{"id":16529,"date":"2011-07-05T20:51:46","date_gmt":"2011-07-05T18:51:46","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=16529"},"modified":"2012-11-27T12:19:27","modified_gmt":"2012-11-27T10:19:27","slug":"republicas-de-homes-libres-o-problema-das-dimensions","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2011\/07\/05\/republicas-de-homes-libres-o-problema-das-dimensions\/","title":{"rendered":"Rep\u00fablicas de Homes Libres: o problema das dimensi\u00f3ns"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/meroliac_1.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Un dos grandes problemas da investigaci\u00f3n das Rep\u00fablicas de Homes Libres est\u00e1 en comprender as dimensi\u00f3ns das fortalezas. Non me refiro a que se aprecia ou non se aprecia en superficie, sen\u00f3n a entender como funcionaba iso das dimensi\u00f3ns en relaci\u00f3n aos recursos humanos que deb\u00edan defendelas. Por exemplo, sabemos bastante claramente ata onde pod\u00eda chegar un poderoso noble do s\u00e9culo X, ou o mesmo rei, na construci\u00f3n dun castelo nesta \u00e9poca. Os seus tama\u00f1os eran considerablemente reducidos en comparaci\u00f3n con moitas das fortalezas que se erguer\u00edan no XIV ou mesmo no XV. Estes castelos do final da Alta Idade Media eran pequenas fortalezas defendibles por unha guarnici\u00f3n de 10 ou 15 homes, con independencia de momentos coxunturais. Ind\u00edcanos que \u00e9 o que pode soportar a nobleza e de que recursos econ\u00f3micos disp\u00f3n.  <\/p>\n<p>Por iso, na outra estrema do periodo, resultan tan estra\u00f1os xacementos como Castro Valente ou o Monte Aloia, dos que tanto temos falado aqu\u00ed. Acr\u00f3poles enormes que van m\u00e1is al\u00e1 do control dun territorio ou da hospedaxe dun ex\u00e9rcito, diametralmente opostas, desde o punto de vista arqueol\u00f3xico, ao que pasar\u00eda ao final deste periodo. A hip\u00f3tese que n\u00f3s propo\u00f1emos: son lugares de refuxio e refundaci\u00f3n, non \u00e9 tan descabellada, mesmo desde a perspectiva das fontes cl\u00e1sicas. Imos ver por que. <\/p>\n<p>A plataforma p\u00e9trea que tedes na foto \u00e9 Chastel Marlhac, na Auvernia francesa. Deste lugar fala Gregorio de Tours na s\u00faa <em>Historia Francorum<\/em>; \u00e9 un dos historiadores procedentes da vella aristocracia galorromana, que ao mesmo xeito dos galegos, narrou a penetraci\u00f3n e instalaci\u00f3n dos b\u00e1rbaros na s\u00faa terra. Edward Gibbon, no seu cl\u00e1sico <em>Ascenso e Ca\u00edda do Imperio Romano<\/em>, c\u00f3ntanos como os b\u00e1rbaros de Austrasia penetraron a principios do s\u00e9culo VI en Auvernia da man do rei Teodorico, e s\u00f3 sobreviviron ao implacable ataque dous lugares: unha fonte sagrada e o <em>Meroliacense Castrum<\/em>, o Chastel Meroliac que identificaron os monxes bieitos que editaron a Gregorio de Tours xa entrada a Idade Media. O Meroliacense Castrum era unha fortaleza inexpugnable e de dimensi\u00f3ns enormes, nunha planicie bas\u00e1ltica elevada, coma o Mundo Perdido, sobre a s\u00faa campi\u00f1a. As s\u00faas dimensi\u00f3ns eran de 1000 metros de longo por 800 de ancho, e conti\u00f1a no seu interior, e centro, un lago e terras que se cultivaban: non s\u00f3 era unha fortaleza, era un espazo libre. Aqu\u00ed tedes unha foto a\u00e9rea do m\u00edtico lugar. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/meroliac_2.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>O Castelo Meroliac caeu noutra campa\u00f1a dos b\u00e1rbaros no ano 532, pero convert\u00e9rase xa nun lugar de lenda que, hoxe s\u00e1bese, foi habitado previamente por continxentes galos que dese\u00f1aran parte das lendas do lugar. Sabemos tam\u00e9n que Meroliac e a veci\u00f1a fortaleza de Lovolautrum, en Vollore, eran defendidas por <em>laeti<\/em>, unha guarnici\u00f3n sueva que provi\u00f1a directamente da organizaci\u00f3n p\u00fablica da defensa romana. O mundo de Meroliac e Lovolautrum era un mundo que proced\u00eda da romanidade. <\/p>\n<p>Cando Europa entre de cheo na Alta Idade Media, a idea da fortaleza-refuxio, da fortaleza-cidade, que cont\u00e9n nela mesma os recursos de subsistencia, desaparecer\u00e1. Os castelos -e o mundo en xeral- farase m\u00e1is pequeno. Por iso, se nos atopamos cun recinto fortificado de grandes dimensi\u00f3ns, practicamente descartamos a s\u00faa ubicaci\u00f3n en periodos tard\u00edos da Alta Idade Media. <\/p>\n<p>O que estamos vendo en Galicia, no Aloia ou en Castro Valente \u00e9 o mesmo que estamos vendo na Auvernia na resistencia de Meroliac. Estas prazas fortes son quen de resistir duramente aos invasores, igual que os nosos <em>castella tutiora<\/em>, cando menos durante un tempo. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Un dos grandes problemas da investigaci\u00f3n das Rep\u00fablicas de Homes Libres est\u00e1 en comprender as&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2011\/07\/05\/republicas-de-homes-libres-o-problema-das-dimensions\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Rep\u00fablicas de Homes Libres: o problema das dimensi\u00f3ns<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":16531,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[18,35],"tags":[],"class_list":["post-16529","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-notas-arqueoloxicas","category-republicas-de-homes-libres","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/16529","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=16529"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/16529\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/16531"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=16529"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=16529"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=16529"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}