todo o castro. Obxectos que, naquela \u00e9poca, a\u00ednda eran moito m\u00e1is valiosos que hoxend\u00eda. Desco\u00f1ecemos por que esas persoas non volveron ao castro a recolleren as s\u00faas preciosas pezas. Desco\u00f1ecemos se estaban vivos para vir recollelas. Desco\u00f1ecemos, mesmo, se esas pezas tiradas no chan do Monte do Castro indiquen que al\u00ed, ao redor desa peza, no seu momento, houbo algo m\u00e1is. Xa sabedes a que me refiro. Se fose as\u00ed, os arque\u00f3logos estar\u00edan desenterrando o escenario dunha masacre. Pero a\u00ednda faltan variables por determinar. <\/p>\n<p>Desco\u00f1ecemos todo sobre as relaci\u00f3ns sociais e humanas naquel momento. Rafa Rodr\u00edguez contoume, por exemplo, como a pesar de coincidir o apoxeo deste poboado co da Lanzada, estaren s\u00f3 a 10 quil\u00f3metros e habendo o r\u00edo Umia, navegable naquela \u00e9poca, ao car\u00f3n, no Monte do Castro a penas se atopan pezas importadas, p\u00fanicas e mediterr\u00e1neas, que naquel momento inzan a Lanzada. Hab\u00eda alg\u00fan tipo de barreira pol\u00edtica ou social en distancias tan curtas, pero non podemos fiar moito m\u00e1is fino polo de agora. Os castros galegos adoitan ser bastante coherentes na s\u00faa cultura material. Os cient\u00edficos saben con bastante precisi\u00f3n que tipo de obxectos se van atopar, a\u00ednda que sempre hai algunha sorpresa. Pero a aparici\u00f3n dunha dolabra lexionaria, obviamente, introduce un importante factor &#8216;distorsionador&#8217; no xeito no que viamos estas culturas e os poboados que abandonaron. <\/p>\n<p>Ese elemento obriga a ter a cabeza moi fr\u00eda, desde o punto de vista cient\u00edfico, porque todo encaixa demasiado, demasiado ben. Fix\u00e1devos nesta foto:<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/catapulta.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Hai dous elementos importantes nela. Na zona inferior, a acumulaci\u00f3n de mu\u00ed\u00f1os e anacos crebados de mu\u00ed\u00f1o no interior dunha casa. Isto \u00e9 moi raro. Debaixo deles atoparon un bo anaco de \u00e1nfora al\u00ed situado. Lembrei inmediatamente as evidencias atopadas nalg\u00fan campamento romano en Burgos. Os arque\u00f3logos c\u00e1ntabros localizaran no interior do campamento romano anacos de mu\u00ed\u00f1os ind\u00edxenas que, pola s\u00faa traxectoria, foran propulsados desde o castro ubicado diante do campamento. A conclusi\u00f3n de Peralta e o seu equipo era bastante simp\u00e1tica: os ind\u00edxenas roubaran unha catapulta romana porque carecer\u00edan desta tecnolox\u00eda e empreg\u00e1bana contra o campamento da lexi\u00f3n. Cando vin ese monte de mu\u00ed\u00f1os d\u00edxenlle a Rafa Rodr\u00edguez:<\/p>\n<p>-Igual atopas repartidos m\u00e1is destes al\u00f3 enfronte -comenteille ironicamente, sinalando o bosque que se estende baixo as murallas do castro. <\/p>\n<p>El riuse, e sinaloume esa pedra que vedes, algo m\u00e1is al\u00e1, no medio da casa, que ten unha vara vermella ao car\u00f3n. <\/p>\n<p>-Esa pedra estaba incrustada no medio do derrubo da parede pero polo seu tama\u00f1o e forma \u00e9 moi raro que formara parte da parede.<br \/>\n-Que pensas que \u00e9?<\/p>\n<p>O arque\u00f3logo riuse e encolleuse de ombreiros. Certamente, se mirades a foto, vese claramente que ese pedrolo non se corresponde co ancho deses muros. <\/p>\n<p>-Non o sei -e miroume p\u00edcaro.<\/p>\n<p>O pedrolo estaba a\u00ed sen retirar, como atestiguando un feito. Rafa Rodr\u00edguez non o sab\u00eda pero estaba especulando, internamente, o mesmo ca min. E basicamente, non o formulamos abertamente, porque se \u00e9 o que pensamos, todo isto \u00e9 revolucionario no contexto da arqueolox\u00eda galega. Eu tam\u00e9n me rin.<\/p>\n<p>\u00c9 imposible non facer c\u00e1balas. O colapso de numerosos castros coincidindo coa conquista romana \u00e9 evidente. Son abandonados neses momentos. Escoitei teor\u00edas de todo tipo, pero francamente non me convenceron nunca demasiado. No Monte do Castro pasou algo que, por primeira vez, grazas a que se est\u00e1 realizando unha ampla escavaci\u00f3n en \u00e1rea de todo o recinto, estamos comprendendo no seu conxunto.  O castro dispu\u00f1a, posiblemente, dun santuario na s\u00faa zona superior, arrasado polas canteiras. \u00c9 un recinto de dimensi\u00f3ns superiores \u00e1 media na comarca. E o tipo de casas e cultura material est\u00e1 revelando, cando menos nesta terraza, a existencia dunha aristocracia local. <\/p>\n<p>A an\u00e1lise do sistema defensivo pode arroxar algo de luz sobre esta cuesti\u00f3n, ou a aparici\u00f3n de m\u00e1is elementos. En todo caso, a escavaci\u00f3n do castro que parec\u00eda machacado polas canteiras revelou todo un poderoso relato sobre o noso pasado. A historia dunha traxedia e, se cadra, a historia dunha masacre. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Parec\u00eda unha campa\u00f1a arqueol\u00f3xica m\u00e1is, pero a escavaci\u00f3n do Monte do Castro, en Ribadumia (Pontevedra), est\u00e1 a revelar un riqu\u00edsimo patrimonio arqueol\u00f3xico soterrado que ten sorprendido e intrigado ao equipo de investigaci\u00f3n. Detr\u00e1s desta historia pode haber un drama humano na \u00e9poca da conquista romana de Galicia.<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2011\/09\/22\/unha-traxedia-a-finais-da-idade-do-ferro\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Unha traxedia a finais da Idade do Ferro<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":17522,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[32,18],"tags":[],"class_list":["post-17521","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-destacado","category-notas-arqueoloxicas","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/17521","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=17521"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/17521\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/17522"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=17521"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=17521"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=17521"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}