{"id":16053,"date":"2011-05-22T12:14:26","date_gmt":"2011-05-22T10:14:26","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=16053"},"modified":"2011-05-22T12:15:20","modified_gmt":"2011-05-22T10:15:20","slug":"father-1943","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2011\/05\/22\/father-1943\/","title":{"rendered":"Father 1943: un gran tinto de Monterrei"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/father_1943.jpg\" alt=\"\" align=\"left\"\/>No competitivo mercado do vi\u00f1o, a algunhas denominaci\u00f3ns de orixe res\u00faltalles dif\u00edcil facerse un oco. \u00c9 o caso da denominaci\u00f3n de orixe Monterrei, na que se d\u00e1 a paradoxa: os seus viticultores m\u00e1is respectuosos conseguen vi\u00f1os elegantes, estruturados, tremendamente equilibrados. \u00c9 o caso dos vi\u00f1os de Jos\u00e9 Luis Mateo, de Quinta do Buble, dos de Roberto Verino, os Ladairo, ou esta adega, Crego e Monaguillo. Este proxecto, a\u00ednda recente (leva non demasiadas colleitas) \u00e9, se cadra, das adegas de Monterrei a que m\u00e1is premios conseguiu e mellor imprantaci\u00f3n tivo en Galicia. Vi\u00f1os brancos e tintos de gran calidade, sut\u00eds e importantes. Crego e Monaguillo, adem\u00e1is, ten unha historia que contar, que moitos saberedes. \u00c9 o resultado literal da alianza entre un crego -sacerdote na Capelan\u00eda Cat\u00f3lica de Londres, e o seu antigo monaguillo, Ernesto Rodr\u00edguez, que nunha noite de inspiraci\u00f3n decidiron converter a s\u00faa afecci\u00f3n vin\u00edcola familiar nun proxecto comercial baixo o lema: &#8220;Eiqu\u00ed v\u00e9ndese o que non se bebe!&#8221;. Non se me ocorre outro mellor. <\/p>\n<p>O outro d\u00eda tiven a oportunidade de probar o seu \u00faltimo lanzamento, que est\u00e1 a dar moito que falar, o Father 1943. Menc\u00eda e tempranillo con crianza en barrica. Un can\u00f3n. Un dos mellores vi\u00f1os tintos de Galicia, as\u00ed de claro. Unha barrica que debera ser exemplo de como tratar delicadamente a madeira nos vi\u00f1os galegos, delicados e con tendencia a aproveitalo todo. O resultado \u00e9 un vi\u00f1o tinto fresco, pero cunha estrutura chamativa. Ten a redondez, o padal larpeiro da menc\u00eda pero unha estrutura dada pola madeira e, se cadra, polas achegas de tempranillo, con pouco da -para min algo molesta- reduci\u00f3n que \u00e1s veces adquire a menc\u00eda cando pasa por unha barrica mal traballada. Este \u00e9 un vi\u00f1o que os sumilleres de Galicia escolleron como mellor tinto galego na \u00faltima edici\u00f3n do seu campionato e n\u00f3tase ben por que. Este proxecto orixinal e serio ao redor dunha das mellores \u00e1reas de Galicia para facer vi\u00f1o est\u00e1 a ter resultados moi interesantes. Por certo, que o Father 1943 tivo un padri\u00f1o ben especial, como <a href=\"http:\/\/www.cregoemonaguillo.com\/fotos\/father\/pages\/father_16_JPG.htm\">poden ver por aqu\u00ed<\/a>. ..<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>No competitivo mercado do vi\u00f1o, a algunhas denominaci\u00f3ns de orixe res\u00faltalles dif\u00edcil facerse un oco.&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2011\/05\/22\/father-1943\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Father 1943: un gran tinto de Monterrei<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":16054,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[22],"tags":[],"class_list":["post-16053","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-vino","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/16053","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=16053"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/16053\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/16054"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=16053"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=16053"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=16053"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}