{"id":17227,"date":"2011-09-07T00:24:22","date_gmt":"2011-09-06T22:24:22","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=17227"},"modified":"2011-09-07T00:29:34","modified_gmt":"2011-09-06T22:29:34","slug":"no-corazon-do-xigante-i-a-casa-da-xoana","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2011\/09\/07\/no-corazon-do-xigante-i-a-casa-da-xoana\/","title":{"rendered":"No coraz\u00f3n do Xigante (I): a Casa da Xoana"},"content":{"rendered":"<p>Imos iniciar esta semana unha breve serie sobre un dos montes m\u00e1is senlleiros de Galicia: o Pindo. Tivemos a fortuna, o domingo pasado, de percorrer as entra\u00f1as do monte -dun monte inzado de segredos- con membros da Asociaci\u00f3n <a href=\"http:\/\/www.montepindo.org\">Monte Pindo Parque Natural<\/a>: tr\u00e1tase dun grupo de activos veci\u00f1os da zona, amantes desta monta\u00f1a, que est\u00e1n a promover campa\u00f1as e exercer presi\u00f3n para conseguir a declaraci\u00f3n do Monte Pindo como parque natural. Estou certo que o van conseguir, tarde ou cedo. O cambio de goberno en Carnota (a quen pertence todo o monte), est\u00e1 pola labor de avanzar nesta direcci\u00f3n. <\/p>\n<p>Durante once intensas horas, vimos tantas e tan fascinantes cousas que decid\u00edn separar as historias para darlle a cada unha o protagonismo que merece. <\/p>\n<p>No ano 1745, o frade Mart\u00edn Sarmiento, aos p\u00e9s do \u00c9zaro e do Monte Pindo, recibiu un relato dos veci\u00f1os da zona, que consignou coa s\u00faa meticulosidade de viaxeiro apuntador. No alto de aqueles montes hab\u00eda restos de torres, de xard\u00edns e calzadas&#8230;como un mundo desaparecido ou illado.  <\/p>\n<p>Hoxe sabemos que Mart\u00edn Sarmiento non se trabucaba, ou non de todo. Cando menos, o Monte Pindo est\u00e1 cheo de relatos, lendas, restos arqueol\u00f3xicos, e moitos deles a\u00ednda sen casar entre eles. Entre eles, algo que lles sorprender\u00e1 aos lectores das <a href=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/index.php\/category\/republicas-de-homes-libres\/\">Rep\u00fablicas de Homes Libres<\/a>, e que veremos ao final da semana. \u00c9 un enorme xigante xeol\u00f3xico, un tesouro de pedra sobre o Atl\u00e1ntico; con el acontece algo fascinante. Hai moitos montes da mesma ou m\u00e1is dimensi\u00f3ns, pero a caracter\u00edstica do Pindo \u00e9 a s\u00faa disposici\u00f3n labir\u00edntica. A orograf\u00eda de pened\u00edas e diaclasas multiplica a superficie, e fai que as historias humanas fiquen pegadas, como un im\u00e1n, \u00e1s pedras. <\/p>\n<p>Xilberto Caama\u00f1o, presidente da asociaci\u00f3n, e Xos\u00e9 l\u00e9vannos polo Pindo, m\u00e1is al\u00e1 dos roteiros trazados. Despraz\u00e1ndonos por unha diaclasa, case voando sobre o mar, remontamos un pico secundario, ao norte da Moa. \u00c9 o pico da Xoana. Subimos por unha acusad\u00edsima pendente, en zigzags breves, e por momentos, cunha pendente case vertical. O peito tira, pero o lugar compensa o esforzo. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/xoana_1.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>A monta\u00f1a est\u00e1 furada de estremo a estremo! Estamos na Casa da Xoana, unha cova natural que atravesa o interior da monta\u00f1a e sae para o outro lado. Con temporal, aquel t\u00fanel incribel exerce como unha succionadora dos ventos. Xilberto Caama\u00f1o f\u00e1lame dunha muller \u00e1 que levaron de pequena a quitarlle o aire al\u00f3. &#8220;Era como unha catedral&#8221;, dic\u00eda rememorando a vella. No se enganaba en absoluto. A b\u00f3veda el\u00e9vase varios metros por riba de n\u00f3s. O que vedes pequeno na foto en realidade \u00e9 dunhas dimensi\u00f3ns enormes. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/xoana_2.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Xilberto c\u00f3ntanos unha historia impresionante: o do lugar de reuni\u00f3n das bruxas.<\/p>\n<p><iframe loading=\"lazy\" width=\"620\" height=\"378\" src=\"http:\/\/www.youtube.com\/embed\/lZ1hiCl7_Ys\" frameborder=\"0\" allowfullscreen><\/iframe><\/p>\n<p>O propio nome \u00e9 m\u00edtico: esa Xoana rec\u00f3rdanos moito \u00e1s Xanas, presentes no folclore galego, esa sorte de mouras. Xoanas e Bruxas. Sole sin\u00e1lame a cova e todo o que a rodea. &#8220;As covas de bruxas sempre te\u00f1en esa forma, unha forma que recorda a algo moi concreto&#8221;, dime ela. Volvo a examinar o pared\u00f3n e a cova, e d\u00e1me a risa. \u00c9 coma un test de K\u00f6ch, si, pero dia\u00f1o, ten raz\u00f3n! Feminidade en estado puro. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/xoana_3.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Ao car\u00f3n da porta, un tenue petr\u00f3glifo cruciforme, no que os brazos est\u00e1n unidos por un semic\u00edrculo, est\u00e1 perfectamente ali\u00f1ado no eixo Oeste-Este, rubricando a sacralidade deste incrible lugar, unha porta entre o mar e a terra, entre os dous mundos, sexan cales foran. \u00c9 dif\u00edcil non sobrecollerse, non deixarse levar por este lugar. A pantasma dunha aguia real parece voar sobre n\u00f3s. <\/p>\n<p>E seguimos andando polo Pindo. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Imos iniciar esta semana unha breve serie sobre un dos montes m\u00e1is senlleiros de Galicia:&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2011\/09\/07\/no-corazon-do-xigante-i-a-casa-da-xoana\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">No coraz\u00f3n do Xigante (I): a Casa da Xoana<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":18935,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2,18,8],"tags":[],"class_list":["post-17227","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-diario","category-notas-arqueoloxicas","category-roteiros","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/17227","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=17227"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/17227\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/18935"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=17227"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=17227"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=17227"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}