{"id":1645,"date":"2006-10-17T00:00:53","date_gmt":"2006-10-16T22:00:53","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=1645"},"modified":"2007-06-29T17:23:09","modified_gmt":"2007-06-29T15:23:09","slug":"ribeira-sacra-a-cuarta-via-dos-vinos-brancos-galegos","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2006\/10\/17\/ribeira-sacra-a-cuarta-via-dos-vinos-brancos-galegos\/","title":{"rendered":"Ribeira Sacra: a cuarta v\u00eda dos vi\u00f1os brancos galegos"},"content":{"rendered":"<p>Xusto cando rematamos de comer o segundo prato no restaurante O Castelo, en Doade (Sober), na terra do Amandi, o camareiro tr\u00f3uxonos unha botella fresca de Algueira Barrica, o vi\u00f1o branco que se cr\u00eda aqu\u00ed, nesta <a href=\"http:\/\/www.adegaalgueira.com\/\">fermosa adega neomedieval<\/a>:<\/p>\n<p>-Fernando conv\u00eddalles a que proben o seu vi\u00f1o branco de barrica. <\/p>\n<p>Nese momento chegou a bica con casta\u00f1as do postre. Confeso que sempre sigo un ritual mec\u00e1nico cando cato vi\u00f1os novos: observo a cor parando un pouco, bato a copa con enerx\u00eda e ulisco un par de veces -a segunda cunha aspiraci\u00f3n algo m\u00e1is forte que a anterior-. Logo a penas toco o vi\u00f1o cos beizos, para preparar o padal. O segundo grolo \u00e9 tam\u00e9n moi pequeno, m\u00ednimo, para acostumar a lingua e ter unha primeira toma de contacto. Logo aspiro suavemente para comprobar os aromas; despois xa dou un grolo m\u00e1is grande e asentado, que mante\u00f1o un rato na boca e no que despois descubro o retrogusto do vi\u00f1o. S\u00f3 cando remato con esta man\u00eda medio neur\u00f3tica -reco\u00f1\u00e9zoo- leo a etiqueta, para evitar condicionantes previos.<\/p>\n<p>Vouche contar o que sent\u00edn co Algueira Barrica.<\/p>\n<p><!--more--><\/p>\n<p>Primeiro chegou un gran golpe tostado, envolvente, opulento, que sorprendeu na boca por inesperado, como un mundo de godello maduro. A\u00ed tam\u00e9n se percib\u00eda a crianza de carballo allier \u00e1 que se sometera o vi\u00f1o: como un repouso doce, ao mesmo tempo, terroso. Pero con sorpresa, despois percorr\u00edn un segundo tramo clar\u00edsimo: despois dese primeiro golpe de coiro, tabaco, o vi\u00f1o estend\u00edase amplamente co frescor floral do albari\u00f1o cultivado no Rosal. Un \u00faltimo gusto lembroume -pero supo\u00f1o que por pura asociaci\u00f3n de ideas, a alg\u00fan Ribeiro como Emilio Rojo. Ao contrastalo coa etiqueta, atopeime que ese era exactamente o coupage empregado: godello, albari\u00f1o, treixadura. Pero hai que dicir unha cousa: este sabor non ten nada que ver cos brancos das outras denominaci\u00f3ns de orixe galegas. \u00c9 complexo, retorcido, untuoso, capaz de soportar comida de profundiade. Est\u00e1 m\u00e1is pr\u00f3ximo a alg\u00fans demi-sec acrianzados que te\u00f1o catado no Loira ou a algunhas cousas que se fan no Rhin. E est\u00e1 bo\u00edsimo, sorprendente e moi diferente. Unha cuarta v\u00eda para os vi\u00f1os galegos que pode ter un exitoso futuro internacional se se traballara con esmero.<\/p>\n<p>-Pode con todo -dixo Fernando Algueira cando baixamos \u00e1 adega- por iso agardei a que chegarades aos postres para servila, para que comprobaras como mesmo despois do vi\u00f1o tinto e da carne, este branco consegu\u00eda impo\u00f1erse.<\/p>\n<p>Fernando Algueira \u00e9 dos adegueiros m\u00e1is inquedos que co\u00f1ezo. M\u00e1is que unha adega parece que ten un laboratorio no que est\u00e1 probando  novas combinaci\u00f3ns. <\/p>\n<p>-Estou canso dos monovarietais -confesou-, eu o que quero \u00e9 experimentar con novas combinaci\u00f3ns. Estas cepas, que est\u00e1n da banda de Ourense da ladeira do Sil, est\u00e1n xa pensadas para facer crianza en carballo. As\u00ed se conseguen estes resultados. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" id=\"image1646\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/algueira_cata.jpg\" alt=\"algueira_cata.jpg\" \/><em><br \/>\nCo\u00f1ecendo as novidades do ano que v\u00e9n con Fernando Algueira<\/em><\/p>\n<p>Pouco a pouco, na bodega, imos catando os novos vi\u00f1os que prepara Algueira para a vindeira tempada. Caldos en diferentes estados de evoluci\u00f3n. Nalg\u00fans apr\u00e9ciase o sabor escuro cl\u00e1sico dos vi\u00f1os de Algueira; noutros hai consider\u00e1beis innovaci\u00f3ns, coma ese condenado sabor a coiro, alg\u00fans toques de froita madura, a menc\u00eda da comarca exprimida ao m\u00e1ximo. Facemos un tour de sabores a velocidade extrema, que somete o meu gusto novato a un estr\u00e9s consider\u00e1bel. A maior parte deles te\u00f1en unha gran concentraci\u00f3n t\u00e1nica, moito alcol que despois permitir\u00e1 darlle barrica con tranquilidade. Nun bocoi mant\u00e9n outra proba de vi\u00f1o pisado ao xeito tradicional, e no que un se atopa un insospeitado sabor a augardente de cereixa. Nesta alquimia, os Algueira barrica brancos c\u00f3idanse en dous grandes bocois novos de carballo allier. Al\u00e1 atr\u00e1s, no seu teatri\u00f1o de bocois, Fernando garda o tinto barrica do que xa temos falado por aqu\u00ed. <\/p>\n<p>O seu \u00faltimo experimento interesoume consider\u00e1belmente: Algueira est\u00e1 infectado e coidando algunhas cepas coa m\u00edtica botrite, o fungo par\u00e1sito que provoca o sabor do vi\u00f1o que se co\u00f1ece como &#8220;podremia noble&#8221; -supo\u00f1o que en reco\u00f1ecemento do d\u00edficil que \u00e9 definir o seu sabor- e que provoca unha concentraci\u00f3n de azucre que eleva consider\u00e1belmente a graduaci\u00f3n do vi\u00f1o. A botrite \u00e9 un aut\u00e9ntico desaf\u00edo para o viticultor, porque infecta gradualmente os acios e, xa que logo, hai que recoller a uva <strong>gran por gran<\/strong> e non acio por acio. Os vi\u00f1o con botrite de Algueira ter\u00e1 unha elevada gradaci\u00f3n e non se comercializar\u00e1: ser\u00e1 un experimento que, polo de agora, se catar\u00e1 directamente no restaurante da bodega. Pero a curiosidade pode con n\u00f3s!<\/p>\n<p>Ata agora as denominaci\u00f3ns galegas especializ\u00e1ronse nos monovarietais: foi un cami\u00f1o frut\u00edfero, xa que se chegou a un consider\u00e1bel nivel de refinamento na elaboraci\u00f3n dos brancos. Pero, \u00bfe se combin\u00e1semos no futuro estes monocultivos con novas combinaci\u00f3ns das nosas mellores cepas, como fai Fernando Algueira? Ser\u00eda pos\u00edbel que produciramos vi\u00f1os moi adaptados a un gusto internacional que nos permitiran combinaci\u00f3ns m\u00e1is complexas e interesantes, como as que xa se producen entre o albari\u00f1o, a treixadura e o merenzao. \u00bfUnha cuarta v\u00eda para o vi\u00f1o galego?<\/p>\n<p>Ver anterior: <a href=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=1095\">Os meticulosos dedos de Fernando Algueira<\/a><\/p>\n<p><!--adsense#sete--><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Xusto cando rematamos de comer o segundo prato no restaurante O Castelo, en Doade (Sober),<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2006\/10\/17\/ribeira-sacra-a-cuarta-via-dos-vinos-brancos-galegos\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Ribeira Sacra: a cuarta v\u00eda dos vi\u00f1os brancos galegos<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":1646,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2,7],"tags":[],"class_list":["post-1645","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-diario","category-paparotasco","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1645","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=1645"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1645\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/1646"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=1645"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=1645"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=1645"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}