{"id":16497,"date":"2011-07-02T12:12:19","date_gmt":"2011-07-02T10:12:19","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=16497"},"modified":"2011-07-05T23:07:10","modified_gmt":"2011-07-05T21:07:10","slug":"xlviii-feira-do-vino-do-ribeiro-o-pregon","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2011\/07\/02\/xlviii-feira-do-vino-do-ribeiro-o-pregon\/","title":{"rendered":"XLVIII Feira do Vi\u00f1o do Ribeiro: o preg\u00f3n"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/pregon_1.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>A Real Banda de Gaitas da Deputaci\u00f3n de Ourense interpreta a Antiga Marcha do Reino de Galicia. Fotos: Sole<\/em><\/p>\n<p>Onte tivemos un fermoso ser\u00e1n na inauguraci\u00f3n da XLVIII Feira do Vi\u00f1o do Ribeiro, en Ribadavia. Os actos foron os seguintes: a xornada inaugurouse fronte \u00e1s ru\u00ednas do castelo condal, como un antigo ritual. A banda de m\u00fasica local interpretou o Himno Galego, e posteriormente a Real Banda de Gaitas da Deputaci\u00f3n de Ourense entrou no castelo de Ribadavia e, subidos \u00e1s ru\u00ednas, interpretaron a Antiga Marcha do Reino de Galicia. Aseg\u00farolles que \u00e9 un espect\u00e1culo impresionante. Posteriormente, xa na Feira do Vi\u00f1o, chegaron os discursos e eu lin o preg\u00f3n. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/pregon_2.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Quero agradecer ao Concello de Ribadavia a s\u00faa amabilidade por convidarme e facerme sentir como en casa, nunha terra que considero tam\u00e9n parte da mi\u00f1a pel, as\u00ed como a todas as adegas e ao propio Consello Regulador do Ribeiro. Coma sempre, a conversa ao car\u00f3n dunha(s) copa(s) de vi\u00f1o \u00e9 algo digno de ser lembrado.  Pagou ben a pena. <\/p>\n<p>Aqu\u00ed vai o preg\u00f3n. Non \u00e9 a \u00faltima versi\u00f3n, que incorporarei un d\u00eda destes, pero pouca diferencia hai. <\/p>\n<p>XLVIII FEIRA DO VI\u00d1O DO RIBEIRO<\/p>\n<h3>PREG\u00d3N<\/h3>\n<p>Mi\u00f1as donas, meus se\u00f1ores:<\/p>\n<p>Quero agradecerlles a todos vostedes o convite que me fixeron para escribir neste 2o11 o preg\u00f3n da Feira do Vi\u00f1o do Ribeiro. E tam\u00e9n a todos vostedes que te\u00f1en a ben estarme a escoitar este preg\u00f3n en tan bo d\u00eda. O meu \u00fanico m\u00e9rito para estar aqu\u00ed debe ser, estou convencido, o terme volto un cami\u00f1ante destas terras do Mi\u00f1o, do Avia e do Arenteiro. Perc\u00f3rroas con frecuencia e insistencia, de enriba embaixo, do pasado ao futuro, imaxinando os moitos Ribeiros que foron e ser\u00e1n. Percorro o Ribeiro co amor cego e apaixoado que pode ter un forasteiro por unha terra cando a sinte como s\u00faa. <\/p>\n<p>O Outro, ese gran fil\u00f3sofo, dir\u00eda: \u201c<i>Eses, eses viaxeiros son os peores.  Eses son os que non marchan<\/i>\u201d. <\/p>\n<p>Nesta fermosa tarde do v\u00e9ran, mir\u00e1monos aqu\u00ed, vostedes e m\u00e1is eu, autenticamente convertidos hoxe en pr\u00edncipes, en condes, en fidalgos. E si, digo ben: malia non ser finais de agosto nin celebrarmos a Festa da Istoria, todos vostedes e eu mesmo somos nestes momentos parte da xenea aristocr\u00e1tica que gobernou estas terras durante s\u00e9culos. S\u00f3molo porque compartimos algo con eles. <\/p>\n<p>Compartimos o saber que que m\u00e1is al\u00e1 do alimento o vi\u00f1o \u00e9, sobre todo, parlamento. Encontro. Di\u00e1logo. Un xeito de unir \u00e1s xentes. Celebraci\u00f3n. <\/p>\n<p>Hoxe, n\u00f3s disfrutamos o vi\u00f1o m\u00e1is coma os reis que non fumos que como os labregos que a\u00ednda vimos sendo. <\/p>\n<p>E coma aqueles fidalgos, xulgamos e procuramos as calidades dos vi\u00f1os polas parroquias e as terri\u00f1as de onde ve\u00f1en, ao vello xeito de don \u00c1lvaro Cunqueiro, que pod\u00eda percorrer Galicia enteira de parroquia en parroquia distinguindo os seus vi\u00f1os por abad\u00eda, pazo ou reitoral. Don \u00c1lvaro, gran amante do Ribeiro, dic\u00eda moitas verdades verbo do vi\u00f1o. Para o escritor de Mondo\u00f1edo os vi\u00f1os do Ribeiro obrigaban ao galego a ser falador. \u201cE tal cousa \u00e9 moi importante\u201d, rubricaba Cunqueiro. O Ribeiro \u00e9 un dos responsables da rara elocuencia galega, e non \u00e9 pouco m\u00e9rito. <\/p>\n<p>Agora g\u00fastannos tanto os vi\u00f1os que queremos sabelo todo deles, como das persoas \u00e1s que amamos: o sol que os agarimou, as pestes \u00e1s que sobreviviron, a chuvia que lles caeu, as noites frescas e limpas de maio que pasaron. <i>\u00c9 a terra quen fai o vi\u00f1o<\/i>, dic\u00eda hai pouco un bo amigo. E pareceume a maior verdade c\u00f3smica do mundo. Nicol\u00e1s Joly, o controvertido viticultor biodin\u00e1mico do Loira, completa esa frase: <i>Os vi\u00f1os van do c\u00e9o \u00e1 terra<\/i>. Non est\u00e1 mal. Pero quen mallou a sentencia terr\u00e1quea foi sen d\u00fabida Escarlata O\u2019Hara, en <i>Foise co vento<\/i>: <i>O \u00fanico que sempre queda \u00e9 a terra<\/i>. Escarlata O\u2019Hara era irlandesa. Ou sexa, m\u00e1is ou menos galega. <\/p>\n<p>Poder\u00eda pasarme anos percorrendo este pa\u00eds do Ribeiro para probarlle todos os seus vi\u00f1os entre o c\u00e9o e a terra. Entro tantas veces nel pola muralla xigante e dentada da serra de Pena Corneira, que \u00e9 tan salvaxe fronteira xeol\u00f3xica e clim\u00e1tica que sempre me parece imposible que esta comarca mude, aos poucos quil\u00f3metros, nas vizosas e moles encostas de Beade. E cabo da reitoral cabaleiresca, miro a inmensa paisaxe de vi\u00f1as, e par\u00e9ceme ver debuxadas nas fiadas as li\u00f1as dunha libreta na que est\u00e1n escritos versos. Como se toda a paisaxe estivera chea de caligraf\u00edas con poemas de treixadura, de sous\u00f3n, de ca\u00ed\u00f1o e albarello que se foran recitando co paso das estaci\u00f3ns.<\/p>\n<p>A xeograf\u00eda do Ribeiro \u00e9 a caligraf\u00eda dos versos que lle escribimos \u00e1 terra.  Gustar\u00edame sentar a escoitar os versos de Gomariz, de Leiro, da Arnoia, de Pazos de Arenteiro, de Moldes, os versos l\u00edquidos que escribiron os se\u00f1ores da Casa Grande de Esposende e os labregos de Cu\u00f1as; os que pronunciou o abade de San Clodio e o se\u00f1or de Toubes, que ra\u00f1ou cun punz\u00f3n o seu nome na porta da adega no XVIII. E nese mesmo tempo das Luces gustar\u00edame acompa\u00f1ar aos cregos cat\u00f3licos que levaban aos protestantes ingleses a apreciaren os vi\u00f1os de adega en adega e, por que non, compartir aventuras con Graham Greene nas s\u00faas escapadas da axitada paz do mosteiro de Oseira. Ou, nun ritual procedente do m\u00e1is antigo mundo noso, subir ao Faro de Avi\u00f3n e participar no ancestral baile do Touzo e a Touza, conxurando o clima con penedos rodantes para traermos o tempo seco \u00e1s costeiras do Ribeiro, como se fac\u00eda ata principios do s\u00e9culo XX. <i>O vi\u00f1o, do ceo \u00e1 terra<\/i>. <\/p>\n<p>Os que temos no corpo a semente da Viaxe percorremos os grandes vi\u00f1edos de Europa, pero volvemos sempre aqu\u00ed, ao Ribeiro, como se de alg\u00fan xeito, estas terras foran a orixe do que procuramos f\u00f3ra. Na gran xoia por descubrir do Ribeiro, nas adegas medievais e renacentistas moitas veces abandonadas \u00e1 s\u00faa sorte, latexa o coraz\u00f3n dos grandes terroirs de Europa, a\u00ednda que non o te\u00f1amos realmente asumido. Te\u00f1o descuberto no Ribeiro a nobreza dos terroirs da Volnay borgo\u00f1ona, a paz mon\u00e1stica das vi\u00f1as da Badia A Cuoltibuono en Chianti, a firmeza da Roche dell\u2019Annunziata do Barolo ou a mineralidade das vi\u00f1as que est\u00e1n por detr\u00e1s das murallas do castelo de Chinon, tan cheas de ecos. E todas xunguidas por un mesmo sentido de nobleza, de profundidade secular e sabidur\u00eda agraria. Todas son terras \u00fanicas e irrepetibles, dadoras de vi\u00f1os excelsos, de vi\u00f1o para reis. E as\u00ed \u00e9 o Ribeiro. Un par m\u00e1is da vella Europa.<\/p>\n<p>E voulles contar unha \u00faltima cousa: o mellor do vi\u00f1o do Ribeiro hoxe \u00e9 que \u00e9 vello e novo a un tempo.<\/p>\n<p>A mi\u00f1a xeraci\u00f3n naceu cun estra\u00f1o privilexio ao redor do Ribeiro: a de agasallar sorpresas e descubertas aos amigos e novos e vellos grazas \u00e1s s\u00faas botellas. Tralos escuros tempos pasados, tras un Ribeiro confinado \u00e1s tabernas f\u00edsicas e mentais dos extrarradios do mundo, para a xente da mi\u00f1a idade \u00e9 un pracer compartirmos os grandes vi\u00f1os do Ribeiro, esgazar con pracer os malos t\u00f3picos que os amigos te\u00f1en sobre eles en Galicia e f\u00f3ra dela. Abrir o tel\u00f3n da elegancia, da finura, da complexidade, das notas intensas do territorio. Fac\u00e9molo e observarmos as caras de sorpresa cando se cata un destes grandes vi\u00f1os, tesouros acochados onde moitos non agardaban que estiveran.  Os grandes Ribeiros de hoxe son, para moita xente, como un fillo que aparece na t\u00faa vida cando non o agardas, ench\u00e9ndoa de s\u00fapeto. <\/p>\n<p>Aqueles tempos escuros ficaron xalundes, e o futuro \u00e9nchese da luz dourada que gardan estas treixaduras amantes de Arnoia. O Ribeiro, m\u00e1is que nunca, hai que levalo na maleta coma unha carta de presentaci\u00f3n do mellor de Galicia. As\u00ed f\u00e1goo eu, empregando sempre unha botella de Ribeiro, coma un ritual, para abrir proxectos e pechar acordos noutras terras, en Finlandia, nos Estados Unidos, en Inglaterra ou na mesma Francia; os m\u00e1is amantes do vi\u00f1o son conscientes do que beben cando descubren unha copa do Ribeiro: algo novo sostido nunha sabidur\u00eda secular que hai detr\u00e1s. <i>Vello e novo a un tempo<\/i>. Os novos Ribeiros son un s\u00edmbolo do que Galicia foi e \u00e9. Pero sobre todo son unha profec\u00eda do que Galicia pode ser. <\/p>\n<p>As\u00ed que o Ribeiro \u00e9 compartir, descubrir, sorprender. No tempo das redes sociais de Internet, de Facebook, de Twitter, de Trip Advisor e de Trivago, p\u00eddolles que compartan Ribeiro. Pinchen no bot\u00f3n de \u201cG\u00fastame\u201d deste vi\u00f1o, comenten a poes\u00eda vin\u00edcola que nace nestas costeiras. Twitt\u00e9eno. Env\u00edeno polo seu m\u00f3bil, comp\u00e1rtano con orgullo nas ceas con familiares, amigos e amantes. Como dir\u00eda o vello mestre Cunqueiro, a quen dedico este preg\u00f3n no seu centenario, cando te tropezas cun vi\u00f1o do Ribeiro, \u00e9 como se un bo amigo te dese unhas palmadas no ombreiro. Os amigos non marchan nunca de todo e as terras, como pensar\u00eda Escarlata O\u2019Hara, tampouco. Terras coma o Ribeiro est\u00e1n para volvermos sempre a elas. <\/p>\n<p><strong>Viva o vi\u00f1o do Ribeiro!<\/strong><\/p>\n<p>Moitas grazas. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Aqu\u00ed vai o preg\u00f3n que pronunciei o venres na inauguraci\u00f3n da XLVIII Feira do Vi\u00f1o do Ribeira. <\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2011\/07\/02\/xlviii-feira-do-vino-do-ribeiro-o-pregon\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">XLVIII Feira do Vi\u00f1o do Ribeiro: o preg\u00f3n<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":16498,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[22,32],"tags":[],"class_list":["post-16497","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-vino","category-destacado","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/16497","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=16497"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/16497\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/16498"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=16497"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=16497"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=16497"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}