{"id":17108,"date":"2011-08-29T23:48:53","date_gmt":"2011-08-29T21:48:53","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=17108"},"modified":"2011-09-03T00:11:04","modified_gmt":"2011-09-02T22:11:04","slug":"sacra-di-san-michelle","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2011\/08\/29\/sacra-di-san-michelle\/","title":{"rendered":"Sacra di San Michele: p\u00f3rticos rom\u00e1nicos sobre as nubes do Piamonte"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/sacra_1.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Fotos: Sole<\/em><\/p>\n<p>Vai un d\u00eda de cans aqu\u00ed no Piamonte, no noroeste de Italia. Acabamos de pasar o t\u00fanel do Fr\u00e9jus, de m\u00e1is de quince quil\u00f3metros, acabamos de pasar pola recoleta e pequena Susa, primeira localidade italiana, e xa aparece, al\u00f3 no alto, a mil metros de altura, como unha enso\u00f1aci\u00f3n, a Sacra di San Michelle [<a href=\"http:\/\/maps.google.es\/maps\/ms?msid=210066705712329425773.00000111d78e2747569d4&#038;msa=0&#038;ll=45.098215,7.341957&#038;spn=0.011981,0.019677\">localizaci\u00f3n<\/a>]. Esta abad\u00eda cisterciense, no l\u00edmite dos Alpes, un dos coraz\u00f3ns da V\u00eda Franc\u00edxena de peregrinaci\u00f3n, ten moitas cousas que nos son familiares. <\/p>\n<p>A m\u00e1is importante: \u00e9 a inspiraci\u00f3n da lexendaria novela <em>O Nome da Rosa<\/em>, de Umberto Eco. <\/p>\n<p>Entendes perfectamente por que. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/sacra_2.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Hai algunhas obras arquitect\u00f3nicas medievais que provocan unha admiraci\u00f3n que vai m\u00e1is al\u00e1 da enso\u00f1aci\u00f3n rom\u00e1ntica. Arquitectura cicl\u00f3pea que se sobreimp\u00f3n, como vontade, como esforzo, como tenacidade, por riba de tecnolox\u00edas, presi\u00f3ns e forzas, en lugares absolutamente impropios para a edificaci\u00f3n. Os dous grandes San Miguel de Europa, o Mont Saint Michel e esta Sacra de San Michele do Piamonte conseguen tal cousa: sobreporse ao imposible desde unha tecnolox\u00eda medieval, crear unha arquitectura que trascende o co\u00f1ecido e o convencional. <\/p>\n<p>Son lugares propios para o combate de arcanxos. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/sacra_3.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Antes est\u00e1 o Sepulcro dos Monxes, as ru\u00ednas dunha igrexa de pranta octogonal que se cre copia do Santo Sepulcro de Xerusal\u00e9n, que conservou este nome a\u00ednda que nunca se soubo exactamente por que: xa se lle chamaba as\u00ed no apoxeo medieval deste mosteiro do C\u00edster. <\/p>\n<p>A abad\u00eda, edificada na Idade Media sobre un templo ou posto de observaci\u00f3n de \u00e9poca romana, vaise constru\u00edndo gabeando de xeito imposible por unha muralla rochosa. O pai Giusseppe, un dos cregos custodios desta abad\u00eda, recalca un dato sinalando as pedras que sobresaen aqu\u00ed e acol\u00e1. <\/p>\n<p>-Os construtores non tocaron a monta\u00f1a, vedes? -sinalando os lugares onde os enormes piares se asentaban, efectivamente, parece que simplemente apoiados na rugosa e ca\u00f3tica superficie da pedra brava- Non a tocaron porque esta monta\u00f1a era sagrada. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/sacra_4.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/sacra_5.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/sacra_7.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/sacra_6.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Hai unha escada interminable, a Escada dos Mortos. L\u00e9vate polo coraz\u00f3n da monta\u00f1a, beireando a igrexa rom\u00e1nica a trav\u00e9s de arcadas insuperables. Os peregrinos ascend\u00edan pesadamente ata a Casa de San Miguel. Cando na \u00e9poca medieval, o Sepulcro dos Monxes derrubouse, os monxes rescataron unha obra senlleira, o P\u00f3rtico do Zodiaco. Para entrar nas terrazas m\u00e1is altas da abad\u00eda, para entrar na Casa de Deus, hai que pasar polos astros que rex\u00edan o destino dos homes, tallados en m\u00e1rmore, en luminosa pedra branca. Aqu\u00ed estamos m\u00e1is pr\u00f3ximos a eles. A vertixe da altura provoca certa sensaci\u00f3n de embriagamento. <\/p>\n<p>O Pai Giusseppe gu\u00edanos por estes corredores pendurados da nada. Cr\u00fazanlle as nubes polo corpo. <\/p>\n<p>&#8220;Neste lugar domina o silencio dos s\u00e9culos&#8221;<\/p>\n<p>-E preguntar\u00e9devos, que fai un siciliano coma min neste lugar? -di Giusseppe, e vaise rindo solo mentres se pecha ben o chaleque almofadado neste agosto. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/sacra_8.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/sacra_9.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/sacra_10.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>A abad\u00eda foi un dos grandes centros da Europa medieval. Malia estar no aillamento, realmente viv\u00eda no cruce de cami\u00f1os dos Alpes. Era co\u00f1ecido no Occidente culto pola s\u00faa prodixiosa biblioteca, o tesouro acopiado dos monxes con obras que provi\u00f1an da intelixencia dos homes a trav\u00e9s dos s\u00e9culos. A principios do s\u00e9culo XIV as\u00ed o expresou un prior da abad\u00eda a outros abades: &#8220;Te\u00f1o dous cuartos cheos de libros e a\u00ednda non os lin todos, se ben ded\u00edcome a iso cada d\u00eda. Non existe libro no mundo do cal non te\u00f1a un exemplar&#8221;.<\/p>\n<p>O arist\u00f3crata patr\u00f3n mandou clausurar a abad\u00eda na Idade Moderna. Cando se abriu, uns anos despois, a m\u00edtica biblioteca desaparecera do lugar. Unha visi\u00f3n po\u00e9tica ver\u00eda os libros guindados, voando nestes mil metros de altura sobre o Piamonte. Hoxend\u00eda, a \u00e1rea da biblioteca \u00e9 unha vertixinosa ru\u00edna. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/sacra_13.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/sacra_11.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Grandes arcos, divisi\u00f3ns grosas. Pregunto onde \u00e9 que estaba exactamente a biblioteca aqu\u00ed dentro. \u00c9 o que m\u00e1is me interesa. <\/p>\n<p>-Non o sabemos exactamente, pero si est\u00e1 claro que figuraba desta parte do mosteiro. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/sacra_12.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Hai unha torre da que se conserva a metade. Se cadra nela se inspirou Umberto Eco para a s\u00faa espectacular biblioteca fortificada. Esta ten outra historia ben curiosa. Ch\u00e1mase a Torre da Bella Alda, e c\u00f3ntase que durante un asalto, a moza Alda escapou ata esta torre ante o asedio daqueles que a pretend\u00edan violar. Alda saltou da torre e caeu sen dano alg\u00fan. Convencida do favor divino, apostou cos veci\u00f1os a que era capaz de repetir o prodixio. Da segunda volta digamos que&#8230;non tivo moita sorte. <\/p>\n<p>Como no Mont Saint Michel, entre a Normand\u00eda e a Breta\u00f1a, na Sacra hai unha curiosa percepci\u00f3n, motivada por esta altura irreal na que se suceden as arquitecturas. A percepci\u00f3n de que o tempo \u00e9 algo el\u00e1stico, de que a arquitectura, &#8220;o que non pode facer a natureza&#8221;, tensiona ese tempo e nos aproxima a un lugar borroso, indeterminado, onde somos un con homes que est\u00e1n antes e despois. Sempre acontece con todas as linguaxes universais.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A 1000 metros de altura, presidindo a rexi\u00f3n italiana do Piamonte, a Sacra de San Michele \u00e9 o mosteiro cisterciense que inspirou O Nome da Rosa a Umberto Eco. Pero tam\u00e9n \u00e9 un prodixio da arquitectura que trascende os s\u00e9culos. <\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2011\/08\/29\/sacra-di-san-michelle\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Sacra di San Michele: p\u00f3rticos rom\u00e1nicos sobre as nubes do Piamonte<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":17117,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[32,2,19,8],"tags":[],"class_list":["post-17108","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-destacado","category-diario","category-italia","category-roteiros","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/17108","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=17108"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/17108\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/17117"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=17108"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=17108"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=17108"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}