{"id":16728,"date":"2011-07-20T01:09:26","date_gmt":"2011-07-19T23:09:26","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=16728"},"modified":"2011-07-20T01:09:26","modified_gmt":"2011-07-19T23:09:26","slug":"emaus-un-libro-avolto-e-escuro-de-alessandro-baricco","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2011\/07\/20\/emaus-un-libro-avolto-e-escuro-de-alessandro-baricco\/","title":{"rendered":"<i>Ema\u00fas<\/i>: un libro avolto e escuro de Alessandro Baricco"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/baricco.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Escrita cristalina. Directa. Pulida. Porcelana. Demasiado perfecta? Un barroquismo agachado baixo unha aparente simpleza que soa a profundidade sentimental? Demasiado complicado. Alessandro Baricco \u00e9 Alessandro Baricco. Unha escrita cincelada para introducir ao lector en pequenos universos sentimentais, protagonizados por heroes e antiheroes. <em>Ema\u00fas<\/em>, a s\u00faa \u00faltima novela, \u00e9 unha viratorna sobre a s\u00faa li\u00f1a. Se cadra sexa un texto que esixe repensar a nosa imaxe do escritor. Alg\u00fan cr\u00edtico ten enfatizado que \u00e9 o mesmo Baricco das s\u00faas outras novelas. \u00c9 certo, pero se cadra n\u00f3s tam\u00e9n cambiamos, e non podemos ler a Baricco con 35 anos igual que con 25: o resultado \u00e9 distinto para todos. Este <em>Ema\u00fas<\/em> de Baricco g\u00fastame por un motivo esencial: introd\u00facese no universo duns adolescentes cat\u00f3licos, de clase media, nunha cidade calquera. Non \u00e9 un libro doado. A posici\u00f3n do escritor, como voz de adolescente, tampouco resulta moi real: sempre dubidei destas personaxes que falan como Deus, sendo conscientes dos seus actos e das s\u00faas consecuencias: mellor adoptar unha honesta terceira persoa. Pero claro, a sensaci\u00f3n \u00e9 rara. A gravidade coa que os protagonistas asumen os feitos e as s\u00faas decisi\u00f3ns \u00e9 a deles, a dos adolescentes, non a dos adultos que escriben e len. <\/p>\n<p>Si, pola contra, o universo de d\u00fabidas e pensamentos confusos que anda por debaixo das pedras de Ema\u00fas son tremendamente potentes; como parte deses ritos de paso en que consiste cada mes, cada ano da adolescencia. D\u00edas nos que de s\u00fapeto xa nada \u00e9 igual que antes. A turbulencia da adolescencia, da conformaci\u00f3n da personalidade, dos ritos de paso, das desgrazas. Aos protagonistas de <em>Emaus<\/em> p\u00e1salles como na historia do Evanxeo. S\u00f3 reco\u00f1eceron a Cristo cando marchou. A estes rapaces a adolescencia failles a mesma xogada: destr\u00faeos no momento do transo entre idades e al\u00ed \u00e9 cando reco\u00f1ecen a madurez. A estrutura escura deste libro \u00e9 on\u00edrica, sen concesi\u00f3ns: dram\u00e1tica, finalista e pesimista. <\/p>\n<p>\u00c9 un libro estra\u00f1o. \u00c9 un libro fascinante. Cando o rematas, ergues a cabeza e preguntas: &#8220;Que raio pasou?&#8221;. E ti mesmo te enganas coa pregunta. O que pasou no argumento est\u00e1 claro de vez, pensas, mais o realmente avolto \u00e9 como se chegou a el, como se chegou \u00e1 consecuencia da historia de Ema\u00fas. O que non sabes \u00e9 que te pasou a ti. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Escrita cristalina. Directa. Pulida. Porcelana. Demasiado perfecta? Un barroquismo agachado baixo unha aparente simpleza que&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2011\/07\/20\/emaus-un-libro-avolto-e-escuro-de-alessandro-baricco\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">&lt;i&gt;Ema\u00fas&lt;\/i&gt;: un libro avolto e escuro de Alessandro Baricco<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":16730,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2,12],"tags":[],"class_list":["post-16728","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-diario","category-libros","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/16728","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=16728"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/16728\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/16730"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=16728"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=16728"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=16728"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}