{"id":16794,"date":"2011-07-22T18:37:49","date_gmt":"2011-07-22T16:37:49","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=16794"},"modified":"2011-07-22T18:42:17","modified_gmt":"2011-07-22T16:42:17","slug":"o-gravado-dun-guerreiro-sorprende-na-escavacion-do-castro-de-armea-augas-santas","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2011\/07\/22\/o-gravado-dun-guerreiro-sorprende-na-escavacion-do-castro-de-armea-augas-santas\/","title":{"rendered":"O gravado dun guerreiro sorprende na escavaci\u00f3n do castro de Arme\u00e1 (Augas Santas)"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/cidade_armea_11.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/cidade_armea_21.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Escavaci\u00f3ns actuais na cidade de Armea. Fotos: Sole<\/em><\/p>\n<p><em>Noticia publicada <a href=\"http:\/\/www.culturagalega.org\/noticia.php?id=19295\">orixinalmente<\/a> en culturagalega.org o 22 de xullo de 2011<\/em><\/p>\n<p>A finais dos 40, un intelectual ourensano chamado Francisco Conde-Valv\u00eds interesouse no denso conxunto arqueol\u00f3xico vinculado ao culto de Santa Mari\u00f1a de Augas Santas, en Allariz (Ourense). Tanto no interesante forno castrexo reconvertido en bas\u00edlica medieval inacabada coma no castro de Arme\u00e1, coma no castro, Conde-Valv\u00eds localizou numerosos achados arqueol\u00f3xicos que amosaron a relevancia deste lugar. Agora, co financiamento do Concello de Allariz, os arque\u00f3logos David P\u00e9rez e Celso Barba est\u00e1n a redescubrir o traballo de Conde-Valv\u00eds e a abrir novas \u00e1reas para comprender o sitio arqueol\u00f3xico de cara a elaboraci\u00f3n dun Plan Director de Santa Mari\u00f1a de Augas Santas. E xa hai achados ben curiosos. Entre eles, o gravado dun guerreiro castrexo.<\/p>\n<p>Para Francisco Garc\u00eda, alcalde de Allariz, a elaboraci\u00f3n dun Plan Director de Santa Mari\u00f1a de Augas Santas \u00e9 unha peza clave para o desenvolvemento desta parroquia rural e cunha poboaci\u00f3n moi envellecida, e ese Plan Director basearase na posta en valor do inxente patrimonio cultural da parroquia, tanto material como inmaterial. Xa que logo, as intervenci\u00f3ns no castro de Arme\u00e1, un dos escenarios da tradici\u00f3n de Santa Mari\u00f1a e lugar de localizaci\u00f3n de importantes achados arqueol\u00f3xicos no tempo de Conde-Valv\u00eds, \u00e9 b\u00e1sico na redacci\u00f3n do plan. <\/p>\n<p>David P\u00e9rez e Celso Barba est\u00e1n a traballar en Arme\u00e1 para determinar a estensi\u00f3n do sitio arqueol\u00f3xico, cuberto por unha densa vexetaci\u00f3n aut\u00f3ctona. Para os arque\u00f3logos, a cidade de Arme\u00e1 ocupa unhas 4&#8217;8 hect\u00e1reas e tivo unha secuencia de ocupaci\u00f3n dilatada no tempo. Os t\u00e9cnicos est\u00e1n a traballar en d\u00faas \u00e1reas diferentes do castro: na croa, na zona superior, localizaron materiais de \u00e9poca claramente castrexa, adscribibles ao s\u00e9culo II a.C. Pero nunha terraza inferior, na que traballou a finais dos 40 Conde-Valv\u00eds e co\u00f1ecida como a Atalaia, os arque\u00f3logos localizaron toda unha \u00e1rea a\u00ednda sen explorar e nun bo estado de conservaci\u00f3n, con muros que acadan a\u00ednda o metro de altura e derrubes que preservan o solo orixinal do xacemento. <\/p>\n<p>Polos materiais atopados al\u00ed, a cronolox\u00eda \u00e9 xa de \u00e9poca romana, entre o s\u00e9culo I e II d.C., e parece coincidir, a grandes trazos, coa \u00e9poca de abandono do gran conxunto rupestre, con posibles usos como santuario ou espazo cultual, que est\u00e1 ubicado nas proximidades do castro e que est\u00e1 a escavar tam\u00e9n nestes momentos o Laboratorio de Arqueolox\u00eda da Universidade de Vigo baixo a direcci\u00f3n de Adolfo Fern\u00e1ndez. <\/p>\n<p><strong>O guerreiro da raedeira<br \/>\n<\/strong><br \/>\nEntre os materiais localizados por P\u00e9rez e Barba nesta \u00e1rea in\u00e9dita da terraza da Atalaia, est\u00e1n dous obxectos moi curiosos: un fragmento dunha punta de lanza de seixo e algo m\u00e1is intrigante: ao car\u00f3n dunha calzada, aparece un anaco de cuarcita empregado como raedeira, \u00e9 dicir, para esfolar animais. O estra\u00f1o \u00e9 que nesta raedeira est\u00e1 petrografado, cun buril moi fino, algo fascinante: un guerreiro. &#8220;Tr\u00e1tase dunha figura antropomorfa&#8221;, sinala David P\u00e9rez, &#8220;co pelo peinado a xeito de cresta e cunha espada nunha man. Na outra hai un obxecto non identificable por agora e ao car\u00f3n hai un estandarte, que pode ser unha ponla dunha \u00e1rbore ou outra cousa&#8221;. Para P\u00e9rez, tr\u00e1tase dunha figura parecida \u00e1s figuras que aparecen na diadema de Ribadeo, especialmente por ese pelo en cresta tan caracter\u00edstico. A\u00ednda que a valiosa peza est\u00e1 en fase de investigaci\u00f3n, para o arque\u00f3logo &#8220;cando menos \u00e9 castrexa ou castrexa romanizada&#8221;. A peza a\u00ednda est\u00e1 en fase de estudo e non dispo\u00f1emos imaxe dela. <\/p>\n<p>No castro de Arme\u00e1 xa apareceron d\u00faas estatuas de guerreiros castrexos. <\/p>\n<p>O equipo arqueol\u00f3xico traballar\u00e1 en Arme\u00e1 ata o vindeiro venres e logo consolidar\u00e1n as \u00e1reas atopadas entre finais de agosto e setembro.<\/p>\n<p><strong>Postpost<\/strong>: Por suposto todos temos ga\u00f1as de ver unha foto do guerreiri\u00f1o da raedeira. David P\u00e9rez comentoume que a far\u00e1n p\u00fablica despois da entrega do informe de escavaci\u00f3n, se non me trabuco. A ver se a conseguimos ent\u00f3n e a amosamos en Cap\u00edtulo Cero. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Escavaci\u00f3ns actuais na cidade de Armea. Fotos: Sole Noticia publicada orixinalmente en culturagalega.org o 22&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2011\/07\/22\/o-gravado-dun-guerreiro-sorprende-na-escavacion-do-castro-de-armea-augas-santas\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">O gravado dun guerreiro sorprende na escavaci\u00f3n do castro de Arme\u00e1 (Augas Santas)<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":16795,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[18],"tags":[],"class_list":["post-16794","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-notas-arqueoloxicas","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/16794","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=16794"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/16794\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/16795"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=16794"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=16794"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=16794"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}