{"id":16060,"date":"2011-05-22T21:05:19","date_gmt":"2011-05-22T19:05:19","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=16060"},"modified":"2011-05-22T21:27:35","modified_gmt":"2011-05-22T19:27:35","slug":"a-terceira-pata-ausente","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2011\/05\/22\/a-terceira-pata-ausente\/","title":{"rendered":"A terceira pata ausente"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/brigantes.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>A BBC do Ulster comezou a emitir recentemente unha nova serie: <em>The Story of Ireland<\/em>. O t\u00edtulo non \u00e9 menor, nin est\u00e1 mal escrito: se a serie se chamara <em>The History of Ireland<\/em>, ter\u00eda que contar a Historia de Irlanda, unha sucesi\u00f3n cronol\u00f3xica de feitos e a s\u00faa an\u00e1lise. Ao chamarse <em>The Story of Ireland<\/em>, o que significa \u00e9 o <em>Relato de Irlanda<\/em>. \u00c9 dicir, que narrativa se contou a partir desa Historia. Este \u00e9 un documental de tese, destinado a defender unha idea sobre o imaxinario irland\u00e9s formado a partir da s\u00faa Historia, non detallala. Por desgraza, a serie relata exactamente o que un imaxinaba previamente que far\u00eda unha televisi\u00f3n p\u00fablica brit\u00e1nica sobre un pa\u00eds no que mant\u00e9n un territorio ocupado, cousas que incluso nos soan moito: iso dos celtas en Irlanda \u00e9 relativo, tam\u00e9n os hai noutras partes, e non est\u00e1 tampouco claro que os irlandeses sexan tan celtas (divertid\u00edsimo isto); esta xente na Idade do Ferro pasaba o d\u00eda comerciando co Mediterr\u00e1neo e incluso importando modas de al\u00e1, este \u00e9 un pa\u00eds multicultural e sempre o foi, etc. Unha das bases desta argumentaci\u00f3n tam\u00e9n era previsible: os irlandeses tam\u00e9n fumos conquistadores e non s\u00f3 conquistados, ese <em>rollito<\/em> vitimista que se traen alg\u00fans non \u00e9 real, e tal. <\/p>\n<p>A escena que m\u00e1is me chamou a atenci\u00f3n ocorre entre o experto (na esquerda da foto) e o presentador Fergal Keane. C\u00f3ntovola no interior do post. <\/p>\n<p><!--more--><\/p>\n<p>Est\u00e1n consultando o m\u00e1is antigo mapa de Irlanda, e nel vese a distribuci\u00f3n territorial dos pobos da Idade do Ferro nas Illas Brit\u00e1nicas. No Sureste de Irlanda viven os brigantes. Co dedo, o experto amosa a Fergal que en Gales, xusto enfronte, tam\u00e9n viven os brigantes. &#8220;E \u00e9 m\u00e1is&#8221;, di o experto, &#8220;pensamos que foron os brigantes irlandeses os que conquistaron o territorio gal\u00e9s nos que viven estoutros&#8221;. Fergal Keane fai que se abraia: &#8220;as\u00ed que n\u00f3s tam\u00e9n fumos conquistadores?&#8221;. &#8220;Exactamente&#8221;. Con abraio observei que o documental segu\u00eda por outros derroteiros. Eu agardaba que esta xente mirase un pouco cara o sur e, de s\u00fapeto, no seu baile de conquistas, de idas e vidas de ultramar, baixasen con ese dedo metido en luvas brancas ata o sur, e atopasen que no corno norte da Pen\u00ednsula Ib\u00e9rica hai tam\u00e9n unha sospeitosa Brigantium, inzada de relatos mitol\u00f3xicos que conectan a este porto \u00e1rtabro co sur destas illas coas que comparte, misteriosamente, top\u00f3nimo. Nesta conversa para a TV, a conexi\u00f3n co Libro das Invasi\u00f3ns irland\u00e9s e as viaxes mar\u00edtimas ter\u00eda encaixado como unha luva branca. Ou non? <\/p>\n<p>O documental \u00e9 enganoso e tramp\u00f3n: inv\u00e9ntase un discurso de aillacionismo (supostamente, o da historia nacionalista irlandesa), en contraposici\u00f3n a un discurso integrador e multicultural, que \u00e9 o que defende a BBC. O mesmo que lle recriminaban e recriminaron \u00e1 xeraci\u00f3n N\u00f3s en Galicia mentres os Pedrayos, Riscos ou Castelaos viaxaban por Europa e traduc\u00edan as vangardas literarias que os seus cr\u00edticos nin cheiraban. Pero na s\u00faa tese integradora e multicultural, estas estra\u00f1as ausencias son tam\u00e9n raras. Ben \u00e9 certo que a Historia galega non est\u00e1 traducida demasiado ao ingl\u00e9s, e que quen pod\u00eda presentar internacionalmente en congresos cient\u00edficos cuesti\u00f3ns sobre Galicia neste contexto atl\u00e1ntico ten pudores en facelo, e que falta un proxecto cient\u00edfico real e s\u00f3lido de comparaci\u00f3n entre culturas do ferro atl\u00e1nticas, entre Galicia e o Sur de Irlanda, por exemplo, para deixar de falar de o\u00eddo -os <em>pro <\/em>e os <em>contra<\/em>, por certo, nisto peca todo o mundo- e saber se hai algo detr\u00e1s destas tradici\u00f3ns galegas e irlandesas que se reproduciron durante xeraci\u00f3ns (si, digo galegas, e xa vos contarei no seu momento por que). O que quero dicir \u00e9 que este experto irland\u00e9s co\u00f1ece, seguro, o Brigantium galaico. Pero non falaron de Brigantium. O obxectivo desta escena do documental era demostrar a invasi\u00f3n da Illa invasora. Non sei se me explico. <\/p>\n<p>Sospeito que na ausencia desta luva branca, se cadra, estes guionistas da BBC pecaron do mesmo que quer\u00edan criticar. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A BBC do Ulster comezou a emitir recentemente unha nova serie: The Story of Ireland.<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2011\/05\/22\/a-terceira-pata-ausente\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">A terceira pata ausente<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":16061,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[18],"tags":[],"class_list":["post-16060","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-notas-arqueoloxicas","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/16060","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=16060"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/16060\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/16061"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=16060"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=16060"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=16060"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}