{"id":16585,"date":"2011-07-11T00:59:03","date_gmt":"2011-07-10T22:59:03","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=16585"},"modified":"2011-07-15T17:04:26","modified_gmt":"2011-07-15T15:04:26","slug":"a-pedra-do-destino-e-o-rio-dos-relatos","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2011\/07\/11\/a-pedra-do-destino-e-o-rio-dos-relatos\/","title":{"rendered":"A Pedra do Destino e o r\u00edo dos relatos"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/cadeira_coroacion.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Hai uns d\u00edas, peneirando a rede, topeime cunha destas xoias que te fan ficar pampo. Tr\u00e1tase dun texto moi espec\u00edfico, un cronic\u00f3n hist\u00f3rico dos que eran tan habituais na Galicia dos s\u00e9culos XVI ao XVIII. Desta volta, este texto, do ano 1722, fora escrito en Compostela por un franciscano, Xacobe de Castro. Ch\u00e1mase (resumo)<em> \u00c1rbol Cronol\u00f3gico de la Santa Provincia de Santiago<\/em>, e \u00e9 unha historia das vicisitudes da orde franciscana nas terras galegas desde, m\u00e1is ou menos, a visita de San Francisco a Compostela. Estamos, xa que logo, falando dun texto moi anterior ao Rexurdimento do XIX, onde Murgu\u00eda e outros intelectuais comezaron a constru\u00edr unha identidade celta e atl\u00e1ntica para o pasado galego. A Murgu\u00eda e a outros, lembraredes, sempre se lles criticou que botaran man de textos irlandeses coma o Libro das Invasi\u00f3ns para &#8216;constru\u00edr&#8217; a s\u00faa visi\u00f3n do pasado, o mito de Breog\u00e1n e a conquista de Irlanda. Esta xente, segundo esta visi\u00f3n, &#8216;fabricar\u00eda&#8217; o pasado celta de Galicia tomando textos for\u00e1neos, xa que en Galicia non hai tradici\u00f3n. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/xacobe_castro_1.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Pero vai aqu\u00ed que leo con sorpresa o primeiro cap\u00edtulo do Libro Segundo desta <em>\u00c1rbore Cronol\u00f3xica<\/em> que escribiu Xacobe de Castro. Tit\u00falase <em><a href=\"http:\/\/books.google.com\/books?id=YvpXbLxMrIcC&#038;dq=de%20cuando%20la%20provincia%20de%20santiago%20fund%C3%B3%20la%20de%20irlanda&#038;hl=es&#038;pg=PA39#v=snippet&#038;q=irlanda&#038;f=false\">Provincia de Irlanda, hija de la de Santiago<\/a><\/em>, e alude a como os franciscanos galegos foron os primeiros introdutores da orde mendicante en Irlanda. Pero a sorpresa chega cando para explicar as relaci\u00f3ns entre Galicia, Irlanda e Escocia, Xacobe de Castro bota man dun antigo mundo m\u00edtico, un mundo m\u00edtico moi similar ao que se atopa nesoutros pa\u00edses. O franciscano rem\u00f3ntase aos tempos do rei Gatelo, chegado de Exipto a Galicia, \u00e1 cidade da Coru\u00f1a, onde &#8220;sentou este pr\u00edncipe o trono do seu reino&#8221;. E a sorpresa v\u00e9n aqu\u00ed. Na Coru\u00f1a, Gatelo non parou quieto. A parte de ter coa Ra\u00ed\u00f1a Escota a Hybero e a Hemeco, decidiu crear algo m\u00e1xico que o fixera forte no poder: <\/p>\n<p>&#8220;Para facerse m\u00e1is temido e m\u00e1is respectuoso o seu Solio, f\u00edxose cunha pedra de estra\u00f1a corpulencia. Dic\u00eda que aquela pedra estaba fadada polos Deuses, que dela depend\u00eda a conservaci\u00f3n da s\u00faa Coroa, e de cantas desexasen semellante fortuna. Con este motivo, deulla ao seu fillo Hybero, cando pasou este cos de Galicia a poblar aquelas illas, a quen puxo o seu nome: Hyberia ou Hybernia, e Escocia, en obsequido de Escocia e a s\u00faa nai. Desde Galicia, e porto de Santiago, sa\u00edron os primeiros Colonos daquel Reino&#8230;&#8221;. <\/p>\n<p>A lenda, fascinante, estaba falando de que en Galicia fora creada a Pedra do Destino. Se no me cres, <a href=\"http:\/\/books.google.com\/books?id=YvpXbLxMrIcC&#038;dq=de%20cuando%20la%20provincia%20de%20santiago%20fund%C3%B3%20la%20de%20irlanda&#038;hl=es&#038;pg=PA39#v=snippet&#038;q=irlanda&#038;f=false\">aqu\u00ed podes ler o texto<\/a>. <\/p>\n<p>A Pedra do Destino \u00e9 o obxecto m\u00e1is m\u00edtico das monarqu\u00edas das Illas Brit\u00e1nicas. Os reis escoceses cor\u00f3anse sobre esa pedra desde o s\u00e9culo IX. A Pedra, levada posteriormente polos monarcas ingleses \u00e1 Abad\u00eda de Westminster cando se fixeron co trono escoc\u00e9s, viviu 800 anos baixo o trono da Coroaci\u00f3n, que ilustra o inicio deste post. Hoxe, a pedra, de enorme valor simb\u00f3lico para os escoceses, est\u00e1 emprestada no Castelo de Edimburgo, custodiada polo Ex\u00e9rcito brit\u00e1nico, e al\u00ed foi onde a vin eu abraiado, canda as xoias da coroa escocesa. Volver\u00e1 a Londres para a coroaci\u00f3n do seguinte rei brit\u00e1nico. Ese valor simb\u00f3lico tremendo da Pedra do Destino f\u00edxoa destino de acci\u00f3ns de reivindicaci\u00f3n. No ano 1950 un grupo de estudantes nacionalistas de Glasgow conseguiron roubar de Westminster a Pedra do Destino e lev\u00e1rona de volta a Escocia. A s\u00faa historia c\u00f3ntase nunha entretida pel\u00edcula recente, <em>Stone of Destiny<\/em>, que s\u00f3 se proxectou en salas de Escocia pero que non \u00e9 dif\u00edcil conseguir. Eis o trailer: <\/p>\n<p> <iframe loading=\"lazy\" width=\"620\" height=\"383\" src=\"http:\/\/www.youtube.com\/embed\/bZ9LuN5yriI?rel=0\" frameborder=\"0\" allowfullscreen><\/iframe><\/p>\n<p>Hai un detalle moi curioso e significativo da historia da Pedra do Destino que nos conta Xacobe de Castro. Os irm\u00e1ns levaron desde Galicia a Irlanda e Escocia unha \u00fanica pedra marcada polos Deuses. As lendas contan que a pedra foi tra\u00edda a Escocia polos D\u00e1l Riata Gaels, un misterioso pobo irland\u00e9s que mantivo terras no Leste de Irlanda e na zona occidental de Escocia. Todo un s\u00edmbolo de unidade al\u00e9n dos mares. <\/p>\n<p>Ao lermos a historia que conta Xacobe de Castro en 1722 un descubre o R\u00edo dos Relatos. Ese universo, \u00e1s veces subterr\u00e1neo, \u00e1s veces superficial, no que as historias e as lendas van bebendo das outras. A cerna do celtismo de Murgu\u00eda e os outros intelectuais da \u00e9poca non ti\u00f1an que ir procurala al\u00e9n dos mares, en naci\u00f3ns que viv\u00edan procesos m\u00e1is acusados de recuperaci\u00f3n nacional. O fascinante \u00e9 que o R\u00edo dos Relatos meandraba ao longo deste pa\u00eds, en innumerables ocasi\u00f3ns, en lugares e en textos. Murgu\u00eda sab\u00edao ben, e bebeu nel en moitas ocasi\u00f3ns. Poderemos darlle mil voltas ao asunto. Poderemos dicir que a Xacobe de Castro lle trouxeron un libro de non sei onde e non sei que, pero est\u00e1n errados. Xacobe de Castro bebe nunha antiga tradici\u00f3n m\u00edtica que por veces afloraba cristalina, unha tradici\u00f3n culta conservada durante s\u00e9culos. Poderemos discutir, obviamente, canto hai de verdade nestes antigos relatos, pero non a s\u00faa xenea galega ou atl\u00e1ntica, por moi inc\u00f3moda que lles resulte a alg\u00fans. <\/p>\n<p>Se alg\u00fan d\u00eda van \u00e1 fermosa cidade de Edimburgo (onde lles recomendo moito non s\u00f3 percorrela de d\u00eda, sen\u00f3n tam\u00e9n de noite), visiten o Castelo. E cando estean diante da Pedra do Destino, e se mergullen na s\u00faa incrible mitolox\u00eda, recorden que, a\u00ednda que non o leredes nos libros de Historia galega, nin volo contar\u00e1n os nosos fabuladores contempor\u00e1neos, os relatos tan antigos coma o mundo contan que os deuses labr\u00e1rona en Galicia. E durante moitos s\u00e9culos as\u00ed se soubo e se contou. <\/p>\n<p>Ata que nos entrou a tonter\u00eda, claro. <\/p>\n<h3>Anexos<\/h3>\n<p>Coma sempre, para que vexades que non me tiro da moto, aqu\u00ed van os textos dos que falo. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/xacobe_castro_2.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/xacobe_castro_3.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Hai uns d\u00edas, peneirando a rede, topeime cunha destas xoias que te fan ficar pampo.&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2011\/07\/11\/a-pedra-do-destino-e-o-rio-dos-relatos\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">A Pedra do Destino e o r\u00edo dos relatos<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":18944,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[32,2],"tags":[],"class_list":["post-16585","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-destacado","category-diario","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/16585","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=16585"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/16585\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/18944"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=16585"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=16585"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=16585"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}