{"id":16329,"date":"2011-06-15T01:12:22","date_gmt":"2011-06-14T23:12:22","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=16329"},"modified":"2011-06-19T12:29:02","modified_gmt":"2011-06-19T10:29:02","slug":"entre-investigacion-e-divulgacion-a-dico","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2011\/06\/15\/entre-investigacion-e-divulgacion-a-dico\/","title":{"rendered":"Entre investigaci\u00f3n e divulgaci\u00f3n: a dualidade posible"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/manfredi.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>O escritor e arque\u00f3logo italiano Massimo Manfredi<\/em><\/p>\n<p>Hai moitos anos, traballaba nun proxecto de web sobre un co\u00f1ecido persoeiro da cultura. Durante unha das xuntanzas, solicitouse ao especialista unha biograf\u00eda pensada &#8220;para todos os p\u00fablicos&#8221;, para unha p\u00e1xina. &#8220;E breve&#8221;, apuntou algu\u00e9n. &#8220;Claro, algo as\u00ed de divulgaci\u00f3n&#8221;, dixo o especialista, &#8220;breve e tal&#8221;. <\/p>\n<p>Tr\u00f3uxonos 40 folios. <\/p>\n<p>Durante moito tempo neste pa\u00eds desaprendimos o cami\u00f1o de comunicar. O problema, nin sequera, era a presenza dos 40 folios. Era que estaban redactados para el, el e os seus amigos. A noci\u00f3n de <em>p\u00fablico <\/em>-que debe ser b\u00e1sica e estar presente para calquera investigador que aspira a comunicar os resultados do seu traballo- era accesoria. Os investigadores do noso pa\u00eds non precisan comunicar para avanzar na s\u00faa carreira cient\u00edfica. Constru\u00edda m\u00e1is en funci\u00f3n de puntuaci\u00f3ns curriculares e non do reco\u00f1ecemento da sociedade ou da comunidade cient\u00edfica, \u00e9 o <em>cursus publicus<\/em> dun funcionario de educaci\u00f3n o que condiciona o que un investigador fai cos resultados do seu proxecto de investigaci\u00f3n.<\/p>\n<p>O resultado? A Historia galega e outras disciplinas acad\u00e9micas convert\u00e9ronse nun aut\u00e9ntico pe\u00f1azo nas d\u00faas \u00faltimas d\u00e9cadas. A maior parte dos libros editados son adaptaci\u00f3ns de teses de doutoramento -ou sexa, son teses de doutoramento \u00e1s que lles rebarban o apartado de metodolox\u00eda e parte do apartado te\u00f3rico-, o cal \u00e9 un erro tremendo. Unha tese de doutoramento hai que reescribila completamente para a s\u00faa sa\u00edda a un p\u00fablico xeral. O feito da (aparente) ausencia dun mercado para a divulgaci\u00f3n cient\u00edfica fai que realmente non te\u00f1as que rendir contas para a excelencia do teu traballo. <\/p>\n<p>Murgu\u00eda non necesitaba escribir a <em>Historia de Galicia<\/em> para ter formalmente unha publicaci\u00f3n que sumar ao seu curriculum para ascender profesionalmente. Cando este bravo homi\u00f1o afrontou o seu proxecto ti\u00f1a un obxectivo b\u00e1sico: constru\u00edr unha narrativa para un pa\u00eds vello que, paradoxalmente, estaba nacendo. Que ten ideolox\u00eda e tal? Home, claro. Murgu\u00eda era fillo do seu tempo. Pero as sucesivas quintas que desde o XIX ata don Ram\u00f3n Otero Pedrayo ou Emilio Gonz\u00e1lez L\u00f3pez foron quen de constru\u00edr unha intensa narrativa deste pa\u00eds. A\u00ednda que hoxe non o saibamos, seguimos vendo a Historia de Galicia a trav\u00e9s dos ollos desta xente. Pouco, case nada da inxente produci\u00f3n editorial arqueol\u00f3xica e hist\u00f3rica dos \u00faltimos vinte anos ten calado no imaxinario popular sobre a nosa Historia, que segue recollendo os t\u00f3picos, erros e tam\u00e9n acertos transmitidos desde o XIX e a Xeraci\u00f3n N\u00f3s. De quen \u00e9 a culpa de que a transferencia social dos numerosos avances da arqueolox\u00eda galega non te\u00f1a funcionado? Da sociedade que non entende? Dos malvados medios que manipulan as palabras que eu quer\u00eda dicir? Anda, ho. Esta cuesti\u00f3n debera ser motivo de reflexi\u00f3n entre arque\u00f3logos e historiadores, pero ata agora non a te\u00f1o escoitado case nunca en Galicia, e cando a te\u00f1o visto en verbas dos profesionais, \u00e9 para botarlle a culpa a outros. <\/p>\n<p>O principal problema, ao meu ver, est\u00e1 na falta de cultura de divulgaci\u00f3n. Poucos dos nosos investigadores visualizan produtos divulgativos de calidade do exterior, ou se os ven, dubidan por unha sorte de complexo de inferioridade que poidan ser aplicados en Galicia. A divulgaci\u00f3n, e isto \u00e9 o importante, non \u00e9 acurtar. Nin sequera \u00e9 cambiar unha complexa palabra esdr\u00faxula por unha grave. Non \u00e9 estar ou non nunha rede social. A divulgaci\u00f3n \u00e9 constru\u00edr un discurso que permita unha abordaxe narrativa do problema, identificando feitos, personaxes, ideas clave. O problema \u00e9 que unha significativa parte dos investigadores est\u00e1n convencidos de que xa saben comunicar e \u00a1calquera lle di o contrario!. <\/p>\n<p>No valioso e moi recomendable novo ensaio de Valerio Massimo Manfredi -que aparte de novelista de \u00e9xito \u00e9 un reputado arque\u00f3logo en Italia-, <em>La Tumba de Alejandro<\/em>,  o escritor conta, cara o final, unha an\u00e9cdota que resume a diferencia. <\/p>\n<p>Sobre a ubicaci\u00f3n da Tumba de Alexandre sempre houbo unha gran pol\u00e9mica e especulaci\u00f3n. Desde os partidarios -os m\u00e1is- da s\u00faa sepultura na propia cidade de Alexandr\u00eda ata aqueloutros defensores de teses m\u00e1is exc\u00e9ntricas, como que est\u00e1 soterrado no ex\u00f3tico oase de Siwa. Manfredi conta como, estando na terraza dun hotel en Siwa cuns amigos, acheg\u00f3uselles unha sedutora muller que, no transcurso da conversa, defendeu a tese do paradeiro de Alexandre nese mesmo lugar, no oase no mesmo do deserto. Manfredi foille desmontando os argumentos ata que &#8220;ela lle dixo que era demasiado fr\u00edo e apegado a prexu\u00edzos acad\u00e9micos, e convidouno a ler a novela dun escritor italiano sobre a vida de Alexandre Magno que a emocionara por descubrir unha dimensi\u00f3n distinta que lle abrir\u00eda a mente e suxerir\u00eda unha achega distinta ao problema&#8221;. Manfredi amosoulle un libro seu dicindo que el era ese escritor, &#8220;demostr\u00e1ndolle que d\u00faas actitudes distintas poden convivir na mesma persoa&#8221;. <\/p>\n<p>D\u00faas actitudes na mesma persoa. Ou m\u00e9todos distintos en funci\u00f3n dos obxectivos. Nin sequera \u00e9 un Jekill e Hyde de especulador fronte a rigoroso cient\u00edfico. O problema \u00e9 que moitos investigadores asumen que se es un Jekill divulgador xa non podes ser un Hyde investigador, ou algo as\u00ed. Ao meu ver est\u00e1n moi trabucados. <\/p>\n<p>Hai unha serie documental que me apaixona: <em>The Time Team<\/em>. Un equipo de arque\u00f3logos brit\u00e1nicos que levan, creo, 18 tempadas, escavando sitios arqueol\u00f3xicos por toda Breta\u00f1a. Cada lugar \u00e1brese e invest\u00edgase en s\u00f3 tres d\u00edas. O produto audiovisual, creo que de 40 minutos, discorre de xeito fren\u00e9tico -como ten que ser para unha televisi\u00f3n xeneralista- ao redor dos sucedidos do proceso de investigaci\u00f3n. Os arque\u00f3logos meten a pata considerablemente, mandan unha hip\u00f3tese tras doutra, cambian de evidencias en funci\u00f3n dos novos achados ata que van obtendo o borrador xeral. O que nos conta a serie non \u00e9 s\u00f3 se unha vila romana est\u00e1 constru\u00edda sobre un castro ou non, sen\u00f3n como funciona o <em>m\u00e9todo cient\u00edfico<\/em>. Non \u00e9 preciso recorrer a t\u00e9cnicas \u00cdker Jim\u00e9nez para facer interesante a Historia ou a arqueolox\u00eda: ela mesma, ela, os nosos referentes e cultura conte\u00f1en todas as sementes para cautivar. A divulgaci\u00f3n do s\u00e9culo XXI pasa por moverse con facilidade entre disciplinas, c\u00f3digos, en <em>hackear<\/em> a ciencia ensinando o fermoso do m\u00e9todo e o rigor preciso. Ningu\u00e9n lle pide a un programa de TV que sexa un artigo de Science, pero a audiencia si pide seriedade no discurso. <\/p>\n<p>A divulgaci\u00f3n do s\u00e9culo XXI non mira aos medios de comunicaci\u00f3n con recelo, como se fosen uns pat\u00e1ns ou uns marcianos. Colaboran con eles dun xeito m\u00e1is estreito, aprenden a comunicarse con eles, a sintetizar mensaxes para unha sociedade que consume informaci\u00f3n de xeito moi r\u00e1pido e que ten criterio -si, ten criterio- para saber que \u00e9 o que lle interesa ou o que non. A divulgaci\u00f3n do s\u00e9culo XXI sabe que \u00e9 unha parte m\u00e1is dun proceso, no que a publicaci\u00f3n acad\u00e9mica, densa e t\u00e9cnica, \u00e9 outra parte imprescindible, por suposto, pero xa s\u00f3 unha parte m\u00e1is dun proceso que involucra a todos moito m\u00e1is. <\/p>\n<p>Iso non quere dicir que o salto cualitativo non se estea a dar. Hai grandes profesionais da arqueolox\u00eda deste pa\u00eds que est\u00e1n situando a divulgaci\u00f3n e a transferencia de resultados \u00e1 sociedade (no fondo tr\u00e1tase diso) na cerna da s\u00faa actividade profesional. Ma\u00f1\u00e1, por exemplo, publicarei unha reportaxe que foi doad\u00edsima de facer porque o investigador responsable \u00e9 un magn\u00edfico e apaixonado comunicador da arqueolox\u00eda galega. <\/p>\n<p>Ese cami\u00f1o \u00e9 clave para o futuro, para que a sociedade galega poida recuperar a s\u00faa propia Historia. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Ao f\u00edo dunha an\u00e9cdota do \u00faltimo ensaio de Valerio Massimo Manfredi, unha reflexi\u00f3n sobre as dificultades dos investigadores hist\u00f3ricos para comunicar os seus resultados. <\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2011\/06\/15\/entre-investigacion-e-divulgacion-a-dico\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Entre investigaci\u00f3n e divulgaci\u00f3n: a dualidade posible<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":16330,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[32,12,18],"tags":[],"class_list":["post-16329","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-destacado","category-libros","category-notas-arqueoloxicas","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/16329","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=16329"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/16329\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/16330"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=16329"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=16329"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=16329"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}