{"id":16558,"date":"2011-07-08T00:15:40","date_gmt":"2011-07-07T22:15:40","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=16558"},"modified":"2011-07-08T00:24:25","modified_gmt":"2011-07-07T22:24:25","slug":"a-memoria","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2011\/07\/08\/a-memoria\/","title":{"rendered":"A memoria do mundo"},"content":{"rendered":"<p>Unha vez, no Louvre, fiquei quieto diante do Escriba Sentado. Estaba nunha das partes menos percorridas do museo parisino, a onde a xente non chega por cansazo. Al\u00ed, entre as marabillas sumerias, exipcias e asirias, fiquei parado. Supo\u00f1o que era m\u00e1is o cansanzo que a concentraci\u00f3n. Fiquei mirando ao Escriba Sentado, case crendo que dialogaba con el. De s\u00fapeto escoitei uns bocinazos de furgoneta e a un tipo berrando abaixo. O cristal simb\u00f3lico que nos aillaba ao Escriba e m\u00e1is a min crebouse. <\/p>\n<p>De s\u00fapeto dinme de conta de que todos aqueles tesouros distaban a penas uns metros do caos circulatorio de Par\u00eds na hora punta de sa\u00edda das oficinas. Hab\u00eda algo contradictorio e turbulento nesta cuesti\u00f3n: desta banda do groso (pero non tanto) muro do Louvre, estaba depositada unha significativa parte da nosa memoria como especie, de pezas brillantes desde moitos puntos de vista, de aut\u00e9nticas marabillas f\u00edsicas e culturais acadadas pola nosa especie. Da outra banda, al\u00f3 embaixo (pero non moi lonxe) ficaba a outra caracter\u00edstica do noso ser: o someternos a unha rutina diaria e entrar nunha cadea de produci\u00f3n. A memoria do mundo antollouseme tremendamente fr\u00e1xil e vulnerable. Hammurabi ao car\u00f3n do tubo de escape dunha furgoneta diesel chea de pescada. <\/p>\n<p>Vin o Codex Calixtinus en persoa d\u00faas veces. As d\u00faas foi a distancia, coa distancia interposta que colocaba Jos\u00e9 Mar\u00eda D\u00edaz entre as persoas e o Libro. Hoxe tivemos un d\u00eda cel\u00e9rico cubrindo esta informaci\u00f3n, pero tam\u00e9n descartando moitos datos, tentando outorgarlle un sentido a todo isto, que non o ten. Non lles quero falar exactamente do roubo, sen\u00f3n doutra cousa. <\/p>\n<p>Traballando nun pequeno infogr\u00e1fico para explicar <a href=\"http:\/\/www.culturagalega.org\/noticia.php?id=19236\">o contido do libro que podes consultar aqu\u00ed<\/a>, abr\u00edn algunha das traduci\u00f3ns que ti\u00f1amos no traballo, e o primeiro, o primeiro de todo que lin impactoume. P\u00f3nseche a pel de gali\u00f1a. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/codex.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Est\u00e1 na carta inicial -falsamente atribu\u00edda ao papa Calixto II- coa que o autor do libro quere xustificar a pertinencia da s\u00faa escrita e o seu valor. O libro que sobrevive a todos os males porque est\u00e1 chamado pola divinidade a permanecer, porque o seu contido \u00e9 <em>revelado<\/em> e non debe desaparecer: en si mesmo est\u00e1 contida a salvaci\u00f3n na mentalidade medieval. Coma o libro de Kells, que escapou das gadoupas vikingas, o <em>Liber Sancti Iacobi<\/em> daba corpo a un mito que haber\u00eda durar un milenio. As\u00ed decid\u00edn abrir o gr\u00e1fico. <\/p>\n<p>Hai algo moi humano en constru\u00edr algo para o futuro, pero tam\u00e9n, radicalmente humano, en facelo desaparecer. Entre os que aspiran a ficar e os que aspiran a borrar non hai unha distancia excesiva. \u00c1s veces est\u00e1n porta con porta. O de\u00e1n da catedral dixo hoxe na rolda de prensa: &#8220;coida<em>mos<\/em> deste libro durante 800 anos&#8221;. E un non sabe se era xustificaci\u00f3n, cansazo ou laio. A\u00ednda que el non fora consciente de tal cousa, antollouseme que esa frase cansa era un di\u00e1logo con ese inicio do libro antes mencionado, co libro que sobreviviu todos os males do mundo porque algu\u00e9n o quixo as\u00ed. Ata hoxe. Que fr\u00e1xil \u00e9 a nosa memoria. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Unha vez, no Louvre, fiquei quieto diante do Escriba Sentado. Estaba nunha das partes menos&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2011\/07\/08\/a-memoria\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">A memoria do mundo<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":16561,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2],"tags":[],"class_list":["post-16558","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-diario","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/16558","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=16558"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/16558\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/16561"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=16558"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=16558"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=16558"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}