{"id":16395,"date":"2011-06-21T22:44:16","date_gmt":"2011-06-21T20:44:16","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=16395"},"modified":"2011-06-26T23:20:34","modified_gmt":"2011-06-26T21:20:34","slug":"teoria-da-ruptura-do-sono","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2011\/06\/21\/teoria-da-ruptura-do-sono\/","title":{"rendered":"Teor\u00eda da ruptura do sono"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/durmidas.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>O outro d\u00eda souben que toquei fondo. <\/p>\n<p>Vi\u00f1a de Barcelona no voo de Ryanair. De s\u00fapeto ca\u00edn, ca\u00edn, e cando abr\u00edn os ollos, a mi\u00f1a meixela estaba pousada no cu da azafata de Ryanair, xusto cando a pobre pasaba polo corredor abanicando os billetes do <em>ra\u00f1a-ga\u00f1a<\/em> en beneficio &#8220;dos nenos desfavorecidos ao longo de Europa&#8221;. <\/p>\n<p>-Rapaz, temos que apousentar este sono. <\/p>\n<p>Eu son de par\u00f3ns reparadores, de sesta diaria, curta pero intensa; a situaci\u00f3n ideal ser\u00eda uns tres ou catro minutos, pero en condici\u00f3ns de estr\u00e9s acepto un minuto ou dous: o problema \u00e9 que nas condici\u00f3ns de estr\u00e9s, se me deixan, acado con facilidade os tres cuartos de hora. Para describir esta acci\u00f3n necesaria, empregaba un termo t\u00e9cnico e preciso do meu \u00e1mbito profesional, un &#8220;reinicio&#8221;. Xos\u00e9 Lu\u00eds Barreiro deume unha terminolox\u00eda m\u00e1is respectable para isto. Contouma comendo no mosteiro de Aciveiro, nos montes do Cand\u00e1n, lugar m\u00e1is que axeitado para debater estas cuesti\u00f3ns. <\/p>\n<p>-A esta acci\u00f3n de ficar dereito na cadeira, botar as mans sobre as pernas e durmir brevemente, os xesu\u00edtas ch\u00e1manlle &#8220;crebar o sono&#8221; -comentou Barreiro, quen ten experiencia eclesi\u00e1stica abonda para falar con autoridade. <\/p>\n<p>Pareceume un termo non s\u00f3 discreto, sen\u00f3n mesmo digno dun home serio. Desde aquela digo en numerosas ocasi\u00f3ns ao final dun xantar: &#8220;vou crebar o sono&#8221;, e parece que me retiro a facer un retiro espiritual. <\/p>\n<p>Hai anos eu ti\u00f1a escr\u00fapulos tremendos \u00e1 hora de durmir en p\u00fablico. S\u00edgoos tendo, por suposto: o meu maior medo nun avi\u00f3n \u00e9 repotenciar a turbina da aeronave cun ronquido de volume exponencial cando a m\u00e1quina estea en velocidade cruceira, pero en xeral acepto o abandono en case todas as circunstancias. O que fago en voos curtos, por exemplo, \u00e9 aproveitar a inercia do cambio de presi\u00f3n no despegue para sonecar a profundidades abisais ata que soa o aviso de poder desabrochar os cintos e eu podo retomar a mi\u00f1a lectura do magazine gratu\u00edto. Pero non dou crebado o sono, por exemplo, no campo: un curioso efecto psicol\u00f3xico fai que o meu cerebro multiplique o n\u00famero de insectos por tres e sufro un estado pr\u00f3ximo \u00e1 paranoia insonme dun ditador que se sinte rodeado. <\/p>\n<p>Polo xeral, na teor\u00eda de crebar o sono \u00e9 fundamental asumir certa dose de rid\u00edculo nas posturas. En xeral, nun avi\u00f3n, se te toca no asento do medio ou no do corredor (que \u00e9 onde te adoitan po\u00f1er cando pides fiestra \u00e1 se\u00f1ora que te d\u00e1 a tarxeta de embarque), debes asumir que vas a practicar o que chamo o <em>asentimento pasivo<\/em>, que \u00e9 ese proceso involuntario de reelevar bruscamente a cabeza de xeito orbital cando esta chegou ao punto m\u00e1ximo de torcedura sobre o peito. Gustar\u00edame ter unha experiencia extracorporal nese momento, porque estou convencido de que debes ter a postura dun boneco de Jim Henson cando non est\u00e1 accionado. En todo caso, nese abandono moment\u00e1neo hai certa ridiculez impl\u00edcita, pero s\u00edntome seguro na confraternidade dos viaxeiros. Mellor \u00e9 un amigo meu, que abraza -literalmente- a traseira da butaca de diante, apretando con certa forza a cara contra ela e durmindo nun impresionante equilibrio corporal que, iso si, evitaba os sustos da t\u00e9cnica do <em>asentimento pasivo<\/em>. <\/p>\n<p>Nas viaxes en coche a cuesti\u00f3n \u00e9 m\u00e1is complexa. Se imos dous e vou sentado no asento do copiloto, a vergo\u00f1a do bo acompa\u00f1ante pode comigo, sobre todo despois de certa experiencia que me aconteceu nunha viaxe a Logro\u00f1o, onde fiquei durmido \u00e1 altura do Cebreiro e espertei cruzando o monta\u00f1oso paso de Pancorbo, abandonando o meu condutor \u00e1 s\u00faa sorte durante toda a Meseta castel\u00e1n, o cal non se lle fai nin a un enemigo. Pola norma xeral, o sono de autom\u00f3bil ch\u00e9game \u00e1s 12:05 polas ma\u00f1\u00e1s e \u00e1s 17:50 polas tardes. Mesmo en vacaci\u00f3ns a cousa acontece de tal xeito, e s\u00f3 sei que comezo realmente a descansar cando o sono encarreirase beatificamente a unha \u00fanica sonequi\u00f1a inmediatamente despois de xantar, nunha \u00e1rea de descanso ou, nas duras autoestradas italianas, nun destes apartes -non sei como chamarlles- baixo unha ponte, al\u00f3 onde os condutores nos arrimamos na procura das sombras deleitosas que s\u00f3 nos ofrecen as autoestradas francesas. <\/p>\n<p>Hai sitios, sen embargo, nos que non respondo de min. Por exemplo, na mi\u00f1a cama de 90 da Pobra do Carami\u00f1al. Coas camp\u00e1s soando a morto da veci\u00f1a igrexa -esa \u00e9 a banda sonora dos domingos de inverno-, os espazos e aromas seguros da infancia e o fr\u00edo h\u00famido deses pisos da Transici\u00f3n podo durmir ata a hora do enterro ou o D\u00eda do Xu\u00edzo Final. <\/p>\n<p>Pero o m\u00e1is profesional dos crebadores de sono que co\u00f1ezo era X. X. era quen de crebar o sono do xeito m\u00e1is discreto, nos xantares de traballo. Home distinguido, respectable, deses que espertan de traxe e sen enrugar, X. botaba as s\u00faas sonecas como un aut\u00e9ntico prestidixitador do sono, no medio das sobremesas. X. aproveitaba algunha conversa viva no polo sur da mesa para amosar un suco sorriseiro lene, abondo como parecer un rictus atento, que facendo uso do efecto Koulechov, cada quen na mesa pod\u00eda interpretar segundo marchara a conversa: &#8220;est\u00e1 reflexionando sobre o que dixo Mengano&#8221;, &#8220;C\u00e1elle ben fulano&#8221;. Pu\u00f1a as d\u00faas mans sobre a mesa, canda os antebrazos, e fac\u00eda coma os peixes: durmir cos ollos abertos. Como con alg\u00fan presidente de multinacional, nunca sab\u00edas cando estaba esperto ou cando durmindo. Eu cacheino porque neses cinco minutos, X. descend\u00eda ata o m\u00e1is profundo dos abismos de Morfeo, e na transici\u00f3n entre a superficie e o averno, ti\u00f1a un pequeno tic muscular na meixela e nun ollo que parec\u00eda chiscar c\u00f3mplice ao compa\u00f1eiro de mesa. <\/p>\n<p>-Das so\u00f1ado? -pregunteille un d\u00eda. <\/p>\n<p>El miroume sorprendido. <\/p>\n<p>-Si. A que cando me quedo durmido caiome indecentemente contra o c\u00fa dunha azafata de avi\u00f3n. Que vergonza!<\/p>\n<p>Lembrei a historia o outro d\u00eda no voo de Ryanair, mentres me tentaban vender unha rifa aproveitando con chantaxe emocional a mi\u00f1a vergonza bruscamente espertada. Merquei e rasquei. <\/p>\n<p>Perd\u00edn, claro. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Durmir fronte a crebar o sono, o abandono fronte o desleixo e outras teor\u00edas da supervivencia laboral. <\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2011\/06\/21\/teoria-da-ruptura-do-sono\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Teor\u00eda da ruptura do sono<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":16396,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[32,2],"tags":[],"class_list":["post-16395","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-destacado","category-diario","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/16395","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=16395"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/16395\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/16396"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=16395"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=16395"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=16395"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}