{"id":16269,"date":"2011-06-09T23:40:57","date_gmt":"2011-06-09T21:40:57","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=16269"},"modified":"2011-06-09T23:45:52","modified_gmt":"2011-06-09T21:45:52","slug":"cocinando-ao-pe-da-letra","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2011\/06\/09\/cocinando-ao-pe-da-letra\/","title":{"rendered":"Coci\u00f1ando ao p\u00e9 da letra: dentro dos fog\u00f3ns dos escritores"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/cocinando_ao_pe.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Yolanda Casta\u00f1o: <\/p>\n<blockquote><p>\u201cDurante catro meses, polo ver\u00e1n de 2009, Andrea Costas e mais eu tivemos a fortuna de sermos recibidas nos fogares destes 21 escritores e escritoras galegos. Abr\u00edronnos de par en par os seus espazos propios, convid\u00e1ronnos xenerosos a sent\u00e1rmonos \u00e1s s\u00faas mesas\u201d.\n<\/p><\/blockquote>\n<p>As\u00ed explica Yolanda Casta\u00f1o o proceso de traballo do novo lanzamento de Galaxia <em>Coci\u00f1ando ao p\u00e9 da letra<\/em>, que me remitiu a editorial. Non \u00e9 exactamente un receitario, no sentido estrito, sen\u00f3n un libro de literatura abeirada \u00e1 gastronom\u00eda, con acenos de libro social e de agasallo para ter nesas bibliotecas das coci\u00f1as (sempre que entro nunha casa nova vou procurarlle antes a biblioteca da coci\u00f1a que a do sal\u00f3n ou o despacho), nas que hai aut\u00e9nticas xoias. Agora, canda os libros italianos de Jamie Oliver ou de Anthony Bourdain, xa hai un destes libros en lingua galega: con coidado formato, boa fotograf\u00eda e enfoque gastron\u00f3mico humor\u00edstico, e certa inclasificaci\u00f3n (de feito, no web de Galaxia figura como &#8220;Libro singular e f\u00f3ra de colecci\u00f3n). Iso indica a novidade duns formatos editoriais gastron\u00f3micos habituais en ingl\u00e9s, franc\u00e9s, castel\u00e1n ou alem\u00e1n pero que a\u00ednda non apareceran demasiado en Galicia.  <\/p>\n<p>Coordinado por Yolanda Casta\u00f1o e con fotograf\u00edas de Andrea Costas, o libro m\u00e9tese nas coci\u00f1as de 21 homes e mulleres das letras en lingua galega, para pedirlles unha receita explicada literariamente. Hainas mellores e peores, claro, pero hai que ver a Fina Casalderrei, toda unha experta, facendo unha boa empanada de millo de croques, a don Xavier Castro preparando un bacallau electoral (sic) baixo o seu querido emparrado do Morrazo, Xavier Rodr\u00edguez Baixeras coci\u00f1ando un interesante bonito ao forno con &#8216;caponata&#8217; (toque siciliano) no seu pazo familiar da Mari\u00f1a ou o suculento coello ao xeito de Isolina (as\u00ed chamado por ser criado por Isolina de Mosende), acompa\u00f1ado por maz\u00e1s tabardillas do av\u00f3 Feliciano de Mosende e regado cun bo vaso de vi\u00f1o branco de Emilio de Mosende que prop\u00f3n Marga do Val. <\/p>\n<p>\u00c9 unha ledicia poder ver un libro en galego as\u00ed, que v\u00e9n confirmando a lenta liberaci\u00f3n de prexu\u00edzos da cultura galega ao redor dunha cerna tan b\u00e1sica da nosa identidade como \u00e9 a gastronom\u00eda e -agardemos- inaugure unha nova etapa no coidado dos libros gastron\u00f3micos en Galicia, ata agora restrinxidos a receitarios m\u00e1is ou menos conservadores. Como podemos ver en <em>Coci\u00f1ando ao p\u00e9 da letra<\/em>, a gastronom\u00eda \u00e9 moito m\u00e1is que iso. A gastronom\u00eda \u00e9 a vida, nin m\u00e1is nin menos. <\/p>\n<p>Aqu\u00ed vai un <em>making of<\/em>:<\/p>\n<p><iframe loading=\"lazy\" width=\"620\" height=\"383\" src=\"http:\/\/www.youtube.com\/embed\/SY8suVjHOSw?rel=0\" frameborder=\"0\" allowfullscreen><\/iframe><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Yolanda Casta\u00f1o: \u201cDurante catro meses, polo ver\u00e1n de 2009, Andrea Costas e mais eu tivemos&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2011\/06\/09\/cocinando-ao-pe-da-letra\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Coci\u00f1ando ao p\u00e9 da letra: dentro dos fog\u00f3ns dos escritores<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":18952,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[12,7],"tags":[],"class_list":["post-16269","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-libros","category-paparotasco","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/16269","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=16269"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/16269\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/18952"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=16269"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=16269"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=16269"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}