{"id":16441,"date":"2011-06-28T16:45:51","date_gmt":"2011-06-28T14:45:51","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=16441"},"modified":"2011-06-28T16:49:08","modified_gmt":"2011-06-28T14:49:08","slug":"fontes-desecadas","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2011\/06\/28\/fontes-desecadas\/","title":{"rendered":"Fontes desecadas"},"content":{"rendered":"<p>De onte a hoxe, moito se ten escrito sobre o peche de<em> Galicia Hoxe<\/em>, que neste xoves clausura edici\u00f3n. T\u00e9\u00f1olle moita lei a ese xornal, por moitos motivos, e os primeiros e m\u00e1is importantes son sobre todo moi persoais. Al\u00ed me bat\u00edn co xornalismo en tempo real. Na primeira xuntanza cos bolseiros algu\u00e9n que sen d\u00fabida non me co\u00f1ec\u00eda mandoume a a Deportes (eu, que non sab\u00eda distinguir un f\u00f3ra de xogo), e al\u00f3 enleeime con titulares fantastr\u00f3picos. Al\u00ed botei unha semana para escarnio dos amigos, que escachaban da risa. Afortunadamente, Ant\u00f3n Lopo sacoume de al\u00f3 e meteume en Cultura. En <em>Galicia Hoxe<\/em> aprend\u00edn moitas cousas da profesi\u00f3n, cousas valiosas: foi en <em>Afa<\/em> -as\u00ed se chamaba ent\u00f3n o que ata agora foi <em>Mar\u00e9<\/em>&#8211; onde aprend\u00edn que ciencia, t\u00e9cnica e humanidades eran a mesma cousa, todo cultura, e as\u00ed hab\u00eda que velo. Foi al\u00f3 onde comprobei en mundo real a diverxencia entre o que unha fonte pode dicir e o que pode pensar ou practicar. Al\u00f3 tercieime na comprobaci\u00f3n de datos, na redacci\u00f3n de pol\u00e9micas e conflitos -sempre espi\u00f1enta. E al\u00f3 tam\u00e9n aprend\u00edn o pulso discreto e intenso de numerosas persoas en toda Galicia, que levan toda a vida tecendo un pa\u00eds a partir de palabras e acci\u00f3ns lonxe da capital. Moito m\u00e1is do que agardaba. E moito m\u00e1is do que sa\u00eda nos medios que co\u00f1ec\u00eda. Ah, tam\u00e9n profundicei no h\u00e1bito do tabaco, creando o tic fumador que m\u00e1is dif\u00edcil foi de sacar despois: o de baixarse un pitillo mentres procedes a titular. A maxia de titular nun espazo limitado. <\/p>\n<p>Desde onte l\u00e9vase falando do GH en termos de lingua. \u00c9 a an\u00e1lise l\u00f3xica e non hai moito m\u00e1is que dicir nun breve post ao respecto. Pero si quero suli\u00f1ar un elemento que, cando menos a min, en termos profesionais, res\u00faltame igualmente preocupante: a perda de referencias e espazos para a cultura como sector social e tam\u00e9n como industria. Coa s\u00faa modestia, o equipo de GH pulou por ter a mellor secci\u00f3n cultural dun medio impreso en Galicia. As\u00ed foi durante moito tempo. Galicia Hoxe practicamente carec\u00eda de lectores na s\u00faa edici\u00f3n en papel, pero era un referente b\u00e1sico para o resto dos xornalistas en cultura. \u00c9rao porque en GH aparec\u00edan moitas fontes e feitos, era notablemente plural. Cando comezamos hai dez anos en <a href=\"http:\/\/www.culturagalega.org\">culturagalega.org<\/a>, recollemos esa filosof\u00eda que eles inauguraran: a de diversificar voces. Unha feble industria cultural canda un din\u00e1mico \u00e1mbito creativo precisaba crear un espazo de representaci\u00f3n para constru\u00edr ese imaxinario simb\u00f3lico que precisa Galicia. O gran problema, canda o tema da lingua, do peche de <em>Galicia Hoxe <\/em>\u00e9 a perda dun privilexiado espazo para a expresi\u00f3n de voces e a narraci\u00f3n de feitos e ideas nun mundo que, cando menos durante uns anos m\u00e1is, continuar\u00e1 a ter importancia en Galicia: o \u00e1mbito dos medios impresos. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>De onte a hoxe, moito se ten escrito sobre o peche de Galicia Hoxe, que&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2011\/06\/28\/fontes-desecadas\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Fontes desecadas<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[21],"tags":[],"class_list":["post-16441","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-medios","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/16441","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=16441"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/16441\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=16441"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=16441"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=16441"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}