{"id":17386,"date":"2011-09-14T17:41:12","date_gmt":"2011-09-14T15:41:12","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=17386"},"modified":"2011-09-16T21:09:14","modified_gmt":"2011-09-16T19:09:14","slug":"marc-fumaroli-o-problema-de-nacer-na-perspectiva","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2011\/09\/14\/marc-fumaroli-o-problema-de-nacer-na-perspectiva\/","title":{"rendered":"Marc Fumaroli: o problema de nacer no centro do mundo"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/fumaroli.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Leo <a href=\"http:\/\/www.ojosdepapel.com\/Index.aspx?blog=478\"><em>El Estado Cultural<\/em><\/a> do cr\u00edtico e pensador franc\u00e9s Marc Fumaroli. Neste libro, Fumaroli disecciona a evoluci\u00f3n da pol\u00edtica cultural do Estado franc\u00e9s en especial desde despois da II Guerra Mundial: \u00e9 dicir, o papel que toma a cultura nun momento de profunda redefinici\u00f3n de Francia. Fumaroli bas\u00e9ase, en gran medida, nalgo que \u00e9 imposible en Galicia ou no Estado espa\u00f1ol: os altos funcionarios e os ministros te\u00f1en publicado libros sobre xesti\u00f3n e direcci\u00f3ns de pol\u00edtica cultural (!!!). Estou tentando lembrar se, entre os nosos gobernantes de cultura, tivemos algo as\u00ed. <\/p>\n<p>A perspectiva de Fumaroli \u00e9 demoladora, profundamente pol\u00e9mica e a contracorrente con respecto ao <em>stablishment<\/em> m\u00e1is ou menos esquerdista da cultura francesa. O eixo da an\u00e1lise de Fumaroli \u00e9 que Francia apouse na cultura como compensaci\u00f3n pola perda da s\u00faa influencia global no mundo e como xeito de integrar \u00e1 esquerda trala II Guerra Mundial. Fumaroli \u00e9 un tipo de ideolox\u00eda profundamente liberal -pero \u00e1 francesa, valora soberanamente o Estado como logro pol\u00edtico-, e a s\u00faa principal cr\u00edtica v\u00e9n esencialmente deste factor: considera o franc\u00e9s que unha excesiva influencia do Estado na cultura termina por crear dirixismo e, en certo xeito, condicionar o desenvolvemento cultural de acordo con determinadas li\u00f1as do que se estima convinte e do que non. <\/p>\n<p>\u00c9 dif\u00edcil, \u00e1 vista dos feitos non s\u00f3 en Francia, sen\u00f3n en Galicia ou Espa\u00f1a, non compartir algunhas destas percepci\u00f3ns en canto a este estremo da pol\u00e9mica. O Estado exerce como un oso que no seu abrazo pode distorsionar ou transformar a direcci\u00f3n dun sector ou dun segmento cultural. V\u00edmolo de xeito notable na xesti\u00f3n das pol\u00edticas p\u00fablicas do audiovisual galego ao longo dos anos, perigos\u00edsimas. O gran perigo do Estado \u00e9 que pode crear unha cortina de fume que distancia ao creador cultural do seu fin \u00faltimo: o p\u00fablico. E faino de mil maneiras diferentes.<\/p>\n<p>Sen embargo, o gran problema da teor\u00eda liberal de Fumaroli \u00e9 que peca de excesivamente presentista (a\u00ednda que el tam\u00e9n afirme que o seu \u00e9 un libelo cabreado), pero tam\u00e9n de localista. A s\u00faa aversi\u00f3n \u00e1 presenza do Estado na cultura, a s\u00faa confianza en que unha cultura sen Estado desenvolver\u00edase de xeito libre, s\u00f3 pode estar pensada desde un pa\u00eds opulento en termos culturais. Mal que lle pese a Fumaroli, a intensa cultura francesa d\u00e9bese ao investimento decidido (e en retroceso) do pa\u00eds no sector cultural como eixo de desenvolvemento cidad\u00e1n e econ\u00f3mico. Ao ler o libro, reflexionaba sobre as diferentes pol\u00edticas dos gobernos galegos en materia cultural, e que acontecer\u00eda no pa\u00eds se non tiveran existido. Basicamente, unha gran parte da poboaci\u00f3n e do territorio galego carecer\u00eda dunha programaci\u00f3n e unha infraestrutura cultural que a\u00ednda hoxe \u00e9 insuficiente (no primeiro caso) e se cadra mal estruturada (no segundo). <\/p>\n<p>Con independencia da ideolox\u00eda de cadaqu\u00e9n, m\u00e1is de dereitas ou de esquerdas, a cultura debe ser entendida como un ben de servizo p\u00fablico, igual que a sanidade ou as infraestruturas viarias. O Estado, simplemente, non pode retirarse do sector cultural por consideralo accesorio en relaci\u00f3n a outros servizos que se prestan aos cidad\u00e1ns. Un estado moderno considera \u00e1 cultura factor de riqueza -econ\u00f3mica e civil- que airea as sociedades.<\/p>\n<p>Outra cousa, por suposto, son os vicios que exercen determinadas pol\u00edticas culturais que tam\u00e9n, aqu\u00ed, operaron m\u00e1is como analx\u00e9sicos que como estratexias de desenvolvemento. Fiquei pensando no \u00faltimo par\u00e1grafo do artigo do venres pasado de Xurxo Borraz\u00e1s en <a href=\"http:\/\/www.elpais.com\/articulo\/Galicia\/pesar\/das\/subvencions\/elpepiautgal\/20110909elpgal_22\/Tes\"><em>El Pa\u00eds<\/em><\/a>: <\/p>\n<blockquote><p>As subvenci\u00f3ns, pola contra, deben dese\u00f1arse para que se faga innecesaria a s\u00faa continuidade. Se non se consegue, manteremos animais de zool\u00f3xico: alimentados, ociosos e presos, incapaces de val\u00e9rense ou de aportar nada de valor \u00e1 especie. Na segunda xeraci\u00f3n, os animais xa non saben que est\u00e1n presos, chegan a pensar que os presos son os de f\u00f3ra, que non te\u00f1en acceso \u00e1 protecci\u00f3n do parque zool\u00f3xico. Como nos gustar\u00eda abrirlles as portas para demostrarlles que no exterior as especies sobreviven a pesar dos zool\u00f3xicos, igual que a arte sobrevive a pesar das subvenci\u00f3ns!<\/p><\/blockquote>\n<p>Borraz\u00e1s ten moita raz\u00f3n, pero detense unicamente na creaci\u00f3n, como cerna da cultura. A min gustar\u00edame tam\u00e9n enfatizar que a pol\u00edtica cultural -que debera ter por obxectivo crear cidad\u00e1ns m\u00e1is libres e que, esencialmente, vivan mellor- debe ir m\u00e1is al\u00e1. Non s\u00f3 debe pensar na creaci\u00f3n, sen\u00f3n na interacci\u00f3n. Debe estar antes e despois do acto creativo. O gran desaf\u00edo dun pol\u00edtico cultural \u00e9 conseguilo sen caer na tentaci\u00f3n de crear discurso apoiado nos intelectuais, ao meu ver. <\/p>\n<p>Fumaroli escribe de xeito embiguista para a culta sociedade francesa. Gustar\u00edame saber o que escribir\u00eda se vivira -a\u00ednda que fora nun pazo- en Mazaricos. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O pol\u00e9mico pen\u00faltimo libro do cr\u00edtico Marc Fumaroli arremete contra a pol\u00edtica cultural das administraci\u00f3ns como idea. No seu libelo liberal, hai algo de lucidez, pero tam\u00e9n miop\u00edas e astigmatismos. Unha reflexi\u00f3n pol\u00e9mica para tempos de recortes p\u00fablicos. <\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2011\/09\/14\/marc-fumaroli-o-problema-de-nacer-na-perspectiva\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Marc Fumaroli: o problema de nacer no centro do mundo<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":17387,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[32,2],"tags":[],"class_list":["post-17386","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-destacado","category-diario","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/17386","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=17386"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/17386\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/17387"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=17386"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=17386"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=17386"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}