{"id":16075,"date":"2011-05-26T19:37:04","date_gmt":"2011-05-26T17:37:04","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=16075"},"modified":"2011-05-30T00:22:45","modified_gmt":"2011-05-29T22:22:45","slug":"o-misterio-da-moura-de-coiros","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2011\/05\/26\/o-misterio-da-moura-de-coiros\/","title":{"rendered":"O misterio da Moura da Pena Furada"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/moura_1.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Fotos: Sole<\/em><\/p>\n<p>A principios dos 90, o arque\u00f3logo Ant\u00f3n Malde estaba a realizar unha investigaci\u00f3n sobre o megalitismo no seu concello natal, Coir\u00f3s, preto de Betanzos e A Coru\u00f1a. Sub\u00eda, atravesando do trav\u00e9s, o Monte de Pena Furada. Cando estaba a punto de chegar ao m\u00e1is alto, apareceu un espol\u00f3n de rochas diante del, un lugar como un barco de pedra que miraba o val circundante como un espazo privilexiado. Comezou a gabear entre elas e o que atopou al\u00ed estra\u00f1oulle moito. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/moura_2.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/moura_3.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/moura_4.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Antropomorfo na rocha. Imaxe tintada dixitalmente. <\/em><\/p>\n<p>Pedras traballadas, que parec\u00edan ter sido moldeadas para facer pasos entre elas. Por diante dun penedo moi agudo estaban talladas unhas escadas moi estra\u00f1as, estreitas, trapezoidais, que sub\u00edan ata unha m\u00ednima plataforma superior, que hoxe mesmo segue a dar vertixe. Al\u00ed, na escasa superficie do alto da rocha, hab\u00eda un home tallado, e p\u00edas nas s\u00faas proximidades. A sorpresa m\u00e1is grande, con todo, foi cando se meteu, entre a maleza, pola zona chan do centro do espol\u00f3n. Malde localizou algo intrigante, chamativo e turbador no centro daquel lugar.<\/p>\n<p>Vinte anos despois daquel achado, estamos choutando con Ant\u00f3n Malde por entre estas pedras do concello de Coir\u00f3s, nunha pesada tarde destes s\u00e1bados de primavera. Chegamos \u00e1 condenada pedra que fai especial este lugar. Al\u00ed, no medio, hab\u00eda un bloque p\u00e9treo moi intrigante, hoxe envolto na maleza. Fix\u00e1devos, a ver que vedes nesta foto:<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/moura_8.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/moura_6.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p> Intervida e moldeada, algu\u00e9n recortara os estremos para definir p\u00edas cuadrangulares. Cando Ant\u00f3n Malde ma ensinou, deume unha volta ao coraz\u00f3n. Na zona plana superior hab\u00eda un <em>lacus<\/em>, unha p\u00eda cadrangular, das habituais nos santuarios rupestres, malia que m\u00e1is pequena. Pero iso non era o importante. Nun estremo da pedra, nunha posici\u00f3n de deitarse, estaba a figura. Unha figura elemental, unha figura que recordaba as persoas de Munch, de ollos moi simples, cunha boa aberta, tremendamente simplificada, pero cun detalle notorio, un detalle mesmo algo violento \u00e1 vista. A figura, coas s\u00faas mans, apreixaba a s\u00faa vulva e abr\u00edaa, ata o punto de que o seu sexo feminino resultaba o rasgo m\u00e1is notable da s\u00faa figura. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/moura_10.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Tirei a br\u00faxula para ver como estaba orientada esta figura, porque ti\u00f1a a sensaci\u00f3n de que o seu autor escollera esa posici\u00f3n premeditadamente, como non \u00e9 dif\u00edcil deducir se mirades a fotograf\u00eda. Mim\u00e1. A br\u00faxula indicaba que a figura estaba ali\u00f1ada exactamente no eixo Oeste-Leste. E hab\u00eda un detalle m\u00e1is. Se vedes nas fotograf\u00edas, a figura creba de direcci\u00f3n a media altura. Parece haber unha certa intenci\u00f3n en facer frontal a vulva, directamente cara a posta de sol. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/moura_9.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>A vulva desta Moura est\u00e1 ollando cara o solpor, cara o Oeste. Entusiasmado, preg\u00fantolle a Ant\u00f3n:<\/p>\n<p>-Que hai nesa direcci\u00f3n?<br \/>\n-A igrexa de Santa Mari\u00f1a de Lesa est\u00e1 al\u00f3 abaixo -dime. <\/p>\n<p>D\u00e1me a risa. Santa Mari\u00f1a, outra vez. En canto aparece esta santa, sempre pasa algo raro nas proximidades. Ollo esta figura, ollo o horizonte boscoso e cheo de prados. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/moura_7.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Malde seguiu buscando polo lugar. M\u00e1is pedras esquinadas e labradas, como debuxando no aire portas invisibles, trancas, cabanas que non podemos imaxinar. Pedras coronadas por seixos brancos, pero seccionadas para crear pasos ou para soster trabes. Todo moi estra\u00f1o. No chan aparec\u00edan peci\u00f1as de cer\u00e1mica. Abraiado, Malde deu parte ao concello da existencia deste lugar que non estaba no cat\u00e1logo. Polo que falei con el, creo que a\u00ednda hoxe ten certa percepci\u00f3n de arrepentimento. <\/p>\n<p>-Pouco despois a maquinaria fixo esta pista in\u00fatil fendendo toda este estremo do xacemento -dime Malde. B\u00f3tase unha man \u00e1 cara. <\/p>\n<p>Agora estamos mirando o tremendo la\u00f1azo que unha pista forestal, hoxe abandonada, lle inflinxe ao estremo do xacemento, al\u00ed onde as pedras desaparecen e se inicia un eucaliptal. Cuspo (sempre cuspo cando ando a cismar) e digo:<\/p>\n<p>-Unha m\u00e1goa. Porque moitas veces nos l\u00edmites destes xacementos \u00e9 onde temos a clave que nos d\u00e1 unha cronolox\u00eda -d\u00edgolle- Que perda tan grande!<\/p>\n<p>Cada \u00e9poca \u00e9, nas mi\u00f1as buscas, un xeito de defensa ante o mundo. Foxo, gabia, valo de empalizada de madeira, parapeto, terrapl\u00e9n, muralla p\u00e9trea, eu que sei. Rastreamos entre o eucaliptal. Aparece un prometedor resto de valado t\u00e9rreo, pero toma en sentido contrario. Um. Aparentemente nada en superficie. Merda de pista forestal. <\/p>\n<p>Eses mesmos d\u00edas da descuberta, Ant\u00f3n baixou \u00e1 aldea m\u00e1is pr\u00f3xima, a Figueiras. E a\u00ed est\u00e1 unha clave deste lugar. &#8220;Ocupa unha posici\u00f3n exc\u00e9ntrica con respecto \u00e1s aldeas actuais&#8221;, dime Malde, &#8220;moi poucos, s\u00f3 os m\u00e1is maiores, co\u00f1ec\u00edan a existencia da Moura&#8221;. Porque as\u00ed lle chaman a esta figura, a Moura. Pero a que nunca viron unha moura as\u00ed?<\/p>\n<h3>O pastor \u00e1vido<\/h3>\n<p>En Figueiras o arque\u00f3logo localizou a un pastor que pasara al\u00f3, neste monte, ben de tempo. Aquel home choutaba entre penedos e penedos e, se cadra, polo que el dixo -a\u00ednda que sempre hai que coller estas cousas con coidado, non \u00e9 a primeira vez que a min me aseguran que un petr\u00f3glifo de cervos e espirais o fixo o informante e os seus amigos cando novos- foi el o autor do homi\u00f1o da peneda norte. Pero o abraiante \u00e9 que no estremo contrario do espor\u00f3n, preto da &#8220;porta&#8221; de entrada, hai outra figura de apariencia antropomorfa, seccionada en parte. Aquel pastor confesou ter fendido esa pedra para buscar no seu interior o ouro dos mouros. O petr\u00f3glifo, en parte destrozado, \u00e9 unha impresionante testemu\u00f1a das arelas campesi\u00f1as polo ouro dos seus ancestros. Pero non podo deixar de imaxinarmo, fendendo a esta figura humana, no medio do bosque, suxestionado por noites e noites de lendas. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/moura_5.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Malde non calou o achado. Publicouno nunha das revistas fundamentais para os estudos hist\u00f3ricos neste pa\u00eds, o Anuario Brigantino, e <a href=\"http:\/\/anuariobrigantino.betanzos.net\/Ab1993PDF\/1993%20015_024.pdf\">aqu\u00ed se pode ler en PDF<\/a>.  Posteriormente, a misteriosa figura de sexo aberto chamou a atenci\u00f3n de Fernando Alonso Romero, e al\u00e1 foi, ao monte de Pena Furada, quen fixo a s\u00faa propia investigaci\u00f3n centrada nesa estra\u00f1a figura feminina e tam\u00e9n a publicou no Anuario (<a href=\"http:\/\/anuariobrigantino.betanzos.net\/Ab2004PDF\/2004%20161-178%20ALONSO%20ROMERO.pdf\">aqu\u00ed en pdf<\/a>). <\/p>\n<p>Pola mi\u00f1a banda, estou confuso e abraiado. Malde recuperou a memoria deste lugar cando publicamos o Santuario de Santa Mari\u00f1a de Augas Santas. <\/p>\n<p>-Quer\u00eda que o viras, a ver que che parece -dime Ant\u00f3n.<br \/>\n-Ant\u00f3n, isto \u00e9 moi raro. Se fose por estes rebaixes de pedras que est\u00e1n por todas partes, e pola posici\u00f3n, con estas vistas alucinantes e a defensa doada, dir\u00edache que este \u00e9 un castelo dos que pensamos que \u00e9 dunha cronolox\u00eda VII-VIII. Pero esa pedra do interior, perfectamente separada do resto do espazo, recortada nas s\u00faas esquinas, coa moura exactamente orientada na direcci\u00f3n Oeste-Leste, tenme desacougado. Dir\u00edache que iso a min me parece unha galaicorromanada coma un mundo. As\u00ed que non entendo nada. Por outra banda, en Santa Mari\u00f1a, no monte do Se\u00f1ori\u00f1o, ao redor desa posible zona principal hai moitas pedras tam\u00e9n con rebaixes&#8230; E o antropomorfo do penedo principal si parece moderno. Pero, os escal\u00f3ns que suben a el, tan raros, para que?<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/moura_11.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<h3>O intrigante misterio, as dobles posibilidades<\/h3>\n<p>Isto \u00e9 un misterio, un misterio fascinante. Con Ant\u00f3n Malde reco\u00f1ecemos o acceso, entre a frouma, a este lugar. O acceso actual discorre entre a espesura, pero as pedras est\u00e1n rebaixadas polas beiras, para cedernos o paso cara este lugar que, literalmente, flota entre tempos. Se fose alg\u00fan tipo de santuario galaico ou galaicorromano, estariamos ante unha interesant\u00edsima variante dos modelos que se pod\u00edan observar na Gallaecia meridional. Pero a figuri\u00f1a, in\u00e9dita na Galicia castrexa ou romana (na que si se atopan s\u00edmbolos f\u00e1licos), ten un paralelismo claro coas Sheela-na-gig que aparecen nas igrexas medievais irlandesas ou inglesas. Deusas da fertilidade e da fecundidade. Se, pola contra, fose obra dun soldado sa\u00eddo e un tanto ardente de \u00e9poca altomedieval que tivese que pasar dilatadas horas neste lugar, nada encaixa. Porque hai unha disposici\u00f3n ao meu ver moi ritual de todo este espazo, con orientaci\u00f3ns e delimitaci\u00f3n de espazos.<\/p>\n<p>Observo esta figuri\u00f1a un tanto turbadora, un tanto fantasmal. Se alg\u00fan d\u00eda se desbroza esta xungla que a rodea, saberemos m\u00e1is sobre para que foi concibida. A falta de paralelos no pa\u00eds tennos confundidos, e intrigados. Eu estou convencido de que esta figura se pensou para ver desde embaixo da pedra. Observo a li\u00f1a do horizonte, o val do r\u00edo Mendo desde esta pedra. E non deixo de sorrir. Se cadra esta Moura estea propagando, de alg\u00fan xeito, coa s\u00faa vulva, a fertilidade polos verdes e h\u00famidos campos de Coir\u00f3s. Unha beiz\u00f3n que se significaba nos \u00f3rganos sexuais. Hoxend\u00eda, sexo e natureza est\u00e1n disociados na nosa cultura, pero no universo da persoa que gravou isto en Santa Mari\u00f1a de Lesa, o sexo vai m\u00e1is al\u00f3 dun instrumento de pracer: \u00e9 a m\u00e1is poderosa e enigm\u00e1tica parte do noso corpo, tan estra\u00f1a e insondable que se convirte na peza principal dunha figura sagrada. <\/p>\n<p><em>Grazas por amos\u00e1rnola, Ant\u00f3n!<\/em><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Nun perdido outeiro dos montes de Coir\u00f3s, unha estra\u00f1a figura de trazos un tanto turbadores observa desde hai s\u00e9culos o solpor. Ant\u00f3n Malde introd\u00facenos nun fascinante e moi desco\u00f1ecido sitio arqueol\u00f3xico do que nos queda moito por saber. <\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2011\/05\/26\/o-misterio-da-moura-de-coiros\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">O misterio da Moura da Pena Furada<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":16092,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[32,18],"tags":[],"class_list":["post-16075","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-destacado","category-notas-arqueoloxicas","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/16075","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=16075"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/16075\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/16092"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=16075"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=16075"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=16075"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}