{"id":17096,"date":"2011-08-26T16:42:26","date_gmt":"2011-08-26T14:42:26","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=17096"},"modified":"2011-08-26T16:42:26","modified_gmt":"2011-08-26T14:42:26","slug":"a-viaxe-arquipelago","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2011\/08\/26\/a-viaxe-arquipelago\/","title":{"rendered":"A viaxe arquip\u00e9lago"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/love_hate.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Graffiti sobre estarcido en Split (Croacia). Foto: Sole<\/em><\/p>\n<p>Desde hai uns cantos anos, o proceso v\u00e9n sendo m\u00e1is ou menos similar. A mediados de xullo lembramos, nun momento de pausa, que as vacaci\u00f3ns est\u00e1n ao chegar e que non temos nin idea de onde iremos. Pero tam\u00e9n d\u00e1mos continuidade a un proxecto de viaxe que ata agora nos saiu estupendamente. Collemos tenda de campa\u00f1a -cun bo colch\u00f3n inflable, por suposto, a ver que nos pensamos-, equipo port\u00e1til de coci\u00f1a, cargamos o coche e \u00e1 estrada. O camping perm\u00edtenos disfrutar de ubicaci\u00f3ns privilexiadas gastando vinte euros diarios en aloxamento, e nada hai mellor no ver\u00e1n que erguerse pola ma\u00f1\u00e1 -vestido ou en cirolas- e botarse directamente a un mar azul, solitario e recollido entre pra\u00ed\u00f1as e cant\u00eds. <\/p>\n<p>Ao irmos en camping, disfrutamos plenamente da gastronom\u00eda local: mercamos nos mercados locais, exploro as adegas da zona, ceamos sana e tranquilamente con produtos da zona e sen machacar o est\u00f3mago. Aforrar nisto, adem\u00e1is, perm\u00edtenos poder seleccionar as mellores propostas da restauraci\u00f3n de cada lugar -e deste xeito aprender a outra banda da gastronom\u00eda, a elaboraci\u00f3n- e outra cousa importante: carrexar. Cando volvemos para ac\u00f3, o coche parece un cami\u00f3n da secci\u00f3n gourmet do Corte Ingl\u00e9s. Varias ducias de vi\u00f1os, queixos, salgaz\u00f3ns, conservas, especias, todo o que poida superar unha viaxe de volta de varios d\u00edas. O d\u00eda que nos pare a Garda Civil&#8230;<\/p>\n<p>A maiores, conforme o noso radio de acci\u00f3n se vai ampliando, as nosas viaxes conv\u00edrtense nun &#8220;arquip\u00e9lago&#8221;. Chegamos a un destino pero as idas e os retornos, feitos de vagar, van completando o mapa do noso amado coraz\u00f3n europeo, compo\u00f1endo un mosaico que s\u00f3 se comprende nunha secuencia de catro ou cinco anos. O resultado son viaxes que tocan moitos puntos do coraz\u00f3n, abren moitos ollos, provocan a percepci\u00f3n que este proceso que \u00e9 entregarse ao cami\u00f1o pareza m\u00e1is dilatado. &#8220;Parece que levamos tres meses de viaxe&#8221;. <\/p>\n<p>Cos sentidos cheos de lembranzas, retornamos a casa. Co c\u00e9o gris, o orballo que avisa que o ver\u00e1n rematou. Fixemos 7000 kil\u00f3metros coa casa de campa\u00f1a a costas. <\/p>\n<p>Agora contar\u00e9movolo por se queredes co\u00f1ecer alg\u00fans destes sitios. :-)<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Graffiti sobre estarcido en Split (Croacia). Foto: Sole Desde hai uns cantos anos, o proceso&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2011\/08\/26\/a-viaxe-arquipelago\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">A viaxe arquip\u00e9lago<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":17097,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2,8],"tags":[],"class_list":["post-17096","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-diario","category-roteiros","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/17096","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=17096"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/17096\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/17097"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=17096"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=17096"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=17096"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}