{"id":1671,"date":"2006-10-20T18:08:07","date_gmt":"2006-10-20T16:08:07","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=1671"},"modified":"2007-06-29T17:55:57","modified_gmt":"2007-06-29T15:55:57","slug":"na-busca-dos-praceres-da-carne-na-estrada-santiago-lalin","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2006\/10\/20\/na-busca-dos-praceres-da-carne-na-estrada-santiago-lalin\/","title":{"rendered":"Na busca dos praceres da carne na estrada Santiago-Lal\u00edn"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" id=\"image1672\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/parrilladas.jpg\" alt=\"parrilladas.jpg\" \/><\/p>\n<p>Non, non me penses mal co tema do post. Falo dos praceres da carne \u00e1 brasa: o churrasco, os asadores, as pingas de graxa chiscando sobre as ascuas, as mesas corridas, as cuncas de vi\u00f1o con gasosa, os pantal\u00f3ns de tergal e as fontes prateadas cheas de patacas mal peladas a golpe de mencer. Son as mellores churrasquer\u00edas e asadores do pa\u00eds: lugares de onde un sae cun sorriso autom\u00e1tico de satisfacci\u00f3n carn\u00edvora por dez euros ou pouco m\u00e1is. Demos un paseo colester\u00f3lico por catro churrasquer\u00edas emblem\u00e1ticas da estrada Santiago-Ourense no seu tramo ata Lal\u00edn.<\/p>\n<p> <!--more--><\/p>\n<p>Nestas churrasquer\u00edas presc\u00edndese do accesorio. Aqu\u00ed non hai lugar \u00e1 d\u00fabida. Os camareiros non preguntan que desexas, sen\u00f3n m\u00e1is ben canto. E a carta rec\u00edtase de carreiri\u00f1a coma os dez mandamentos. \u00bfAlg\u00fan simb\u00f3lico entrante que introduza a festa da carne? Se cadra, pero as posibilidades de elecci\u00f3n lim\u00edtanse, sobre todo, aos complementos que acompa\u00f1an \u00e1s bandexas de costelas e anacos de lombo: cantos chourizos criollos, canta ensalada, cantas fontes de patacas. Logo chega unha cunqui\u00f1a de chimichurri, de f\u00f3rmula tan segreda como a coca-cola. Esta bomba l\u00edquida foi aprendida nalg\u00fan fog\u00f3n de Bos Aires e Montevideo, macerado nos estantes h\u00famidos de vapor da coci\u00f1a, e tan persoal no seu toque que se converte en sinal de identidade da churrasquer\u00eda entre a parroquia. <\/p>\n<p>F\u00edense delas: estas casas son herdeiras da tradici\u00f3n de hospedar aos clientes m\u00e1is esixentes do mundo, os tratantes de gando e os viaxeiros circunstanciais que percorr\u00edan na dilixencia, a p\u00e9 ou en cabalo a distancia entre a capital administrativa de se\u00f1oritos e as aldeas do radio. Esta xente coidaba ben do di\u00f1eiro, e axi\u00f1a montar\u00eda un cisco se as cousas non foran como deberan. Un dos hist\u00f3ricos cami\u00f1os m\u00e1is farturentos do pa\u00eds \u00e9 que comunicaba as Terras de Santiago con Ourense  e daba sa\u00edda a Castela; hoxe en d\u00eda, a Nacional 525 segue, m\u00e1is ou menos, o trazado do cami\u00f1o real orixinal. Nesta primeira etapa, seleccionaremos catro fog\u00f3ns de sona nos que felicitarse pola evoluci\u00f3n carn\u00edvora da nosa especie por dez euros e a propina (se cadra). <\/p>\n<p><strong>Santa Luc\u00eda<\/strong>: esta ruidosa casa de comidas at\u00f3pase no lugar do mesmo nome, a\u00ednda no Concello de Santiago de Compostela. Se un non a co\u00f1ece, non \u00e9 doada de atopar. Cando un baixa de Santiago, despois de deixar o Restaurante Algueirada, debe tomar o seguinte cambio de sentido e buscar o mes\u00f3n pola esquerda da estrada. Cando acabes de desesperarte, pregunta a un parroquiano. O Santa Luc\u00eda est\u00e1 especializado en polbo e churrasco, e das portas desa coci\u00f1a parece que saen tent\u00e1culos do propio Kraken. Como en case todas as seguintes, o nivel de decibelios na sala aprox\u00edmase ao dun after hours. <\/p>\n<p>En <a href=\"http:\/\/maps.google.com\/?ie=UTF8&#038;z=18&#038;ll=42.849958,-8.52435&#038;spn=0.002179,0.004651&#038;t=h&#038;om=1\">Google Maps<\/a><\/p>\n<p><strong>Restaurante O\u2019Botillo:<\/strong> un quil\u00f3metro m\u00e1is adiante, \u00e1 dereita, despois da gasolineira de Marrozos e enfronte dunha mobler\u00eda at\u00f3pase o restaurante O\u2019Botillo que, como o seu propio nome indica, vai exactamente diso, de traer a especialidade oriental do Botelo \u00e1s proximidades de Santiago. O seu circunspecto propietario, vestido sempre cun chaleque de camareiro de indubid\u00e1bel factura caseira, tam\u00e9n che pode ofrecer unha impec\u00e1bel parrillada de carne por sete euros, que nos ten salvado dalg\u00fan destemporado domingo. Unha <a href=\"http:\/\/gourmetymerlin.blogspot.com\/2006\/07\/restaurante-obotillo-otra-vez.html\">atinada recomendaci\u00f3n do Gourmet<\/a>.<br \/>\n<a href=\"http:\/\/maps.google.com\/?ie=UTF8&#038;z=18&#038;ll=42.840683,-8.515488&#038;spn=0.002179,0.004651&#038;t=h&#038;om=1\"><br \/>\nEn Google Maps (no centro)<\/a><\/p>\n<p><strong>Parrillada O\u2019Gaucho: <\/strong>un multitudinario xant\u00f3dromo en Lamela (Silleda). Est\u00e1 \u00e1 esquerda e co\u00f1\u00e9cese polo amplo aparcamento que, nas fins de semana, non d\u00e1 abasto. Como dixo a adolescente que nos atendeu:<br \/>\n-Hoxe somos poucos. Haber\u00e1&#8230;unhas duascentas persoas. <\/p>\n<p>No Gaucho tres homes custodian continuamente unha enorme grella chea de anacos de carne. Cando nos trouxeron a fonte, apreciamos que era carne de primeira e quedamos ben satisfeitos. Ata cando, para a nosa sorpresa, chegou&#8230;\u00a1a segunda fonte!<\/p>\n<p>-Para que non se enfriara \u2013contestou a rapaza antes de n\u00f3s dicirlle nada. Non debiamos ser os primeiros en sorprendernos. <\/p>\n<p><script src='http:\/\/www.viamichelin.fr\/viamichelin\/esp\/jsp\/map\/netLink.jsp?mapId=-t8nw65zasdfuld&#038;lang=esp&#038;dx=-355.5&#038;dy=389.5&#038;empriseW=903&#038;empriseH=483&#038;map=http:\/\/www2.viamichelin.es\/vmw2\/maf\/dyn\/controller\/NetLink?mapId=-t8nw65zasdfuld%26lang=esp%26dx=-355.5%26dy=389.5%26empriseW=903%26empriseH=483' type='text\/javascript'><\/script><\/p>\n<p><strong>Fogar de Breog\u00e1n<\/strong> (Santiso, Lal\u00edn): Con diferencia, o punto m\u00e1is exc\u00e9ntrico da nosa graxenta ruta. O Fogar de Breog\u00e1n \u00e9 un establecemento familiar afastado da estrada xeral (hai que coller as indicaci\u00f3ns a Santiso que est\u00e1n \u00e1 esquerda, na estrada xeral, antes de chegar a Lal\u00edn, e a partir de a\u00ed seguir os carteis do Fogar) que rehabilitou  a vella casa dos devanceiros en pleno campo. Ata a\u00ed, a t\u00edpica historia da casa rural normal. Pero se che digo que hai un tren en miniatura que gabea e anda polo teito, que a grella l\u00e9vana un par de rapaces brasileiros que ofrecen rodicio pola semana, que polas fins de semana organ\u00edzanse espect\u00e1culos de contacontos que rematan cunha especie de estra\u00f1a queimada dramatizada, que o lugar \u00e9 atendido por mozas caracterizadas como folcl\u00f3ricas (galegas), ver\u00e1s que alg\u00fan d\u00eda ter\u00e1s que pasar por al\u00ed. E, por certo, se te pos preto do cristal que d\u00e1 ao xard\u00edn, ver\u00e1s a un estra\u00f1o paxaro (vivo) que te esp\u00eda con aut\u00e9ntica curiosidade.  Churrasco, chourizo, t\u00e1boas de queixo ben servidos. O t\u00edpico lugar co que podes asustar a un compa\u00f1eiro de viaxe ou iniciar a pol\u00e9mica entre outro Fogar ben co\u00f1ecido entre os churrascaditos: o Fogar do Santiso. Pero esa \u00e9 outra historia. <\/p>\n<p><script src='http:\/\/www.viamichelin.fr\/viamichelin\/esp\/jsp\/map\/netLink.jsp?mapId=-t81s8wwid2fuld&#038;lang=esp&#038;dx=458.5&#038;dy=173.5&#038;empriseW=903&#038;empriseH=483&#038;map=http:\/\/www2.viamichelin.es\/vmw2\/maf\/dyn\/controller\/NetLink?mapId=-t81s8wwid2fuld%26lang=esp%26dx=458.5%26dy=173.5%26empriseW=903%26empriseH=483' type='text\/javascript'><\/script><br \/>\nPara chegar ao Fogar de Breog\u00e1n (Santiso)<\/p>\n<p>\u00bfAlgunha outra churrasquer\u00eda de m\u00e9rito nesta estrada?<\/p>\n<p><!--adsense#sete--><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Non, non me penses mal co tema do post. Falo dos praceres da carne \u00e1<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2006\/10\/20\/na-busca-dos-praceres-da-carne-na-estrada-santiago-lalin\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Na busca dos praceres da carne na estrada Santiago-Lal\u00edn<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":1672,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2,7,8],"tags":[],"class_list":["post-1671","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-diario","category-paparotasco","category-roteiros","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1671","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=1671"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1671\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/1672"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=1671"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=1671"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=1671"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}