{"id":16083,"date":"2011-05-25T20:43:48","date_gmt":"2011-05-25T18:43:48","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=16083"},"modified":"2011-05-25T20:47:33","modified_gmt":"2011-05-25T18:47:33","slug":"algo-mais-que-unha-fotografia-unha-idea-da-gastronomia-galega","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2011\/05\/25\/algo-mais-que-unha-fotografia-unha-idea-da-gastronomia-galega\/","title":{"rendered":"Algo m\u00e1is que unha fotograf\u00eda: unha idea da gastronom\u00eda galega"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/a_cocina_galega_cunqueiro_2.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Foto: Sole. <a href=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/a_cocina_galega_cunqueiro.jpg\" data-rel=\"lightbox-image-0\" data-rl_title=\"\" data-rl_caption=\"\" title=\"\">Podes ampliala aqu\u00ed<\/a> (recomendado porque \u00e9 moi chula). <\/em><\/p>\n<p>Onte realizamos a foto de familia de <em><a href=\"http:\/\/www.consellodacultura.org\/cunqueiro2011\/?p=128\">A Coci\u00f1a Galega con Cunqueiro<\/a><\/em>, o programa co que o Consello da Cultura Galega quere levar a literatura gastron\u00f3mica do gran autor mindoniense aos restaurantes de Galicia -ou sexa, aos seus clientes. Practicamente 60 restaurantes de todo o pa\u00eds xa se apuntaron \u00e1 iniciativa e o que destaca nunha primeira ollada do listado -no que en breve se vai incorporar unha gran e importante sorpresa- \u00e9 a enorme diversidade dos restaurantes que o compo\u00f1en: restaurantes moi tradicionais, radicalmente tradicionais, canda restaurantes radicalmente contempor\u00e1neos, restaurantes de todos os prezos e estilos. Pequenas tabernas vilegas e alg\u00fans dos establecementos de referencia internacional da gastronom\u00eda de Galicia, aut\u00e9nticas embaixadas amables da nosa cultura. Toda esta xente ten algo en com\u00fan: a admiraci\u00f3n e o respecto por don \u00c1lvaro Cunqueiro. Foi o escritor un dos primeiros en levar a gastronom\u00eda ao campo da literatura e da vida, incorporando sen medo os saberes gastron\u00f3micos \u00e1 cultura, al\u00e9n das receitas, convertindo un saber dom\u00e9stico nunha marca de identidade. A lecci\u00f3n de Don \u00c1lvaro est\u00e1 hoxe nesta fotograf\u00eda. Don \u00c1lvaro une. <\/p>\n<p>Esta fotograf\u00eda -posiblemente a primeira vez que un gran n\u00famero de coci\u00f1eiros de todas as sensibilidades e recantos da xeograf\u00eda galega traballan nun proxecto cultural com\u00fan e conxunto- demostra que na gastronom\u00eda galega temos un gran futuro a\u00ednda por constru\u00edr; hai que erguer unhas <em>ra\u00edces modernas<\/em>, darlle corpo e solidez ao traballo dos coci\u00f1eiros galegos facendo visible todo o que estivo detr\u00e1s, antes e canda eles -que \u00e9 moito, e moitas veces pouco visible. Iso \u00e9 crear marca non s\u00f3 para a coci\u00f1a, sen\u00f3n para a propia Galicia. Cando un come nun gran establecemento franc\u00e9s, por exemplo, \u00e9 consciente do peso cultural que est\u00e1 al\u00ed detr\u00e1s. Necesitamos atopar o noso cami\u00f1o nese sentido. <em>Na mesa con Cunqueiro<\/em>, a elegante e pequena antolox\u00eda de Cunqueiro que editou o xornalista Miguel Vila para o Consello da Cultura Galega, \u00e9 un pequeno paso para contarnos a n\u00f3s mesmos, e aos que nos visitan e comen nestes lugares, o rico mundo cultural que est\u00e1 detr\u00e1s dos pratos que van degustar. Cunqueiro une. E a gastronom\u00eda galega, unida, \u00e9 unha fertil semente para o noso futuro. <\/p>\n<p>Moitas grazas aos coci\u00f1eiros que se achegaron ata Santiago e \u00e1 impresionante cobertura de medios. Agora comeza o m\u00e1is rico. :-)<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Foto: Sole. Podes ampliala aqu\u00ed (recomendado porque \u00e9 moi chula). Onte realizamos a foto de&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2011\/05\/25\/algo-mais-que-unha-fotografia-unha-idea-da-gastronomia-galega\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Algo m\u00e1is que unha fotograf\u00eda: unha idea da gastronom\u00eda galega<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":16085,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[7],"tags":[],"class_list":["post-16083","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-paparotasco","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/16083","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=16083"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/16083\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/16085"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=16083"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=16083"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=16083"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}