{"id":17218,"date":"2011-09-12T01:26:25","date_gmt":"2011-09-11T23:26:25","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=17218"},"modified":"2011-09-12T11:01:09","modified_gmt":"2011-09-12T09:01:09","slug":"no-corazon-do-xigante-e-iii-a-terceira-fortaleza-do-pindo","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2011\/09\/12\/no-corazon-do-xigante-e-iii-a-terceira-fortaleza-do-pindo\/","title":{"rendered":"No coraz\u00f3n do xigante (e III): a Terceira Fortaleza do Pindo"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/pindo_3_1.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Subindo os montes, descubrimos que as lendas sempre, sempre agochan a realidade. Acompa\u00f1ados polos membros da Asociaci\u00f3n Monte Pindo Parque Natural reco\u00f1ecemos unha das realidades arqueol\u00f3xicas m\u00e1is enigm\u00e1ticas e fascinantes da nosa Historia, e das que levamos falando tempo en Cap\u00edtulo Cero: os Castelos Baleiros.<\/p>\n<p><!--more--><\/p>\n<p>Os seguidores da serie <a href=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/index.php\/category\/republicas-de-homes-libres\/\">Rep\u00fablicas de Homes Libres<\/a> lembrar\u00e1n sen d\u00fabida a referencia aos Castelos Baleiros. Desde o principio da serie queriamos salientar a existencia na costa galega dunha li\u00f1a de estra\u00f1as fortificaci\u00f3ns de dimensi\u00f3ns enormes e superiores, de longo, a calquer outro tipo de resto arqueol\u00f3xico de Galicia. Murallas cicl\u00f3peas de mamposter\u00eda que rodeaban as coroas de montes, e que supuxeron un aut\u00e9ntico enigma para todos aqueles que se achegaron a elas. Desde logo, \u00e9 nestes momentos, ao meu ver, unha das grandes inc\u00f3gnitas da arqueolox\u00eda galega. Tres destas fortalezas ofrecen materiais inequivocamente romanos ou tardorromanos en superficie: Aloia, Castro Valente e o Faro de Budi\u00f1o, e outras, coma o Castelo do Gali\u00f1eiro, corresponden posiblemente \u00e1 mesma \u00e9poca. A hip\u00f3tese que propo\u00f1o na serie Rep\u00fablicas de Homes Libres \u00e9 que estas fortalezas descomunais son os <em>castella tutiora<\/em>, as &#8220;fortificaci\u00f3ns m\u00e1is seguras&#8221; nas que a poboaci\u00f3n galaicorromana resistiu os avatares das invasi\u00f3ns b\u00e1rbaras e que puideron ter sido empregados posteriormente ao longo de varios s\u00e9culos para acoller, en tempos dif\u00edciles, \u00e1 poboaci\u00f3n dun basto territorio. Unha das claves da hip\u00f3tese estaba, precisamente, no factor &#8216;galaicorromano&#8217;. <\/p>\n<p>Toda vez que estas fortalezas eran obras que requir\u00edan un considerable esforzo colectivo, parec\u00eda suxerente a hip\u00f3tese de que ti\u00f1an que ver cun sentido da organizaci\u00f3n militar e cidadana moi determinada na Historia en Galicia. Castro Valente ou Aloia est\u00e1n ubicadas en d\u00faas \u00e1reas cunha forte romanizaci\u00f3n, ao car\u00f3n de localidades administrativas de fundaci\u00f3n romana de tama\u00f1o medio, como Iria Flavia, Tyde ou a \u00e1rea -en expansi\u00f3n en \u00e9poca tardorromana- de Vicus (Vigo). A existencia de fortalezas similares e cronolox\u00edas tam\u00e9n id\u00e9nticas na Meseta ou na Auvernia francesa afianzan esta idea. O noroeste ib\u00e9rico, segundo autores como Bl\u00e1zquez, presenta a maior cantidade de cidades fortificadas a partir do s\u00e9culo III de todo o Imperio Romano. O interesante -ou abraiante- do caso galego \u00e9 que ese proceso de fortificaci\u00f3n se puido aplicar a outros contextos: os do mundo rural galaicorromano. Ante a imposibilidade de fortificar convintemente pequenas vilas no medio dos vales, a poboaci\u00f3n da <em>pars maritima Gallaeciae<\/em> respondeu de xeito maxistral. <\/p>\n<p>Estes Castelos Baleiros ser\u00edan, xa que logo, a s\u00edntese de d\u00faas culturas: o co\u00f1ecemento e os usos da monta\u00f1a e da s\u00faa topograf\u00eda por parte do ancestral mundo galaico e dunha capacidade de organizaci\u00f3n e planificaci\u00f3n colectiva influenciada, sen d\u00fabida, polas instituci\u00f3ns romanas e do que quedaba delas. Toda vez que sabemos que as divisi\u00f3ns territoriais de \u00e9poca castrexa trascenderon ao propio Imperio e chegaron ao mundo suevo, suponse as\u00ed mesmo que a conquista romana baseouse, en certo xeito, no mantemento de parte do entramado institucional galaico e a s\u00faa adaptaci\u00f3n aos usos e mandatos do Imperio. Cando o Imperio se debilitou, parte dese antigo mundo galaico continuaba a\u00ed e permitiu artellar reacci\u00f3ns defensivas ante a inestabilidade coma os espectaculares Castelos Baleiros. As\u00ed pasou, por exemplo, en territorios como as Illas Brit\u00e1nicas e o xurdimento de sociedades de xefatura de car\u00e1cter c\u00e9ltico tras a ca\u00edda do Imperio, e que deixa ver a historia do Rei Arturo. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/pindo_3_3.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Sen embargo, estes d\u00edas visitamos un novo Castelo Baleiro, ata agora non identificado como tal, que introduce unha maior complexidade a este fen\u00f3meno. Tr\u00e1tase da fortaleza do Monte do Pindo. Comprende unha parte significativa do monte e vouvos introducir nas s\u00faas caracter\u00edsticas, toda vez que moi pouca xente -mesmo xente que ten visitado o Pindo- se poder\u00e1 imaxinar que esta extraordinaria paraxe puidera ter sido un dos refuxios seguros dos nosos ancestros, unha &#8220;fortaleza no aire&#8221;. A\u00ednda que a existencai de muros cicl\u00f3peos foi advertida por numerosos cronistas do Pindo, s\u00f3 o intercambio de informaci\u00f3n a trav\u00e9s de Internet, en certo xeito, permitiu intuir a natureza de aquelos estra\u00f1os muros no monte. <\/p>\n<p>Dous lectores de Cap\u00edtulo Cero mand\u00e1ronme, en momentos diferentes, fotograf\u00edas do mesmo espazo. David P\u00e9rez e Elixio Vieites mand\u00e1ronme fotograf\u00edas de numerosos muros que parec\u00edan pechar valgadas do Pindo. Ambos os dous reco\u00f1eceran neses muros as fortificaci\u00f3ns que vi\u00f1amos publicando en Cap\u00edtulo Cero. Un r\u00e1pido intercambio de correos coa Asociaci\u00f3n Monte Pindo Parque Natural pux\u00e9ronnos en acci\u00f3n para botarlle unha ollada ao que ti\u00f1amos no Pindo. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/pindo_3_2.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/pindo_3_4.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Acompa\u00f1ados por Xilberto, Mario e Xos\u00e9, acheg\u00e1monos ata os montes do Pindo. Tomamos notas, enviei marcas GPS repetidamente ao meu correo electr\u00f3nico desde o monte, e os carnot\u00e1ns lev\u00e1ronnos entre valgadas, ensin\u00e1ndonos os tesouros dun monte que aman profundamente e que mamaron desde pequenos. <\/p>\n<p>O que vimos al\u00ed comprend\u00edmolo ao momento; aparec\u00edan murallas en todas as diaclasas que fac\u00eda o monte por onde cami\u00f1abamos. Ao chegarmos a casa, e volcar xuntos todos os puntos GPS, levei unha sorpresa. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/pindo_info_1.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Google Earth, ao reducir o &#8216;ru\u00eddo&#8217; derivado da accidentada secuencia de penedos e representar os grandes trazos nun modelo 3D sinxelo, permit\u00eda apreciar o que non viramos al\u00f3: a coherencia da disposici\u00f3n das murallas. Todas as murallas conform\u00e1banse cunha l\u00f3xica excelente, formando un circo perfectamente delimitado na topograf\u00eda cun car\u00e1cter eminentemente defensivo. Era como un castro xigante, dunhas vinte e catro hect\u00e1reas no seu interior -a\u00ednda que boa parte delas in\u00fatiles, desde o punto de vista de h\u00e1bitat e prados, non creo que chegue \u00e1s 4 hect\u00e1reas &#8216;\u00fatiles&#8217;-, totalmente determinado pola topograf\u00eda do terreo. Este circo, que aproveita e se define por grupos de penedos que exercen de barreira natural, alberga no seu interior varios valci\u00f1os; non \u00e9 exactamente, como ides ver, unha chaira, xa que descende ao longo de toda a secuencia, pero a disposici\u00f3n orogr\u00e1fica do sitio arqueol\u00f3xico \u00e9 m\u00e1is que interesante. <\/p>\n<p>Dous cortes permiten apreciar a coherencia do recinto dentro da orograf\u00eda da \u00e1rea. O rect\u00e1ngulo punteado indica a localizaci\u00f3n do sitio arqueol\u00f3xico.<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/pindo_info_3.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Levantamento planim\u00e9trico do Monte Pindo no eixo N-S<br \/>\n<\/em><br \/>\n<img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/pindo_info_4.jpg\" \nalt=\"\" \/><br \/>\n<em>Levantamento planim\u00e9trico do Monte Pindo no eixo O-E.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p>O que vemos aqu\u00ed \u00e9 o espazo delimitado pola fortificaci\u00f3n. Unha estensa muralla de car\u00e1cter intermitente que chega a alcanzar un desenvolvemento superior aos 1800 metros. O feito da intermitencia \u00e9 relevante: do mesmo xeito que en fortalezas coma o Gali\u00f1eiro, a muralla clausura os acceso doados ao recinto e converte ao mesmo monte gran\u00edtico nunha imponente muralla. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/pindo_3_8.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Un exemplo de como funciona o sistema. A muralla clausura os pasos. <\/em><\/p>\n<p>Sen embargo, hai salvedades interesantes que permiten acreditar, a\u00ednda m\u00e1is, no car\u00e1cter defensivo da fortificaci\u00f3n. <\/p>\n<p>Por exemplo, na posible \u00e1rea de entrada. Unha importante muralla duns 2 ou 2 e pico metros de ancho pecha o acceso ao co\u00f1ecido coma o Campo dos Coellos de Abaixo.  <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/pindo_3_5.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Muralla que clausura o acceso este do recinto. <\/em><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/pindo_3_6.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Muralla do basti\u00f3n<\/em><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/pindo_3_7.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Un exemplo do paramento no basti\u00f3n<\/em><\/p>\n<p>Pero o interesante \u00e9 que pola banda sur deste acceso, a fortificaci\u00f3n avanza por enriba das pened\u00edas -non do prado- para constru\u00edr un basti\u00f3n que protexe o avance ata a posible porta de entrada do recinto. \u00c9 dicir, o seu uso non \u00e9 desde logo, gandeiro. O enorme investimento de esforzo para constru\u00edr esta muralla complem\u00e9ntase, adem\u00e1is, cunha planificaci\u00f3n defensiva clara das \u00e1reas m\u00e1is d\u00e9biles. En xeral, a area este \u00e9 a que reviste unha maior monumentalidade. Por exemplo, aterrazamentos coma este:<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/pindo_3_9.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Os construtores da edificaci\u00f3n fixeron aterrazamentos entre as pened\u00edas e a muralla para poder desplazarse con facilidade por esta parte do recinto. O paso do Este \u00e9 determinante. Hoxe segue a ser o acceso m\u00e1is doado ao cumio do Monte Pindo, desde a aldea do Fieiro. O interesante \u00e9 que, nese cami\u00f1o cara o cumio, exist\u00eda o top\u00f3nimo Os Casteli\u00f1os. Haber\u00eda Casteli\u00f1os?<\/p>\n<p>Por suposto que si. <\/p>\n<p>Nunha \u00e1rea estreita por onde avanza o cami\u00f1o natural ao monte observamos aterrazamentos e fortificaci\u00f3ns de cachote pechando o acceso \u00e1 \u00e1rea. Aqu\u00ed podedes ver a topograf\u00eda do lugar. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/pindo_info_2.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/pindo_info_5.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Os Casteli\u00f1os funcionan como un avance no cami\u00f1o m\u00e1is doado de acceso ao recinto fortificado, ubicados nun importante punto que tam\u00e9n responde ao mesmo patr\u00f3n defensivo de combinar a topograf\u00eda con intervenci\u00f3ns humanas selando aquelo que non pode ser defendido desde as rochas. <\/p>\n<p>O recinto defende unha serie de pequenos vales ricos en auga, mesmo no ver\u00e1n. Aqueles vales, a diferencia da muralla, si xogaron un rol posterior na vida das xentes do que os actuais veci\u00f1os do Pindo chaman &#8220;a Monta\u00f1a&#8221;, as aldeas do interior de Carnota. Deste xeito, o Campo dos Coellos alberga a\u00ednda restos de edificaci\u00f3ns -posiblemente pastor\u00eds- e unha interesant\u00edsima tradici\u00f3n que nos conta aqu\u00ed Xilberto Caama\u00f1o:<\/p>\n<p><iframe loading=\"lazy\" width=\"620\" height=\"378\" src=\"http:\/\/www.youtube.com\/embed\/3f2STw2lzbQ\" frameborder=\"0\" allowfullscreen><\/iframe><\/p>\n<p>Xilberto percibe o noso entusiasmo polo que est\u00e1 aparecendo. <\/p>\n<p>-Vouvos levar a un sitio no que o muro este vese moi ben. <\/p>\n<p>Imos cami\u00f1ando, f\u00f3ra dos cami\u00f1os, ata a parte norte deste circo fortificado. Cando chegamos arriba, abrai\u00e1monos. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/pindo_3_10.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/pindo_3_11.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Esta muralla, aillada do tr\u00e1nsito, ocupa uns 2,5 metros de ancho. Para facervos unha idea, \u00e9 o ancho m\u00e1ximo que ocupa a Muralla de Hadriano, constru\u00edda polo Ex\u00e9rcito Romano para protexer Britania dos Pictos escoceses. A muralla de Hadriano oscila entre os 1&#8217;8 metros e os 2&#8217;5 devanditos. Grazas a este lenzo ben conservado e ao que vimos no Leste, no acceso posiblemente principal, podemos facernos unha idea aproximada da estrutura da muralla. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/paramento_muralla.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Aqu\u00ed, na \u00e1rea norte, a muralla protexe unhas acusadas rampas naturais. Sole comeza a descender por elas. <\/p>\n<p>-Al\u00ed hai m\u00e1is. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/pindo_3_12.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/pindo_3_13.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Posible gabia\/foxo baixo a segunda muralla do norte. <\/em><\/p>\n<p>E vela\u00ed topamos outra evidencia do car\u00e1cter defensivo destes muros. Nunha das rampas de m\u00e1is doado acceso ao recinto, os construtores edificaran dous muros que interrump\u00edan a valgada. O inferior, adem\u00e1is -haber\u00eda que botarlle unha visual detida- parece contar tam\u00e9n con alg\u00fan tipo de gabia ou foxo un pouco m\u00e1is abaixo. <\/p>\n<p>Un aspecto interesante da fortificaci\u00f3n do Pindo -e que comparte con outras como o Aloia ou Castro Valente- \u00e9 a existencia dunha antiqu\u00edsima igrexa ubicada nun estremo do recinto. Neste caso, \u00e9 a ermida de Campo de Cortes, perdida nos tempos. A s\u00faa \u00fanica menci\u00f3n poder\u00eda ser do s\u00e9culo X-XI, pero onde est\u00e1n as antigas ru\u00ednas, te\u00f1en aparecido materiais e inscrici\u00f3ns do s\u00e9culo XIII. Un aspecto interesante \u00e9 que ao seus p\u00e9s parece haber tam\u00e9n restos de edificaci\u00f3ns. <\/p>\n<p>A ermida do Campo de Cortes ten outro estremo ben intrigante. Parece estar estreitamente vinculada cunha pequena cova que est\u00e1 por riba dela. A cova, protexida por un muri\u00f1o e orixinalmente -polo que recordan na tradici\u00f3n oral- cun enlousado, foi posteriormente ocupada polos escapados da Guerra Civil. Algunhas inscrici\u00f3ns antigas -do 36- superp\u00f3\u00f1ense coas que fan alg\u00fans <em>cachondos<\/em> actuais. \u00c9 alucinante ver al\u00f3 os restos do medo. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/pindo_3_14.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/pindo_3_15.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/pindo_3_16.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Seguimos cami\u00f1ando, accedendo \u00e1 zona sur do recinto. Estamos no Campo da Ra\u00ed\u00f1a Lupa e Xilberto Caama\u00f1o c\u00f3ntanos unha versi\u00f3n m\u00e1is que intrigante da Ra\u00ed\u00f1a Lupa. O Monte Pindo est\u00e1 moi vinculado \u00e1 esta lendaria figura de Compostela. Pero o estra\u00f1o \u00e9 que a Ra\u00ed\u00f1a ten d\u00faas tumbas no monte. <\/p>\n<p>Unha delas est\u00e1 no Castelo de San Xurxo. <\/p>\n<p>-Baixo a soleira da porta do Castelo de San Xurxo disque est\u00e1 soterrada a Ra\u00ed\u00f1a Lupa -dinos Caama\u00f1o- pero te\u00f1o escoitado outra variante. Baixo a soleira da porta do Castelo de San Xurxo est\u00e1 soterrada a Ra\u00ed\u00f1a Lupa <em>co seu home<\/em>. <\/p>\n<p>Interesante matiz o dese home an\u00f3nimo. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/pindo_3_17.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Muralla no Campo da Ra\u00ed\u00f1a Lupa<\/em><\/p>\n<p>E a outra Tumba? Un aspecto interesante \u00e9 que a segunda Tumba da Ra\u00ed\u00f1a Lupa est\u00e1 nesta estra\u00f1a muralla que protexe o alto do monte. Aquelo est\u00e1 nun campo chamado da Ra\u00ed\u00f1a Lupa, e nese caso, o enterramento m\u00edtico tam\u00e9n est\u00e1 cabo da porta. Deixemos que nola conte Xilberto:<\/p>\n<p><iframe loading=\"lazy\" width=\"620\" height=\"378\" src=\"http:\/\/www.youtube.com\/embed\/T54KrjQsWyk\" frameborder=\"0\" allowfullscreen><\/iframe><\/p>\n<p>No podo negar que me pareceu fascinante esta estra\u00f1a relaci\u00f3n entre a Ra\u00ed\u00f1a Lupa e as portas das murallas. Inmediatamente lembrei unhas importantes escavaci\u00f3ns para co\u00f1ecer aos pobos galaicos e astures: as que dirixiu \u00c1ngel Villa no Chao Sanmart\u00edn. Al\u00ed apareceulles algo sorprendente, algo \u00fanico no noroeste da Pen\u00ednsula, pero que conectaba co universo de crenzas do mundo atl\u00e1ntico na Idade do Ferro. <\/p>\n<p>Baixo a porta do castro do Chao de Sanmart\u00edn, apareceu  unha cista, unha arqueta. <\/p>\n<p>E nesa arqueta estaba soterrada a cabeza dunha muller.<br \/>\n<img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/pindo_info_6.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Os arque\u00f3logos asturianos datan este dep\u00f3sito votivo ao redor do Bronce final. Unha muller que protexe a entrada do castro. <\/p>\n<p>Unha ra\u00ed\u00f1a soterrada \u00e1s portas das murallas m\u00edticas do Pindo. <\/p>\n<h3>Conclusi\u00f3ns?<\/h3>\n<p>Cal \u00e9 a cronolox\u00eda desta fortificaci\u00f3n? Non \u00e9 doado sabelo. Este tipo de fortificaci\u00f3ns deberon ser empregadas, na maior parte dos casos, de xeito moi coxuntural, e respondendo a situaci\u00f3ns moi graves. A muralla do Pindo veunos a certificar, con todo, a presenza dun importante fen\u00f3meno cultural que non ten que ver coa conformaci\u00f3n do feudalismo na Alta Idade Media. Co\u00f1ecemos bastante ben a capacidade econ\u00f3mica dos primeiros arist\u00f3cratas e como se materializaban en pequenos, moi manexables castelos. Isto \u00e9 outra cousa: responde a outro modelo de sociedade. <\/p>\n<p>A muralla do Pindo leva moi ao Norte a existencia destas fortificaci\u00f3ns, que ata o momento ti\u00f1amos restrixidas ao sur do r\u00edo Ulla, e introduce novas cuesti\u00f3ns. En primeiro lugar, porque non est\u00e1n tan pr\u00f3ximas a \u00e1reas claramente romanizadas. Se ben \u00e9 certo que non \u00e9 dif\u00edcil chegar deste a importante poboaci\u00f3n de Brandomil -a antiga Grandimiro dos textos romanos- parece que o Pindo nos fai pensar neste movemento de fortificaci\u00f3n -se cadra tardorromano e altomedieval- como algo que vai m\u00e1is al\u00e1 da resposta vilega \u00e1s fortificaci\u00f3ns das urbes romanas da Gallaecia. <\/p>\n<p>O Pindo, o <em>mons sacer<\/em> altomedieval, cambia a s\u00faa fisonom\u00eda. De dous castelos nas s\u00faas estribaci\u00f3ns, pasamos a unha gran coroa central rodeada de d\u00faas pequenas fortificaci\u00f3ns, se cadra sucedidas no tempo e no espazo. Todo o mundo sab\u00eda da existencia destas murallas que aparentemente non ti\u00f1an sentido. Pero para comprendelas hab\u00eda que subir montes, percorrer cordilleiras, atopar outras monta\u00f1as. Comprender \u00e9 comparar. Saber \u00e9 viaxar. Viaxar sen parar, de xeito incesante. <\/p>\n<p>Non hai conclusi\u00f3ns para a fortificaci\u00f3n do Pindo e as xentes que a constru\u00edron e a habitaron. Pero despois disto imos tentar ir m\u00e1is al\u00e1. Elaborar documentos formais que permitan iniciar li\u00f1as de investigaci\u00f3n para tentar comprender unha das realidades m\u00e1is enigm\u00e1ticas e sorprendentes da nosa Historia. E te\u00f1o a sensaci\u00f3n de que parte da Historia galega se alumear\u00e1 aqu\u00ed, no Monte Pindo. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Subindo os montes, descubrimos que as lendas sempre, sempre agochan a realidade. Acompa\u00f1ados polos membros<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2011\/09\/12\/no-corazon-do-xigante-e-iii-a-terceira-fortaleza-do-pindo\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">No coraz\u00f3n do xigante (e III): a Terceira Fortaleza do Pindo<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":18932,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2,18,35],"tags":[],"class_list":["post-17218","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-diario","category-notas-arqueoloxicas","category-republicas-de-homes-libres","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/17218","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=17218"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/17218\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/18932"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=17218"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=17218"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=17218"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}