{"id":16668,"date":"2011-07-17T12:10:59","date_gmt":"2011-07-17T10:10:59","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=16668"},"modified":"2011-07-17T12:34:36","modified_gmt":"2011-07-17T10:34:36","slug":"republicas-de-homes-libres-as-arquitecturas-imaxinarias","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2011\/07\/17\/republicas-de-homes-libres-as-arquitecturas-imaxinarias\/","title":{"rendered":"Rep\u00fablicas de Homes Libres: as arquitecturas imaxinarias"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/mamede_11.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Cami\u00f1amos entre a pialla h\u00famida e molesta destes d\u00edas de ver\u00e1n unicamente de calendario. O peche entre densas nubes da \u00e1rea que pensamos visitar inicialmente imp\u00eddenos achegarnos entre ela, as\u00ed que optamos por repasar un castelo que estaba inaccesible a \u00faltima vez que foramos. \u00c9 o castelo de San Mamede, en Lousame. Xunto co seu <em>xemelgo<\/em>, o castelo de Fruime, controlan os dous montes do Confurco que, como vedes no mapa, son as zonas de paso entre o norte e o sur da pen\u00ednsula do Barbanza. A existencia destes dous castelos coordinados ao redor dunha antiga v\u00eda de paso induce a crer que, m\u00e1is al\u00e1 que estruturas de defensa puntuais, moitos destes castelos estiveron para quedarse, que non s\u00f3 son unha resposta a un perigoso fen\u00f3meno de agresi\u00f3n puntual pirata. E unha demostraci\u00f3n de que hai que papar toxo e pasar vertixe por estes lugares hoxe inh\u00f3spitos: ao subirmos, decat\u00e1monos da diferencia entre este lugar e o castelo de Fruime, do cal vemos a atalaia medieval a penas entre a br\u00e9tema. Mentres Fruime observa maxestuosa ao sur, \u00e1 r\u00eda de Arousa, co primeiro plano no castro de Neix\u00f3n, San Mamede non ve o mar. O seu \u00e9 o control do norte, do val de T\u00e1llara, onde transitaba tam\u00e9n un cami\u00f1o tradicional entre Boiro e Noia. <\/p>\n<p>-Estas cabronas estanse complementando -dicimos, empoleirados con esforzo no basti\u00f3n oeste do castelo de San Mamede. <\/p>\n<p>Este pequeno castelo, pola contra, induce a numerosas especulaci\u00f3ns: elementos dos que nos faltan datos. Parece unha fortaleza do IX ou X, efectivamente. Est\u00e1 situada entre dous grandes rochedos, e os seus defensores fortificaron unha \u00e1rea cha intermedia con murallas de pedra. Este chan e os muros est\u00e1n hoxe baixo espesas capas de broza e maleza, pero nas enormes pened\u00edas que conforman os basti\u00f3ns orientais e occidentais, os construtores da fortaleza deixaron numerosas marcas na rocha. Desde escal\u00f3ns para axudar a trepar, ata interesantes gravuras li\u00f1ais que eu sospeito dese\u00f1adas para mellorar o agarre do calzado sobre este esvaradizo granito, no que case nos matamos. Pero hai m\u00e1is. Sobre o basti\u00f3n occidental, sobre enormes penedos, estes homes instalaron alg\u00fan tipo de casoupa. Hoxe o alto est\u00e1 ciscado de tella e anacos de cer\u00e1mica. Pero non hai onde&#8230;agarrala. O mesmo acontece no basti\u00f3n oriental. <\/p>\n<p>Por unha gran derrubo de pedra e terras previa a ascender a el -que sospeito que \u00e9 parte do sistema defensivo, un xeito de protexer o donjon final- entramos nun complexo de batolitos inzado de pedras traballadas. Aqu\u00ed a cousa compl\u00edcase. F\u00e1isenos dif\u00edcil comprender como funcionaban estas partes dos castelos, como estaban edificadas. Todas estas marcas permiten asentar trabes de madeira, pero deb\u00edan ter unha certa presi\u00f3n para resultar estables, xa que non son nada profundas. Aqu\u00ed, no basti\u00f3n Leste, a\u00ednda que a pialla, a chuvisca p\u00e1panos os \u00f3sos, tentamos seguir a l\u00f3xica da edificaci\u00f3n de madeira. Un suco artificial percorre as rochas, mesmo saltando entre a gran fenda que leva ata unha cova inferior, onde hai cunchas de ostras (!!). Ese suco tam\u00e9n est\u00e1 no fondo da fenda. En si mesmo, parece constru\u00edr un conxunto de construci\u00f3ns non s\u00f3 defensivas sen\u00f3n tam\u00e9n habitacionais, como delatan eses restos de comida na parte de abaixo. A ausencia absoluta de cachote nesta \u00e1rea faime presumir de que estamos vendo un estra\u00f1o conxunto orixinalmente edificado en madeira, pero f\u00e1ltannos as referencias para comprender toda a disposici\u00f3n de elementos. Sobre todo porque a escasa profundidade destes asentos labrados na rocha fainos presupo\u00f1er que eran s\u00f3 puntos de apoio, que para estar fixos e seguros deb\u00edan estar moi consolidados coa presi\u00f3n desde outro lado, un lado que non dou atopado: temos que ir cun construtor ou un arquitecto, a ver que nos pode dicir. Co\u00f1ecemos moitas hip\u00f3teses sobre a factura dos castelos en madeira en Europa, pero adoitan ser reconstruci\u00f3ns de castelos en ausencia de pedra, en territorios de chaira. En Galicia, con tanto penedo, a mesma orograf\u00eda \u00e9 a parte b\u00e1sica da defensa: en termos arquitect\u00f3nicos, a cousa \u00e9 moi distinta. Desculpade a ausencia de fotos, pero a m\u00ednima e aplanadora luz fac\u00eda case imposible fotografar os resaltes. <\/p>\n<p>Hoxe vemos estas fortalezas como un conxunto de penedos agrestes en terra de ningu\u00e9n. Na \u00e9poca na que foron habitadas ao mellor haber\u00eda que imaxinar unha sorte de monstros de pedra coroados por estruturas medio a\u00e9reas de madeira, que reconvert\u00edan este espazo natural nunha estra\u00f1a figura no alto dos horizontes do pa\u00eds. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Cami\u00f1amos entre a pialla h\u00famida e molesta destes d\u00edas de ver\u00e1n unicamente de calendario. O&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2011\/07\/17\/republicas-de-homes-libres-as-arquitecturas-imaxinarias\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Rep\u00fablicas de Homes Libres: as arquitecturas imaxinarias<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":16685,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[18,35],"tags":[],"class_list":["post-16668","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-notas-arqueoloxicas","category-republicas-de-homes-libres","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/16668","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=16668"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/16668\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/16685"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=16668"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=16668"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=16668"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}