{"id":1642,"date":"2006-10-16T00:00:50","date_gmt":"2006-10-15T22:00:50","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=1642"},"modified":"2006-10-16T08:50:40","modified_gmt":"2006-10-16T06:50:40","slug":"a-ald","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2006\/10\/16\/a-ald\/","title":{"rendered":"Na busca da aldea abandonada de Grobas, na Serra do Cand\u00e1n"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" id=\"image1641\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/grobas.jpg\" alt=\"grobas.jpg\" \/><br \/>\n<em>A aldea abandonada de Grobas<\/em><\/p>\n<p>Da aldea de Grobas dic\u00edase que sacaban os mortos a cabalo, tan inacces\u00edbel era a s\u00faa ubicaci\u00f3n nas profundidades da Serra do Cand\u00e1n. Por al\u00e1 cami\u00f1amos, busc\u00e1ndoa, orient\u00e1ndonos s\u00f3 coas o\u00eddas e de enrugados e terreiros dedos que sinalan o horizonte. Subimos por Fix\u00f3 e cami\u00f1amos polas veigas montes\u00edas onde nacen o Deza e o L\u00e9rez. Por al\u00ed est\u00e1n as neveiras nas que o Mosteiro de Acibeiro gardaba a neve no ver\u00e1n, que despois vend\u00eda en forma de xeo aos ricos urbanos. Tam\u00e9n as pequenas mandas de lobos que retornan, sabendo coa memoria da especie, ou repetindo o patr\u00f3n dos tempos, onde fican as antigas lobeiras abandonadas, onde se move o corzo. Baixamos ata Vilari\u00f1o, repousando ao car\u00f3n dunha pequena capela. <\/p>\n<p>-\u00bfPor que hai tantos cans? -pregunt\u00e1moslle a Pedro, o capataz que aparece cos pantal\u00f3ns azuis do traballo a falar \u00e1 sombra.<br \/>\n-Porque somos cazadores. Pero tam\u00e9n aparecen outros moitos abandonados. A esta aldea chegamos todos os perdidos -dinos r\u00edndose. R\u00edo con toda a confianza que me d\u00e1 un desco\u00f1ecido. <\/p>\n<p>As aldeas da Terra de Montes son como globos: o casal est\u00e1 no borde entre o monte e o val, pero estend\u00e9ndose por riba dos tellados, subindo polo monte enriba ata as chairas dos cumios, est\u00e1n as enormes extensi\u00f3ns de monte comunal. Al\u00ed dec\u00eddese de xeito comunitario.<\/p>\n<p>-Nunca permitiremos que nos pranten eucaliptos nos noso montes, di Pedro.<\/p>\n<p>Volvemos subir arriba. Esa avoa e esa neta, que apa\u00f1an toxos para as vacas que pastan ceibas nos chans do Cand\u00e1n dinos enerxicamente, cravando os instrumentos no toxo seco:<\/p>\n<p>-Con sorte ma\u00f1\u00e1 daredes chegado a Grobas. O cami\u00f1o m\u00e1is seguro \u00e9 a Pedra do Mal Paso, a\u00ednda que est\u00e1 todo comido. Mirade se o cami\u00f1o al\u00ed xa era dif\u00edcil antes, que os nosos vellos cham\u00e1banlle as\u00ed ao lugar.<\/p>\n<p>Non era a cousa para tanto, por suposto. Pero seguimos mov\u00e9ndonos entre o sol braseante e o mareante zunido das e\u00f3licas, tam\u00e9n chamadas aqu\u00ed tarabelas. Escoito moitas palabras na Terra de Montes que s\u00f3 lera antes nos libros. Un sherpa am\u00e1bel que nos gu\u00eda correndo entre os toxos coma se foran herba dime:<\/p>\n<p>-O monte est\u00e1 bravo porque nos volvimos nugall\u00e1ns. <\/p>\n<p>Nugall\u00e1ns. Al\u00e1 est\u00e1 Grobas, a humilde aldea, afundida no \u00faltimo buraco do mundo, \u00e1 beira do regato, entre os can\u00f3ns de m\u00faltiples torrentes. Nas ladeiras de toxo e breixo, nos penedos m\u00e1is escarpados, hai varios puntos laranxa inm\u00f3biles: son redondos cazadores que agardan ao porco bravo. Hai bouridos, medo, sol, suor. Un punti\u00f1o de persoa chega a Grobas e descansa entre as paredes.<br \/>\n<a href=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/grobas.kmz\"><br \/>\nKMZ (para Google Earth) coa localizaci\u00f3n de Grobas<\/a><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A aldea abandonada de Grobas Da aldea de Grobas dic\u00edase que sacaban os mortos a&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2006\/10\/16\/a-ald\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Na busca da aldea abandonada de Grobas, na Serra do Cand\u00e1n<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":1641,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2,8],"tags":[],"class_list":["post-1642","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-diario","category-roteiros","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1642","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=1642"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1642\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/1641"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=1642"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=1642"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=1642"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}