{"id":16687,"date":"2011-07-17T23:56:48","date_gmt":"2011-07-17T21:56:48","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=16687"},"modified":"2011-07-17T23:57:57","modified_gmt":"2011-07-17T21:57:57","slug":"o-forum-un-evento-que-non-podemos-perder","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2011\/07\/17\/o-forum-un-evento-que-non-podemos-perder\/","title":{"rendered":"O F\u00f3rum, un evento que non podemos perder"},"content":{"rendered":"<p>Paseando a semana pasada por Barcelona, falando con gourmets e gastron\u00f3mos, observando a publicidade nas r\u00faas, ata dos bancos, mirando os locais que se van inaugurando no Raval e moitos noutros sitios, un dec\u00e1tase do enorme potencial econ\u00f3mico da gastronom\u00eda, e non s\u00f3 na direcci\u00f3n de facturar comidas, sen\u00f3n sobre todo pola capacidade de diversificaci\u00f3n do propio turismo. Barcelona ga\u00f1ou moit\u00edsimos puntos desde o momento que foi quen de constru\u00edrse unha marca gastron\u00f3mica. <\/p>\n<p>Por iso, cando se celebrou o F\u00f3rum Gastron\u00f3mico 2008 en Compostela soubemos, cun arrinque de optimismo, que Galicia pod\u00eda ser capaz tam\u00e9n de tirar o seu potencial gastron\u00f3mico. Estas d\u00faas edici\u00f3ns do F\u00f3rum foron determinantes para o inicio dun cambio nos profesionais e nos turistas ao redor da gastronom\u00eda galega: un evento conectado coa tradici\u00f3n, con f\u00f3rmulas de avangarda, co m\u00e1is local e o m\u00e1is internacional. O inicio da construci\u00f3n desa marca e desa identidade para Santiago de Compostela foi algo moi custoso, e non s\u00f3 economicamente falando: foi un traballo colectivo para convencer, unir, animar e entusiasmar. O F\u00f3rum 2010 mellorou cifras de asistentes e xa cambiara a cultura gastron\u00f3mica deste pa\u00eds de xeito radical. As reticencias anteriores eran agora ga\u00f1as de colaborar. Cambiara o <em>packaging<\/em>, as actitudes, a noci\u00f3n de que o un restaurante \u00e9 algo m\u00e1is que estender facturas, a relaci\u00f3n cos medios de comunicaci\u00f3n, os proxectos&#8230; <\/p>\n<p>Ese custos\u00edsimo investimento humano, por parte de grupos, empresas e individuos que colaboraron canda empresas privadas en cambiar a imaxe gastron\u00f3mica deste pa\u00eds tivo \u00e9xitos constatables a un prezo econ\u00f3mico baixo para o que son este tipo de eventos: a vontade e o querer cambiar as cousas, mellorar, crear novas oportunidades econ\u00f3micas, e unha cultura gastron\u00f3mica chea de valores sobreponse aos importes econ\u00f3micos. <\/p>\n<p>Por iso, non podemos permitir que agora se despilfarre este capital investido. Gustar\u00edame ter escoitado do alcalde de Santiago outras palabras. E agardo escoitarllas finalmente. Porque non est\u00e1n os tempos para despilfarrar investimento e, sobre todo, sementar des\u00e1nimo. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Paseando a semana pasada por Barcelona, falando con gourmets e gastron\u00f3mos, observando a publicidade nas&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2011\/07\/17\/o-forum-un-evento-que-non-podemos-perder\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">O F\u00f3rum, un evento que non podemos perder<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[7],"tags":[],"class_list":["post-16687","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-paparotasco","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/16687","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=16687"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/16687\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=16687"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=16687"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=16687"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}