{"id":17273,"date":"2011-09-08T16:49:03","date_gmt":"2011-09-08T14:49:03","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=17273"},"modified":"2011-09-09T08:21:05","modified_gmt":"2011-09-09T06:21:05","slug":"no-corazon-do-xigante-ii-castelos-cardinais","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2011\/09\/08\/no-corazon-do-xigante-ii-castelos-cardinais\/","title":{"rendered":"No coraz\u00f3n do xigante (II): Castelos cardinais"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/castelos_pindo.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>O Pindo, este pu\u00f1o de pedra pechado sobre o Oc\u00e9ano, agocha nos seus labirintos fascinantes secuencias cronol\u00f3xicas e culturais, restos arqueol\u00f3xicos derrubados polo tempo e preservados polo aillamento, moitos deles cheos de misterio e d\u00fabidas. Esponxa dos conflitos b\u00e9licos, aqu\u00ed, en covas a maior parte delas perdidas, gard\u00e1ronse os escapados da guerra, pero tam\u00e9n \u00e9 unha sorte de f\u00f3sil dos conflitos b\u00e9licos que sacudiron a Galicia ao longo dos s\u00e9culos. Ao norte e ao sur da monta\u00f1a, dous castelos esquencidos cont\u00e9mplannos desde os s\u00e9culos. Aqu\u00ed te presento a segunda parte da nosa viaxe ao coraz\u00f3n do xigante Pindo. <\/p>\n<p><!--more--><\/p>\n<p><strong>A excomu\u00f1\u00f3n violada<\/strong><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/castelos_pindo_1.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>O Castelo de Penafiel no centro<\/em><\/p>\n<p>A xente de Monte Pindo Parque Natural l\u00e9vanos seguindo o curso do R\u00edo Caldeiras, por un pedrugallento e boscoso, espeso val, ata o Monte Penafiel. Penafiel \u00e9 un prodixio xeol\u00f3xico literalmente sobre a fervenza do \u00c9zaro. Un pico agudo que, na s\u00faa banda superior, acolleu un castelo de incerta orixe temporal, a\u00ednda que pola s\u00faa ubicaci\u00f3n e disposici\u00f3n poder\u00eda ter as s\u00faas orixes ben fincadas na Alta Idade Media. Si sabemos ata onde chegou: ata a Revolta Irmandi\u00f1a. Aquel inaccesible ni\u00f1o de aguias estaba moi ben descrito polos mari\u00f1eiros da costa galega, que o v\u00edan enriba a torre e as pequenas edificaci\u00f3ns ao seu redor, onde non pod\u00edan subir &#8220;nin os cabalos&#8221;. <\/p>\n<p>Hoxend\u00eda, Penafiel segue a ter ese car\u00e1cter inaccesible. Hai unhas misteriosas cabanas constru\u00eddas no chan previo -cubertas de toxo-, pero para chegar ao castelo hai que facer semi-escalada. Desde logo, non \u00e9 apto para algu\u00e9n que padeza vertixe. Eu pad\u00e9zoa, e a\u00ednda que a curiosidade me venza e turre sempre para riba, o lugar \u00e9 de tomalo moi en serio: desde logo eu non me arriscar\u00eda a subir no inverno, coa pedra mollada e o vento. Dito queda. Fumos gabeando lentamente, agarrados \u00e1s fracturas do granito, reptando cautelosamente por laxes h\u00famidas ou molladas, aferr\u00e1ndonos aos terr\u00f3ns e cravando as unllas nas paredes inclinad\u00edsimas da monta\u00f1a. De s\u00fapeto , Xilberto, que \u00eda de primeiro, comezou a laiarse al\u00f3 enriba. <\/p>\n<p>-A inscrici\u00f3n! -berrou.- Merda! Atentaron contra a inscrici\u00f3n!<\/p>\n<p>Xilberto refer\u00edase a un dos m\u00e1is enigm\u00e1ticos textos da nosa epigraf\u00eda medieval. Aqu\u00ed, neste ni\u00f1o dos ventos, sobre a rada de Fisterra, co fragor da fervenza do \u00c9zaro, na Idade Media gravouse solemnemente un texto aos p\u00e9s dun antigo castelo. <\/p>\n<p>REIS BISPOS PRESB\u00cdTEROS TODOS<br \/>\nPOR PODERES RECIBIDOS DE DEUS<br \/>\nEXCOMULGARON AQU\u00cd ESE CASTELO<\/p>\n<p>Chegamos al\u00f3 enriba e vimos a desfeita. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/castelos_pindo_2.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Un ignorante -quero pensar que m\u00e1is que maldade, \u00e9 ignorancia (o cal \u00e9 igual de grave)- pintara con laranxa fosforito a inscrici\u00f3n. Por suposto, ao seu xeito, identificando algunhas das letras e ignorando outras. Con rabia e desesperaci\u00f3n reco\u00f1ecimos a inscrici\u00f3n. A miop\u00eda do ignorante agresor ao non reco\u00f1ecer algunhas das letras evidenciaba un dos problemas graves de preservaci\u00f3n deste valioso texto: a inscrici\u00f3n fica na base do castelo, pero na zona m\u00e1is practicable para poder chegar ata a c\u00faspide. As pisadas dos excursionistas est\u00e1n a danar gravemente os caracteres ubicados na zona esquerda da inscrici\u00f3n. <\/p>\n<p>Que significaba? \u00c9 unha boa pregunta. Ata agora, d\u00e9rase por v\u00e1lida a interpretaci\u00f3n que, no seu tempo, dera un entusiasta local dos anos 60, Barreiro Barral, quen defend\u00eda que esta excomu\u00f1\u00f3n fora proclamada polo bispo Xelm\u00edrez contra o conde Rodrigo de Traba por secuestrar ao Arcediano de Trastamara. Toda a historia cheira rara e, adem\u00e1is, sinxelamente, non \u00e9 como a conta Barreiro Barral, se un le detidamente na <em>Historia Compostelana<\/em>. <\/p>\n<p>En primeiro lugar, o presb\u00edtero non foi secuestrado polo conde, sen\u00f3n polos seus vasalos, &#8220;estimulados por instigaci\u00f3n do demo&#8221;. Trat\u00e1base de xentes residentes no dominio territorial de tres castelos: San Xurxo, Traba e Ferreira. Dous deles est\u00e1n hoxend\u00eda identificados, pero non o terceiro, Ferreira, como tal. Todo parece indicar que son as terras litorais da Costa da Morte, al\u00f3 onde os Traba ti\u00f1an os seus dominios inmemoriais. Penafiel non se cita expresamente como tal. Pode que o seu nome no s\u00e9culo XI fose Ferreira, ou non: segundo Falque e outros anotadores da Compostelana anteriores, como Campelo, Ferreira &#8220;poder\u00eda&#8221; ser Santa Mar\u00eda de Ferreira, en Coristanco; al\u00ed est\u00e1 documentado un sitio arqueol\u00f3xico no coraz\u00f3n da aldea cabo da igrexa parroquial e alg\u00fan documento de Afonso VII parece indicar que preto de Traba estaba este castelo de Ferreira. Tampouco est\u00e1 claro de todo: cabo do castelo de Penafiel pasa un r\u00edo chamado, curiosamente, Sancheferro. Non ser\u00e1 o primeiro castelo mencionado nesta cr\u00f3nica medieval que chega aos nosos d\u00edas con outro nome. <\/p>\n<p>Ao parecer, segundo a Historia Compostelana, o arcediano &#8220;predicaba con austeridade a verdade ao clero e o pobo de aquelas terras, que eran uns ignorantes e case non ti\u00f1an disciplina&#8221;. Nunha traduci\u00f3n doutra das copias da Historia Compostelana eng\u00e1dese outro insulto: &#8220;medio salvaxes&#8221;. Parece ser que algo da santa pr\u00e9dica alterou considerablemente aos veci\u00f1os destas terras costeiras, e d\u00e9ronlle unha boa malleira adem\u00e1is de secuestralo. Na Compostelana non queda moi claro cal \u00e9 o papel do conde en todo este foll\u00f3n. Tras saber do secuestro e maltrato ao arcediano, o arcebispo Xelm\u00edrez reuniuse cos seus coengos e mandou po\u00f1er todos os crucifixos da catedral en terra: a cousa era seria, incluso, simbolicamente, demasiado seria. Decretou a excomu\u00f1\u00f3n a esas terras (e de a\u00ed encaixa que non \u00e9 a excomu\u00f1\u00f3n a unha persoa, sen\u00f3n a un lugar), pero segundo o texto da Compostelana, non se debeu executar formalmente: o conde Rodrigo de Traba ceibou ao crego e acudiu rapidamente a Compostela para evitar a formalizaci\u00f3n da excomu\u00f1\u00f3n; en Santiago xurou e perxurou que el non tivera nada que ver e prometeu entregar aos vasalos e cabaleiros que participaran naquela conspiraci\u00f3n. As\u00ed conseguiu zafar do grave problema. <\/p>\n<p>O texto todo el \u00e9 intrigante. Aqu\u00ed hai unha parte relevante da historia, a dos motivos dos vasalos &#8220;ignorantes&#8221;, que non se conta, pero que provoca unha reacci\u00f3n moi, moi seria por parte de Xelm\u00edrez. Ser\u00eda tan grave? Que lles cabreou exactamente aos veci\u00f1os da actitude do novo Arcediano de Traba? Por que se alude a que eran &#8220;ignorantes&#8221; e &#8220;medio salvaxes&#8221;? <\/p>\n<p>Pode que Xelm\u00edrez -h\u00e1bil pol\u00edtico- magnificara o conflito. Se cadra estaba escenificando a s\u00faa confrontaci\u00f3n cos Traba, froito da cal convencera ao Rei de que lle entregara a Compostela o castelo de San Xurxo. Ou pode que a excomu\u00f1\u00f3n das terras enteiras, dos castelos, dos vasalos e dos cabaleiros, obedeceran, m\u00e1is ben, a que o Arcediano tentara &#8220;transformar&#8221; algo na \u00e1rea, &#8220;cambiar algo&#8221;. Non sabemos que. Pero cando un labrego se move contra un crego, ou contra calquera poder, \u00e9 por un motivo serio. Todo isto sit\u00faanos en interrogantes por todas partes. Por que raio est\u00e1 esta excomu\u00f1\u00f3n aqu\u00ed? San Xurxo era de aquela de titularidade real, pero encomendado aos Traba. O problema \u00e9 que San Xurxo est\u00e1 da outra banda do monte. Nin se ve desde Penafiel. Esta inscrici\u00f3n non vai dirixida a San Xurxo. Fala de Ipsum Castellum. <\/p>\n<p><em>Ipsum Castellum.<\/em> Ese castelo de a\u00ed arriba. Pendurada dos ventos e dos enormes c\u00e9os, na base do castelo, hai un detalle m\u00e1is. A estrutura de Penafiel como fortaleza \u00e9 claramente altomedieval; os traballos de asentamento de muros nas pedras, a existencia de plataformas, as escadas labradas na rocha, son todos regulares. S\u00f3 hai un elemento formal un pouco descontextualizado. Na laxe na que est\u00e1 labrada a inscrici\u00f3n, hai uns escal\u00f3ns claramente diferenciados dos que atopas no resto do castelo (estreitos, ou directamente oquedades na rocha). Esta sorte de grades non son regulares, sen\u00f3n m\u00e1is onduladas, feitas cunha t\u00e9cnica diferente \u00e1s outras, case m\u00e1is de abrasi\u00f3n que de percusi\u00f3n. Est\u00e9ndense suavemente ao longo de toda a laxe, uns catro metros de longo m\u00e1is ou menos. Barreiro Barral quixo situar en Penafiel as Aras Sestianas, altares dedicados a Augusto, sobre antigos santuarios ind\u00edxenas que foron tumbados para marcar a dominaci\u00f3n romana. Nada hai en Penafiel, arqueoloxicamente falando, que faga pensar nunha edificaci\u00f3n romana. Pero eses pelda\u00f1os longos e estirados, diferentes, son estra\u00f1os. Tanto como esta inscrici\u00f3n. <\/p>\n<p>\u00bfNarra a inscrici\u00f3n este episodio ou ref\u00edrese a outro, que desco\u00f1ecemos?<\/p>\n<p>Estou mareado coa vertixe do lugar. M\u00f3vome como podo pola curota do castelo. A xente de Pindo sin\u00e1lame, ao fondo, unha p\u00eda m\u00e1is ancha, case flotando no aire. \u00c9 unha cama de fertilidade mantida na tradici\u00f3n popular e da que xa fala Sarmiento no XVIII. <\/p>\n<p>-Como para non quedar embarazados, despois deste susto! -di Xos\u00e9- ao que as alturas do castelo fanlle vacilar a cabeza como a min. A sensaci\u00f3n \u00e9 de que flotas nun chan a piques de derrubarse. <\/p>\n<p>A fermosura, \u00e1s veces, \u00e9 perigosa. <\/p>\n<h3>Espreitando o Oc\u00e9ano desde San Xurxo<\/h3>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/san_xurxo_1.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>A\u00ednda que nunca tratei do castelo de San Xurxo no blog, dentro da serie Rep\u00fablicas de Homes Libres, os asistentes \u00e1s conferencias que imparto sobre ela por todo o pa\u00eds co\u00f1ecen ben estas ru\u00ednas ubicadas ao sur do Pindo. O castelo de San Xurxo, ubicado nunha das abas do monte, ao car\u00f3n dunha importante portela que conectaba as vili\u00f1as de Pindo, Quilmas e \u00c9zaro con Carnota, \u00e9 un dos lugares m\u00e1is especiais do Monte Pindo. Chamado tam\u00e9n polos veci\u00f1os coma o Pedrullo, non hai mellor descrici\u00f3n para el. Grandes masas de pedras deborcadas pola \u00e1rea amosan a antiga fortaleza: non est\u00e1 no mellor estado do mundo, pero at\u00f3pase moito mellor que o 90% dos castelos galegos fundados no s\u00e9culo X. Un aut\u00e9ntico f\u00f3sil arqueol\u00f3xico da nosa Alta Idade Media. Fundouna Sisnando II, canda o castelo veci\u00f1o de Canetum (o actual Bico do Santo) en Carnota e a Lanzada co obxectivo de protexer a Terra de Santiago no momento m\u00e1is cr\u00edtico dos ataques normandos. <\/p>\n<p>A \u00faltima vez que fun ata o Castelo de San Xurxo sub\u00edn co amigo Pablo Escand\u00f3n. Profesor de Quito (Ecuador), Pablo d\u00edxome un d\u00eda: <\/p>\n<p>-Quero co\u00f1ecer cousas dos celtas e os vikingos. <\/p>\n<p>F\u00edxome moita graza, porque vin devoltos desde Am\u00e9rica os nosos intereses viaxeiros. Pablo sent\u00edase tan curioso polas antigas culturas europeas coma n\u00f3s, cando imos a Am\u00e9rica, con ver cousas de incas, aztecas e maias. Pasamos por Baro\u00f1a, chegamos a San Xurxo, logo da dura subida a p\u00e9 desde o Pindo (m\u00e1is dura despois dun xantar celta en Caldebarcos), e ascendimos con precauci\u00f3n polos enormes derrubos da muralla principal. Desde al\u00f3, Fisterra e todo o arco do mar descansaba diante nosa. Busquei o xemelgo castelo de Canetum, e abraioume descubrir que desde o Castelo non hab\u00eda visibilidade desa \u00e1rea de Carnota. Errei sobre as murallas, gabeei entre os penedos, ascendendo xa f\u00f3ra do que parec\u00eda o per\u00edmetro principal da fortificaci\u00f3n. Chegado un momento, mirei e vin ao lonxe o Bico do Santo. <\/p>\n<p>Aos meus p\u00e9s hab\u00eda as ru\u00ednas dunha construci\u00f3n. Por suposto que ti\u00f1an visibilidade. <\/p>\n<p>O bispo compostel\u00e1n Sisnando, un tipo con moi mala uva, colocou un santo guerreiro como protector deste lugar: San Xurxo. Cando Sisnando morreu na batalla de Fornelos, asaeteado polos vikingos, quen ficar\u00eda con este castelo? Non moito tempo despois, na \u00e9poca de Xelm\u00edrez, era o Rei quen era titular nominal deste castelo, e llo entregara \u00e1 antiga familia dos Traba. San Xurxo, ese castelo fundado (eu sempre dubido das fundaci\u00f3ns, moitas veces son &#8216;refundaci\u00f3ns&#8217;) para a loita contra os normandos, manti\u00f1a o control sobre un enorme territorio \u00e1 redonda. Era unha sorte de capital xurisdiccional. Desde cando?<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/san_xurxo_2.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>No castelo adv\u00edrtense d\u00faas fases construtivas. Unha primeira terraza por baixo da muralla parece falarnos dun asentamento orixinal, non sabemos de que \u00e9poca. Te\u00f1o visto este tipo de f\u00f3rmulas en castros da primeira Idade do Ferro, ou se cadra o primeiro castelo de Sisnando era de madeira. Se cadra Sisnando s\u00f3 fortaleceu algo que xa exist\u00eda previamente. A documentaci\u00f3n do s\u00e9culo XIII alude a un proceso de reforma da fortificaci\u00f3n: posiblemente cara a morfolox\u00eda actual. Se isto \u00e9 as\u00ed, temos a\u00ed un material documental de primeira orde contrastable coas evidencias arqueol\u00f3xicas que permitir\u00eda comprender a evoluci\u00f3n das fortificaci\u00f3ns entre o s\u00e9culo X e o pleno feudalismo. <\/p>\n<p>San Xurxo, o lugar onde os ventos literalmente arrastr\u00e1bannos no alto da muralla, \u00e9 unha fortificaci\u00f3n prodixiosa e m\u00e1xica. Ubicado nun aut\u00e9ntico deserto, nel falta todo por descubrir e merece unha escavaci\u00f3n arqueol\u00f3xica. Pablo ollaba sorprendido o lugar: a historia revel\u00e1base voluptuosa aos nosos p\u00e9s, as lendas do lugar -que vos contarei ma\u00f1\u00e1 ou pasado- abrai\u00e1bano, no mar que se mov\u00eda por baixo nosa, era posible -s\u00f3 cunha m\u00ednima imaxinaci\u00f3n- ver a escadra danesa fondeada na illa dos Mouchos. <\/p>\n<p>O d\u00eda seguinte era 25 de xullo. O primeiro que fixo Pablo en Compostela, ese d\u00eda, foi mercar unha bandeira galega que viaxou con el ata Ecuador. Esa \u00e9 a nosa Historia. <\/p>\n<p>O Pindo, un complexo monta\u00f1oso. Dous castelos. Por que al\u00f3? Nas mi\u00f1as conferencias sempre defend\u00edn a ocupaci\u00f3n episcopal da \u00e1rea do Pindo e Carnota desde un punto de vista de estratexia militar disuasoria. O castelo de San Xurxo controlaba, igual que o da Lanzada ou o de Canedo, \u00e1reas remotas; sabemos que os vikingos, polo seu comportamento nas incursi\u00f3ns en Escocia, Irlanda ou Gales, prefer\u00edan ocupar illas para establecer campamentos provisionais ou m\u00e1is permanentes, ou amortizar fortificaci\u00f3ns anteriores (como castros). Xa que logo, ter\u00e9desme escoitado os que fostes a algunha, os castelos parec\u00edan exercer unha finalidade coxuntural de bloqueo e de control dos accesos \u00e1 costa. <\/p>\n<p>Pero e se houbese algo m\u00e1is e houbera que cambiar esa afirmaci\u00f3n? E se houbese, digamos, un terceiro castelo no Pindo? Algo que supera e complica todo o anteriormente expresado? Algo que ata agora non conseguiamos comprender?<\/p>\n<p>Ma\u00f1\u00e1 ou pasado teredes a resposta. <strong>E os que xa sabedes algo, fac\u00e9deme o favor de calar ata que se publique, non me fagades spoilers. <\/strong>:-)<\/p>\n<p><strong>Addenda: <\/strong>Adxunto unha compilaci\u00f3n das menci\u00f3ns no Castelo de San Xurxo na Historia Compostelana, nunha traduci\u00f3n dif\u00edcil de atopar dos anos 50, pero moi interesante. (<a href=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/san_xurxo_compostelana.pdf\">descargar PDF<\/a>)<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O Pindo, este pu\u00f1o de pedra pechado sobre o Oc\u00e9ano, agocha nos seus labirintos fascinantes<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2011\/09\/08\/no-corazon-do-xigante-ii-castelos-cardinais\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">No coraz\u00f3n do xigante (II): Castelos cardinais<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":17274,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[18,35],"tags":[],"class_list":["post-17273","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-notas-arqueoloxicas","category-republicas-de-homes-libres","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/17273","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=17273"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/17273\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/17274"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=17273"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=17273"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=17273"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}