{"id":16927,"date":"2011-08-01T19:04:09","date_gmt":"2011-08-01T17:04:09","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=16927"},"modified":"2011-08-26T12:53:55","modified_gmt":"2011-08-26T10:53:55","slug":"tras-o-ouro-dos-mouros-e-iv-a-mina-dos-sete-reinados","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2011\/08\/01\/tras-o-ouro-dos-mouros-e-iv-a-mina-dos-sete-reinados\/","title":{"rendered":"Tras o ouro dos mouros (e IV): A Mina dos Sete Reinados"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/deposito_1.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Usos rituais do metal na Idade do Bronce. Ilustraci\u00f3n: Ruiz G\u00e1lvez<\/em><\/p>\n<h3>Un resumo antes de continuar<\/h3>\n<p>Un territorio abandonado. Unha mina a ceo aberto, onde homes con lago\u00f1as e mulleres con peneiras debullaban a terra na procura do esta\u00f1o, conxurando polo baixo a s\u00faa fortuna para que apareceran entre as dedas es p\u00e9bedas brillantes e douradas deixadas polos mouros. Homes e mulleres que espreitaban con atenci\u00f3n a casoupa que controlaba a explotaci\u00f3n, dominando os dous vales onde suced\u00edan os traballos, para no caso de aparecer unha b\u00e1goa dourada entre a negra terra da serra do Barbanza, camuflala discretamente entre as roupas. Homes e mulleres que traballan nunha mina que <em>non exist\u00eda<\/em>, alegal, ausente do rexistro oficial de minas do franquismo para o Barbanza, pero na que hab\u00eda vixiantes. Se cadra te\u00f1an que ver co que contou o m\u00e9dico da mina de Lamp\u00f3n: unha casoupa constru\u00edda para os nazis que vixiaban as explotaci\u00f3ns. <\/p>\n<p>Un territorio feraz, bravo e improdutivo que se convertera no reino dunha agresiva Loba branca, cerne da mitolox\u00eda europea. Vales de pouco pasto e moita pedra, lugares abandonados no &#8220;desarrollismo&#8221; dos \u00faltimos vinte anos. Para os que co\u00f1ecimos a serra tal e como era antes do seu proceso de destruci\u00f3n dos \u00faltimos anos, este territorio \u00e9 un \u00faltimo reduto. Un lugar para vir no inverno, cando as bra\u00f1as enchoupan, a turba escurece, as nubes caen entre as pedras. A ese aillamento contribuiu os empinados outeiros que forman unha muralla ao seu redor, nas ladeiras que miran cara as vilas do Barbanza e os accesos \u00e1 serra. Un territorio no que hoxe os \u00fanicos cami\u00f1os que hai son os dos cabalos. <\/p>\n<p>Un petr\u00f3glifo moi antigo aos p\u00e9s da veta mineral de esta\u00f1o e ouro, onde homes de hai milenios deixaron gravados os seus p\u00e9s; un petr\u00f3glifo in\u00e9dito esquencido de expertos e prendido a penas con pinzas nos tendais da memoria das aldeas pr\u00f3ximas. O petr\u00f3glifo galego con m\u00e1is pegadas de p\u00e9s, concentradas de xeito insistente nunha pedra e estendidos a outras d\u00faas m\u00e1is. E, a diferencia dos outros petr\u00f3glifos galegos, sen un motivo m\u00e1is a maiores. Como feitos para unha circunstancia puntual e nun momento puntual. <\/p>\n<p>E unha calzada inmemorial, \u00e1 beira da cal, os homes tallaron m\u00e1is petr\u00f3glifos de p\u00e9s que conducen desde os vales de Comoxo, cruzando o Chan de Reis, beirando pequenos castros, por unha escarpada ladeira, ao car\u00f3n dun r\u00edo que cae en pequenas fervenzas, cara estes vales mineiros abandonados. Cun castelo ao car\u00f3nneur, no que a tradici\u00f3n culta galeguista sit\u00faa un destacamento da Legio VII Victrix, a Lexi\u00f3n Victoriosa que dome\u00f1ou \u00e1s tribos galaicas na ofensiva final de Octavio Augusto e que rematou os seus d\u00edas, s\u00e9culos despois, na fronte entre Britania e os pictos. Pero un castelo no que o material que aparece inequivocamente en superficie \u00e9 aparentemente medieval.<\/p>\n<p>Pero nas s\u00faas proximidades hai unha cova a medias entre a mitolox\u00eda e a realidade: unha cova perdida, grande, con varias estancias -e ata a\u00ed a historia \u00e9 similar a tantas covas lendarias baixo castros e castelos- pero, atenci\u00f3n co real, na que apareceron alomenos dous machados de bronce, levados dilixentemente a casa de fidalgos e se\u00f1ores poderosos dos que se precisaba un favor. Unha pr\u00e1ctica habitual na Idade do Bronce (a de fincar armas na pedra, digo) para marcar e sacralizar espazos. Espadas e machados entregados e depositdos nas fisgas das pedras: as orixes dun dos grandes mitos europeos. Pero hai un importante matiz que investigadores como Alfredo Gonz\u00e1lez Ruibal est\u00e1n a apuntar en relaci\u00f3n a estes dep\u00f3sitos do Bronce. Hai un patr\u00f3n diferencial nas ofrendas de espadas en relaci\u00f3n \u00e1s de machados. Mentres as espadas se ofrecen en lugares de fronteira, en lugares de posible intercambio violento, os dep\u00f3sitos de machados depositados nas pedras est\u00e1n vinculados a espazos de comunicaci\u00f3n, de comercio e transacci\u00f3n. Qu\u00e9dense con isto. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/desde_via_1.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Estamos nesta calzada, agora mesmo, Carlos e m\u00e1is eu. Estamos no rech\u00e1n onde unhas pegadas marcan o antigo desv\u00edo da v\u00eda cara o interior dos vales mineiros. S\u00e1belo porque cando subes pola calzada de Vitres, hai un momento no que ves unhas fervenzas \u00e1 t\u00faa esquerda e se escoita o fragor do r\u00edo, mesmo no ver\u00e1n. Enfronte de n\u00f3s, est\u00e1 toda a accidentada xeolox\u00eda gran\u00edtica. \u00c1 dereita, o castelo de Vitres \u00e9rguese como un promontorio altivo. Para lembrarmos a situaci\u00f3n:<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/val_iv_1.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Hoxe sabemos que non est\u00e1 s\u00f3. Que non \u00e9 o \u00fanico. Que se cadra, durante anos, entendimos este territorio doutro xeito. Vitres: un castelo medieval para controlar o paso da serra e recadar trabucos. Vitres: unha atalaia contra os normandos. Seguro que Vitres foi todo iso. Pero agora sabemos que, ao mellor, podemos mirar m\u00e1is para atr\u00e1s, e que a historia deste lugar ten que ver con outros tempos. A\u00ed enriba non hai s\u00f3 ese castelo, \u00e1 dereita do r\u00edo.<\/p>\n<p>\u00c1 esquerda hai outro, outro desco\u00f1ecido. Un castelo novo, in\u00e9dito, que, complement\u00e1ndose con Vitres, cerra o paso a toda esta \u00e1rea. <\/p>\n<p>-Ei, vinde! -berro desde a Pedra de Noceda. <\/p>\n<p>Estamos uns meses atr\u00e1s, en maio. Cami\u00f1amos desde o segundo val mineiro, das piscinas de decantaci\u00f3n, randeando entre penedos. A Pedra de Noceda aparece nos mapas como un elemento identificativo claro nesta \u00e1rea. Entendes por que. \u00c9 un enorme penedo de formas definidas e unha gran cor branca. Achegueime ata ela, sub\u00edn polo seu car\u00f3n para saber que vistas hab\u00eda desde al\u00f3. Cando cheguei diante fiquei pampo. Diante mi\u00f1a v\u00eda unha \u00faltima estribaci\u00f3n de outeiros penedentos antes de que abruptamente, toda esta \u00e1rea caera cara os vales inferiores da serra. Diante mi\u00f1a hab\u00eda un outeiro notable, e o r\u00edo ca\u00eda \u00e1 s\u00faa esquerda. Inmediatamente da outra beira do r\u00edo estaba o castelo de Vitres. Pero eu estou fix\u00e1ndome desta outra banda. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/murado_1.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Muralla e zonas de derrubo no Outeiro Murado<\/em><\/p>\n<p>Unha muralla est\u00e1 derru\u00edda todo ao longo da cumio do outeiro, que na s\u00faa zona superior \u00e9 unha planicie duns 60 metros de longo. Co\u00f1ezo ben estes derrubos: localizo moitos durante o traballo de campo das Rep\u00fablicas de Homes Libres. Murallas de pedra que van caendo pola gravidade, sementando as abas dos outeiros de cachote. Pero esta non a vira na vida. Ti\u00f1a pasado centos de veces por al\u00f3 embaixo, pola Calzada de Vitres. Pero nunca vira isto. <\/p>\n<p>-A muralla est\u00e1 contra a serra, f\u00edxate, como a do Coto da Amoreira -di Xurxo Ay\u00e1n. <\/p>\n<p>\u00c9 que desde o lado contrario, desde a calzada de acceso, non se pode ver o muro. Por iso non sabe disto ningu\u00e9n. Unha fortaleza oculta!<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/murado_2.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/murado_3.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Baixamos como podemos pola pendente da Pedra de Noceda, e iniciamos a subida ao outro outeiro. Efectivamente, \u00e9 unha muralla de cachote que pecha o acceso doado do outeiro. Pola outra banda, pola banda visible, as pendentes son fort\u00edsimas. Tam\u00e9n parece ter un corpo de garda na posible zona de acceso. Mentres cami\u00f1amos por al\u00ed, algu\u00e9n descubre tam\u00e9n restos na zona m\u00e1is alta de todo o outeiro, como se fose unha atalaia resgardada. Pero non se aprecian restos de vivendas, nin restos de tella, nin nada. Aparentemente, unha muralla que protexe e pecha ese recinto e nada m\u00e1is en superficie. <\/p>\n<p>A relaci\u00f3n de complementariedade co castelo de Vitres \u00e9 evidente. Parecen formar parte, os dous, do mesmo sistema defensivo. Sen embargo, este sitio non ten nada que ver, arqueoloxicamente, coa \u00e9poca de Vitres. Nin sequera parece medieval, nin romano, nin eu que sei: non hai un m\u00ednimo resto de tella, cer\u00e1mica en superficie, ocupaci\u00f3n t\u00edpica de vivendas&#8230; a\u00ednda que o estilo de muralla en seco s\u00f3anos e ten paralelos inmediatos no veci\u00f1o Coto da Amoreira -outro sitio arqueol\u00f3xico sito nas estribaci\u00f3ns da serra- ou no Castelo de Fruime. Pero&#8230;doulle voltas a esa relaci\u00f3n, parece evidente&#8230;<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/val_iv_2.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/desde_via_2.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/acceso_1.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Pero as \u00e9pocas non me cadran. <\/p>\n<p>Para aclararme, tomamos o sol da tardi\u00f1a coas vellas de Mosquete <\/p>\n<p>-Non \u00e9 un castro! Castro \u00e9 Mosquete, \u00e9 Runs, son os Pet\u00f3ns do Castro -dime unha vella de Mosquete absolutamente convencida.<br \/>\n-Pero ent\u00f3n que \u00e9?<br \/>\n-\u00c9 o Outeiro Murado! -concl\u00fae ela. <\/p>\n<p>Pola mi\u00f1a experiencia, presto moita atenci\u00f3n a como os habitantes da zona definen os sitios arqueol\u00f3xicos. A\u00ednda que algo te pareza un castro, se os paisanos insisten e precisan que non o \u00e9, qu\u00e9date pensando. Ao mellor te atopas outra cousa. E se non \u00e9 un castro? <\/p>\n<p>Volvemos ao Outeiro Murado, procurando observar algunha evidencia sobre o lugar. Percorremos o lugar estra\u00f1ados. Sentamos entre as pedras, ollando o castelo de Vitres e a antiga calzada, que vai al\u00f3 embaixo. Pasan dous rapaces subindo fatigosamente pola calzada. Desde al\u00ed enriba escoit\u00e1molos \u00e1 perfecci\u00f3n, falando e discutindo entre eles. Unha ac\u00fastica brutal. <\/p>\n<p>-Isto \u00e9 parte do mesmo, home -dime Miguel, mentres lle d\u00e1 un grolo longo \u00e1 auga. Vai un d\u00eda fr\u00edo de xu\u00f1o, un d\u00eda imposible. <\/p>\n<p>O certo \u00e9 que se repasades ben o escenario comigo, veredes que todo parece encaixar. Esta fortaleza, na boca do val, parece controlar entradas e sa\u00eddas do lugar. Complementada coa accidentada orograf\u00eda que fai limitar este espazo, estamos comprobando que toda a \u00e1rea parece inexpugnable se se complementa con fortalezas. \u00c9 inevitable establecer relaci\u00f3ns.  <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/val_iv_2.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/acceso_2.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>E se se cumpre? E se estamos falando dunha li\u00f1a de fortalezas que limitan o acceso aos vales mineiros? Na casa consultamos os mapas. O Outeiro Murado \u00e9 un outeiro a partir do cal o monte cae abruptamente cara abaixo, pero&#8230;haber\u00e1 outros accesos a estes vales? E estar\u00e1n protexidos con fortificaci\u00f3ns?<\/p>\n<p>Se iso se produce, \u00e9 a aut\u00e9ntica bomba, pensamos. <\/p>\n<p>Observamos o noso contorno, desde o Outeiro Murado. Un pico ao fondo ch\u00e1manos inmediatamente a atenci\u00f3n. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/murado_4.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Muralla do Outeiro Murado en primeiro plano. <\/em><\/p>\n<p>Ao observar os mapas, decat\u00e1monos de que \u00e9 un acceso con todas as da lei: s\u00f3 hai que ver o top\u00f3nimo: Portela de Forcadi\u00f1os. A Portela. Un paso pequeno para poder acceder a outro lugar. Na topograf\u00eda observamos que por a\u00ed pode haber unha v\u00eda directa de chegada \u00e1 mina. <\/p>\n<p>Al\u00ed fumos. <\/p>\n<p>Esquivando greas de cabalos bravos, Xurxo, Miguel e m\u00e1is eu descendimos lenemente ata a Portela de Forcadi\u00f1os, que est\u00e1 situada por riba dun curioso chan a media ladeira. O acceso desde a zona inferior \u00e1 Portela non puido ser de carros: tr\u00e1tase dunha escarpada e gran\u00edtica ladeira insalvable para o tr\u00e1fico pesado do mundo tradicional. <\/p>\n<p>Pero o coraz\u00f3n comezounos a latexar. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/portela_1.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>&#8220;Portas&#8221; da Porteli\u00f1a de Forcadi\u00f1os. Importante o tema do murete que vedes aqu\u00ed: \u00e9 unha divisoria parroquial, e ao estar situado no medio da antiga &#8220;porta&#8221;, indica que esta xa non estaba en uso como tal cando se elaboraron os muros desta divisi\u00f3n. <\/em><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/portela_2.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Nel hab\u00eda cousas raras. Unha boa masa de cachote, reaproveitada para facer un muro divisorio, poder\u00eda ter pechado a portela. Pero dous grandes penedos, no medio do pequeno paso, creaban como unha porta. &#8220;Que curioso&#8221;, pensamos. Acheg\u00e1monos aos dous grandes penedos. A nosa sorpresa foi enorme: aqueles penedos defin\u00edan unha porta de acceso e vela\u00ed estaban as marcas da trabada das madeiras. &#8220;Tradicional?&#8221;, pensamos. Aparece algunha cer\u00e1mica ciscada por al\u00f3, e no inmediato outeiri\u00f1o, localizo dous cl\u00e1sicos muros de terra que parecen pechar a terraza superior dos Forcadi\u00f1os pr\u00f3ximos. Te\u00f1o visto muros similares en fortificaci\u00f3ns altomedievais e son com\u00fans, por exemplo, nas Illas Brit\u00e1nicas: son bases de empalizadas. Ser\u00eda preciso unha prospecci\u00f3n cient\u00edfica (e se cadra unha pequena intervenci\u00f3n) para determinar se estamos falando dun sitio arqueol\u00f3xico antigo con funcionalidade de alg\u00fan xeito militar, pero todo apunta cara a\u00ed. <\/p>\n<p>Se\u00f1ores e se\u00f1oras, todos os accesos naturais a este val dispu\u00f1an dunha fortificaci\u00f3n.  Nalg\u00fan momento este paso estivo pechado e insisto: os pastos que hai dentro son tan escasos, e o acceso desde abaixo a esta Portela de Forcadi\u00f1os tan escarpada que a min no me parece infraestrutura gandeira. Non das que eu te\u00f1o visto. As\u00ed que o debuxo xeral ficar\u00eda as\u00ed. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/val_iv_3.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Tres fortificaci\u00f3ns -2 delas in\u00e9ditas- nunha \u00e1rea marxinal de poboamento. No Barbanza nada \u00e9 o que parece. Que significa todo isto? Que explicaci\u00f3n pode ter?<\/p>\n<p>Acompa\u00f1\u00e1deme na mi\u00f1a hip\u00f3tese. <\/p>\n<h3>O ouro, o esta\u00f1o e as paix\u00f3ns humanas<\/h3>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/final_1.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Na excelente publicaci\u00f3n <em>Los barcos de los petroglifos de Oia<\/em>, os investigadores Fernando J. Costas Goberna e Antonio de la Pe\u00f1a investigan a enigm\u00e1tica presenza de embarcaci\u00f3ns en petr\u00f3glios do II milenio a.C. Unha delas \u00e9 a da Laxe dos Cebros, que podedes ver xusto enriba. Malia ser parcialmente destru\u00edda por un buscador de tesouros, a\u00ednda se pode apreciar a precisi\u00f3n nos detalles deste barco representado. Un habitante desta costa de Oia amosou as\u00ed todo o que hoxe segue a ser todo un desaf\u00edo cultural: as perigosas viaxes desde o Mediterr\u00e1neo ata as costas atl\u00e1nticas, na procura de metais. Esta serie de viaxes plasm\u00e1ronse na mitolox\u00eda, en poemas intrigantes como a Ora Mar\u00edtima, que verqueu r\u00edos de tinta, e en evidencias arqueol\u00f3xicas cada vez m\u00e1is precisas. Durante s\u00e9culos, as civilizaci\u00f3ns mediterr\u00e1neas tomaron contacto cos pobos de Galicia, guiados por unha poderoso motivo: os metais. Estas \u00e9picas viaxes funcionaron en secreto: a ruta cara as Cassit\u00e9rides -as m\u00edticas sete illas do esta\u00f1o- pero tam\u00e9n cara o resto das colonias mant\u00ed\u00f1ase en misterio por parte dos navegantes p\u00fanicos. <\/p>\n<p>Unha historia tard\u00eda ilustra \u00e1 perfecci\u00f3n o secreto e como este secreto se mantivo durante xeraci\u00f3ns. Os navegantes fenicios de Gadir, que mantiveron secularmente o secreto do roteiro ata as minas de esta\u00f1o, sufriron o acoso romano. Un deles, perseguido polos buques de Roma, encallou o barco nuns baixos para impedir que os romanos soubesen do secreto do esta\u00f1o. C\u00f3ntase que o Estado de Gadir recompensouno con riquezas equivalentes \u00e1 carga. Finalmente, o romano Publio Craso conseguiu descubrir a localizaci\u00f3n das Cassit\u00e9rides e comprobou a escasa profundidade do fil\u00f3n. <\/p>\n<p>Nos \u00faltimos anos, a investigaci\u00f3n est\u00e1 a descubrir claros lugares de intercambio entre a poboaci\u00f3n galega e os mercaderes p\u00fanicos. Monte Alegre, o Castro de Alcabre, se cadra a illa do Ulla na que hoxe est\u00e1n as Torres do Oeste, de xeito moi intenso no poboado da Lanzada ou espazos fondamente ritualizados no Barbanza, como Neix\u00f3n. Semella, polo que sabemos ata agora, que o contacto entre as d\u00faas culturas d\u00e1base en puntos moi concretos, como se houbese algo perigoso nos contactos, ou alg\u00fan tipo de condicionante, orde ou privilexio. En lugares coma o Castro de Alcabre, adem\u00e1is, pode haber evidencias de asentamento de mercaderes, a\u00ednda sen comprobar totalmente. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/lanzada_ae.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Poboado da Lanzada. Foto: Incipit<\/em><\/p>\n<p>A arqueolox\u00eda actual revela unha intensidade de contactos entre o mundo mediterr\u00e1neo e o galaico moi elevada, a\u00ednda que a penetraci\u00f3n cara o interior do pa\u00eds dos bens intercambiados (vi\u00f1o, especias, aceite, cer\u00e1mica) est\u00e1 escasamente capilarizada, \u00e9 moi curta, e unicamente a trav\u00e9s do curso dos r\u00edos. Boa parte dos bens obtidos do comercio cos fenicios ficaban a pouca distancia de onde se transaccionaba con el. Aos p\u00fanicos non parece interesarlles irse cara o interior, nin os do interior parecen ter nada que ofrecer aos fenicios. Non sabemos. <\/p>\n<p>O metal galego est\u00e1 claramente detr\u00e1s destas perigosas viaxes polo Atl\u00e1ntico que fan os gadiritas. En sociedades como a galega, o establecemento dun comercio a partir do metal deb\u00eda supo\u00f1er un gran impacto social e econ\u00f3mico: por riba dunha econom\u00eda agraria e gandeira, os metais val\u00edan moito, moito m\u00e1is, cun esforzo tremendamente menor. Sab\u00e9molo pola historia: a descuberta dun metal valioso adoita ser un aut\u00e9ntico boom para o territorio no que se localiza, un boom ef\u00e9mero que provoca de s\u00fapeto algunhas inxentes obras p\u00fablicas, r\u00e1pidos procesos de diferenciaci\u00f3n social, a aparici\u00f3n de caros obxectos de consumo. Polo mineral m\u00e1tase porque co mineral v\u00edvese (moito) mellor. <\/p>\n<p>Desgrazadamente, unha das probas deste inmenso cambio social na nosa Historia xa non existe. Nun dos episodios m\u00e1is tristes e escuros da nosa historia cultural recente, en 2005 o Ministerio de Cultura espa\u00f1ol ordenou a destruci\u00f3n do castro de <a href=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/index.php\/2010\/11\/03\/o-drama-historico-do-porto-exterior-da-coruna\/\">Punta de Muros<\/a> para constru\u00edr o Porto Exterior da Coru\u00f1a. Este castro non era un poboado t\u00edpico. Estaba edificado como en grandes barrac\u00f3ns lonxitudinais, e os seus habitantes non se dedicaban nin \u00e1 pesca nin \u00e1 agricultura. O poboado, camuflado dos cami\u00f1os, aillado, nin sequera visible desde o mar, tivo o seu apoxeo de actividade entre o final da Idade do Bronce e o principio do Ferro, dando dataci\u00f3ns tremendamente antigas para Galicia.<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/punta_muros_2.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Planta do poboado de PUnta de Muros. <\/em><\/p>\n<p>A xente que viv\u00eda en Punta de Muros estaba especializada na metalurxia: no procesado e traballo do esta\u00f1o e outros minerais para constru\u00edr pezas de bronce. Na pouca informaci\u00f3n que proporcionou a\u00ednda hoxe o equipo do arque\u00f3logo Juan A. Cano Pan, sabemos que cando menos hab\u00eda dous tipos de produci\u00f3n, unha de obxectos m\u00e1is utilitarios e outra m\u00e1is complexa e de maior calidade, posiblemente co obxectivo comercial, suntuario&#8230;<\/p>\n<p>Esta factor\u00eda fortificada era invisible do resto do mundo: non apareceu nela nin un s\u00f3 elemento p\u00fanico, fenicio, e bota para atr\u00e1s as cronolox\u00edas. A s\u00faa muralla de pedra protex\u00eda un aut\u00e9ntico laboratorio de I+D coa tecnolox\u00eda punteira do momento. Todo iso se fac\u00eda porque hab\u00eda moito que protexer, porque hab\u00eda moita riqueza en xogo. Como fac\u00edan os fenicios ao silenciar a ruta, quen mandaba en Punta de Muros silenciaba o procedemento de elaboraci\u00f3n, a explotaci\u00f3n industrial do metal, desde unha perspectiva ind\u00edxena. \u00c9 o comportamento, en certo xeito, do <em>boom<\/em> mineral, pero cun importante engadido. Nesta historia sobre as relaci\u00f3ns entre mercaderes fenicios e galaicos, a historia sempre se contou desde o punto de vista do mercador fenicio, traedor do <em>progreso<\/em>. Punta de Muros revelaba como os ind\u00edxenas foron quen de desenvolver proxectos tecnol\u00f3xicos propios ao redor do metal. Adem\u00e1is do ciclo de produci\u00f3n, de alg\u00fan xeito pechar\u00edan tam\u00e9n o ciclo de distribuci\u00f3n?<\/p>\n<h3>A mina dos Sete Reinados<\/h3>\n<p>Por todo o Barbanza, nas proximidades da serra, c\u00e1ntase hoxe unha lenda a\u00ednda tremendamente viva na tradici\u00f3n oral. Di m\u00e1is ou menos \u00e9 as\u00ed:<\/p>\n<p><em>Entre Outeiro Redondo<br \/>\ne Bra\u00f1as de Prados<br \/>\nhai unha Mina<br \/>\nde Sete Reinados.<br \/>\nSete de ouro,<br \/>\nSete de prata,<br \/>\nSete de veleno que mata<\/em><\/p>\n<p>T\u00e9mola escoitado en varias aldeas, con pequenas variantes, coma o nome dos top\u00f3nimos que delimitan a estensi\u00f3n da Mina. Pero a concentraci\u00f3n de referencias \u00e1 Mina dos Sete Reinados est\u00e1 nesta marxe oriental do Barbanza, nas alde\u00ed\u00f1as do val de Cures e nas aldeas da Serra do Barbanza. A primeira vez que se recolleu esta lenda foi antes da Guerra Civil polos homes da Xeraci\u00f3n N\u00f3s e \u00e9 emocionante escoitala de novo hoxend\u00eda, a\u00ednda tan fresca, tan gravada a lume na memoria colectiva cando xa est\u00e1n a desaparecer todo o resto do noso universo mitolox\u00edco. A\u00ednda o outro d\u00eda, cando preguntei pola Mina do Carballoso, unha vella recitouma. Os Sete Reinados est\u00e1n a\u00ed. <\/p>\n<p>Voulles contar que \u00e9 o que penso, que \u00e9 o que imaxino eu con respecto a este mundo que lles describ\u00edn durante estes d\u00edas. Disfrutando da imaxinaci\u00f3n, como tam\u00e9n disfrutarei da ciencia e dos procesos de verificaci\u00f3n, cando estes se efect\u00faen na \u00e1rea, e me dean a raz\u00f3n ou ma quiten (e se ma quitan, colaborarei de xeito activo eu tam\u00e9n en quitarma). P\u00f3\u00f1anse agora a cara de Mr. Hyde, e non a do Dr. Jekyll. Voulles pedir que, por agora, imaxinen comigo os Sete Reinados. <\/p>\n<p>Estes outeiros e vales esquencidos gardan unha historia moi antiga, unha historia c\u00edclica. A historia dos sete reinados que se sucederon, e que se repetiron ao longo do tempo. <\/p>\n<p>As tres fortificaci\u00f3ns que protexen o acceso \u00e1 \u00e1rea gardan o tesouro, o maior tesouro dunha comunidade, o ben transaccional, o metal que ergue reinos e os tumba. Temos a impresi\u00f3n de que hoxe vemos al\u00f3 varios momentos superpostos que nos est\u00e1n narrando a ambici\u00f3n do ser humano e os cambios na s\u00faa ambici\u00f3n. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/podos.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Ese petr\u00f3glifo de podomorfos non est\u00e1 a\u00ed por casualidade. Ese petr\u00f3glifo responde a un ritual, e te\u00f1o a intuici\u00f3n de que \u00e9 un ritual de apropiaci\u00f3n da mina, unha toma de poder simb\u00f3lico do lugar, un acordo cos deuses que proporcionan ese mineral que nace na terra como as \u00e1rbores. Te\u00f1o a sensaci\u00f3n de que o petr\u00f3glifo est\u00e1 a sancionar a propiedade dun recurso econ\u00f3mico valios\u00edsimo por parte de comunidades ou de individuos, a diferencia entre a riqueza e a supervivencia. Estamos falando do Bronce Final, en plenos contactos entre o mundo mediterr\u00e1neo e o mundo atl\u00e1ntico. \u00c9 o mundo das viaxes no Oc\u00e9ano, viaxes non s\u00f3 levadas a cabo -estou certo- polos p\u00fanicos. E hai m\u00e1is: un dos aspectos m\u00e1is estra\u00f1os do petr\u00f3glifo \u00e9 a carencia doutros motivos. A diversidade dos motivos gravados ten moito que ver coa ritualizaci\u00f3n do espazo ao longo do tempo. Cada motivo, cada figura, \u00e9 un significado, un uso e un ritual. A estrema especializaci\u00f3n do petr\u00f3glifo de Carballoso parece indicar un uso moi determinado, unha funci\u00f3n moi concreta e, quen sabe, se un tempo tam\u00e9n moi definido. <\/p>\n<p>Quen sancionou a propiedade, dotou \u00e1 mina de infraestruturas para controlar e preservar esa riqueza, constru\u00edndo un gran complexo especializado. Constru\u00edu o Outeiro Murado -unha fortificaci\u00f3n petrificada do Bronce Final, como moitas que hai en Galicia, con &#8220;nada&#8221; no seu interior (en realidade, cabanas m\u00e1is perecedeiras), e se cadra, nese momento ou m\u00e1is adiante, tam\u00e9n se ergueu a Portela de Forcadi\u00f1os, e o Castelo de Vitres. Reparen agora na historia da cova de Vitres na que apareceron dous machados incrustados. Un elemento clave cunha funci\u00f3n de comunicaci\u00f3n e comercio do Bronce Final. <\/p>\n<p>Durante sete reinados, as augas dos regatos do Outeiro dos Corvos limparon o esta\u00f1o que marchou para os lugares de intercambio cos p\u00fanicos, pero tam\u00e9n para constru\u00edr as armas destas sociedades, e os tesouros. A Mina dos Sete Reinados poder\u00eda ser un poderoso ben deste territorio. Aqueles que traballaban nela, ou aquel que a posu\u00eda, deb\u00eda ir tomar posesi\u00f3n deste lugar, gravando o seu p\u00e9 no epicentro dos traballos. <\/p>\n<p>Coa chegada dos romanos, o espazo debeuse reorganizar. Apareceron castros mineiros, ao xeito do Courel, como Mosquete, vinculados estreitamente coa v\u00eda de acceso. Na perspectiva romana, posici\u00f3ns como o Outeiro Murado deixaban de ter sentido, e compensaba situar a infraestrutura defensiva nas proximidades da v\u00eda que permit\u00eda sacar con facilidade o mineral de al\u00f3, como sabemos por outros lugares do Imperio. Temos xa alg\u00fans indicios para pensar que debemos repensar a estratexia de ocupaci\u00f3n do territorio galego por Roma, cando menos no Barbanza, pero non \u00e9 agora o momento. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/chan_reis_outeiro.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Outeiro dos Corvos (no Chan de Reis), ao car\u00f3n do primeiro dos podomorfos da v\u00eda. Top\u00f3nimos que se repiten e lugares de mouros. Aqu\u00ed as vellas de Runs fal\u00e1ronme deles e de como deixaron todo cheo de cunchi\u00f1as. <\/em><\/p>\n<p>A v\u00eda se cadra te\u00f1a os seus primeiros traballos neste momento, sobre o antigo cami\u00f1o ind\u00edxena de entrada nas monta\u00f1as. Cabo desta v\u00eda est\u00e1n gravados os outros petr\u00f3glifos podomorfos, a\u00ednda que nun estilo claramente diferente aos do Outeiro dos Corvos. Se cadra o s\u00edmbolo contin\u00fae detr\u00e1s, a\u00ednda que a est\u00e9tica var\u00eda. \u00c9, no que sabemos ata hoxe, a maior concentraci\u00f3n de podomorfos de Galicia, e ser\u00eda inocente pola nosa banda considerala casual. Estannos contando algo, a\u00ednda que non saibamos exactamente que. Na v\u00eda tam\u00e9n hab\u00eda m\u00e1is estra\u00f1as gravuras, hoxe desaparecidas, pero das que se conservan fotos. Alomenos un serpentiforme e unha pedra cun misterioso grabado dunha man -ou algo as\u00ed, chamada a Pedra do Sol. <\/p>\n<p>Coa noci\u00f3n c\u00edclica que subxace detr\u00e1s de moita da tradici\u00f3n oral, eses Sete Reinados suced\u00e9ronse na posesi\u00f3n da Mina. Todo un s\u00edmbolo do poder.  <\/p>\n<p>Un compa\u00f1eiro, vendo o material, especulou co primeiro que lle veu \u00e1 cabeza. Algo profundamente po\u00e9tico, pero que ilustra o mundo m\u00e1xico que rodea a todo este espazo:<\/p>\n<p>-\u00c9 o Cami\u00f1o dos Mortos. Gu\u00eda ata o alto dos chans onde est\u00e1n concentrados todos os d\u00f3lmenes da serra. Pode ser unha perpetuaci\u00f3n da memoria ao trav\u00e9s dos s\u00e9culos. <\/p>\n<p>Tardaremos moito en sabelo, se o sabemos alg\u00fan d\u00eda. Pero hoxe, cando rematei de po\u00f1er todo isto por escrito, lembreime de Juana e o seu Ouro dos Mouros. Algu\u00e9n d\u00edxome algunha vez que os Mouros -habitantes dos lugares que os nosos devanceiros habitaron-, non son outra cousa que as nosas Sombras, unha visi\u00f3n do perigosos e incontrolables que n\u00f3s mesmos podemos ser, a penas as cinzas da nosa vida, condenadas a repetir e reiterar eternamente un relato, o \u00faltimo relato.  <\/p>\n<p>Cando os desherdados do Barbanza cavaban no Outeiro dos Corvos, se cadra \u00edan \u00e1 procura das sombras dos homes -se cadra tam\u00e9n desesperados- que os precederon nestas soedades. Homes que se converten en mouros na memoria. Ouro que uns e m\u00e1is outros deixaron atr\u00e1s. <\/p>\n<p>Nas Sombras dos Sete Reinados.<\/p>\n<p>Te\u00f1an un bo ver\u00e1n. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Na nosa exploraci\u00f3n da \u00e1rea do Outeiro dos Corvos e os vales de Carballoso descubrimos algo fascinante que obriga a repensar espazos e territorios: \u00e9 todo isto m\u00e1is antigo do que parece?<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2011\/08\/01\/tras-o-ouro-dos-mouros-e-iv-a-mina-dos-sete-reinados\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Tras o ouro dos mouros (e IV): A Mina dos Sete Reinados<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":16930,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[32,2,18,38],"tags":[],"class_list":["post-16927","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-destacado","category-diario","category-notas-arqueoloxicas","category-tras-o-ouro-dos-mouros","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/16927","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=16927"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/16927\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/16930"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=16927"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=16927"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=16927"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}