{"id":17058,"date":"2011-08-25T02:22:02","date_gmt":"2011-08-25T00:22:02","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=17058"},"modified":"2011-08-25T02:38:04","modified_gmt":"2011-08-25T00:38:04","slug":"o-xogo-de-tronos-gastronomico-unha-fantasia-para-un-mundo-que-xa-nunca-sera-igual","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2011\/08\/25\/o-xogo-de-tronos-gastronomico-unha-fantasia-para-un-mundo-que-xa-nunca-sera-igual\/","title":{"rendered":"O &#8216;xogo de tronos&#8217; gastron\u00f3mico: unha fantas\u00eda para un mundo que xa nunca ser\u00e1 igual"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/xogo_tronos_gastro.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Trala controvertida despedida de El Bulli, no interior da alta gastronom\u00eda estatal hai movementos m\u00e1is ou menos acertados ou despistados. Tr\u00e1tase de ver quen ser\u00e1 a figura gastron\u00f3mica destacada, quen poder\u00e1 sucesor de Ferr\u00e1n Adri\u00e0, quen representar\u00e1 a modernidade gastron\u00f3mica e o <em>xenio<\/em> creador. Cada paso, cada movemento, \u00e9 analizado, comentado en voz baixa ou en comentario pequeno ata o absurdo. As\u00ed foi con esta portada de El Peri\u00f3dico que editou o xornalista gastron\u00f3mico Pau Aren\u00f3s, no que defin\u00eda a Paco Morales, coci\u00f1eiro do exclusivo e valenciano Hotel Ferrero, de 30 anos, coma o vindeiro &#8216;superchef&#8217;. Coma no xogo de novelas de George R.R. Martin, pequenos acontecementos desembocan en pugnas cruzadas. Sei ben que esta portada sentou a moitos como unha patada nos mesm\u00edsimos. Dram\u00e1tico e equivocado. Deberan respirar aliviados. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/morales.jpg\" alt=\"\" align=\"left\"\/>No mundo da alta gastronom\u00eda non \u00e9 importante coci\u00f1ar, sen\u00f3n tam\u00e9n &#8216;descubrir&#8217;. Cadaqu\u00e9n fai o seu papel, se\u00f1ora. Os nervios son evidentes, adem\u00e1is: se puxeramos en moviola os \u00faltimos meses poderiamos ver as inercias. Silencios crebados, cuesti\u00f3ns aireadas: situaci\u00f3ns todas delatoras de nerviosismo, de que algo non vai ben. A alta gastronom\u00eda espa\u00f1ola actual asem\u00e9llase a ese suxo ru\u00eddo de derrubo que provoca toda organizaci\u00f3n humana cando est\u00e1 a piques de caer; caracter\u00edzase por dicirse en p\u00fablico o que antes se calaba en privado, como acontece agora co PSOE antes da previsible debacle do 20 de novembro. Desco\u00f1ezo se os xornalistas dispo\u00f1emos de dotes de videncia para predecir se algu\u00e9n pode ser &#8216;superchef&#8217; ou non no futuro e atrevernos a po\u00f1elo por escrito; pero, como di Cersei Lannister na obra de Martin, &#8220;cando se xoga ao xogo de tronos s\u00f3 se pode ga\u00f1ar ou morrer. Non hai puntos intermedios&#8221;. As\u00ed que quen d\u00e1 un paso debe estar seguro del. <\/p>\n<p>O problema \u00e9 que xa nada ser\u00e1 igual ao contexto de expansi\u00f3n econ\u00f3mica que elevou a un coci\u00f1eiro, Ferr\u00e1n Adri\u00e0, por primeira vez como un dos persoeiros m\u00e1is influ\u00edntes do globo. A s\u00faa intelixencia -innegable- dem\u00f3strase en que soubo calcular con precisi\u00f3n milim\u00e9trica cando saltar do carro. P\u00f3dome equivocar, pero sospeito que non vai haber vindeiro &#8216;superchef&#8217;, que viviremos un lento reequilibrio da coci\u00f1a dentro do panorama do mundo. Seguir\u00e1 a\u00ed, seguir\u00e1 mesmo con m\u00e1is presenza que hai dez anos, por exemplo. Pero non veremos a outro chef como Adri\u00e0 anunciando colch\u00f3ns. O pr\u00f3ximo volver\u00e1 ser un deportista, un actor ou unha guapa (que pode ser calquera desoutras cousas). Coma sempre. <\/p>\n<p>Desde o contexto econ\u00f3mico e social actual, botar a vista atr\u00e1s a alg\u00fans textos, reler algunhas notas de prensa, as chorradas que se escribiron como titulares en prestixiosos medios xeralistas de \u00e1mbito estatal, ten consecuencias absolutamente ruborizontes para un lector espilido. O mundo tardar\u00e1 tempo en entrar de novo nesa espiral medi\u00e1tica e VIP na que o coci\u00f1eiro era o relevante e a coci\u00f1a o escenario: manter a un restaurante, atender a caprichosos clientes, \u00e9 moito m\u00e1is latoso que os congresos, os anuncios e os saraos ben pagados. Con poucos clientes nos restaurantes -porque non se consolidou- e patrocinios e congresos en mengua, os \u00e1nimos andan caldeados e os pr\u00e9stamos contra\u00eddos en vertixe. Se eu fora chef, aplicar\u00eda estratexia luguesa: tempo, tempo, traballo e m\u00e1is tempo. Se eu fora <em>community manager<\/em> a soldo de algo gastron\u00f3mico, ir\u00eda pensando en ler alg\u00fans libros sobre enerx\u00eda e\u00f3lica ou astronom\u00eda para ampliar horizontes. <\/p>\n<p>A coci\u00f1a, os produtos, os produtores traballadores e brillantes, os grupos de afeccionados electr\u00f3nicos e anal\u00f3xicos, os restaurantes que te cautivan e nos que te sintes como na casa, os libros fermosos, os encontros gastron\u00f3micos s\u00f3lidos e os grandes coci\u00f1eiros, sen embargo, non morrer\u00e1n. Est\u00e1n xa na nosa xen\u00e9tica. Nin se ir\u00e1 a coci\u00f1a tradicional nin, ollo, a imaxinativa, a creativa, a radicalmente contempor\u00e1nea: ese binomio \u00e9 consubstancial \u00e1 historia europea nos \u00faltimos tres s\u00e9culos. As d\u00faas seguen viv\u00edsimas e valentes e o avance da gastronom\u00eda desta d\u00e9cada de ouro na coci\u00f1a galega e espa\u00f1ola \u00e9 innegable.<\/p>\n<p>Pero estes d\u00edas, por Europa adiante, comprobeino e volo contarei. En Lyon pensaba nas pedantadas que se te\u00f1en dito en Espa\u00f1a sobre o aburrido da coci\u00f1a francesa, o imaxinativos e guapos que eran os nosos coci\u00f1eiros, e o evenxosos que eran estes gabachos e tal. Que cantidade de parvadas. Como acontece m\u00e1is al\u00e1 do sector gastron\u00f3mico, desde m\u00e1is al\u00e1 dos Pirineos miran agora cara abaixo dubidando con sorna sobre con que man nos dar\u00e1n o alpiste. Por iso, nestes tempos de xogo de tronos, entre xogar ou non xogar, a posici\u00f3n m\u00e1is sabia \u00e9 traballar, investigar e consolidar clientela, facer apostas sobre cantos xornalistas gastron\u00f3micos postular\u00e1n a un herdeiro para a Coroa de Montjoi e ver ata onde vai chegar o cheiro da conseguinte carne queimada. Haber\u00e1 un futuro, pero a\u00ednda debe inventarse.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Trala controvertida despedida de El Bulli, no interior da alta gastronom\u00eda estatal hai movementos m\u00e1is&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2011\/08\/25\/o-xogo-de-tronos-gastronomico-unha-fantasia-para-un-mundo-que-xa-nunca-sera-igual\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">O &#8216;xogo de tronos&#8217; gastron\u00f3mico: unha fantas\u00eda para un mundo que xa nunca ser\u00e1 igual<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":17059,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[7],"tags":[],"class_list":["post-17058","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-paparotasco","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/17058","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=17058"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/17058\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/17059"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=17058"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=17058"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=17058"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}