{"id":16179,"date":"2011-06-03T19:18:46","date_gmt":"2011-06-03T17:18:46","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=16179"},"modified":"2011-06-03T19:29:22","modified_gmt":"2011-06-03T17:29:22","slug":"atencion-aberto-o-paso-cara-castro-candaz","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2011\/06\/03\/atencion-aberto-o-paso-cara-castro-candaz\/","title":{"rendered":"Atenci\u00f3n: aberto o paso cara Castro Candaz"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/candaz_n_3.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>A seca no encoro de Belesar. Fotos: Sole<\/em><\/p>\n<p>O outro d\u00eda lin unha noticia que me chamou a atenci\u00f3n de inmediato: &#8220;<a href=\"http:\/\/www.lavozdegalicia.es\/lemos\/2011\/05\/31\/0003_201105M31C4991.htm\">O encoro de Belesar est\u00e1 estes d\u00edas baixo m\u00ednimos hist\u00f3ricos<\/a>&#8220;. Inmediatamente lembreime da nosa anterior incursi\u00f3n cara este territorio asulagado de Belesar, na procura dun lugar misterioso, un castelo lendario que aparece e desaparece baixo as augas, como nas m\u00e1is antigas lendas. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/candaz_5.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>\u00c9 o castelo de Castro Candaz, orixe lendaria de todas as familias nobiliares da zona, que se continuaban vinculando xenealoxicamente a el cando xa era unha ru\u00edna no XVI ou XVII. Aqu\u00ed, os cabaleiros de Chantada, da Plantata medieval, contiveron as hordas vikingas mentres protex\u00edan \u00e1 poboaci\u00f3n civil ata a chegada dos ex\u00e9rcitos do Rei: os Lordomani non deron tomado este \u00faltimo refuxio, agachado entre as augas. Este castelo, na confluencia de tres r\u00edos, punto culminante dunha veta de seixo que al\u00ed aflora entre os xistos como un fil\u00f3n de ouro, emerx\u00eda insular no medio da formidable paisaxe de Belesar. <a href=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/index.php\/2010\/10\/26\/castro-candaz-o-corazon-mergullado-da-historia-lendaria-de-galicia\/ \">Aqu\u00ed conto toda a historia e a investigaci\u00f3n posterior na Biblioteca Nacional de Madrid<\/a>. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/candaz_6.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Na nosa anterior visita ficamos \u00e1s portas do castelo, sen capacidade de pasar m\u00e1is al\u00f3, con todas as ga\u00f1as deste mundo. Ata este xoves. Aproveitando a noticia da seca en Belesar, decidimos achegarnos ata Chantada, a ver se as augas baixaran abondo como para pasarmos ata al\u00f3. Abof\u00e9 que puidemos pasar. E vaia espect\u00e1culo. <\/p>\n<p><!--more--><\/p>\n<p>O encoro zugara todo o l\u00edquido e o que viamos al\u00f3 era unha paisaxe de ultramundo, un territorio entre submarino e terrestre, onde a masa enorme de Castro Candaz sobresa\u00eda no medio.<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/candaz_n_2.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/candaz_n_1.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>O castelo enteiro, moi modificado pola construci\u00f3n de socalcos posteriores para vi\u00f1edo, a\u00ednda \u00e9 perfectamente visible. A s\u00faa estrutura disp\u00f3n un foxo que limita as zonas m\u00e1is accesibles e baixa cara un lugar que, se cadra, nalg\u00fan momento foi un porto dun Mi\u00f1o navegable que hoxe ser\u00eda imposible. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/candaz_n_4.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>\u00c1rea do foxo<\/em><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/candaz_n_6.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>En cami\u00f1o cara a rampa de acceso<\/em><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/candaz_n_5.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Rampa de acceso \u00e1 fortaleza<\/em><\/p>\n<p>A fortaleza consta de d\u00faas grandes \u00e1reas: a primeira, un gran patio principal, ao que se accede por unha rampa; tras el, na zona m\u00e1is alta, est\u00e1 a zona mellor preservada da fortificaci\u00f3n: unha grosa muralla rodea os cimentos dunha torre que, pola factura, debe ser antiqu\u00edsima. Varias dependencias derrubadas est\u00e1n pola zona oriental, cara r\u00edo Mi\u00f1o. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/candaz_n_7.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/candaz_n_8.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Primeiro recinto do castelo<\/em><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/candaz_n_9.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Zona do torre\u00f3n central<br \/>\n<\/em><br \/>\n<img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/candaz_n_10.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Banda norte do castelo<\/em><\/p>\n<p>Todo \u00e9 unha masa enorme de xistos que definen estancias, muros e murallas, rodeados de numerosos socalcos que lle dan ao lugar unha estra\u00f1a percepci\u00f3n regular, como se fose un escenario m\u00e1is de ciencia ficci\u00f3n que dalg\u00fans dos episodios m\u00e1is remotos da nosa Idade Media. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/candaz_n_11.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/candaz_n_12.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/candaz_n_13.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/candaz_n_14.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Un elemento moi interesante \u00e9 a presenza do granito. Polo tipo de gran, non procede do espazo in situ, sen\u00f3n da chaira superior. O granito empreg\u00e1base nas \u00e1reas nobles dos edificios, e algunhas edificaci\u00f3ns m\u00e1is recentes aproveitan pedras procedentes do castelo, como este dintel dunha porta reconvertido en dintel de fiestra (especialistas en medieval, atrev\u00e9desvos a datalo?) ou tam\u00e9n bases de portas. <\/p>\n<p>No seguinte panorama entras dentro do recinto de Castro Candaz, nunha zona neur\u00e1lxica. Est\u00e1s na transici\u00f3n entre o segundo e o primeiro recinto. O que ves de fronte nada m\u00e1is arrincar \u00e9 a masa de xistos que conforma o torre\u00f3n principal, tras as d\u00faas casoupas do primeiro plano. Est\u00e1s posto sobre unha enorme pedra de seixo e cando xiras, ves todo o espazo do primeiro recinto deste castro castelo, que debeu ser lugar forte durante m\u00e1is de mil cincocentos anos. \u00c9 imposible estar al\u00ed e non po\u00f1\u00e9rseche a pel de gali\u00f1a nalg\u00fan momento. <\/p>\n<p><iframe loading=\"lazy\" frameborder=\"0\" src=\"http:\/\/photosynth.net\/embed.aspx?cid=1d783358-4407-4747-8d2a-df8f2f9220b1&#038;delayLoad=true&#038;slideShowPlaying=false\" width=\"620\" height=\"400\"><\/iframe><\/p>\n<p>Desde un punto de vista arqueol\u00f3xico, a\u00ednda que foi modificado posteriormente nalgunhas \u00e1reas polas tarefas agr\u00edcolas, ten un detalle interesante: o recinto \u00e9 notablemente superior en dimensi\u00f3ns que os castelos altomedievais que levamos procurando; case todas as fortificaci\u00f3ns prefeudais do IX e X est\u00e1n pensadas para guarnici\u00f3ns moi pequenas. Castro Candaz que disp\u00f3n dun amplo patio previo, nada habitual nos castelos galegos, que recorda m\u00e1is \u00e1 configuraci\u00f3n dun castro que dunha fortificaci\u00f3n medieval e que si puido, como conta a lenda normanda, acoller a un bo n\u00famero de persoas no seu interior. Non podo deixar de pensar na noci\u00f3n de refuxio que se traslada deste espazo arqueol\u00f3xico. A mi\u00f1a hip\u00f3tese, que m\u00e1is ou menos a\u00ednda mante\u00f1o, \u00e9 que con independencia desta cuesti\u00f3n, Castro Candaz deb\u00eda ser un punto importante de paso do r\u00edo Mi\u00f1o, pero agora, sentado no que fica da torre de homenaxe, procuro na aba contraria do r\u00edo o cami\u00f1o que debera subir desde alg\u00fan embarcadoiro que facilitara o paso e non o vexo. Ser\u00eda efectivamente un \u00faltimo reduto?<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/candaz_n_15.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p class=\"note\">\nNo <a href=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/index.php\/2010\/10\/26\/castro-candaz-o-corazon-mergullado-da-historia-lendaria-de-galicia\/ \">anterior post que publiquei sobre Castro Candaz<\/a> tes a localizaci\u00f3n do lugar. S\u00f3 un consello moi importante: estrema as precauci\u00f3ns. Todo aquelo pasa moito tempo baixo a auga e muros en apariencia grosos poden virse abaixo cun \u00fanico empurr\u00f3n. Castro Candaz \u00e9 un sitio non demasiado seguro para ir con nenos ou con imprudentes, aviso. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A seca no encoro de Belesar. Fotos: Sole O outro d\u00eda lin unha noticia que<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2011\/06\/03\/atencion-aberto-o-paso-cara-castro-candaz\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Atenci\u00f3n: aberto o paso cara Castro Candaz<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":16185,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2,18,35],"tags":[],"class_list":["post-16179","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-diario","category-notas-arqueoloxicas","category-republicas-de-homes-libres","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/16179","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=16179"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/16179\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/16185"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=16179"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=16179"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=16179"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}