{"id":17174,"date":"2011-09-01T19:22:08","date_gmt":"2011-09-01T17:22:08","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=17174"},"modified":"2011-09-02T01:32:54","modified_gmt":"2011-09-01T23:32:54","slug":"taramancos-vello-e-o-gran-problema-das-aldeas-galaicas","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2011\/09\/01\/taramancos-vello-e-o-gran-problema-das-aldeas-galaicas\/","title":{"rendered":"Taramancos Vello e o gran problema das aldeas galaicas"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/taramancos_1.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Acheg\u00e1monos ata a escavaci\u00f3n de urxencia que a Xunta est\u00e1 a realizar xusto no punto no que a variante de Noia entra en Taramancos, cruzando a r\u00eda -cun grave impacto ambiental e, xa que logo, econ\u00f3mico- sobre a zona, e remontando a lomba que desde a praia leva ata a vella aldea de Taramancos. O atopado introduce m\u00e1is que suxestivas ideas ao redor do pasado desta beira de Noia.<\/p>\n<p><!--more--><\/p>\n<p>Os veci\u00f1os co\u00f1ecen o lugar como A Espi\u00f1eira, pero perm\u00edtanme que eu lle chame Taramancos Vello. O motivo \u00e9 o seguinte: Taramancos \u00e9 un fermos\u00edsimo top\u00f3nimo que nos chegou, posiblemente, tal que as\u00ed, desde a Idade do Ferro. O sufixo -ancos, que \u00e9 un cl\u00e1sico da extinta lingua dos galaicos, as\u00ed o delata. Non me estra\u00f1ar\u00eda nada que o nome de Taramancos se transferira desde o vello asentamento \u00e1 inmediata nova aldea. E chamarlle Taramancos Vello sup\u00f3n establecer unha relaci\u00f3n simb\u00f3lica entre a comunidade actual e a que habitou este lugar durante varios miles de anos, al\u00ed onde vai pasar ese vial: unha relaci\u00f3n que exist\u00eda no imaxinario das xentes de Taramancos xa. Cando o visitas, dec\u00e1taste do cambio de modelo entre un e o outro. A &#8220;nova&#8221; Taramancos -seguramente de orixe medieval- est\u00e1 no l\u00edmite das terras cultivables, para aproveitar esas veigas que hai moitas d\u00e9cadas deron repolos de sona en toda a comarca. A &#8220;vella&#8221; Taramancos, prehist\u00f3rica e romana, est\u00e1 xusto no medio e medio das terras f\u00e9rtiles. Por que? <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/taramancos_2.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Cando nos achegamos ata o sitio arqueol\u00f3xico sab\u00e9molo. O Taramancos Vello ten unha dos maiores n\u00fameros de cuncheiros que te\u00f1o visto eu nunca nun sitio arqueol\u00f3xico galego. Hai ostras por todas partes, tam\u00e9n berberecho, algo de navalla, ameixa&#8230;pero a clave son as ostras. Taramancos Vello estaba volcado ao mar, e deb\u00eda ser o centro da s\u00faa econom\u00eda: te\u00f1o a percepci\u00f3n que non se trataba s\u00f3 de alimentaci\u00f3n, sen\u00f3n de alg\u00fan tipo de procesado preindustrial como se est\u00e1 localizando noutros dep\u00f3sitos do litoral. Non \u00e9 doado entender moitas das estruturas. Hai foxas, furados de postes, na zona de abaixo afloran d\u00faas cabanas castrexas, unha delas cun interesante e gran fogar central. E cunchas por todas partes. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/taramancos_3.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Nesta foto podemos ver como se produciu na \u00e9poca a deposici\u00f3n de cunchas nunha das cantas foxas que hai. A\u00ednda que non dispo\u00f1o de moita informaci\u00f3n, os arqueol\u00f3gos informan dunha impresionante secuencia temporal que vai desde a Idade do Bronce (supo\u00f1o que son as estruturas de foxas e postes que se ven ciscadas por a\u00ed) ata da Idade do Ferro (as d\u00faas cabanas) pero os materiais chegan ata finais do Imperio Romano. Taramancos Vello tivo unha secuencia moi dilatada no tempo pero ten implicaci\u00f3ns m\u00e1is potentes. <\/p>\n<p>Ag\u00e1s que os parapetos foran desmontados, a ubicaci\u00f3n do sitio arqueol\u00f3xico est\u00e1 a falar de algo moi importante. \u00c9 unha aldea castrexa sen castro, a\u00ednda que desco\u00f1ezo a cronolox\u00eda exacta das cabanas. \u00c9 dicir, un poboado da Idade do Ferro non defendido. Taramancos Vello s\u00famase \u00e1 pequena pero crecente lista de xacementos arqueol\u00f3xicos galegos que est\u00e1n cuestionando de raiceiras a noci\u00f3n de &#8216;cultura dos castros&#8217;. Certa miop\u00eda, certa inercia levou a pensar que na Idade do Ferro os habitantes deste pa\u00eds viv\u00edan unicamente no alto dos montes. Te\u00f1o lido algunha publicaci\u00f3n &#8216;acad\u00e9mica&#8217; que imaxinaba unha sorte de aldeas case aut\u00e1rquicas rodeadas de bosques espesos. <\/p>\n<p>As aldeas abertas galaicas son todo un reto \u00e1 metodolox\u00eda e \u00e1 investigaci\u00f3n arqueol\u00f3xica, porque transforman o paradigma. De contemplar h\u00e1bitats estruturados unicamente a partir de fortificaci\u00f3ns, o territorio na Idade do Ferro galega -como en boa parte da Europa Atl\u00e1ntica e na Pen\u00ednsula- exp\u00e1ndese e colon\u00edzase con m\u00faltiples funci\u00f3ns, \u00e9 moito m\u00e1is organizado e complexo do que pensamos. Aparecen granxas, aparecen pequenos poboados sen defensas, aparecen santuarios e centros de reuni\u00f3n; hai claramente v\u00edas de comunicaci\u00f3n prerromanas internas moi concorridas e usadas, de gran valor estrat\u00e9xico. Os homes enchen o territorio m\u00e1is al\u00e1 dos castelos do alto dos montes e estruturan a paisaxe. Estanse atopando desde hai tempo pero non se publican moito. <\/p>\n<p>Nos 90 Tito Concheiro atopou o <a href=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/index.php\/2011\/06\/15\/castrexos-fora-dos-castros\/\">intrigante sitio arqueol\u00f3xico de Valdamio<\/a>, no que a xente da Idade do Ferro xunt\u00e1base estacionalmente ao redor dunha tumba moi anterior, e del xa falamos. Onte coment\u00e1ronme outra historia curiosa a\u00ednda sen publicar: no norte de Portugal, o escavador dunha vila rural romana alucinou cando debaixo dos cimentos da vila apareceu un grupo de cabanas galaicas. E hai m\u00e1is, pero non se saben ver, ou non son tan doadas de apreciar coma un castro. En Dodro posiblemente exista unha, por exemplo, na ladeira dun Outeiro dos Corvos, sen catalogar.<\/p>\n<p>A pregunta metodol\u00f3xica m\u00e1is interesante \u00e9 o cambio de escenario. E logo&#8230;quen viv\u00eda arriba e quen abaixo? Por que?<\/p>\n<p>Taramancos Vello vese ameazado polo paso dunha variante que empobrece obxectivamente os recursos econ\u00f3micos m\u00e1is s\u00f3lidos da comarca: a paisaxe e o patrimonio. Esta obra servir\u00e1, esencialmente, simplemente para que durante seis semanas do ver\u00e1n os madrile\u00f1os e os compostel\u00e1ns volvan da praia sen sufrir 15 minutos de atasco (como chegou este pa\u00eds a crerse tan novo rico?). Pero Taramancos Vello non s\u00f3 son catro pedras. Desde o punto de vista cient\u00edfico, Taramancos \u00e9 a constataci\u00f3n dunha Idade do Ferro m\u00e1is complexa do que pensamos. A escavaci\u00f3n finalizou abrindo s\u00f3 unha pequena parte do sitio arqueol\u00f3xico: non temos unha dimensi\u00f3n exacta de que \u00e9 e como se estruturaba.  <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/taramancos_4.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>O decente estado de conservaci\u00f3n do lenzo norte da muralla de San Lois.<\/em><\/p>\n<p>Cismando niso, en como as cousas non son o que parecen, subo ata o monte que est\u00e1 por riba de Taramancos, o Monte San Lois. Al\u00ed, xa durante a democracia, perpetrouse a destruci\u00f3n da metade dun importante castro que, a m\u00e1is de trescentos metros de altura, domina toda a r\u00eda de Muros pero tam\u00e9n os cami\u00f1os que suben e ve\u00f1en da serra do Barbanza. Na zona que se conservou apr\u00e9cianse a\u00ednda perfectamente os muros defensivos que defenden o castro pola parte interior. Cami\u00f1ando entre os toxos, localizo entre o cachote numerosos anacos de tella que volven virar as cousas. Por manual, este castro debera ser un h\u00e1bitat do Bronce Final ou do Ferro I, da \u00e9poca fundacional de boa parte das acr\u00f3poles galaicas deste pa\u00eds. Pode que o fose. Pero esta tella estame falando dunha presenza de \u00e9poca romana ou mesmo medieval. Se fose o primeiro, se fose romana, isto ser\u00eda tremendamente suxestivo e volver\u00eda virar as tornas. Na <em>pax romana<\/em>, non se precisaban rexas fortalezas ollando cara o mar na serra do Barbanza, porque as comunidades e os propietarios viv\u00edan do cultivo dos campos, da salgaz\u00f3n, e todo iso. Non se necesitaban estes castelos inaccesibles&#8230;ou si? A ver se non vai ser como nolo contaron iso da <em>pax romana<\/em>&#8230;<\/p>\n<p>(obviamente, te\u00f1o un as na manga, pero non llo vou contar polo de agora) ;-)<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Acheg\u00e1monos ata a escavaci\u00f3n de urxencia que a Xunta est\u00e1 a realizar xusto no punto<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2011\/09\/01\/taramancos-vello-e-o-gran-problema-das-aldeas-galaicas\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Taramancos Vello e o gran problema das aldeas galaicas<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":17175,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[18],"tags":[],"class_list":["post-17174","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-notas-arqueoloxicas","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/17174","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=17174"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/17174\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/17175"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=17174"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=17174"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=17174"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}