{"id":16736,"date":"2011-07-21T09:11:12","date_gmt":"2011-07-21T07:11:12","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=16736"},"modified":"2011-07-27T11:55:20","modified_gmt":"2011-07-27T09:55:20","slug":"o-santuario-castrexo-de-armea-un-gran-complexo-por-descubrir","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2011\/07\/21\/o-santuario-castrexo-de-armea-un-gran-complexo-por-descubrir\/","title":{"rendered":"Ritos e tempos no santuario castrexo de Armea"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/armea_11.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Fotos: Sole<\/em><\/p>\n<p>Son as sete e media da tarde no santuario castrexo de Armea. O sol estase po\u00f1endo; cando asoma entre as nubes c\u00e9gate -tan pouco acostumados neste escuro ver\u00e1n- pero perm\u00edteche ver un primeiro detalle da complexa simbolox\u00eda baixo a que foi constru\u00eddo este lugar: a orientaci\u00f3n. A luz baixa xusto sobre o centro do monumento, amosando que est\u00e1 ali\u00f1ando co percorrido do sol. Debe ser espectacular recibir o abrente sentado na bancada principal. \u00c9 s\u00f3 o primeiro dos detalles que nos est\u00e1 indicando a complexidade simb\u00f3lica deste lugar, que agora comeza a ser exhumado polo equipo do Laboratorio de Arqueolox\u00eda da Universidade de Vigo baixo o patrocinio do Concello de Allariz. A esta hora, o equipo de arque\u00f3logos xa marchou e s\u00f3 as abundantes moscas e os mosquitos enchen este lugar. Aproveito para facer con calma este panorama en Photosynth do lugar. Estamos no socalco intermedio deste lugar e, despois do que me contaron hoxe \u00e1 tarde, estou fascinado. B\u00f3talle unha ollada e seguimos:<\/p>\n<p><iframe loading=\"lazy\" frameborder=\"0\" src=\"http:\/\/photosynth.net\/embed.aspx?cid=b83fe981-fe1c-41b2-b0af-461ac41cbf01&#038;delayLoad=true&#038;slideShowPlaying=false\" width=\"620\" height=\"420\"><\/iframe><\/p>\n<p>O que est\u00e1s vendo, como digo, \u00e9 o socalco intermedio do santuario castrexo de Armea. Quen seguira a historia desta descuberta, observar\u00e1 que xa cambiei a denominaci\u00f3n do lugar. Pasei de chamalo &#8220;posible santuario galaicorromano de Armea&#8221; a &#8220;santuario castrexo de Armea&#8221;. \u00c9 o resultado da mi\u00f1a interpretaci\u00f3n persoal do que hoxe os arque\u00f3logos me contaron. E aqu\u00ed volo transmito. <\/p>\n<p>A campa\u00f1a de escavaci\u00f3n est\u00e1 a punto de rematar pero Adolfo Fern\u00e1ndez, director da intervenci\u00f3n, ten ao equipo a toda m\u00e1quina. Agora saben que a intervenci\u00f3n s\u00f3 est\u00e1 a tocar unha parte do xacemento. Distribuido, alomenos, en tres socalcos, na zona xa despexada de xestas que vai en direcci\u00f3n ao castro apr\u00e9ciase o mesmo nivel de socalcos que na zona xa escavada. A sospeita, a\u00ednda por comprobar, \u00e9 que todo o pequeno outeiro do Se\u00f1ori\u00f1o \u00e9 un espazo arqueol\u00f3xico. Da outra banda do monte estaba o m\u00edtico Carballo da Santa, un maxestuoso exemplar de Quercus talado nos anos 50 polo cura e outro veci\u00f1o para vender como le\u00f1a a unha panader\u00eda. &#8220;Creo que este lugar desapareceu da tradici\u00f3n cando se talou o Carballo da Santa&#8221;, dime Adolfo, &#8220;\u00e9 como se o espazo deixara de ter sentido&#8221;. <\/p>\n<p>O resultado, cando te achegas, \u00e9 o que se presum\u00eda cando visitamos por primeira vez este lugar, cheo de xestas e maleza. Este sitio arqueol\u00f3xico est\u00e1 pensado para ser visto de lonxe. \u00c9 monumental e, de alg\u00fan xeito, espectacular. Pero adem\u00e1is \u00e9 un recinto acoutado. Na base dos socalcos, o equipo localizou un muro que -pendente de escavarse dun xeito m\u00e1is amplo- pecha o recinto pola zona inferior. \u00c9 posible, adem\u00e1is, que un antigo cami\u00f1o ou v\u00eda pase xusto ao car\u00f3n do santuario: as s\u00faas trazas son bastante evidentes. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/armea_21.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Recinto intermedio coa nova p\u00eda aparecida, unha gran p\u00eda triangular e os repiqueteados tan caracter\u00edsticos na pedra. <\/em><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/armea_31.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Un exemplo dunha das canles de circulaci\u00f3n labradas na rocha<\/em><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/armea_41.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Ferm\u00edn P\u00e9rez Losada, profesor da Universidade de Vigo, traballando con alumnos e voluntarios na escavaci\u00f3n. En primeiro plano, o muro perimetral que pecha o recinto pola zona inferior. <\/em><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/armea_51.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>A escavaci\u00f3n est\u00e1 permitindo tam\u00e9n desbotar algunhas hip\u00f3teses que o equipo arqueol\u00f3xico non pechaba ao principio e inclinan a balanza claramente cara o sentido sacro deste monumento. Conforme avanza a investigaci\u00f3n, o equipo arqueol\u00f3xico parece ter m\u00e1is clara, desde o punto de vista arqueol\u00f3xico, a finalidade relixiosa e cultual do recinto. As estruturas que van aparecendo, grandes traballos en pedra, canaletas, p\u00edas&#8230;non amosan funcionalidades dom\u00e9sticas, industriais ou agrarias de \u00e9poca romana nin anterior. O que amosan \u00e9 algo novo en Galicia: unha planificaci\u00f3n humana que redese\u00f1a un monte, creando espazos novos a partir da intervenci\u00f3n na pedra, conectando estes espazos con canaletas posiblemente dese\u00f1adas para a circulaci\u00f3n de l\u00edquidos, constru\u00edndo p\u00edas para acoller outros, cun dese\u00f1o claramente monumental. <\/p>\n<p>Pero hai m\u00e1is e a\u00ednda m\u00e1is interesante. Moitos dos santuarios galaicorromanos da \u00e1rea bracarense, do sur da Gallaecia, hoxe norte de Portugal, foron identificados porque foron empregados claramente en \u00e9poca romana, moitas veces interpretados ou reinterpretados nese momento. Pan\u00f3ias, por exemplo, foi reconfigurado a partir de bases ind\u00edxenas, a finais do s\u00e9culo II e inicios do III d. C. A <em>interpretatio<\/em> romana destes xacementos pasa sempre por artificializar, se cadra, conxuntos que previamente eran sobre todo, naturais. Converter esas p\u00edas naturais que tanto nos confunden en p\u00edas cuadrangulares, por exemplo. \u00c9 dicir, cando observamos estes santuarios observamos unha mestura entre a relixi\u00f3n romana e a relixi\u00f3n ind\u00edxena, pero non sabemos ben que proporci\u00f3n hai de cada unha no resultado final, nestes santuarios. Pero en Armea hai algo novo, unha clave que pode converter o santuario de Armea nunha referencia m\u00e1is que interesante para comprender a cultura castrexa. Armea \u00e9 anterior. <\/p>\n<p>&#8220;Este monumento \u00e9 moi, moi antigo&#8221; , dime Adolfo Fern\u00e1ndez, &#8220;sab\u00e9molo porque alg\u00fans dos seus elementos, como algunhas canaletas, foron tapadas no s\u00e9culo I d.C., amortiz\u00e1ndoas. O sitio arqueol\u00f3xico arru\u00ednase neste momento, porque todos os materiais son, como moito, dese periodo, como algunha sigillatas hispanicas moi antigas e moi caracter\u00edsticas. E a partir deste momento, do 70 ou 80 d.C., este lugar aband\u00f3nase e non atopamos, nada, pero nada, posterior&#8221;. Segundo conta Adolfo, nesa primeira fase inicial da \u00e9poca romana partes do xacemento se reconfiguraron e cobraron novos usos, como parece ser habitual neste tipo de xacementos. Pero en Armea o monumento estaba rematado antes do mundo romano: parece ser plenamente castrexo. O socalco intermedio \u00e9, como as pedras formosas, dunha gran sofisticaci\u00f3n, co gran banco, os revoques, os baixorrelevos. <\/p>\n<p>Unha das claves est\u00e1 nunha terraza superior, que non vai poder ser escavada nesta campa\u00f1a. Adolfo expl\u00edcanos que toda a cer\u00e1mica que se est\u00e1 a recoller est\u00e1 chegando de arrastre desde esa zona superior, na que poder\u00eda existir algunha estrutura a\u00ednda indeterminada: desde un templete que asumira o lugar principal do santuario, ata unha cisterna que conte\u00f1a augas, se se considera que o que ti\u00f1a que correr por esas canaletas fora auga e non outro tipo de libaci\u00f3ns&#8230;si se sabe xa que aquel lugar superior dispu\u00f1a dun tellado porque nun derrubo xa podemos ver, case enteiras, as t\u00e9gulas do s\u00e9culo I d.C. que o taparon. Aparentemente, e por agora, esa \u00e9 a \u00fanica estrutura cuberta de toda esta \u00e1rea. <\/p>\n<p>O equipo non oculta a s\u00faa sorpresa ante o que est\u00e1 a aparecer. Reparade en que \u00e9 a primeira vez que vemos algo tan grande da Idade do Ferro f\u00f3ra dos recintos castrexos, un gran espazo cultual que vai cambiar a nosa visi\u00f3n do mundo castrexo precisamente nas partes nas que sabemos menos del, como a relixi\u00f3n e a cultura inmaterial. A antig\u00fcidade do recinto \u00e9 aqu\u00ed o m\u00e1is relevante. Estamos vendo algo que desco\u00f1ecemos, que non sabemos como funcionaba, pero que debeu estar m\u00e1is ao mundo da Idade do Ferro m\u00e1is que ao romano. Cousas novas, tam\u00e9n, como estra\u00f1as p\u00edas artificiais de car\u00e1cter triangular, in\u00e9ditas ao que eu sei ata o momento no mundo castrexo, das que en Armea hai tres ou catro cando menos. E outra primeira valoraci\u00f3n que te resulta de visitar Armea: o que vemos neste lugar \u00e9 un modo sofisticado e complexo de comprender a relixi\u00f3n. Pero un modo que nos vai obrigar a repensar m\u00e1is a nosa visi\u00f3n deste mundo. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/armea_71.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>O sitio arqueol\u00f3xico captado de xeito frontal. Podedes apreciar a sucesi\u00f3n de escaleiras. <\/em><\/p>\n<p>Ao meu ver, canda Pan\u00f3ias, o que aparece en Armea vai converter este espazo no gran sitio arqueol\u00f3xico para estudar a sacralidade no mundo dos galaicos, unha dimensi\u00f3n a penas co\u00f1ecida desta cultura. Por dimensi\u00f3ns, s\u00f3 ese santuario portugu\u00e9s \u00e9 equiparable a este lugar de Allariz, e polo que se est\u00e1 a ver en todo o monte, pode superalo ou ser algo radicalmente distinto. E, adem\u00e1is, Armea pode levarnos directamente ao mundo m\u00e1is escuro, o da relixiosidade galaica. <\/p>\n<p>Quero agradecer a Francisco Garc\u00eda, alcalde de Allariz, o vir expresamente desde a vila a saudarnos e a guiarnos polo resto das intervenci\u00f3ns arqueol\u00f3xicas de Armea (das que falarei noutro post), das que ten un gran co\u00f1ecemento t\u00e9cnico. O alcalde sabe o que se trae entre mans. Un pouco p\u00edcaro preg\u00fantolle: <\/p>\n<p>-Alcalde, \u00bfe o resto do santuario vaise excavar? -d\u00edgolle sinalando toda a \u00e1rea na que parece continuar os socalcos.<br \/>\n-Por suposto! <\/p>\n<p>Creo que se por el fora, aqu\u00ed en Armea non se paraba ata que sa\u00edra todo o recinto \u00e1 luz. Allariz xa est\u00e1 dese\u00f1ando a compra das terras do Monte do Se\u00f1ori\u00f1o e as futuras intervenci\u00f3ns tanto neste lugar como no castro de Armea. Encomiable a tarefa deste concello: est\u00e1 asumindo en solitario os custes das intervenci\u00f3ns. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/armea_61.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Futura \u00e1rea de ampliaci\u00f3n do sitio arqueol\u00f3xico cunha p\u00eda en primeiro plano<\/em><\/p>\n<p>Pero esta primeira campa\u00f1a est\u00e1 a piques de finalizar. A semana que v\u00e9n, o equipo arqueol\u00f3xico do Laboratorio de Arqueolox\u00eda da Uvigo -a quen quero agradecer tam\u00e9n a s\u00faa amabilidade no trato e nas explicaci\u00f3ns- ten que debuxar e documentar exhaustivamente o localizado ata o momento, e redactar o plan para a ampliaci\u00f3n da escavaci\u00f3n do Santuario do Monte do Se\u00f1ori\u00f1o que ser\u00e1, a xu\u00edzo do alcalde, canto antes. <\/p>\n<p>Pola mi\u00f1a banda, non podo ocultar a mi\u00f1a emoci\u00f3n. As primeiras noticias p\u00fablicas sobre a relevancia deste lugar <a href=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/index.php\/2011\/03\/20\/o-posible-santuario-galaicorromano-da-cidade-de-armea-augas-santas\/\">comunic\u00e1ronse desde Cap\u00edtulo Cero<\/a> e manifestan a relevancia que ten a divulgaci\u00f3n e a comunicaci\u00f3n para facer visible a nosa Historia e catalizar intereses e vontades. Onte, ao ver o traballo do equipo, pensaba para dentro: &#8220;compensan as horas que lle boto a isto do blog&#8221;. <\/p>\n<p>Continuaremos informando. :-)<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Onte visitamos as escavaci\u00f3ns do santuario castrexo de Armea, a piques de finalizar. E o que atopamos al\u00f3 permite descubrir unha nova visi\u00f3n da relixiosidade castrexa e o final da cultura dos galaicos. <\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2011\/07\/21\/o-santuario-castrexo-de-armea-un-gran-complexo-por-descubrir\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Ritos e tempos no santuario castrexo de Armea<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":16759,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[32,18],"tags":[],"class_list":["post-16736","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-destacado","category-notas-arqueoloxicas","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/16736","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=16736"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/16736\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/16759"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=16736"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=16736"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=16736"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}