{"id":16183,"date":"2011-06-03T21:35:07","date_gmt":"2011-06-03T19:35:07","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=16183"},"modified":"2011-06-03T22:07:10","modified_gmt":"2011-06-03T20:07:10","slug":"no-reino-das-xacias-caminando-entre-o-castellum-minei-e-a-fervenza-de-auga-caida","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2011\/06\/03\/no-reino-das-xacias-caminando-entre-o-castellum-minei-e-a-fervenza-de-auga-caida\/","title":{"rendered":"No Reino das Xacias: cami\u00f1ando entre o Castellum Minei e a Fervenza de Auga Ca\u00edda"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/xelmirez_soldados.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Un d\u00eda do ver\u00e1n de 1108, un pequeno ex\u00e9rcito de soldados observa o c\u00e9o desde a banda occidental da ribeira do Mi\u00f1o. Vai unha calor insoportable, pero os cabaleiros e os soldados est\u00e1n en silencio. Fronte deles, un castelo inexpugnable emerxe sobre as augas, como un pen\u00f3n infranqueable. No alto, unha torre enorme. Por unha fiestra, asoma a cara dunha dona e un neno pequeno, que non lles quitan ollo. Tralas murallas daquel castelo no alto, distinguen unha hoste que tam\u00e9n esp\u00eda todos os seus movementos, pero m\u00e1is al\u00e1, aprecian os barrac\u00f3ns e empalizadas dun ex\u00e9rcito que rodea o castelo. A cousa, aqu\u00ed, en Marce, en Pant\u00f3n, non est\u00e1 nada clara. <\/p>\n<p><!--more--><\/p>\n<p>A <em>Historia Compostelana<\/em>, esa magn\u00edfica cr\u00f3nica da nosa Idade Media, bota man da poes\u00eda para describir a situaci\u00f3n de aquela muller e o neno, no alto da torre. Di que est\u00e1n &#8220;como nas profundidades do mar&#8221;, seguros e atrapados ao mesmo tempo. Ela \u00e9 Dona Maior, condesa de Traba, unha muller xa madura que defende con unllas e dentes a este cativo enfermizo que non \u00e9 da s\u00faa familia; o neno \u00e9 o infante Afonso Reim\u00fandez, que dous anos despois ser\u00eda coroado na Catedral de Santiago como Rei de Galicia e que despois ser\u00eda co\u00f1ecido, para a Historia, coma o Emperador Afonso VII. O home de Dona Maior, Pedro Froilaz, foi expulsado destas terras sen poder escapar co infante que ten ao seu cargo e Dona Maior, \u00e1 fronte da guarnici\u00f3n, resiste un asedio que se prolonga demasiado. Oito mans asinan un pacto para rematar co cerco, pero Maior non se f\u00eda e reclama a chegada do home m\u00e1is poderoso de Galicia: o bispo Diego Xelm\u00edrez.<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/aguia.jpg\" alt=\"\" \/> <\/p>\n<p>Os soldados que espreitan da outra banda do r\u00edo son a garda do bispo, que agarda para cruzar. Est\u00e1n todos en silencio, observando un c\u00e9o excesivamente detido. De s\u00fapeto, aparece unha aguia enorme que salta dos riscos pedregosos da enorme fervenza de Auga Ca\u00edda, un torrente de auga que se derruba enfronte deles, entre riscos e un bosque espeso. Os homes cabecean con pesimismo. A aguia falou. V\u00e9n en sentido contrario. Mal augurio. <\/p>\n<p>-Meu se\u00f1or bispo, non cruce! <\/p>\n<p>Aqu\u00ed temos a Diego Xelm\u00edrez. Est\u00e1 disposto a cruzar, porque se xoga moito. Ten que cruzar o r\u00edo Mi\u00f1o s\u00f3 con tres homes, un apoderado de cada bando, e conseguir sacar a ese neno que \u00e9 o seu futuro como sexa de al\u00ed. A barca est\u00e1 agardando, pero a batafoula medra. <\/p>\n<p>-Non se meta no r\u00edo! Non se meta no r\u00edo! <\/p>\n<p>Un grupo de soldados introd\u00facese na ribeira e ret\u00e9n a barca do bispo. Outros vix\u00edan sen parar a superficie maina, case detida, do r\u00edo, procurando a aparici\u00f3n deses monstros dos que falan os locais, os xacios que viven nas profundidades desa volta do Mi\u00f1o. Moitos deles agarran as armas e desenf\u00fandanas.  Tras uns momentos de vacilaci\u00f3n, Xelm\u00edrez volve tomar o mando. <\/p>\n<p>-Parade! Deus non lle revela os seus plans \u00e1s bestas!<\/p>\n<p>Os feitos demostrar\u00edan que, se cadra, o bispo estaba trabucado e os soldados non. A Historia Compostelana, tan glorificadora da figura de Xelm\u00edrez, as\u00ed o deixa caer, a xulgar polos feitos que pasaron despois. A barca pasou da outra banda do r\u00edo, ata o antigo Castellum Minei, o Castelo do Mi\u00f1o. Tras unha sorte de escaramuzas, o bando contrario conseguir\u00eda raptar ao infante, facer presa \u00e1 condesa na mesma torre e, atravesando en barcas o r\u00edo, atacar o campamento do ex\u00e9rcito de Compostela ata facer unha desfeita entre o ex\u00e9rcito do arcebispo. A cr\u00f3nica conta que os soldados compostel\u00e1ns fuxiron polos bosques e o alto dos montes. <\/p>\n<p>Hai moito tempo que quer\u00eda co\u00f1ecer este lugar. O antigo Castellum Minei, presente nos documentos medievais desde o s\u00e9culo IX, un privilexiado espazo de control sobre o r\u00edo Mi\u00f1o. Interes\u00e1bame porque nesta investigaci\u00f3n das Rep\u00fablicas de Homes Libres, hai que explorar todos aqueles castelos que est\u00e1n documentados, para poder establecer tipolox\u00edas que nos permitan comprender outros castelos similares que non aparecen na documentaci\u00f3n. As\u00ed que nos achegamos ata a aldea de Marce, en Pant\u00f3n, para reconstru\u00edr os feitos sobre o lugar. A aldea de Marce est\u00e1 na zona m\u00e1is remota de Pant\u00f3n, no pleno coraz\u00f3n da Ribeira Sacra. Hai que serpear co coche ata chegar a este pequeno e boscoso lugar no que sobrancea, aillada, a Torre do Reloxo, de orixe medieval. Unha moza sin\u00e1lanos como chegar ata al\u00f3, baixando por un sendeiro que limparon os veci\u00f1os. E f\u00e1lanos tam\u00e9n da Fervenza. <\/p>\n<p>&#8211;<em>A fergvensa<\/em> -dinos unha moci\u00f1a inglesa que sube, corredoira arriba, coa s\u00faa familia de volta do carreiro. As \u00fanicas persoas que nos cruzaremos neste sendeiro de marabillas ser\u00e1n ingleses. Andamos polas corredoiras. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/marce_1.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Vemos un curuto boscoso. Vela\u00ed est\u00e1 o Castro de Marce, como hoxe se lle co\u00f1ece. Pola investigaci\u00f3n documental levada a cabo por Carlos A. Gonz\u00e1lez Paz sabemos que a propia acr\u00f3pole castrexa \u00e9 o Castellum Minei, unha fortificaci\u00f3n que se remonta como m\u00ednimo mil douscentos anos atr\u00e1s. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/marce_2.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/marce_4.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>O castelo presenta unhas ru\u00ednas algo cubertas de vexetaci\u00f3n, pero accesibles. Varias murallas protexen o acceso desde o exterior, algunhas delas en moi bo estado. Na zona superior hai unha plataforma achairada e chea de cachote, na que no seu tempo debeu estar a torre na que Dona Maior e o pequeno infante que logo ser\u00eda coroado Rei de Galicia resistir\u00edan o asedio. Busquei o campamento do bispo Xelm\u00edrez da outra banda desta fermos\u00edsima volta do r\u00edo Mi\u00f1o. Polo can\u00f3n baixa unha brisa fresca que nos acouga. A sombra dos feitos hist\u00f3ricos tremendos quedou aqu\u00ed tam\u00e9n recuberta pola existencia dun pobo oculto, que habita neste castro. E non son os mouros, sen\u00f3n os xacios, unha sorte de sereos de r\u00edo que asasinan brutalmente a aquelas xacias que namoran e se mesturan cos homes da aldea de Marce. De aqu\u00ed, do fondo do r\u00edo, os veci\u00f1os de Marce, conta a tradici\u00f3n, v\u00edan sa\u00edr aos Xacios, transmutados en pavorosos monstros que os ameazaban, no mellor estilo lovecraftiano. E \u00e9 neste derrubo de cachote das murallas do castelo agocha nesta mitolox\u00eda ribeirana as casas e os lugares dos xacios. Desde aqu\u00ed o r\u00edo \u00e9 coma un maxestuoso mar interior. De s\u00fapeto, vemos, como nun lago su\u00edzo, a fervenza caendo entre o bosque, esvarando ata o mi\u00f1o. Alucinamos. Hai que ir al\u00f3. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/marce_3.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/marce_5.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Volvemos polo cami\u00f1o para achegarnos \u00e1 Fervenza de Auga Ca\u00edda. Baixando por amplas pendentes, imos sentindo o bramor da auga caendo, pero o solo \u00e9 clemente. Mesturados entre carballos e casti\u00f1eiros, medran as cereixeiras bravas. No tempo da Ascensi\u00f3n, as cereixas choven desde o aire nestes bosques da Ribeira Sacra. Valas collendo a pu\u00f1ados mentres cami\u00f1as e te descolgas por caeiras ata chegar ao espect\u00e1culo. <\/p>\n<p>-Sement\u00e1ronas as xacias, seguro -di algu\u00e9n. <\/p>\n<p>\u00c9 dif\u00edcil describir a Fervenza de Auga Ca\u00edda. Solitaria, inalterada, sen merendeiros, AVEs, banqui\u00f1os para descansar, civilizados pasam\u00e1ns, paneis explicativos redundantes&#8230;enorme, de corenta metros de altura, boscosa, brava, salvaxe. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/marce_6.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>A auga, de tanta altura, cae convertida en finos f\u00edos de prata que tecen unha manta sobre o xisto, formando unha vizosa piscina. Ficas nela hipnotizado, marabillado. Con cordas descendemos ata a base deste anaco do para\u00edso. Seguro que aqu\u00ed hab\u00edan vir os xacios cando os bispos non cruzaban, ferro en man, o r\u00edo Mi\u00f1o. <\/p>\n<p>Aqu\u00ed podes ver un panorama da fervenza:<\/p>\n<p><iframe loading=\"lazy\" frameborder=\"0\" src=\"http:\/\/photosynth.net\/embed.aspx?cid=008e1228-c92e-4d07-9b5f-8b3ae106582b&#038;delayLoad=true&#038;slideShowPlaying=false\" width=\"620\" height=\"400\"><\/iframe><\/p>\n<p>Ollo, cando vexades o desv\u00edo que indica &#8220;Fervenza de Auga Ca\u00edda &#8211; Tramo perigoso&#8221; e, pola outra banda, &#8220;Continuaci\u00f3n de ruta&#8221;, seguide pola &#8220;Continuaci\u00f3n de Ruta&#8221; para chegar \u00e1 base da fervenza, que \u00e9 a vista m\u00e1is espectacular. <a href=\"http:\/\/maps.google.com\/maps\/ms?ie=UTF8&#038;hl=es&#038;oe=UTF8&#038;num=200&#038;start=396&#038;msa=0&#038;msid=210066705712329425773.00000111d78e2747569d4&#038;ll=42.518912,-7.708197&#038;spn=0.013016,0.03135&#038;t=h&#038;z=16&#038;iwloc=0004a4d230d35cb765f78\">Aqu\u00ed tes unha localizaci\u00f3n dos dous sitios e o inicio do sendeiro<\/a>. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Un d\u00eda do ver\u00e1n de 1108, un pequeno ex\u00e9rcito de soldados observa o c\u00e9o desde<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2011\/06\/03\/no-reino-das-xacias-caminando-entre-o-castellum-minei-e-a-fervenza-de-auga-caida\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">No Reino das Xacias: cami\u00f1ando entre o Castellum Minei e a Fervenza de Auga Ca\u00edda<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":16208,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[18,8],"tags":[],"class_list":["post-16183","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-notas-arqueoloxicas","category-roteiros","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/16183","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=16183"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/16183\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/16208"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=16183"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=16183"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=16183"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}