{"id":16341,"date":"2011-06-15T18:00:36","date_gmt":"2011-06-15T16:00:36","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=16341"},"modified":"2011-06-17T08:39:13","modified_gmt":"2011-06-17T06:39:13","slug":"castrexos-fora-dos-castros","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2011\/06\/15\/castrexos-fora-dos-castros\/","title":{"rendered":"Castrexos f\u00f3ra dos castros"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/valdamio.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><b>\u201cO que se atopou en Valdamio\u201d, sinala o arque\u00f3logo \u00c1ngel Concheiro, \u201cobriga a revisar o que sabemos da nosa Idade do Ferro\u201d. A mil metros de altura, e ao redor dunha tumba prehist\u00f3rica, o arque\u00f3logo escavou nos anos 90 unha aldea castrexa estacional e sen defensas que revoluciona a nosa visi\u00f3n do h\u00e1bitat no tempo dos castros. Quince anos despois, Concheiro presentou onte os resultados da escavaci\u00f3n no curso \u201cCastros de Interior: a Idade do Ferro do NO peninsular a trav\u00e9s do exemplo limiao\u201d, que organiza a Universidade de Vigo en Xinzo de Limia e que se celebra durante toda esta semana.<\/b><\/p>\n<p><em><a href=\"http:\/\/www.culturagalega.org\/noticia.php?id=19106\">Texto publicado orixinalmente<\/a> en culturagalega.org o d\u00eda 15\/06\/2011<\/em><\/p>\n<p>No mundi\u00f1o arqueol\u00f3xico galego, a escavaci\u00f3n do arque\u00f3logo \u00c1ngel Concheiro en Valdamio (Ri\u00f3s, Ourense) \u2013autor do estudo sobre a situaci\u00f3n do Castro de Baro\u00f1a feito p\u00fablico recentemente- era un ruxe ruxe constante. No ano 1996, dentro das medidas correctoras pola construci\u00f3n da autoestrada das R\u00edas Baixas, Concheiro e o seu equipo escavaron un sitio arqueol\u00f3xico totalmente at\u00edpico. \u201cPara min foi un crebacabezas durante moitos anos porque non exist\u00edan paralelos para el. Levo 22 anos nisto da arqueolox\u00eda e nunca me atopara un expediente X deste tipo\u201d, asegura graficamente Concheiro. Que \u00e9 o que ti\u00f1a de especial? <\/p>\n<p>\u201cTi\u00f1a unha clara cronolox\u00eda da Idade do Ferro, castrexa, do s\u00e9culo III a.C., pero non se parec\u00eda para nada a un castro\u201d, sinala Concheiro. \u201cNon ti\u00f1a defensas de ning\u00fan tipo, por exemplo\u201d. Valdamio atop\u00e1base nunha situaci\u00f3n excepcional, con grandes vistas sobre o entorno, a m\u00e1is de mil metros de altura. A ausencia de defensas foi o primeiro punto excepcional: ata ese momento, todos os asentamentos humanos da \u00e9poca da Idade do Ferro estaban concentrados nos castros, acr\u00f3poles defensivas que articulan a paisaxe galega durante os s\u00e9culos anteriores \u00e1 chegada dos romanos. Hai miles. Pero, pod\u00eda haber cultura castrexa sen castros? Posteriormente \u00e1 escavaci\u00f3n outro arque\u00f3logo, Alfredo Gonz\u00e1lez Ruibal, escavou no concello de A Lama (Pontevedra), outro h\u00e1bitat aberto tam\u00e9n de \u00e9poca castrexa, Pena Redonda. A\u00ednda pendente dunha escavaci\u00f3n m\u00e1is ampla, Ruibal realizar\u00eda unha interpretaci\u00f3n de aquela aldea como unha sorte de santuario ou espazo ritual cunha ocupaci\u00f3n dilatad\u00edsima no tempo, que se remonta ao s\u00e9culo IX a.C. ata os momentos m\u00e1is cl\u00e1sicos da cultura castrexa no s\u00e9culo II d.C. <\/p>\n<h3>Perfumarios de Corinto na monta\u00f1a ourensana<\/h3>\n<p>E aqu\u00ed hai tam\u00e9n unha coincidencia co sitio arqueol\u00f3xico de Valdamio que escavou Tito Concheiro. O arque\u00f3logo localizou en Ri\u00f3s gabias, buratos de poste, foxas e cando menos d\u00faas cabanas feitas con material perecedeiro. \u201cCreo que era un lugar estacional, para pasar unha pequena tempada, no final do ver\u00e1n\u201d, sinala Tito. Pero para ser un lugar estacional ti\u00f1a dous elementos especialmente estra\u00f1os. <\/p>\n<p>O primeiro, a enorme colecci\u00f3n de cer\u00e1mica castrexa atopada no lugar, m\u00e1is de 4.000 fragmentos que permiten situar cronoloxicamente de xeito moi preciso a actividade do lugar cara o s\u00e9culo III a.C. Entre eses elementos destaca a presenza de materiais de importaci\u00f3n. Luxosas cer\u00e1micas do Mediterr\u00e1neo Oriental, como un perfumario de orixe grega, \u201cprobablemente da \u00e1rea de Corinto\u201d, que segundo Concheiro \u00e9 anterior, do s\u00e9culo V ou IV a.C., a outras pezas similares xa cl\u00e1sicas da arqueolox\u00eda galega, coma o aryballos do castro de Neix\u00f3n. \u201cIsto \u00e9 important\u00edsimo\u201d, sinala Concheiro, \u201cporque abre unha nova visi\u00f3n do tr\u00e1fico comercial na Idade do Ferro\u201d. Ata o momento, este tipo de materiais se atopaban especificamente na costa galega, en sitios arqueol\u00f3xicos como Neix\u00f3n, no que apareceu un perfumario p\u00fanico mesmo posterior, segundo Concheiro, a este de Valdamio. \u201cAqu\u00ed temos que pensar en m\u00e1is v\u00edas comerciais\u201d, asegura o arque\u00f3logo, \u201cben a trav\u00e9s do Douro e do val do T\u00e1mega, xa que sabemos que na s\u00faa desembocadura se atoparon pezas similares, ben a trav\u00e9s da V\u00eda da Prata, o cal indicar\u00eda que esta xente ten contactos cos pobos vet\u00f3ns de Estremadura ou Castela e Le\u00f3n\u201d. <\/p>\n<h3>Ao redor dunha tumba<\/h3>\n<p>O segundo elemento excepcional deste lugar \u00e9 a distribuci\u00f3n do sitio arqueol\u00f3xico. \u201cAs cabanas e o resto de elementos estaban dispostos ao redor dunha foxa de car\u00e1cter funerario da Idade do Bronce\u201d, indica Concheiro. A cuesti\u00f3n non \u00e9 para nada menor. Esa foxa funeraria, que conservaba un pote enteiro e case sen alterar no seu interior, era moi anterior ao propio asentamento. \u201cEu calculo que era do Bronce Final\u201d, sinala Concheiro. Iso significa ao redor do 900-800 a.C., ou sexa cincocentos ou seiscentos anos anterior ao propio asentamento. Pero estes galaicos de Ri\u00f3s continuaban sentindo un respecto por este espazo e organizando un h\u00e1bitat ao redor del. Valdamio permite corroborar a sospeita que se ten desde hai tempo: na Idade do Ferro galega mant\u00ed\u00f1ase unha memoria moi lonxeva que remontaba ata s\u00e9culos atr\u00e1s, ao Bronce final, como tam\u00e9n o parecen demostrar os numerosos dep\u00f3sitos rituais atopados baixo as casas castrexas, de armas ou caldeiros tam\u00e9n da mesma \u00e9poca. <\/p>\n<p>Para \u00c1ngel Concheiro, a finalidade est\u00e1 clara: \u201cpara min tr\u00e1tase dun asentamento peculiar, que non ten un sentido estritamente habitacional. Os castrexos da zona de Ri\u00f3s sab\u00edan que hab\u00eda unha foxa funeraria da Idade do Bronce e eles aproveitaron o espazo para realizar as s\u00faas pr\u00e1cticas rituais, ben de tipo funerario ou social\u201d. Concheiro sinala un dato importante: \u201cnon atopamos unha estratigraf\u00eda complexa, al\u00ed s\u00f3 se estaba un pouco tempo cada ano, se cadra ao final do ver\u00e1n\u201d. Pod\u00eda ser unha sorte de romar\u00eda castrexa? \u201c\u00c9 un xeito de velo. Os castrexos eran uns tipos obsesionados con d\u00faas cousas\u201d, sinala o arque\u00f3logo, \u201ca enfermidade e a herdanza, o pasado. Eles realizan este tipo de pr\u00e1cticas porque al\u00ed viven os seus devanceiros\u201d. <\/p>\n<h3>Un mundo moito m\u00e1is rico e diverso<\/h3>\n<p>\u00c1ngel Concheiro non dubida que poidan existir moitos m\u00e1is sitios arqueol\u00f3xicos como Valdamio ao longo de todo o territorio da cultura castrexa, pero a investigaci\u00f3n ata o momento non se centrou demasiado neles ou non os mirou deste xeito espec\u00edfico: \u201cO rexistro arqueol\u00f3xico depende moit\u00edsimo de como te achegues a el. Eu creo que hai moita actividade f\u00f3ra dos castros e \u00e9 un mundo moito m\u00e1is rico do que se pensaba. Hai que valorar a paisaxe da Idade do Ferro como un espazo no que se realizan rituais simb\u00f3licos, de agregaci\u00f3n ou de soberan\u00eda\u201d. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>\u201cO que se atopou en Valdamio\u201d, sinala o arque\u00f3logo \u00c1ngel Concheiro, \u201cobriga a revisar o&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2011\/06\/15\/castrexos-fora-dos-castros\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Castrexos f\u00f3ra dos castros<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":16345,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[18],"tags":[],"class_list":["post-16341","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-notas-arqueoloxicas","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/16341","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=16341"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/16341\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/16345"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=16341"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=16341"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=16341"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}