{"id":17051,"date":"2011-08-26T12:41:26","date_gmt":"2011-08-26T10:41:26","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=17051"},"modified":"2011-08-29T23:52:41","modified_gmt":"2011-08-29T21:52:41","slug":"campo-lameiro-22-hectareas-de-relato-prehistorico","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2011\/08\/26\/campo-lameiro-22-hectareas-de-relato-prehistorico\/","title":{"rendered":"Campo Lameiro: 22 hect\u00e1reas de relato prehist\u00f3rico"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/lameiro_9.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Foto: Turgalicia<\/em><\/p>\n<p>-Viv\u00edan ao car\u00f3n deles -dinos Manolo Rey, sinalando un grupo de penedos onde a sinal\u00e9tica indica que hai un conxunto de petr\u00f3glifos. <\/p>\n<p>Manolo Rey \u00e9 o director do Parque Arqueol\u00f3xico da Arte Rupestre de Campo Lameiro. Convidounos a co\u00f1ecer o proxecto e aqu\u00ed estamos, paseando baixo un inclemente sol de primeiros de agosto. <\/p>\n<p>-De feito -contin\u00faa Rey- todo este monte est\u00e1 inzando de cabanas da Idade do Bronce. Atop\u00e1molas en moitos sitios durante os traballos de adecuaci\u00f3n. En si mesmo, este era o seu h\u00e1bitat. <\/p>\n<p>As cabanas, o h\u00e1bitat da Idade do Bronce, de palla e barro, foron as grandes desco\u00f1ecidas, ata hai uns anos, da arqueolox\u00eda galega e, a\u00ednda  hoxe, esta \u00e9poca est\u00e1 en fase de descuberta. Pouca xente sabe, por exemplo, desta vinculaci\u00f3n entre poboados e petr\u00f3glifos, que cambia a nosa percepci\u00f3n do espazo. Imaxinade agora moitos dos petr\u00f3glifos que co\u00f1ecedes, e un poboado ao redor, cheo de vida. A que sorprende? Hoxe comezamos a saber que os petr\u00f3glifos non eran fitos aillados na paisaxe, sen\u00f3n parte intr\u00ednseca, en moitos casos, dos poboados, da vida coti\u00e1 das persoas da \u00e9poca. Na imaxinaci\u00f3n, este espazo \u00e9nchese de nenos, de vellos, de mulleres e homes da Idade do Bronce. Pero o mundo dos petr\u00f3glifos e da arte rupestre segue a suscitar m\u00e1is preguntas que respostas. <\/p>\n<p>De feito, as preguntas son o eixo central que conduce aos visitantes polo circuito expositivo. Quen as fixo? Que significan?. Pura identidade galega. Un v\u00eddeo que est\u00e1 ao final do percorrido multiplica as posibilidades, sinalando que non hai unha explicaci\u00f3n final para todo este fen\u00f3meno, sen\u00f3n que a investigaci\u00f3n xenera m\u00faltiples hip\u00f3teses. <\/p>\n<p>Pero vaiamos por partes. <\/p>\n<h3>A Rede de Parques Arqueol\u00f3xicos<\/h3>\n<p>Campo Lameiro non \u00e9 un proxecto menor: \u00e9 o primeiro parque da pol\u00e9mica e discutida Rede de Parques Arqueol\u00f3xicos dese\u00f1ados pola Administraci\u00f3n auton\u00f3mica durante o goberno Fraga e asumidos tam\u00e9n polo bipartito. Esta rede, que cando se finalice -en data indeterminada- contar\u00e1 con catro parques, distribu\u00eddos nas catro provincias galegas. Cada un deles exemplificar\u00e1 nun significativo sitio arqueol\u00f3xico do territorio un dos grandes periodos culturais da Prehistoria e Historia Antiga de Galicia.<\/p>\n<p>Deste xeito, Lugo acoller\u00e1 o Parque Arqueol\u00f3xico do Mundo Romano, o gran castro de San Cibr\u00e1n de L\u00e1s (Punx\u00edn e San Amaro, en Ourense), o Parque Arqueol\u00f3xico da Cultura Castrexa, a Costa da Morte o do Megalitismo e este de Campo Lameiro, o da Arte Rupestre. Tras Campo Lameiro o vindeiro en abrir -e non tardar\u00e1 moito, en teor\u00eda- ser\u00e1 San Cibr\u00e1n de L\u00e1s. O que est\u00e1 m\u00e1is verde a\u00ednda \u00e9 o da Costa da Morte, que a\u00ednda se atopa en plena tramitaci\u00f3n administrativa e do que se desco\u00f1ece a ubicaci\u00f3n do centro de interpretaci\u00f3n, polo que eu sei (e coa que est\u00e1 caendo, sospeito que a Administraci\u00f3n non se est\u00e1 metendo especial pr\u00e9sa). A estrutura administrativa dos parques ser\u00e1 mixta: mentres a Xunta mant\u00e9n a direcci\u00f3n dos centros, a xesti\u00f3n, promoci\u00f3n, merchandising dos Parques corresponder\u00e1 a empresas privadas que acceden a trav\u00e9s de contratos p\u00fablicos. As\u00ed funciona xa aqu\u00ed. <\/p>\n<p>Campo Lameiro inagurouse en xullo e permite albiscar en que se plasmar\u00e1n na pr\u00e1ctica estes Parques Arqueol\u00f3xicos unha vez rematados. Rey explicounos a filosof\u00eda que est\u00e1 detr\u00e1s do proxecto. &#8220;A idea da Rede de Parques Arqueol\u00f3xicos&#8221;, d\u00ednos o director do centro, &#8220;\u00e9 unha proposta esencialmente t\u00e9cnica, m\u00e1is que pol\u00edtica&#8221;. O obxectivo da Administraci\u00f3n \u00e9 dispo\u00f1er de alomenos un punto de referencia para relatar con amplitude e recursos un periodo cultural significativo (nestes casos, esencialmente a Idade do Bronce, a trav\u00e9s do petr\u00f3glifos) e, ao meu ver, leva impl\u00edcita certa renuncia por parte da Administraci\u00f3n auton\u00f3mica a realizar esforzos de divulgaci\u00f3n amplos noutros sitios arqueol\u00f3xicos do periodo en Galicia. Os constantes recortes da Administraci\u00f3n en materia cultural fan prever que esa ser\u00e1 a realidade. <\/p>\n<h3>Nove mill\u00f3ns de euros para relatar a arte rupestre galega<\/h3>\n<p>O resultado \u00e9 unha proposta na que xa se levan investidos nove mill\u00f3ns de euros, unha cifra enorme para as exiguas cifras do patrimonio arqueol\u00f3xico galego. A estrutura est\u00e1 presidida polo gran centro, que serve como recepci\u00f3n de visitantes, ocupado na s\u00faa maior parte pola exposici\u00f3n, a cafeter\u00eda e restaurante, os obradoiros para escolares, e unha zona m\u00e1is discreta para \u00e1reas de investigaci\u00f3n e un arquivo. Manolo Rey contounos que o seu obxectivo \u00e9 preservar nese arquivo -especialmente protexido contra incendios e roubos- as copias en papel e dixitais de todos os calcos posibles dos petr\u00f3glifos galegos -unha idea que, de conseguirse, ser\u00eda certamente positiva. Pero toda esa parte est\u00e1 a\u00ednda sen desenvolver: o obxectivo nestes momentos \u00e9 captar visitantes para o recinto, demostrar a viabilidade pr\u00e1ctica do proxecto con cifras. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/lameiro_1.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Fotos: Sole<br \/>\n<\/em><br \/>\nO centro est\u00e1 bastante integrado no territorio. Ten unha curiosa superficie escamar que o converte nun elemento din\u00e1mico en relaci\u00f3n ao sol, xa que as sombras est\u00e1n transformando continuamente a superficie. Pareceume moito mellor integrado na paisaxe que o do castro de San Cibr\u00e1n de L\u00e1s, que sobresae excesivamente en relaci\u00f3n ao propio sitio arqueol\u00f3xico. <\/p>\n<p>Os t\u00e9cnicos calcularon que os visitantes far\u00e1n en Campo Lameiro unha visita media de tres horas. A idea \u00e9, en certo xeito, &#8220;pasar o d\u00eda&#8221;, cando menos no p\u00fablico familiar. No percorrido, o primeiro dos puntos \u00e9 o circuito expositivo. Un itinerario multimedia, moi interactivo e moi coidado, que vai colocando preguntas e interrogantes sobre os petr\u00f3glifos, as sociedades que os constru\u00edron pero tam\u00e9n as t\u00e9cnicas coas que se estudan ou mesmo as pol\u00e9micas e interpretaci\u00f3ns sobre o seu significado. Para Manolo Rey, &#8220;\u00e9 o mellor equipamento sobre arte rupestre nestes momentos en Espa\u00f1a&#8221;. Non te\u00f1o co\u00f1ecemento para corroborar esta cuesti\u00f3n, pero o que si est\u00e1 claro \u00e9 que \u00e9 o maior -e mellor- circuito expositivo ao redor dun periodo da historia galega que temos no pa\u00eds. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/lameiro_2.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/lameiro_3.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>O itinerario, m\u00e1is ou menos condicionado, recupera tam\u00e9n a propia historia local do estudo dos petr\u00f3glifos. Gustoume moito ver al\u00f3 o leigado material de Sobrino Buhigas, o fidalgo cunt\u00e9s pioneiro na investigaci\u00f3n sobre petr\u00f3glifos. Vela\u00ed est\u00e1n as s\u00faas cartas, as s\u00faas gafas, os instrumentos e -oh, marabilla-, as pracas fotogr\u00e1ficas de primeiros dos anos XX cos que estes entusiastas da fotograf\u00eda retrataron por vez primeira a arte rupestre galega. Desde aqu\u00ed quero agradecer a \u00c1ngel N\u00fa\u00f1ez Sobrino, herdeiro do investigador e bo amigo, a s\u00faa xenerosidade para incorporar esta colecci\u00f3n ao patrimonio p\u00fablico de Galicia. Se van por al\u00e1, proben a quitar os libros da librer\u00eda na que est\u00e1n as cousas. ;-)<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/lameiro_4.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>O centro de interpretaci\u00f3n tam\u00e9n ten outros espazos especialmente interesantes. O m\u00e1is espectacular, para min, \u00e9 a copia do petr\u00f3glifo das Ferraduras, no concello de Cotobade. Tr\u00e1tase dunha espectacular pedra con dous paneis claramente diferenciados. A esta pedra aplicouselle un escaneado 3D e creouse unha copia f\u00edsica do petr\u00f3glifo que abraia. Est\u00e1 todo, est\u00e1 ata o diferente granulado do granito, as diaclasas, as fracturas, a profundidade exacta de cada suco&#8230;<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/lameiro_5.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Soporte para que os nenos aprendan a facer calcos<\/em><\/p>\n<p>Unha menci\u00f3n especial son os recursos did\u00e1cticos: os nenos dispo\u00f1en de salas obradoiro para aprender temas de cer\u00e1mica, tecnolox\u00eda da \u00e9poca e unha curiosa \u00e1rea no exterior con pedras nas que ensaiar a facer calcos. O que est\u00e1 m\u00e1is dubidoso Manolo Rey \u00e9 con ensinar aos nenos a crear directamente petr\u00f3glifos sobre o granito galego, supo\u00f1o que por medo a que alg\u00fan rapaz se &#8216;inspire&#8217; demasiado. <\/p>\n<p>O centro est\u00e1 na cabeceira do gran recinto acoutado de 22 hect\u00e1reas onde se atopan os petr\u00f3glifos. Unha valla, m\u00e1is simb\u00f3lica que outra cousa, divide o parque do resto do monte. Os visitantes pagan seis euros por acceder, ver a exposici\u00f3n, participar nas visitas guiadas e explorar as hect\u00e1reas deste fermoso monte que preside o val de Campo Lameiro, cheo de fitos na paisaxe a\u00ednda perceptibles que exemplifican, neste pequeno espazo pr\u00f3ximo a Pontevedra, a evoluci\u00f3n cultural de Galicia desde o Neolitico. A trav\u00e9s de roteiros predese\u00f1ados, os visitantes van explorando as diferentes rochas dos petr\u00f3glifos. O m\u00e1is interesante \u00e9, ao meu ver, como cada unha das pedras presenta un desaf\u00edo, unha pecularidade. A maiores, o Parque acondiciounou outros conxuntos arqueol\u00f3xicos do concello, como a gran Rotea do Mendo, para complementar as visitas. <\/p>\n<p>A\u00ednda que o recinto est\u00e1 inzado de petr\u00f3glifos, &#8220;o outro d\u00eda a\u00ednda nos atopamos m\u00e1is que non se reco\u00f1eceran antes&#8221;, dime Rey, as xoias da coroa son a Laxe dos Carballos e o Outeiro dos Cogoludos. A Laxe dos Carballos \u00e9 esta marabilla que retratou maxistralmente Xo\u00e1n Pi\u00f1\u00f3n:<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/laxe_carballos.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Fotograf\u00eda de <a href=\"http:\/\/xoanpinon.blogspot.com\/ \">Xo\u00e1n Pi\u00f1\u00f3n<\/a> (detalle)<\/em><\/p>\n<p>Velaqu\u00ed a figura central \u00e9 este cervo con lanzas cravadas, unha narrativa visual en estado puro. Rey vainos explicando todos os paneis. E aqu\u00ed sucede un detalle interesante: as explicaci\u00f3ns orais resultan moito m\u00e1is fascinantes, no mundo dos petr\u00f3glifos, que todo o que podes po\u00f1er nun pequeno panel explicativo. De alg\u00fan xeito \u00e9 fascinante: \u00e9 como se, en certo xeito, os petr\u00f3glifos precisaran da narrativa humana, da palabra, para cobrar m\u00e1is forza e sentido. \u00c9 como se foran pensados orixinalmente as\u00ed.<\/p>\n<p>-Funcionan as visitas guiadas? -pregunto.<br \/>\n-Con diferencia \u00e9 o que m\u00e1is funciona -cont\u00e9stame Manolo Rey- e dentro das visitas guiadas, a acci\u00f3n m\u00e1is exitosa polo momento son as ceas con visita noturna. A xente v\u00e9n ao centro, toma unha cea e despois faise unha visita guiada con focos. A xente marcha encantada. <\/p>\n<p>E aqu\u00ed, ao meu ver, est\u00e1 un dos problemas que, ao meu ver, ter\u00e1 o futuro parque. Nun castro, nun conxunto megal\u00edtico, ti podes ir a calquera hora. N\u00f3s estamos paseando \u00e1 mediod\u00eda polo recinto, malla o sol desde o mediod\u00eda e mesmo en paneles moi ben conservados coma o da Laxe dos Carballos custa apreciar moitos dos motivos. Conforme avanza a tarde, pola contra, os gravadso rupestres van cobrando vida, anim\u00e1ndose, convert\u00e9ndose nun xigantesco escenario cultural con detalles ins\u00f3litos. Agora en setembro, moi recomendado ir al\u00f3 \u00e1s 17:30 ou as\u00ed. Miras de vagar a exposici\u00f3n e \u00e1s seis e pico xa est\u00e1s vendo os petr\u00f3glifos en condici\u00f3ns.<\/p>\n<p>-Todos os cervos que est\u00e1n representados nesta aba do monte -com\u00e9ntanos Manolo Rey- corren na mesma direcci\u00f3n. Suben pola aba ata o Outeiro dos Cogoludos, e despois, no resto dos petr\u00f3glifos, van baixando na outra direcci\u00f3n. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/lameiro_7.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Manolo Rey explicando o Outeiro dos Cogoludos<\/em><\/p>\n<p>En Campo Lameiro cada panel representa marabillosas historias da nosa Prehistoria. No superior, no Outeiro dos Cogoludos, aparecen grandes espirais. Manolo Rey am\u00f3sanos un detalle intrigante e fascinante. Pola esquerda, obs\u00e9rvase como un cervo parece introducirse nunha destas espirais. Aparece o cuarto traseiro do animal. \u00c1 dereita do conxunto outro cervo parece sa\u00edr do caos de espirais.<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/lameiro_6.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>-Pensamos que estas espirais, labirintos, motivos circulares, est\u00e1n representando, de alg\u00fan xeito, un Outro Mundo, un mundo m\u00e1xico. Estes cervos que se meten e saen dos labirintos, que entran ou saen das fisgas das pedras, pensamos que te\u00f1en que ver con isto, que entran e saen desde Outro Mundo. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/lameiro_8.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Ao fondo est\u00e1n o poboado reconstru\u00eddo. Al\u00e9n das experiencias nalg\u00fans castros galegos, \u00e9 tam\u00e9n unha das primeiras e m\u00e1is amplas reconstruci\u00f3ns dun poboado prehist\u00f3rico en Galicia. As casas, de palla-barro, foron realizadas por obreiros marroqu\u00eds que conservaban este tipo de t\u00e9cnicas para facer muros mesturando madeira e terra. Artes\u00e1ns dos Ancares teit\u00e1ronnas con xestas. <\/p>\n<p>-Nas escavaci\u00f3ns apar\u00e9cenos moit\u00edsima, pero moit\u00edsima xesta -asegura Rey- Est\u00e1 claro que teitaban con ela, m\u00e1is que con cereal. <\/p>\n<p>As cabanas do poboado reconstru\u00eddo revelan outra curiosidade arqueol\u00f3xica, moi pouco co\u00f1ecida e a\u00ednda non explicada cient\u00edficamente: o seu chan. Nas escavaci\u00f3ns de Campo Lameiro e noutras de Galicia tense constatado unha estrutura que se repite. O c\u00edrculo que conforman as cabanas est\u00e1 dividido ao medio por unha espina central de pedras de seixo. Unha das metades desa circunferencia est\u00e1 rechea de terra org\u00e1nica e a outra de xabre. <\/p>\n<p>-Pode combinar unha utilidade funcional e outra sagrada. A\u00ed est\u00e1 o seixo -di Rey, cando visitamos unha das cabanas pequenas- que \u00e9 habitual como pedra sagrada ou m\u00e1xica en Galicia na Prehistoria e ata hoxe. Se cadra as d\u00faas terras que empregaban para o chan te\u00f1an que ver coa divisi\u00f3n interna do espazo dentro da cabana, pero a\u00ednda non est\u00e1 claro. <\/p>\n<p>Vai calor en Campo Lameiro. Algunha familia aparece con neveiras para facer un pic-nic entre cervos m\u00e1xicos. Nestes momentos, o parque est\u00e1 inmerso en plena campa\u00f1a para inserirse dentro dos circuitos tur\u00edsticos das R\u00edas Baixas e conseguir unha achega de turismo &#8216;de autobuses&#8217; que faga viable e rendible o proxecto. Non o ter\u00e1 doado, a\u00ednda que ao seu favor xoga a proximidade das R\u00edas Baixas. <\/p>\n<h3>Un proxecto controvertido, un resultado necesario<\/h3>\n<p>O Parque Arqueol\u00f3xico da Arte Rupestre de Campo Lameiro xa est\u00e1 en marcha. Pertence a unha corrente de xesti\u00f3n e difusi\u00f3n cultural moi habitual en Europa que chega algo tarde a Galicia, onde parece incrible que s\u00f3 dispo\u00f1amos de centros con esta filosof\u00eda integrada ao redor do patrimonio arqueol\u00f3xico \u00e1 altura de 2011. <\/p>\n<p>As numerosas cr\u00edticas feitas desde o \u00e1mbito profesional ou acad\u00e9mico te\u00f1en tam\u00e9n sentido: nun pa\u00eds no que moitos dos petr\u00f3glifos at\u00f3panse nun estado realmente cr\u00edtico de conservaci\u00f3n, por non dicir xa de divulgaci\u00f3n, estes equipamentos substraen moitos recursos econ\u00f3micos destas cuesti\u00f3ns b\u00e1sicas. Sen embargo, as din\u00e1micas da Administraci\u00f3n, o que procura un responsable pol\u00edtico e as cuesti\u00f3ns t\u00e9cnicas non son doadas moitas veces de harmonizar: co\u00f1ezo desde hai moitos anos as diferentes Administraci\u00f3ns do Estado e sei ben o que falo. Falta o b\u00e1sico, a preservaci\u00f3n e o inventariado exhaustivo, pero ao visitar Campo Lameiro, tam\u00e9n te decatas que faltaba un espazo as\u00ed: se queremos que a xente valore o Patrimonio, precisamos que existan infraestruturas pensadas para explicalo e aprender a valoralo. <\/p>\n<p>Conf\u00edo en que este envoltorio de luxo que \u00e9 o Parque Arqueol\u00f3xico da Arte Rupestre axude a esta concienciaci\u00f3n, a crear un orgullo ao redor das misteriosas laxes gravadas que inzan os nosos montes desde a Idade do Bronce. Fainos falta. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>En xullo abr\u00edase ao p\u00fablico o primeiro Parque Arqueol\u00f3xico promovido pola Xunta de Galicia, un ambicioso e controvertido proxecto. Os magn\u00edficos gravados rupestres de Campo Lameiro son os protagonistas. Percorremos o parque co seu director para co\u00f1ecer a filosof\u00eda e os plans para o proxecto. <\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2011\/08\/26\/campo-lameiro-22-hectareas-de-relato-prehistorico\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Campo Lameiro: 22 hect\u00e1reas de relato prehist\u00f3rico<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":17053,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[32,18],"tags":[],"class_list":["post-17051","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-destacado","category-notas-arqueoloxicas","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/17051","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=17051"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/17051\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/17053"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=17051"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=17051"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=17051"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}