{"id":16457,"date":"2011-06-29T00:19:24","date_gmt":"2011-06-28T22:19:24","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=16457"},"modified":"2011-07-02T12:12:54","modified_gmt":"2011-07-02T10:12:54","slug":"galicia-on-the-road-explorar-a-ribeira-sacra","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2011\/06\/29\/galicia-on-the-road-explorar-a-ribeira-sacra\/","title":{"rendered":"Galicia on the Road: explorar a Ribeira Sacra"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/fechoria_7.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Nos vi\u00f1edos de variedades brancas de Algueira. Fotos: Sole<\/em><\/p>\n<p>Estamos a m\u00e1is de 40\u00ba neste espectacular vi\u00f1edo de Algueira. Arrastr\u00e1monos como podemos entre os socalcos mentres Fernando vai contando o que estamos vendo. O desnivel, directamente, d\u00e1 vertixe. \u00c9 como unha rocha maldita que te leva cara o r\u00edo. Paga a pena que po\u00f1as este panorama en pantalla completa e alucines coa ca\u00edda descomunal do vi\u00f1edo. <\/p>\n<p><iframe loading=\"lazy\" frameborder=\"0\" src=\"http:\/\/www.photosynth.net\/embed.aspx?cid=d491c15a-d6da-4d13-bafc-ba27a49d256d&#038;delayLoad=true&#038;slideShowPlaying=false\" width=\"620\" height=\"420\"><\/iframe><\/p>\n<p>-Este vi\u00f1edo \u00e9 da d\u00e9cada dos 20. Sab\u00edan o que fac\u00edan. Mirade os detalles de construci\u00f3n. Al\u00f3 enfronte -sinala a ladeira que vemos diante, pola que sube a fraga- vai a v\u00eda romana entre Braga e Astorga. A\u00ednda a podedes ver a\u00ed. E aqu\u00ed, desta beira, al\u00f3 enriba, onde est\u00e1 aquela adega en ru\u00ednas do XVII, pasa outro ramal, a Via Luci, o cami\u00f1o romano a Lugo. <\/p>\n<p>Con esta calor abafante o \u00fanico que un querer\u00eda ser\u00eda tirarse no fondo dunha adega e pegarse a un bid\u00f3n de aluminio a ver se o fresco entra por \u00f3smose, pero nin queremos nin o facemos. A curiosidade p\u00e9rdenos.  Durante esta fin de semana, os participantes no Galicia on the Road Ribeira Sacra, a viaxe de fin de semana para amantes do vi\u00f1o que organizou Mar\u00eda Fechor\u00eda, tomaremos contacto con tres historias de vida apaixonada, de tres adegueiros para os que a s\u00faa vida est\u00e1 aqu\u00ed, nos desafiantes socalcos da Ribeira Sacra. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/fechoria_6.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>-Mirade este merenzao como \u00e9 -dinos Fernando- \u00e9 como un neno t\u00edmido. As follas, enormes, agachan o racimo para protexelo como se fora fr\u00e1xil. O albari\u00f1o exh\u00edbeas. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/fechoria_1.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>O Mi\u00f1o co Castellum Minei ao fondo. Fotos: Sole<\/em><\/p>\n<p>Cada quen ao seu xeito, exploramos tres grandes vi\u00f1edos da Ribeira Sacra. O primeiro est\u00e1 moi preto do Castellum Minei <a href=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/index.php\/2011\/06\/03\/no-reino-das-xacias-caminando-entre-o-castellum-minei-e-a-fervenza-de-auga-caida\/\">do que falamos o outro d\u00eda<\/a>, enfronte da aldea de M\u00edllara. <\/p>\n<p>Fernando de Santiago, un singular deportista e distribuidor de vi\u00f1os, vennos rescatar das corredoiras nas que nos ensarillamos en moto e gu\u00edanos ata o vi\u00f1edo. Unha obra cicl\u00f3pea debruzada nun dos tramos m\u00e1is fermosos do r\u00edo Mi\u00f1o. Al\u00ed Fernando est\u00e1 comezando a producir vi\u00f1edos entre as sobreiras que respectou, abrindo de novo os socalcos que est\u00e1n agachados baixo o bosque. Fernando est\u00e1 a producir unha menc\u00eda singular, de paso por crianza en barrica. A adega est\u00e1 al\u00f3 enriba, pendurada da ladeira, na alde\u00ed\u00f1a que rehabilitaron integramente. Todo, houbo que mercalo -crinlle entender- a 500 propietarios. O verdadeiro reto \u00e9 ese. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/fechoria_2.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Fernando de Santiago<\/em><\/p>\n<p>Este home de mediana idade non precisaba meterse neste proxecto incrible. Te\u00f1en que ver o incomunicado, o fermoso, o inxente do sitio e da obra, para un futuro incerto. \u00c9 pura paix\u00f3n. Catamos -cunha calor excesiva- este <a href=\"http:\/\/fincamillara.com\/\">Finca M\u00edllara<\/a>. A madeira sobresae ao principio pero hai que darlle tempo. Al\u00ed ao final aparece a froita. Te\u00f1o que volver probar este vi\u00f1o. Para comezar est\u00e1 feito con paix\u00f3n. <em>Bonus<\/em>! (chiste interno) A pr\u00f3xima vez volveremos en helic\u00f3ptero (chiste interno). No embarcadoiro de Maiorga, op\u00edparo xantar tradicional, con tortillas, empanadas, croquetas, lac\u00f3n, tarta de queixo, e de acompa\u00f1amento, Finca Cuarta (o vi\u00f1o de autor da Adega Santa Mar\u00eda de Nogueira) e Alcouce. Non est\u00e1 mal para sestear despois nun maino paseo en barco polo mi\u00f1o. Remontamos o r\u00edo ata Belesar, vendo desde a base o fermoso Cabo do Mundo.  <\/p>\n<p>Convidados por Mar\u00eda Fechor\u00eda, participamos nestas viaxes pracenteiras para grupos pequenos. Entre 15 e 17. Un microb\u00fas, vaia. Case todas as participantes no <em>Galicia on the Road<\/em> son mozas, o cal me encanta. P\u00f3\u00f1enlle menos ret\u00f3rica \u00e1 cata do vi\u00f1o, pero son tremendamente observadoras. Que ver\u00e1n todas elas agora aqu\u00ed, neste balc\u00f3n, onde paso minutos e minutos mirando discretamente ao baleiro das ladeiras de Diomondi, al\u00f3 por onde gabea o antigo cami\u00f1o dos Codos de Belesar. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/fechoria_4.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/fechoria_3.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n\u00d3scar <\/p>\n<p>Estamos nunha das vistas m\u00e1is espectaculares que ten unha adega en Galicia, en serio. En <a href=\"http:\/\/www.viaromana.es\/index.asp\">V\u00eda Romana<\/a>, nunha adega con orixes no s\u00e9culo XVI, Juan Luis e \u00d3scar c\u00f3ntannos con paix\u00f3n o seu concepto de vi\u00f1o. Menc\u00eda, a diferencia dos anteriores, sen barrica. Envellecendo en dep\u00f3sito, madurando en botella. Probamos diferentes cousi\u00f1as. E prod\u00facese ese fen\u00f3meno por veces m\u00e1xico que se d\u00e1 nos grupos de catavi\u00f1os: o consenso. <\/p>\n<p>-Pero que lle fixestes \u00e1 colleita 2009? -preg\u00fantolles.<br \/>\n-N\u00f3s nada. Pero a anada \u00e9 espectacular. <\/p>\n<p>O V\u00eda Romana 2009 \u00e9 unha anada, ao meu ver, moi notable. Vi\u00f1o equilibrado, con ese punto un pouco de verdor que te\u00f1en os caldos de Chantada lixeiramente domado e redondeado. Pr\u00e9stenlle atenci\u00f3n. \u00c9 vi\u00f1o para festas con amigos e de dar ga\u00f1as de beber copa tras copa. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/fechoria_5.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Visitando vi\u00f1edos de V\u00eda Romana<\/em><\/p>\n<p>Cea nos Pendellos de Chantada. Volvemos ao mundo tradicional da Ribeira. Aqu\u00ed, onde antes estaba o mercado e se serv\u00eda o polbo, agora volve servirse con conceptos de tasca ben coidada. Carne richada ao xeito chantadino -pequena e con cebola-.<\/p>\n<p>-A menc\u00eda xa sei que ben, pero que tal se dan os gintonics por aqu\u00ed? -preg\u00fantolles.<br \/>\n-Ben, ben. Como Dios. <\/p>\n<p>Vela\u00ed que celebramos a noite cuns bos gintonics -pouco ribeiraos, pero que despois dun d\u00eda de calor abafante prestan de todo. <\/p>\n<p>Ao d\u00eda seguinte, a media ma\u00f1\u00e1, Amandi \u00e1brese diante dos nosos ollos, cos indicadores conducindo por estradas m\u00ednimas ata as adegas familiares que caracterizan esta subzona de R\u00edas Baixas. Vou conducindo eu diante. Slow driving. No canto de atallar, serpeamos por Sober e as s\u00faas parroquias. Ao final a adega neorrom\u00e1nica de <a href=\"http:\/\/www.adegaalgueira.com\/\">Algueira<\/a>. Os vi\u00f1os. As encostas. Os socalcos. E a empanada de liscos. E o xarrete estufado con menc\u00eda. E as an\u00e9cdotas do viticultor. E os so\u00f1os que a\u00ednda faltan por cumprir. E o merenzao pasando sedoso pola boca. Ese merenzao t\u00edmido, antes cepa perseguida coma unha ladrona. <\/p>\n<p>E estariamos ao principio do post, pero en realidade, ser\u00eda o final. <\/p>\n<p>O final: a auga do Balneario de Augas Santas en Pant\u00f3n. Un chorro corr\u00e9ndote pola pel l\u00e9vate o moito p\u00f3 pegado durante o d\u00eda. Toca comezar de novo. Entre a auga. <\/p>\n<p><em><a href=\"http:\/\/www.mariafechoria.com\">Mar\u00eda Fechor\u00eda<\/a> organiza <a href=\"http:\/\/www.mariafechoria.com\/eventos\/view\/71\">Galicia on the Road<\/a>, viaxes tem\u00e1ticas ao redor do enoturismo, a paisaxe e a cultura a todas as denominaci\u00f3ns galegas; visitas elegantes nas que se co\u00f1ece o vi\u00f1edo directamente con alg\u00fans dos mellores viticultores de Galicia e se viven fermosas experiencias ao redor do vi\u00f1o, a gastronom\u00eda e a hosteler\u00eda. Calquera pode apuntarse.<\/em>  <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Un grupo de 17 aventureiros percorre cada dous meses as grandes adegas de cada unha das denominaci\u00f3ns de orixe de Galicia. Vi\u00f1o en estado puro. Este \u00e9 o \u00faltimo proxecto de enoturismo da distribuidora Mar\u00eda Fechor\u00eda. <\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2011\/06\/29\/galicia-on-the-road-explorar-a-ribeira-sacra\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Galicia on the Road: explorar a Ribeira Sacra<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":16463,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[22,32,2,8],"tags":[],"class_list":["post-16457","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-vino","category-destacado","category-diario","category-roteiros","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/16457","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=16457"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/16457\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/16463"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=16457"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=16457"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=16457"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}