{"id":1673,"date":"2006-10-22T02:26:07","date_gmt":"2006-10-22T00:26:07","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=1673"},"modified":"2006-10-23T22:29:26","modified_gmt":"2006-10-23T20:29:26","slug":"o-marabilloso-pozo-de-san-xoan-da-cova-en-vedra","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2006\/10\/22\/o-marabilloso-pozo-de-san-xoan-da-cova-en-vedra\/","title":{"rendered":"O pozo marabilloso de San Xo\u00e1n da Cova, en Vedra"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" id=\"image1674\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/san_xoan.jpg\" alt=\"san_xoan.jpg\" \/><br \/>\n<em>O paso do r\u00edo Ulla e a ponte do tren en San Xo\u00e1n da Cova (Vedra). Fotos: <a href=\"http:\/\/www.soledadfelloza.com\/bitacora\/\">Sole<\/a><\/em><\/p>\n<p>Marabilloso polos dous sentidos: polo espectacular e fermoso do lugar e polas marabillas fant\u00e1sticas que al\u00ed acontecen, ou cando menos iso aseguran as lendas. San Xo\u00e1n da Cova, unha paraxe ao car\u00f3n do r\u00edo Ulla no Concello de Vedra pr\u00f3ximo \u00e1 estrada Santiago-Ourense, \u00e9 varias cousas ao mesmo tempo, confusas e pr\u00f3ximas: un desaparecido mosteiro que os viquingos arrasaron al\u00f3 a finais do s\u00e9culo IX, unha casona de pedra cun curioso patio interior ubicada nun paraxe fermos\u00edsimo \u00e1 beira deste r\u00edo Ulla, na que moitos aseguran que estivo encravado o primitivo mosteiro. Pero San Xo\u00e1n da Cova tam\u00e9n \u00e9 un profundo pozo do r\u00edo Ulla, ubicado xusto ao car\u00f3n do desfiladeiro de cuarzo que racha o Ulla no seu descenso. Al\u00ed o r\u00edo pasa malamente por un ancho de tres metros, encaixado entre farall\u00f3ns. Unha ponte de tren el\u00e9vase no desfiladeiro. Al\u00ed, na base do monte, outros ubican o antigo mosteiro. As cr\u00f3nicas dos \u00faltimos visitantes do lugar, no XIX, parecen darlles a raz\u00f3n. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" id=\"image1675\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/san_xoan_1.jpg\" alt=\"san_xoan_1.jpg\" \/><br \/>\n<em>O pozo de San Xo\u00e1n da Cova<\/em><\/p>\n<p>A tradici\u00f3n popular atrib\u00fae aos monxes de San Xo\u00e1n da Cova poderes e enxe\u00f1os sobrehumanos. Foron eles os que, segundo esta historia oral, crearon o r\u00edo Ulla. Furaron a enorme parede de pedra brillante e provocaron o desauge do lago que nac\u00eda pola outra banda da comarca. Pola outra banda est\u00e1 a \u00ednsua, lembranza dunha antiga illa formada polo r\u00edo que hoxe \u00e9 unha solitaria fraga. Deste mosteiro parecen atoparse anacos nos recantos m\u00e1is insospeitados. A existencia dunha cova que se adentra nos penedos de cuarzo, similar \u00e1 pr\u00f3xima do Pico Sacro, parece real, a\u00ednda que n\u00f3s non a buscamos a\u00ednda. O lugar \u00e9 unha aut\u00e9ntica compilaci\u00f3n da tradici\u00f3n fant\u00e1stica da cultura galega. Podes ler <a href=\"http:\/\/es.geocities.com\/valdoulla\/lendas.htm\">o texto que escribiu Henrique Neira<\/a> das lendas do lugar -quen, por certo, dedicou un excelente cap\u00edtulo hist\u00f3rico do seu libro sobre a Comarca da Ulla \u00e1s vicisitudes do mosteiro ao longo da historia-. Aqu\u00ed a tradici\u00f3n oral sobre o lugar a\u00ednda est\u00e1 moi viva. Conv\u00eddoche a que escoites por ti mesma as lendas, a trav\u00e9s da gravaci\u00f3n que fixen este s\u00e1bado dunha informante ao car\u00f3n mesmo da ponte:<\/p>\n[audio:lenda_sanxoan_boa.mp3]\n<p>E un par de engadidos: un<a href=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/san_xoan_da_cova.kmz\"> xogo de localizaci\u00f3ns para Google Earth dos lugares vinculados ao mosteiro<\/a> e un \u00faltimo cl\u00e1sico: o triste destino das pedras do desaparecido recinto:<\/p>\n<p><!--more--><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" id=\"image1676\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/san_xoan_2.jpg\" alt=\"san_xoan_2.jpg\" \/><br \/>\n<em>Obs\u00e9rvese o capitel rom\u00e1nico (\u00e1 esquerda) sostendo a trabe<\/em><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O paso do r\u00edo Ulla e a ponte do tren en San Xo\u00e1n da Cova<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2006\/10\/22\/o-marabilloso-pozo-de-san-xoan-da-cova-en-vedra\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">O pozo marabilloso de San Xo\u00e1n da Cova, en Vedra<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":1674,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2,8],"tags":[],"class_list":["post-1673","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-diario","category-roteiros","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1673","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=1673"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1673\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/1674"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=1673"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=1673"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=1673"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}