{"id":1635,"date":"2006-10-13T18:08:59","date_gmt":"2006-10-13T16:08:59","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=1635"},"modified":"2006-10-13T21:39:06","modified_gmt":"2006-10-13T19:39:06","slug":"visitando-por-fora-os-monumentos-da-ribeira-sacra-lucense","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2006\/10\/13\/visitando-por-fora-os-monumentos-da-ribeira-sacra-lucense\/","title":{"rendered":"Visitando (por f\u00f3ra) os monumentos da Ribeira Sacra lucense"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" id=\"image1630\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/roseton_petreo.jpg\" alt=\"roseton_petreo.jpg\" \/><em><br \/>\nRoset\u00f3n dunha capela lateral en ru\u00ednas na igrexa de Eir\u00e9<\/em><\/p>\n<p>Cheguei a casa moi feliz da ruta pola Ribeira Sacra lucense; unha luz prodixiosa e transparente que parec\u00eda extraer da terra columnas de vapor con pinzas, o verde a\u00ednda intenso, como un ver\u00e1n que se resiste a marchar, o repouso do sol da mediod\u00eda batendo contra as pedras labradas. Percorrimos moitos deses fermosos edificios rurais que sempre quedan desbotados cando fas o rally tur\u00edstico dun \u00fanico d\u00eda pola Ribeira Sacra. O mellor dos retornos a unha zona son as sorpresas inesperadadas que te atopas na segunda ollada. Provocan un especial pracer aos sentidos. Pois iso. \u00cdache transmitir felicidade, porque parece que sempre que falo do patrimonio me convirto nun vello ro\u00f1ento, nun pesado denunciante. Pero ao facer o repaso polas fotos, dinme conta dun detalle: <strong>non puidemos entrar a ning\u00fan dos monumentos que vimos no d\u00eda<\/strong>, por unhas cousas e por outras. E quedeime sorprendido. As\u00ed que o sentido deste post cambiou un pouco: \u00e9 unha gu\u00eda para evitar decepci\u00f3ns, na medida en que poda, por se vas pola zona. Iniciamos o noso itinerario pola Ribeira Sacra Lucense, especialmente nos concellos de Sober e Pant\u00f3n.<br \/>\n<strong><br \/>\nSan Miguel de Eir\u00e9<\/strong><br \/>\n<img decoding=\"async\" id=\"image1629\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/eire.jpg\" alt=\"eire.jpg\" \/><br \/>\n<em>Fotos do post: <a href=\"http:\/\/www.soledadfelloza.com\/bitacora\/\">Sole<\/a><br \/>\n<\/em><\/p>\n<p>Esta <a href=\"http:\/\/www.arquivoltas.com\/11-Galicia\/01-Eire.htm\">capela parroquial<\/a> foi un antigo mosteiro do s\u00e9culo XII. O mosteiro marchou pero zafou este fermoso e inusual templo rom\u00e1nico. Da composici\u00f3n do antigo edificio poden observarse a\u00ednda algunhas marcas curiosas no templo, como unha porta que leva ao baleiro a media altura, na fachada oeste. A torre do campanario, insertada sobre a nave, \u00e9 curios\u00edsima e par\u00e9ceme que \u00fanica en Galicia. Buscamos \u00e1 familia que garda as chaves (viven \u00e1 entrada da aldea, o se\u00f1or ch\u00e1mase Isaac) pero os veci\u00f1os dix\u00e9ronnos que a familia marchara &#8220;de excursi\u00f3n&#8221;. A alternativa era ir buscar ao cura \u00e1 aldea veci\u00f1a, pero deunos algo de preguiza. Unha m\u00e1goa: a verdade \u00e9 que estaba interesado en ver as pinturas do XV e XVI que se conservan na b\u00f3veda e algunhas pezas m\u00e1is antigas.<\/p>\n<p><strong>Mosteiro das Bernardas de Ferreira de Pant\u00f3n<\/strong><br \/>\n<img decoding=\"async\" id=\"image1631\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/panton.jpg\" alt=\"panton.jpg\" \/><\/p>\n<p>O convento de clausura das monxas de Ferreira de Pant\u00f3n non foi desamortizado e, polo tanto, conta con m\u00e1is de mil anos de vida monacal ininterrumpida no lugar; ten unha sinxela igrexa rom\u00e1nica e un s\u00f3lido corpo do XVIII. P\u00f3dese visitar a igrexa e o claustro, onde est\u00e1 o sartego de Dona Fronilde, a fundadora, de quen se di que leva mil anos incorrupta, a\u00ednda que coido que as monxas non est\u00e1n pola labor de que o comprobes. No momento en que chegamos, \u00e1s 13:45, a penas puidemos observar un h\u00e1bito de monxa que desaparec\u00eda detr\u00e1s dunha porta, e logo, silencio. O horario \u00e9 de 10 a 13 h. e de 16:30 a 18h.<br \/>\n<em><br \/>\nUnha granxa fortificada<\/em><br \/>\n<img decoding=\"async\" id=\"image1632\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/panton_2.jpg\" alt=\"panton_2.jpg\" \/><br \/>\nEnsarillados polas estradas de Ferreira de Pant\u00f3n atop\u00e1monos con este curioso lugar. Par\u00e9cese ao que en Francia se chamar\u00eda unha &#8220;granxa medieval fortificada&#8221;. Tr\u00e1tase dunha construci\u00f3n aparentemente el\u00edptica, pensada como para protexerse, a\u00ednda que ausente de her\u00e1ldica. Tam\u00e9n parece que posteriormente se dividiu como en m\u00e1is vivendas. Ves \u00e1 esquerda unha torre ben curiosa.  Non me pregunten m\u00e1is, porque nin idea. <a href=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=1635#respond\">\u00bfAlgu\u00e9n sabe algo m\u00e1is sobre este lugar?<\/a> Por suposto, pechada (particular), e sen carteis. Nota: apr\u00e9ciame ese h\u00f3rreo.<\/p>\n<p><strong><br \/>\nCastelo de Maside<\/strong><br \/>\n<img decoding=\"async\" id=\"image1633\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/maside.jpg\" alt=\"maside.jpg\" \/><\/p>\n<p>O gran achado do d\u00eda, para min, foi sen d\u00fabida o <a href=\"http:\/\/crtvg.es\/concellos\/turismo.asp?identificador=2029&#038;idioma=portugues\">Castelo de Maside<\/a>. Tan desco\u00f1ecido para min como para Internet, onde s\u00f3 puiden atopar escasos datos. O casteli\u00f1o pertenceu a Diego de Lemos, un dos lugartenentes do Ex\u00e9rcito Irmandi\u00f1o, e \u00e9 dos m\u00e1is recoletos e bonitos que te\u00f1o visto no pa\u00eds, m\u00e1is pr\u00f3ximo a esa idea que temos dos contos de fadas ou do romantismo europeo. Est\u00e1 oculto no medio dun xard\u00edn de \u00e1rbores enormes e sombrizas que ocultan as almeas. Sobre as torres, as barbacanas e as murallas foron medrando corpos m\u00e1is pacegos que se superpo\u00f1en sobre a apariencia militar, e no XIX ampli\u00e1rono tam\u00e9n un pouco desde esa mentalidade historicista que tam\u00e9n modificou no seu momento o castelo de Soutomaior. \u00c9 un lugar medio irreal, e absolutamente recomend\u00e1bel. Iso si, deber\u00e1s miralo desde detr\u00e1s dos muros que marcan a propiedade privada. E ollo, que o can morde. <\/p>\n<p><strong>Pazo de Tor<\/strong><br \/>\n<img decoding=\"async\" id=\"image1634\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/pazo_de_tor.jpg\" alt=\"pazo_de_tor.jpg\" \/><\/p>\n<p>Este <a href=\"http:\/\/www.turgalicia.es\/sit\/ficha_datos.asp?ctre=1221&#038;crec=7485&#038;cidi=E\">pazo<\/a> que a se\u00f1ora da &#8220;Casa de Tor&#8221; lle cedeu \u00e1 Deputaci\u00f3n de Lugo at\u00f3pase magnificamente conservado; de feito, non investiguei a historia, pero ten toda a traza de que unha familia contin\u00faa vivindo al\u00ed. No interior hai dezaseis dependencias que permiten observar como viv\u00eda a aristocracia pacega. Pero ollo, s\u00f3 se pode visitar durante unha das catro quendas diarias, que son \u00e1s 11, 12:30, 16:30 e 18:00. C\u00f3mpre estar cinco minutos antes. N\u00f3s chegamos \u00e1s 18:30. En fin.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Roset\u00f3n dunha capela lateral en ru\u00ednas na igrexa de Eir\u00e9 Cheguei a casa moi feliz&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2006\/10\/13\/visitando-por-fora-os-monumentos-da-ribeira-sacra-lucense\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Visitando (por f\u00f3ra) os monumentos da Ribeira Sacra lucense<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":1629,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2,8],"tags":[],"class_list":["post-1635","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-diario","category-roteiros","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1635","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=1635"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1635\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/1629"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=1635"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=1635"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=1635"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}