{"id":16423,"date":"2011-06-26T23:19:48","date_gmt":"2011-06-26T21:19:48","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=16423"},"modified":"2011-06-29T00:21:12","modified_gmt":"2011-06-28T22:21:12","slug":"criar-vinos-crear-bosques-os-novos-crianzas-con-carballo-galego","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2011\/06\/26\/criar-vinos-crear-bosques-os-novos-crianzas-con-carballo-galego\/","title":{"rendered":"Criar vi\u00f1os, crear bosques: os novos crianzas con carballo galego"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/carballo1.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Hai uns anos, en Escocia, facendo a ruta do whisky no val do Spey (como me gusta o turismo cultural) chegamos a unha das destiler\u00edas para min m\u00e1is interesantes da Escocia brit\u00e1nica (o mundo do whisky das Illas do norte \u00e9 outra historia): The Macallan. No pequeno centro de interpretaci\u00f3n, observamos un gran panel fotogr\u00e1fico que presidia a sala. &#8220;Pero iso \u00e9 o Courel&#8221;, dix\u00e9monos abraiados. Efectivamente. The Macallan empregaba carballo galego para a maduraci\u00f3n do seu gran whisky. <\/p>\n<p>-Xa ves. E os nosos adegueiros -comentoume un amigo- deixando a pasta en barricas francesas. O de sempre -concluiu. Condenados feitos que sempre nos levan a esa conclusi\u00f3n. <em>O de sempre<\/em>.  <\/p>\n<p>Aquelo deix\u00e1rame impactado. Despois a noticia soub\u00e9rase en Galicia. Obviamente, non \u00e9 o mesmo darlle crianza a un whisky que a vi\u00f1o, pero a pregunta era evidente. Por que carballo franc\u00e9s ou americano? O galego non vale para darlle nobreza ao vi\u00f1o? Ou xa estabamos <em>co de sempre<\/em>, con complexos e prexu\u00edzos?<\/p>\n<p>Hoxe tivemos a oportunidade de probar algo hist\u00f3rico, as\u00ed de claro, para o mundo do vi\u00f1o en Galicia e non s\u00f3 para el. Durante a visita \u00e1 Adega Algueira que organizou Mar\u00eda Fechor\u00eda no seu programa enotur\u00edstico <a href=\"http:\/\/www.mariafechoria.com\/eventos\/view\/71\"><em>Galicia on the Road <\/em><\/a>, Fernando Gonz\u00e1lez, o propietario da adega, presentounos o resultado dun proxecto de investigaci\u00f3n modesto nos seus recursos pero ambicioso nas s\u00faas finalidades, proposto pola USC na Polit\u00e9cnica de Lugo por J. D\u00edaz-Maroto Hidalgo en colaboraci\u00f3n coa Adega Algueira. A idea \u00e9 crear barricas de carballo galego para a crianza dos vi\u00f1os. <\/p>\n<p>No v\u00eddeo, Fernando Algueira explica con fermosas palabras que \u00e9 o que se busca, que son d\u00faas cousas principais: a primeira, \u00e9 pechar o ciclo do terroir galego nos vi\u00f1os. Fernando sempre di que hai que embotellar o contorno. Pero os nosos vi\u00f1os eran gardados en barricas de carballo franc\u00e9s. Ti\u00f1amos uvas, ti\u00f1amos chan, pero non ti\u00f1amos madeira. En Galicia! A segunda cousa \u00e9 a recuperaci\u00f3n do bosque aut\u00f3ctono galego, cre\u00e1ndolle un novo valor, asoci\u00e1ndoo a un produto con alto valor engadido. Sobre todo, porque o inicio dunha industria do carballo galego vinculado ao vi\u00f1o non supor\u00eda talar as fragas existentes: a madeira desas \u00e1rbores non vale. Hai que prantar e coidar, desde a silvicultura, novos <em>quercus robur<\/em>, hai que formar coidadores de carballos, hai que constru\u00edr a marca e o valor ao redor desta enorme potencialidade, hai que enviar toneleiros a aprender en Limousin a dif\u00edcil arte da carpinter\u00eda de barricas . Recom\u00e9ndovos moito que vexades o v\u00eddeo de Fernando. <\/p>\n<p><iframe loading=\"lazy\" src=\"http:\/\/player.vimeo.com\/video\/25632546?portrait=0\" width=\"620\" height=\"349\" frameborder=\"0\"><\/iframe><\/p>\n<p>Este primeiro experimento s\u00f3 elaborou 400 botellas criadas en toneis de madeira de carballos da Terra Cha e presentarase o venres que v\u00e9n en Monforte. N\u00f3s xa o puidemos catar. E, al\u00e9n de chauvinismos e patriotismos, o resultado \u00e9 moi bo. A barrica foi empregada sen tostar no interior (o tostado \u00e9 o responsable, por exemplo, dos toques avainillados, chocolatados dos vi\u00f1os de crianza), e iso permitiu que a menc\u00eda se mante\u00f1a en toda a s\u00faa expresi\u00f3n, axudada no seu corpo polo carballo, que outorga aos vi\u00f1os unha chea de notas que nos est\u00e1n falando de fragas galegas. Manzanilla, fiuncho, aparecen cousas moi interesantes conforme o vi\u00f1o vai respirando, un verdor h\u00famido do pa\u00eds est\u00e1 a\u00ed, lenemente, sen impedir o paso e a expresi\u00f3n varietal dun vi\u00f1o que, nestas menc\u00edas de Fernando Algueira, medrou en Carballocovo, en condici\u00f3ns dur\u00edsimas. O Algueira Carballo Galego que probamos levaba embotellado pouco tempo: veremos que \u00e9 o que acontece cando repouse m\u00e1is tempo en botella. <\/p>\n<p>A mi\u00f1a conclusi\u00f3n: o carballo galego \u00e9 unha madeira axeitada e interesante para a crianza de vi\u00f1os, e poder\u00edase converter nun importante valor para apoiar os tintos do pa\u00eds nun momento especial, no que comezan a ter reco\u00f1ecemento. Se non nos andamos a meter zancadillas uns aos outros, o pequeno paso que deu Algueira p\u00f3dese traducir no nacemento dun interesant\u00edsimo novo futuro para moitas hect\u00e1reas forestais do pa\u00eds. Eu xa me trouxen para casa un par de botellas destas 400, para deixalas repousar. Unha probareira dentro de 8 meses, e outra dentro dun par de anos. Ser\u00e1 a\u00ed cando descubramos que \u00e9 o que a madeira das fragas de Galicia lle achegou \u00e1 menc\u00eda dos nosos m\u00e1is fermosos e heroicos vi\u00f1edos. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Co\u00f1ecemos antes da s\u00faa presentaci\u00f3n en sociedade o primeiro vi\u00f1o tinto criado en barrica de carballo galego. <\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2011\/06\/26\/criar-vinos-crear-bosques-os-novos-crianzas-con-carballo-galego\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Criar vi\u00f1os, crear bosques: os novos crianzas con carballo galego<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":18946,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[22,32],"tags":[],"class_list":["post-16423","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-vino","category-destacado","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/16423","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=16423"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/16423\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/18946"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=16423"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=16423"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=16423"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}