{"id":17448,"date":"2011-09-18T20:11:24","date_gmt":"2011-09-18T18:11:24","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=17448"},"modified":"2011-12-13T16:07:58","modified_gmt":"2011-12-13T14:07:58","slug":"rias-baixas-gourmet-territory","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2011\/09\/18\/rias-baixas-gourmet-territory\/","title":{"rendered":"R\u00edas Baixas, Gourmet Territory"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/rias_baixas_1.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Onte, sentado na mesa do di\u00e1fano estudo da dese\u00f1adora <a href=\"http:\/\/www.uquicebra.com\/\">Uqui Permui<\/a>, \u00e1s aforas de Compostela, emocioneime co tacto deste libro: <em>R\u00edas Baixas, Gourmet Territory<\/em>. A\u00ednda non foi presentado e a\u00ednda non est\u00e1 en librar\u00edas, pero despois dun longo e minucioso proceso de traballo, por fin xa \u00e9 unha realidade f\u00edsica. E nunca mellor dito: desde a encadernaci\u00f3n en tela ata a calidade da impresi\u00f3n interior (con sorpresas), este libro \u00e9 unha fermosura que fai tanxible e visible o movemento de renovaci\u00f3n contempor\u00e1nea da gastronom\u00eda da costa galega. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/rias_baixas_3.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Ese \u00e9 o obxectivo. <em>R\u00edas Baixas, Gourmet Territory\/Territorio Gastron\u00f3mico<\/em> \u00e9 un proxecto da Deputaci\u00f3n de Pontevedra e o Patronato de Turismo R\u00edas Baixas destinado a un p\u00fablico internacional de <em>foodies<\/em> e <em>gourmets<\/em>: o obxectivo \u00e9 claro, facer visibles nunha gran produci\u00f3n editorial a intensidade do movemento contempor\u00e1neo ao redor da gastronom\u00eda no litoral sur de Galicia. Para facelo, confiou na dese\u00f1adora Uqui Permui, que coordinou con Marta Lucio a un equipo integrado por Francesc Guillamet -o prestixioso fot\u00f3grafo de El Bulli e outros grandes restauradores-,  Jorge Guiti\u00e1n e eu mesmo nos textos e a un amplo elenco de coci\u00f1eiros do Grupo Nove na provincia de Pontevedra: Yayo Daporta e Antonio Botana en Cambados, Javier Olleros no Culler de Pau do Grove, Xos\u00e9 Cannas, Pepe Solla, I\u00f1aki Bretal e Roberto Filgueira, Pablo Romero, Rafael Centeno e Alberto Gonz\u00e1lez. O libro combina textos informativos, receitas e entrevistas aos coci\u00f1eiros que achegan o &#8216;por que&#8217;, a filosof\u00eda e as palabras que est\u00e1n detr\u00e1s dunha determinada gastronom\u00eda.<\/p>\n<p>O resultado \u00e9 unha fant\u00e1stica carta de presentaci\u00f3n da gastronom\u00eda das r\u00edas, dese\u00f1ada con elegancia e intelixencia por Uqui Permui, para constru\u00edr unha publicaci\u00f3n gastron\u00f3mica de nivel internacional. De feito, \u00e9 un dos libros gastron\u00f3micos m\u00e1is bonitos que te\u00f1o visto ultimamente. E \u00e9 un orgullo que neste caso, fose feito e escrito desde aqu\u00ed.<\/p>\n<p>Pola mi\u00f1a banda, traballei nas entrevistas a coci\u00f1eiros e na introduci\u00f3n do libro, no que se trataba de describir as R\u00edas Baixas a un estranxeiro. Quixen constru\u00edr non a t\u00edpica introduci\u00f3n ao uso que se dedica a citar continuamente a Cunqueiro e Camba (que si aparecen citados); eses aburridos textos tur\u00edsticos sobre as r\u00edas constru\u00eddos desde arriba. Pensaba m\u00e1is ben en redactar unha longa reportaxe que levara aos lectores pola xeolox\u00eda, a econom\u00eda, a tradici\u00f3n, a talasonimia litoral e submarina, a mitolox\u00eda, a lingua galega das r\u00edas e a biolox\u00eda do ecosistema das R\u00edas Galegas. Un texto escrito decididamente desde os mari\u00f1eiros, non desde os turistas. Quer\u00eda amosar como todo se integra e d\u00e1 sentido a unha gastronom\u00eda moi particular.<\/p>\n<p>E ocorreu algo marabilloso. Cando os teus textos pasan do ordenador ou dos folios borrador que imprimiches ao soporte final, ao libro, a revista ou o xornal, sempre, cando menos eu, te\u00f1o unha sensaci\u00f3n estra\u00f1a, como de <em>alleamento<\/em>. &#8220;Iso escribino eu?&#8221;, preguntas. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/rias_baixas_2.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>A marabilla \u00e9 isto que fixo Uqui Permui e que vedes na foto. Como vedes, o texto est\u00e1 envolvido pola r\u00eda de Dena. Son este tipo de experiencias t\u00e1ctiles as que convirten ao libro papel nun obxecto valioso de seu.<\/p>\n<p><a href=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/TEXTO_FICHA_TG.pdf\">Adxunto a ficha t\u00e9cnica do libro<\/a>. Xa avisarei cando estea dispo\u00f1ible nas librar\u00edas. <\/p>\n<p><strong>Actualizaci\u00f3n: <\/strong>O libro acaba de ga\u00f1ar o tramo espa\u00f1ol dos Gourmand Cookbook World Awards na categor\u00eda BEST LOCAL CUISINE. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Xa saiu do prelo esta ambiciosa publicaci\u00f3n gastron\u00f3mica sobre a gastronom\u00eda contempor\u00e1nea nas nosas costas, destinada a un p\u00fablico internacional de foodies. Dentro amos\u00e1moste as primeiras imaxes. <\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2011\/09\/18\/rias-baixas-gourmet-territory\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">R\u00edas Baixas, Gourmet Territory<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":17450,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[32,12,7],"tags":[],"class_list":["post-17448","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-destacado","category-libros","category-paparotasco","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/17448","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=17448"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/17448\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/17450"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=17448"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=17448"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=17448"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}